Arquivos mensuais: Xuño 2011

Spot contra a violencia machista en Arxentina

Porque a violencia machista é  universal, deixóvos un video que se fixo desde o Consello Nacional das Mulleres, en Arxentina. Un video que reflexa outros tipos de violencia máis sutís.  É moi corto pero cheo de mensaxe.

 

 

Advertisements

As traballadoras do fogar integranse no réxime da Seguridade Social. Ráchase por fin esta inxustiza histórica, que discriminaba ás mulleres e ao traballo que desenvolven.

Elas non son servintas nin membras da familia. Son traballadoras.

A  integración das empregadas do fogar no Réximen Xeral supón  unha equiparación de dereitos e deberes coas restantes persoas traballadoras. Quén  traballen como empregadas do fogar, ao ser dadas de alta na Seguridade Social, deben ter un contrato no  que como mínimo se estipule: número de horas de traballo semanais; salario mensual ou por hora; salario en especie; se existe ou non pacto de horas de presenza e a súa retribución; se existe ou non pacto de pernoctación e a súa retribución, e  o número de conta bancaria do/a titular do fogar familiar onde domiciliar a cotización.

En caso de baixa da actividade laboral, a partir do noveno día a incapacidade temporal corre a cargo da Seguridade Social, as persoas empregadoras pagarán desde o cuarto día até o noveno. Actualmente a Seguridade Social paga a incapacidade temporal das empregadas de fogar a partir do día 25. O cambio normativo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2012 e  dase un prazo de seis meses naturais  para que as empregadas e  as personas titulares de fogares familiares (denominación que reciben quen  contratan este servizo) podan adaptarse  á nova situación co que a integración será plena a partires do 1 de xullo de 2012. Establécese un periodo transitorio ata 2019 para que a adaptación non sexa lesiva para as e os empregadores nin teña consecuencias sobre o emprego.

As personas titulares de fogares familiares están obrigadas a presentar as solicitudes de afiliación, altas e baixas e as variacións de datos. Cando a persona titular do fogar incumpla esta obriga, as personas empregadas do  fogar poderán solicitar  a súa afiliación e/ou alta nas administracións da Tesorería Xeneral da Seguridade Social. Cando se traballe para máis dunha persona empregadora, cada unha deberá solicitar o alta.

Exitosa a participación e a calidade das e dos relator@s que participaron no V curso de verán de educación infantil da Mariña. Esta edición centrouse en educar a través do ritmo e a música na escola infantil

Na sesión inaugural, os representantes insitucionais e mais o director do curso, Xesús Ferreiro.

Mais de 100 persoas asisitiron  ao longo de todo o sábado e da mañán do domingo a V edición do curso de verán sobre educación infantil da Mariña. Este ano a temática elixida foi a de educar a través do ritmo e a música na escola infantil. Foi un curso moi dinámico, na que o público asistente participou activamente en todo momento, bailando, cantando, …. e axudando as persoas que impartían os relatorios na montaxe de ritmos, coreografías e actividades prácticas de cara a desenvolver no día a día nas escolas.

Mini e Mero  co relatorio didáctico, A Cantar

Todas as persoas coincidiron en sinalar as efectos positivos da música a idades temperás para facilitar a aprendizaxe e desenvolver as capacidades das e dos peques.

Tomás Rábanos Muro, impartindo o relatorio, Cóntame un conto cantando

 

 

 

 

 

Gloria Mosquera acompañada dos outros compoñentes de Mama Cabra, falounos de cantar e contar para os mais pequesnos: a voz  como instrumento básico.

En clave de muller inicia a súa andaina para visibilizar as mulleres músicas.

En clave de muller inicia a súa andaina co obxeto de visibilizar e valorizar ás mulleres músicas. Esta actividade de caracter pioneiro nas escolas de música responde a unha filosofía que está no eixe de traballo da EMMe D de Ribadeo, “música para todas e todos, todas as músicas”. Este proxecto conta co financiamento do Fondo Social Europeo e a Secretaria Xeral de Igualdade.

Arredor de douscentos nenos e nenas de Primaria dos colexios de Lourenzá, Trabada e Ribadeo pasaron onte polo Auditorio Municipal para disfrutar do concerto didáctico ofertado pola EMMe D de Ribadeo.  As alumnas e alumnos da escola interpretaron pezas de músicas femininas, como da pianista Clara Shuman, da concertista Maria Linneman e da compositora Lady Jhon Scoot  até pezas de músicas mais actuais como a acordeonista Karen Street e as cantantes Irene Cara e Amy Winehousse.

Como material complementario, desde o CIM editouse unha guía. Esta guía está dirixida ao alumnado de Primaria para traballar tanto nas aulas dos centros de ensino  como nas das  escolas de música. A guía cómponse  de varios apartados. Unha introdución na que se poñen de manifesto as causas da invisibilidade das mulleres na música, as fichas das autoras das obras que van ser interpretadas no concerto didáctico e un repaso a modo de resumo  polas diferentes etapas da historia da música, exemplificando con algún nomes femininos; prestando especial atención ás músicas galegas. No  cuarto apartado, hai unha serie de exercicios para traballar co alumnado. E por último, inclúese  unha breve reseña de recursos onde se poden atopar materiais relacionados co tema, un glosario de termos básicos dirixido ao persoal docente e educadores/as  así como a bibliografía utilizada. Podedes descargala clicando enclavedemuller

En clave de muller preséntase hoxe en Ribadeo. Ao longo desta mañán desenvolvéranse dous concertos didácticos visibilizando a música feita por mulleres.

Visibilizar a música feita por mulleres ao longo da historia. Este é o obxectivo fundamental de En clave de muller, un proxecto educativo musical que nace froito da colaboración entre a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) e máis o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Ribadeo.

 O traballo que veñen realizando nos últimos meses as formacións instrumentais e de danza da EMMeD de Ribadeo culminará este luns, no auditorio municipal Hernán Naval, onde se celebrará un concerto didáctico dirixido a máis de duascentas alumnas e alumnos de diferentes centros educativos da comarca da Mariña (Lourenzá, Foz, Barreiros e Ribadeo) co fin de achegarlles un repertorio con pezas compostas de xeito exclusivo por mulleres. Coa posta en marcha deste proxecto, a área de Igualdade do Concello de Ribadeo evidencia, unha vez máis, a súa aposta pola transversalidade nas políticas en prol da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes de aí que neste caso sexa salientábel a colaboración coa EMMeD de Ribadeo.

No escenario do auditorio ribadense escoitaranse obras de nomes tan importantes, pero tan descoñecidos para o gran público, do mundo da música como son:

  • Clara Schumann: foi unha das pianistas máis importantes do século XIX, á altura dos máis virtuosos intérpretes do momento.
  • Maria Linneman:  compositora, concertista e profesora. Conta con máis de 500 obras compostas para guitarra.
  • Karen Street: un dos nomes máis recoñecidos e respectados no mundo do acordeón no Reino Unido. Este é o seu instrumento principal pero tamén é unha recoñecida saxofonista e compón obras tanto para un instrumento como para o outro.
  • Lady John Scott : as súas composicións destacan polo seu carácter lírico e pola próximidade rítmica á música popular escocesa
  • Irene Cara : cantante, compositora e actriz. Primeira muller afro-americana en obter  un Óscar na súa categoría dende 1939.
  • Amy Winehouse:  cantante e compositora inglesa. fenómeno actual da música pop polo seu talento e mais por unha voz que houbo quen chegou a comparar coa de Sarah Vaughn ou Nina Simone.Como material complementario do concerto, o CIM de Ribadeo, editou unha guía didáctica que ten vida máis aló do concerto do luns. Esta guía está dirixida ao alumnado de Primaria para traballar tanto nas aulas dos centros de ensino  como nas das  escolas de música

Invisibles

As mulleres conforman o 52%  da poboación mundial e soportan o 40% do Producto Interior Bruto. O vídeo “Invisibles”, pon de manifiesto cómo o sistema neoliberal imperante consolida e apontala a estructura patriarcal e un modelo de poder, no que as mulleres non teñen cabida, a pesares destas cifras.

A actual coxuntura de crise económica está demostrando que o capitalismo non funciona. Esta crise é  unha oportunidade única para cambiar o sistema con todas as aportacións que  as mulleres poden ofertar tras séculos e séculos  de invisibilidade. Existen alternativas  moi  claras por parte das mulleres para empezar a pensar que Outro mundo é posible.

Video realizado pola Antena Sociedad Cooperativa Valenciana para a Comisión de Xénero  de ATTAC.

Luz de luciérnagas,un recurso interesante para profesionais da educación e para nais e pais. Analiza o cine infantil.

“Luz de Luciérnagas” é unha páxina que nace da man de tres mulleres que proveñen dos ámbitos da investigación sociolóxica, da antropoloxía social e a informática, co obxectivo de amosar os valores que se transmiten nas películas infantís de modo que nais e pais dispoñan dunha ferramenta que lle proporcione claves de análise e así poder decidir que película é mais idónea para o seu fillo / a súa filla. Non se trata dunha páxina de crítica á calidade do guión, senón de análise dos valores que se transmiten en relación coa igualdade entre mulleres e homes, interculturalidade, ecoloxismo, resolución pacífica de conflitos e Igualdade interxeneracional.

Para as/os profesionais da educación supón un espazo máis de aprendizaxe e intercambio sobre a educación en valores.

No seu conxunto, esta páxina intenta contribuír a cambiar a mirada e intentar que se faga un cine diferente e respectuoso coa igualdade entre mulleres e homes e cos valores básicos que contribúen a formar a nosa humanidade.

Este é o link da páxina luz de luciérnagas : http://www.luzdeluciernagas.com/index.html