Arquivo por etiquetas: saúde

Hoxe celébrase o día de San Valentín, pero tamén é o día Europeo da saúde sexual.

     O 14 de febreiro, ademais de ser unha data referente pola celebración de San Valentín, a Unión Europea celebra o Día Europeo da Saúde Sexual.  

Para a Organización  Mundial da Sáude ( OMS) a saúde sexual é un estado de benestar físico, emocional, mental e social relacionado coa sexualidade. Non é só a ausencia de enfermidade  ou de disfunción, a saúde sexual require un achegamento positivo e respetuoso cara á sexualidade e as relación sexuais, así como a posbilidade de obtér pracer e experiencias sexuais seguras, libres de coerción, discriminación e violencia.  Para lograr a saúde sexual e manter os dereitos sexuais de todas as persoas, estos dereitos deben ser respetados, protexidos e cumpridos.

Esta xornada que se celebra desde fai 7 anos centra todos os esforzos  realizados adícanse a concienciar á cidadanía da importancia de formarse e coidar ás súas prácticas sexuais.  Na actualidade está a darse un repunte na cifra de novos casos de sida entre o colectivo homesexual que creceu até un 6%, segundo os datos publicados polo Ministerio de Sanidade. Tamén experimentou un aumento do número de casos , a sífilis nun 16% no 2011. Das infeccións de transmisión sexual máis prevalentes é a infección polo virus do papiloma humano (VPH).

Neste terreo, uha das principais liñas de actuación está enfocada a combatir ás enfermidades de transmisión sexual. A OMS recomenda, neste sentido, unha abordaxe temperá para o diagnóstico e o tratamento das ETS e insiste en que algunhas enfermidades de transmisión sexual son asintomáticas, sendo nalgunhas principal causa previsible de infertilidade, particularmente nas mulleres.
No día de San Valentín e todos os días utilizade precacucións, porque delo depende a túa saúde! Podedes visionar estes videos  promcionais sobre a prevención do VIH:

Episodio I

Episodio II

O documental “Indefinida plural” cuestiona a través da fibriomialxia os roles de xénero.

A fibromilaxia é unha enfermidade de duros síntomas e díficil diagnóstico que afecta, na súa maior parte, ás mulleres. Quén padece esta patoloxía ten que loitar para afrotnar con dor o día a día ademais de lidiar coa incompresión dos demais. Bárbara Boyero, Roser Mateos e Lidia Ruiz son as creadoras deste traballo que  pon como exemplo esta problemática nun documental que busca rachar cos límites da normalidade asumida.

O documental  “Indefinida plural “ prantexa varias preguntas:  É obrigatorio coidar dos demais si eres muller? Só lle sucede esto ás mulleres que teñen fibromialxia? Significa ser muller  facer todas esas cousas?  Se non as fas ou xa non podes facelas, non eres muller?  Qué eres?? Tres mulleres cuestionan e  superan a través da fibromialxia, roles de xénero e aquelo que se agardaba delas. Reflexión da relación social, histórica e cultural das mulleres coa saúde, o dor, a culpa, as renuncias, os coidados….

A muller vive máis,pero con peor calidade de vida

A  sobrecarga física e  psicolóxica polo seu  rol de coidadoras, o impacto sobre a saúde da denominada “dobre xornada”, a depresión e os accidentes  no fogar son problemas en progresión nas  mulleres.


O estudo realizado polo Instituto da Muller sobre a saúde das mulleres no Estado vén a reflectir as seguintes conclusións:

Esperanza de vida e mortalidade:A esperanza de vida da poboación femenina española é alta – 83,5 anos ao nacer  e 21,1 anos aos 65 anos – comparándoa tanto cos varóns coma co resto das mulleres europeas. A evolución nos últimos 25 anos  uniforme e sostida que  nos homes debido á máis baixa mortalidade en idades temperás, sendo a supervivencia nas idades maduras e avanzadas no aspecto clave nesa evolución. Sen embargo, os anos de esperanza de vida en boa saúde ao nacer son superiores  nos homes (56,3 años) que nas mulleres (53,9 años) e tamén aos 65 anos.

Ademais, ao ser maior  o  horizonte de vida nas  mulleres,  e maior  o número de anos que viven en malas condicións de saúde, a  muller vive máis, pero  a súa  maior lonxevidade  acompáñase de discapacidade  e  mala saúde, e o inicio desa mala calidade de vida prodúcese a unha idade  máis temprana que nos homes.As enfermedades do sistema circulatorio e  os tumores supoñen as principais causas de morte en homes e mulleres, ainda que  con diferente incidencia. En mulleres,as enfermidades do sistema circulatorio supoñen a  primeira causa de defunción (2,52 por cada mil mulleres), os tumores a segunda causa de morte (1,59 mulleres por mil) e  as enfermidades do aparato respiratorio a terceira (0,69 por mil). O cáncro é  a primeira causa en número de anos potenciais de vida perdidos pola muller, case a metade dos perdidos por todas as causas de morte.

Morbilidade: saúde percibida:  O xénero ten  unha influencia determinante na percepción do estado de saúde. Esta é peor na  muller que no home, sexa cal sexa  o grupo de idade ou  a categoría de clase social, nivel de estudos ou situación laboral á  que pertenzan. Estas variables teñen ademais unha influencia significativa na saúde percibida. A percepción negativa da saúde por parte da  muller é crecente coa edade e   a medida que disminúe o estatus socioeconómico ou o nivel de estudos rematados, tamén aumenta nas mulleres desempregadas ou adicadas principalemente ás tarefas do fogar.

Morbilidad: calidad de vida relacionada coa saúde: As componentes de calidade de vida relacionadaa salud donde las diferencias, según género, son mayores son la percepción del dolor, de la forma física y de los problemas emocionales. Estos resultados están asociados al patrón diferencial de morbilidad en la mujer, con mayores prevalencias que los hombres de dolor, fatiga o problemas de salud mental.

Morbilidade: problemas crónicos e limitación da actividade: A  peor percepción do  estado de saúde non responde só  a unha valoración subxetiva da muller, senón  que está asociada a unha maior carga de enfermedade e   limitación da actividade  por problemas de saúde. Esto  acontece  desde edades temperás, a presencia de problemas crónicos é crecente coa idade  e supera o 50%  xa no grupo máis xoven de mulleres de 16 a 24 anos.

Controlando o efecto de variables como a edade, a clase social, o nivel cultural ou a situación laboral, a muller é 1,8 veces máis probable que presente algún problema crónico e 1,5 veces máis probable que vexa limitada a  súa actividade a causa ese problema.

A sobrecarga física e  psicolóxica polo  rol de coidadoras da población de calquer idade, o impacto sobre a saúde da denominada “dobre xornada”, a depresión e  os accidentes no fogar son problemas en progresión nas mulleres.

Hábitos e  estilos de vida: O 23,9% das mulleres fuma habitualmente, un 28% menos de forma relativa que a prevalencia observada nos homes. O 35,6% das fumadoras  conseguiu abandonar o hábito, un 8% menos que a población masculina. Esta cesación  incrementáse  linealmente ao aumentar a idade e  disminúe nas mulleres de menor nivel de estudos e  con clase social máis baixa.Unha de cada catro mulleres durme de maneira insuficiente (menos de sete horas ao día), un 19% superior á  frecuencia axustada pola  idade observada nos homes.A percepción de descanso insuficiente é un 53% superior.

En consecuencia, os hombes teñen conductas menos saludables que as mulleres no consumo de sustancias como o tabaco o o alcohol, ainda que esto está cambiando na poboación máis xoven.

Os  tempos adicados ao traballo productivo e  reproductivo, ao ocio e  ao descanso, entre homes  e  mulleres, teñen como  consecuencia tamén na  posibilidade de mantér hábitos saudables.

Utilización de servicios sanitarios e consumo de medicamentos: Nove de cada dez mulleres de 16  e  máis anos (89,4%) pasa algunha vez por unha consulta médica ao  longo dun ano.Non existen diferencias entre homes  e  mulleres na utilización de consultas de especialistas  nos  intervalos superiores de idade. A partir dos 55 anos, a mair morbilidade da muller canalizase a través das consultas de atención primaria e, por debaixo desa idade, a diferente utilización das consultas de especialistas débese casi exclusivamente á atención á saúde reproductiva. As medicinas para a  dor son o medicamento máis consumido pola muller. Síguenlle en importancia as medicinas para a tensión arterial (18.0%)e os tranquilizantes, relaxantes e  pastillas para dormir (14.0%).

O diferencial de consumo da muller co home no uso de  medicinas para a dor  significa casi o dobre. Este diferencial é ainda  maior no consumo de tranquilizantes, relaxantes e  pastillas para dormir, na que a porcentaxe de mulleres con consumo excede en máis do dobre ao porcentaxe obtenido en homes.

O Concello de Ribadeo elabora un Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres

A concellaría da Muller do Excmo. Concello de Ribadeo rematou xa a elaboración do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no Concello de Ribadeo. O texto será presentado ao público á volta do verán, no vindeiro mes de setembro.

Trátase dun documento – guía, un plan de traballo, centrado nunha realidade concreta, neste caso a de Ribadeo, que trata de incidir nun problema social como é a desigualdade entre mulleres e homes. A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que para seguir traballando na loita por acadar un Ribadeo onde non existan as desigualdades entre mulleres e homes “é preciso incorporar a perspectiva de xénero ás políticas que se poñen en marcha dende o Concello. Para seguir traballando na liña trazada temos que deseñar as nosas actuacións de maneira máis planificada, meditada e tendo en conta as propias circunstancias ou especificidades do concello, de aí a elaboración deste Plan de Igualdade”.

O seu obxectivo é servir como marco de referencia para camiñar cara un futuro no que o sexo dunha persoa non predetermine cal é o seu papel social. No Plan de Igualdade recóllense medidas específicas en materia de emprego, saúde e calidade de vida, participación social, educación, cultura e deporte, conciliación da vida laboral ou persoal e máis violencia de xénero.

O documento xa se pode atopar íntegro no apartado de recursos deste blogue.


O Observatorio da Mariña pola Igualdade retoma o seu ciclo “Falamos de…” cunha conferencia sobre a endometriose

O vindeiro venres 18, a partir das 20.30 horas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade retoma o ciclo de charlas-café “FALEMOS DE…”. Desta volta terá lugar no café-bar A Fazenda de Burela (Rúa Lamestra, 19).

O tema escollido para a sexta cita deste ciclo é  Mulleres e saúde: a endometriose”, unha doenza relativamente común pero moi descoñecida e aínda moi infradiagnosticada que pode afectar a calquera muller en idade fértil.

Na sesión participará Chus Méndez, xinecóloga do Centro de Especialidades do Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo, e  Ana Touriño, que achegará unha visión sociolóxica sobre a doenza.

Con esta cita o Observatorio quere retomar a proposta deste ciclo de conversas, logo da excepcional acollida que tiveron as anteriores sesións celebradas durante o ano 2009.