Arquivo da categoría: campañas

#laretasdaigualdade en Ribadeo

Laretas da igualdade2Desde a Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información ás Mulleres desenvolverase  un programa formativo en materia de igualdade baixo o nome  #laretasdaigualdade nos centros de educación secundaria de Ribadeo.
Seguir lendo

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.

 

Os nosos actos para o Día Internacional das Mulleres. Unha data non só para celebrar senón tamén para reivindicar.

POP-UP igualamos max calidadEstamos xa inmersas nos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo. Imos a contarvos un pouco que actividades hai programadas para que poidades organziar a vosa axenda.

O  Photocall  “ Igualámonos” que comeza hoxe.

Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolvérase un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall é “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos .

Trátase dunha  campaña de sensibilización social arredor da igualdade de xénero entre a cidadanía pero adaptada a un formato moderno, actual e atractivo. Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, poñemos en marcha unha campaña deste tipo. Desde a Concellaría de Igualdade  entendemos esta data conmemorativa na dobre vertente como celebración e homenaxe  a todas as mulleres que loitaron porque hoxe teñamos unha serie de dereitos e como  data reivindicativa na que seguir demandando a igualdade de xénero en todos os eidos e eliminando todas as discriminacións existentes na actualidade hacías as mulleres polo feito de ser mulleres.

O photocall “Igualámonos”   irá acompañado dunhas frases que cada persoas elixirá para fotografiarse con elas. Estará ao longo dos tres días polo mercado, polos centros educativos, polo Centro Social, Escola de Música, polas parroquias, Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se irán subindo as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desaxa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso. Deste xeito tamén a campaña estará nas redes sociais .  O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

 INAUGURACIÓN DE RÚAS  adicadas ás mulleres o propio día 8 de marzo

convite 8M

En todas as rúas haberá unha actuación musical  da man da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo  e o descubrimento da praca polo alcalde de Ribadeo.

  • 19.00h –  Rúa  Manuela Barreiro Pico. Primeira farmaceútica de Ribadeo 19.20h– Rúa Sor Pilar de León. Adicación á música e a ensinanza. Neste rúa actuará o coro do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
  • 19.40h– Rúa Meniñas da Saudade. A primeira bande de gaitas feminina de Galiza e do Estado español.  Actuación da EMeD de Ribadeo  e intervención dunha representante do grupo.
  • 20.00h–  Praza 8 de marzo :
    • Intervención Concelleira de Igualdade 
    • Lectura dos textos  e proxección das imaxes  das creadoras do caderno “Rachando inercias”
    • Actuación  da Escola de danza acompañadas dunha  orquesta

CONCERTO  NO TEATRO para finalizar o día, ás 20.30h.cocerto Irimia Cantareiras

Actuación de “ Irimia Cantareiras” .

Nesta actuación contarán  coa colaboración de ProxectoDanza, compañia de danza que fusiona baile tradicional galego con outros estilos de baile como danza contamporánea, tango, hip hop… e incluso con outras disciplinas como videocreacións e teatro, pero sempre tomando como base a base da danza tradicional.

A nosa mini- biblioteca de curtas. Tecendo a Igualdade ano tras ano.

 

Fumos facendo, ou tecendo ano tras ano como dirían as nosas avoas. Tecendo igualdade. Tecendo novas formas de descubrir a Igualdade. Fiando en  novas convencións de traballar a igualdade. Enramando  palabras, frases,  construccións que deran forma a un guión.  Cruzando novos terreos ou fronteiras descoñecidas  para nós. Experimentando coas cámaras, coas  expresións. Sorprendéndonos con compañeiras e compañeiros.  Descubrindo outras facetas das profas e profes.

Esforzándonos, divertíndonos, para chegar a poder contemplar o resultado final, a nosa obra:    curta. Unha curta feita por eles e elas, o alumnado, o profesorado, veciñas e veciños, e todas aquelas persoas que colaboran ano tras ano. E así imos confeccionando a nosa bilbioteca, polo de agora mini biblioteca de curtas pola  igualdade. Curtas con temáticas diferentes, corresponsabilidade, violencia de xénero, roles e estereotipos… pero sempre coa procura de achegarmós á xente moza polos camiños da Igualdade de xénero.

As curtas podedes velas na rede:

Os tempos cambian as persoas tamén, marzo 2012 :

A Xenia do fútbol e a arte de Fabio, marzo 2011.

A princesa que quería ser muller, marzo 2010

Estas curtas foron realizadas no marco da campaña de  “un futuro por compartir en igualdade” promovida pola Concellaría de Igualdade de Ribadeo, e maís o CIM e a OMIX  que se desenvolve todos os anos desde o ano 2005.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade lanza unha campaña informativa sobre a nova regulación das traballadoras do fogar

O Observatorio da Mariña pola Igualdade lanza unha campaña informativa sobre a nova lexislación que atinxe ao réxime das traballadoras do fogar e que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, cun prazo de adaptación de seis meses. O obxectivo principal é poñer de relevancia a importancia do traballo do fogar, unha profesión totalmente feminizada (98.2% de mulleres traballadoras do fogar segundo cifras oficiais), desprestixiada e precaria, e informar sobre os novos cambios lexislativos.

Até o de agora, as empregadas do fogar estaban sometidas a un Réxime Especial que se rexía polo R.D 1424/1985 e no que, por exemplo, só era obrigatorio para a persoa empregadora asegurar á traballadora a partir das 20 horas semanais de traballo e en caso de baixa laboral non comezaban a cobrar até o día 29. Coa lexislación actual, rexida polo R.D 1620/2011, as empregadas pasan a incorporarse ao Réxime Xeral como un sistema especial e, polo tanto, todas as traballadoras do fogar deben de estar dadas de alta na Seguridade Social para ter así a súa situación regularizada, recaendo esta responsabilidade sobre a parte empregadora.

 A nova regulación, a pesar de que segue a ter lagunas importantes como non recoñecer a prestación por desemprego,  ten unha serie de vantaxes sobre as empregadas do fogar como o dereito á cotización á Seguridade Social; dereito á pensión de invalidez, xubilación, viuvez e orfandade; en caso de accidente de traballo cobro salarial dun 75% da base diaria de cotización do mes anterior á baixa; cobro salarial en caso de baixa por enfermidade; vacacións retribuídas anuais de 30 días, etc.

Para as persoas empregadoras, pola súa parte, durante os anos 2012, 2013 e 2014 aplicarase unha redución do 20% ás cotizacións devengadas pola contratación de persoas que presten servizos no fogar familiar e queden incorporadas a este sistema especial, sempre que a obriga de cotizar se iniciara a partir do 1 de xaneiro do 2012. A redución do 20% ampliarase cunha bonificación até chegar ao 45% para as familias numerosas.

Toda esta información pódese atopar nos libriños que o Observatorio da Mariña pola Igualdade repartirá na Seguridade Social, no INEM, nos centros de saúde, nas Casas do Concello, panaderías, farmacias, etc. das distintas vilas da Mariña ou descargar o libriño da súa páx web

 Ademais o Observatorio pon  a disposición de quen o desexe, a través da web, diversos modelos de contrato (para traballadoras internas ou externas, a tempo parcial ou completo) e modelos de nómina (para traballadoras que cobran por horas ou mensualmente )