Arquivos mensuais: Marzo 2012

Os foros permanentes para as mulleres chegan á súa VI edición!!

Comenzamos os VI foros permanentes para a muller cun amplo abano de actividades a desenvolver ao longo da primavera. Desde obradoiros de risa, a cursos de” aprendendo a traballar o benestar ” ou “ xestión do estrés“, até charlas.

Este ano contamos coa colaboración da Asociación A Mariña- Cogami e con personal do Centro de Saúde de Ribadeo para a impartición das charlas.

Unha das virtualidades dos foros desde sempre foi o achegamento das actividades a todos os núcleos de poboación. Os foros lévanse a cabo nas parroquias e na vila, para que todas e todos poidan asistir.

Para participar nos cursos é necesario anotarse, xa que hai prazas limitadas!! 

E si queredes máis información, xa saberes, chamádenos ao 982 12 07 39 ou escribide ao noso correo electrónico: cim@ribadeo.org.

Coma sempre, no Outono os Foros voltarán!! e estamos abertas as vosas suxerencias para a organziación dos foros do outono.

Hoxe celebramos o día Mundial da Poesía. Compartimos con vós a nosa elección.

Desde Sonda Norte faise un chamamento á conmemoración do día de hoxe. O 21 de marzo é o día Mundial da Poesía, así o proclamou a UNESCO en 1999, e así vén celebrándose desde aquela.Este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura… Tamén busca sóster a diversidade das linguas a través da expresión poética e dar ás que están ameazadas ou minorizadas a posibilidade de expresarse nas súas respectivas comunidade.

Decantámonos por

Configuramos o mundo cos corpos enamorados.

As deusas

de existiren

envexaríannos.

 Mellor que non existan

 Mª Xosé Queizán,  Deusas ( Despertar das amantes )

estou hexemonicamente soa na nenez ( pero eu non posuía

 identificación ninguna de xénero, nin sexuais). Pero  eu non tiña,

radicalmente ningún corpo.

Chus Pato,Estou hexemonicamente soa na nenez ( Nacer é unha república de arbores )

E tendo en conta que estamos no ano Celso Emilio Ferreiro, no que se cumpren 100 anos do seu nacemento, recollemos esta estrofa dun  poema adicado ás mulleres.

Eiqui estou i estarei por toda a vida

agora un home, mañá cinza de estrela,

sempre fidel á frol dos meus amores,

muller, irmá e nai, esposa e filla,

catro voces nun beixo, catro patrias

nunha soia bandeira estremecida.

Celso E. Ferreiro, Muller ( O soño sulagado)

E agora, tócavos a vós!! adicade un anaco do día, e traedenos unha poesía!

As mulleres gañamos espazos e posicións correndo. As maratóns e a participación feminina.

Estes días circulou polas redes socias esta foto de Katherine Switzer. Foi unha corredora que non dubidou en desafiar as normas establecidas no 1967 para  poder correr nunha maratón, xa que até ese momento o aceso das mulleres a participar nese tipo de probas estaba prohibido.

Era o ano 1967, e celebrábase a maratón de Boston, cando esta muller se inscribiu como  KV Switzer  para ocultar a súa verdadeira identidade . Cruzou a  liña de saída  co  dorsal 261 no coma  se  fose  un corredor máis. Pero Kathrine pasou á historia cando un  dos  xuices a metade da  carreira ( no Km. 4 )  deuse  conta e  saltou  tras ela  para detela. O  codirector da proba abalanzouse  sobre ela e berroulle : “Fóra da miña  carreira”.  Máis o resto de corredores impediullo e a  “escoltaron” para que puidera  rematar a  carreira, cun tempo de 4 horas e 20 minutos. A fotografía deste momento  deu  a  volta ao mundo. E marcou  precedente histórico.

Katherine Switzer correu  35 maratóns, gañando o  maratón de New York en 1974, e  acadando a súa mellor marca, 2:51.33, cando quedou segunda en 1975 no maratón de Boston. É a muller  coa sexta mellor marca do mundo.

Desde entón Kathrine Switzer  adicouse  a  loitar  contra a desigualdade  entre mulleres e hombres, organizando carreiras en 27 países, Avon International Running Circuit, nas  que  participaron máis de 1.000.000 de mulleres, até  que acadou  en 1984 que  a maratón feminina fora proba olímpica.

Hoxe en día adícase a organizar carreiras por todo o mundo e sigue inculcando ás mulleres o verdadeiramente importante que é facer deporte e cómo non, comenzar a correr.

Un pouco de historia sobre a participación das   mulleres nas maratóns :

Entre as carreiras máis agotadoras de fondo están a maratón e o campo a través ou cross. A 1º maratón da historia olímpica celebrouse en Atenas en 1896 desde a cidade de Marathon até Atenas ( 42 km). A 1ª maratón feminina xógase desde os xogos de Los Ángeles ( 1984)

Cando aínda non foran  admitidas as mulleres nos campionatos oficiais, Grete Waitz demostrou  que tamén podían brilar  nesta distancia. En 1978 gañou a súa  primeira maratón de New  York –rematando  primeira alí en nove ocasións–, cun crono de 2:32:29, que rebaixaba en dous minutos o récord do mundo. Logo melloraría até catro veces o récord mundial, sendo a  primera campioa do mundo en 1983 e  subcampioa olímpica en 1984.

Nos  Ángeles en 1984  debutou  a  maratón femenina  nos  Xogos  Olímpicos. Joan Benoit, que se  inciara na carreira a pé  como unha forma de rehabilitación tras fracturarse unha perna mentras esquiaba, convertiuse  na primeira campioa. Cando  Joan Benoit gañou a medalla de ouro nesta primeira maratón olímpica para mulleres cun tempo de 2:24:52, o seu tempo gañaría 11 das 20 maratóns olímpicas anteriores para homes

A historia das mulleres no deporte sigue o mesmo decorrer negativo que no resto das disciplinas. Foron moitos os prezuízos que debeu superar até chegar ao momento actual no que as mulleres ocupan un espazo  relevante no mundo deportivo, pero aínda quedan moitas condicións, premios e trato  diferenciados e discriminatorios con respecto aos homes que hai que mudar.

 

O 10 de marzo deixa de ser o “día do pai” a secas para ser o ” día do pai igualitario”

O  19 de marzo deixa de ser o “día do pai” a secas, para ser o “día do  pai igualitario”. É a  proposta do colectivo de homes pola igualdade de xénero, que elixiu esta data para falar sobre a  importancia dunha paternidade  responsable e  os coidados compartidos.

Con motivo da celebración, o 19 de marzo, do Día do Pai, a asociación Homes Igualitaris-Ahige Catalunya,  organizou unha serie de actos en Barcelona para que máis pais se unan ao crecente número dos que queren vivir  a súa paternidade de maneira plena e corresponsable.

Organizouse un taller “Qué gañan os homes cando se implican na crianza”, o  mércores 14 de marzo ás 19.00 horas. A actividade, aberta a todos os pai,   estaba  dirixida polo psicopedagogo e psicomotricista, Guillermo Gorostiza.O  domingo 18 de marzo, entre as 11.00  e as 13.00 horas, tivo lugar unha festa reivindicativa da paternidade responsable e coidadora. A actividad central do acto, foi unha “Gimkana de pais coidadores” coa que se pretende visibilizar o feito de que os pais tamén coidan e responsabilízanse da crianza das súas fillas e fillos. Finalmente, o luns 19 de marzo, ás 19.00 horas, celebra unha mesa redonda para presentar en Cataluña a PPIINA (Plataforma de permisos iguais e intransferibles por nacemento e adopción).

 O  obxectivo desta asociación é  reivindicar o alongamento dos permisos de paternidade  e de maternidade até que teñan unha duración igual, co  fin de facer posible unha relación máis estreita dos dous proxenitores coas crianzas  desde o principio das súas vidas. Esta mesa redonda contará coa presenza dunha representante do Programa de Muller do Concello de Barcelona, así como do programa municipal “Canviem-ho, Homes per l’equitat de gènere”.

A  PPiiNA aproveita esta celebración para reivindicar o permiso de paternidade completo que a Seguridad Social  escamotea polo feito de ser homes.

Porque a Seguridade Social sigue pensando que o coidado é cousa de mulleres!

Desde este ano establecese  este día como o día da paternidade responsable, reivindicando  permisos iguais, intransferibles e pagados ao 100%.

 

A socióloga María-Ángeles Durán, doutora ‘honoris causa’ pola Universitat de València

María-Ángeles Durán, catedrática de Sociología e profesora de investigación no  Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), foi investida o pasado 9 de marzo coma doctora ‘honoris causa’ pola Universitat de València.

María-Ángeles Durán (Madrid, 1942) foi a  primeira muller no Estado Español  en obtér unha cátedra de Socioloxía. É fundadora do  Instituto Universitario de Estudos da Muller (UAM),foi  presidenta da Federación Española de Sociología e membra do comité executivo da International Sociological Association.

A doutora  Durán  impartiu docencia e desenvolveu investigación nas  universidades Autónoma e  Complutense de Madrid, CEU, Zaragoza, Pontificia Universidade Católica de Río de Janeiro, University of Cambridge, University of Washington, University of Seattle e no Instituto Europeo de Florencia.

Entre os  numerosos galardóns e premios obtidos destacan o  Premio Nacional de Investigación en Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas Pascual Madoz, a Medalla de Ouro ao Trabajo, a Medalla de Ouro de Extremadura e  os premios Protagonistas (Medios de Comunicación), Mensaxeiros da Paz e  Cultura para a Saúde (ADEPS).

Doutora ‘honoris causa’ pola Universidade Autónoma de Madrid. Na súa obra intelectual destaca o permanente esfuerzo por abrir novos campos á investigación, facendo visibel  a interdependencia entre a vida privada e a pública, así como a situación de grupos sociais que até o de agora tiveron escaso interese  da socioloxía e da economía.

No acto de investidura a catedrática de Sociología María-Ángeles Durán reclamou unha “economía innovadora que interprete o traballo do coidado como unha actividade productiva, e unha nova socioloxía que axude  a implantar un modelo máis xusto no reparto da carga total de traballo”. Desta forma, reivindicou o  papel das mulleres de todo o  mundo con ocupacións non  remuneradas ( no agro, no fogar, o  coidado de enfermos…) reclamando o cese da invisibilidade social e científica deste esforzo, “ a delimitación da fronteira entre traballo e emprego non é  unha cuestión lingüística: é  sobre todo, unha cuestión política, porque o  estatuto do traballador vai asociado con algúns dos dereitos e obrigacións sociais e económicas máis importantes na vida actual”.

No acto, o reitor Esteban Morillo destacou o lugar preminente de  de María-Ángeles Durán na loita pola igualdade entre homes e  mulleres e o  carácter pioneiro dos seus traballos sobre o  traballo non remunerado, a situación social das mulleres, os coidadores de dependentes, os enfermos de longa duración, e a desigualdade  no uso do tempo.

Ateigado o cine- teatro na presentación da curta “os tempos cambian e as persoas tamén”

A gran expectación foi a nota detonante do acto do día 8 de marzo, que comenzaba coa presentación da curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén” e remataba co concurso de guións cinematográficos e coa VII edición ca campaña de sensibilización en igualdade  nos centros educativos ” Un futuro por compartir en igualdade”. E o resultado parece que non decepcionou ao público. Contámosvos cómo foi esa gala no Cine -Teatro.

Empezou a gala cunha acción reivindicativa na que as mozas e mozos portaron unhas letras  nas que instaban ás mulleres a defender os seus dereitos ” muller bonita é a que loita”. Despois as  mozas  integrantes da  banda  “La  Ley de Hooke subirónse ao escenario e interpretaron a canción  de Credence e a canción composta para a   curta ” Os tempos cambian as persoas tamén”. Esta canción foi composta pola batería e voz do grupo, Carmen Rodríguez, quén tamén fixo a letra da canción contando coa colaboración de Víctor Rivas e Arón Pico.

A Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra comenzou explicando todo o proceso de traballo que se fai cos centros educativos até chegar a este paso final o da presentación da curta. Entregáronse os diplomas as e os trece finalistas e posteriormente Iago, Bruno e Alejandro pasaron a falar  da experiencia que lles supuxo participar na rodaxe dun guión escrito por eles. O guión gañador foi escrito por estos tres rapaces e versaba sobre a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Proximamente colgaremos á curta na rede para que todas e todos poidades visionar este magnífico traballo. Os nosos parabéns para as e os finalistas, para o alumnado participante e para o profesorado e as orientadoras que traballan no día a día para que este proxecto saia adiante.

Presentación en Ribadeo do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega e do documental Silenciadas.

O xoves 15 de marzo ás 20.00 h no salón de actos da Casa do Mar   presentárase o último libro de Aurora Marco Mulleres na guerrilla antifranquista galega.

Este libro fora a nosa recomendación literaria para o mes de xaneiro, e agora temos a oportunidade de asistirmos á presentación do libro  e conversar coa autora do mesmo.

No acto,  haberá unha actuación musical de Pilo Sierra, proxectándose a seguir o documental As silenciadas, da autoría de Pablo Ces, que acaba de ser galardoado co premio Memòria i Justícia Universal no III Festival Internacional de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramenet.

O documental  As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e compre coñecelo.

Non vos perdades este acto de visibilización das mulleres na historia  recente pero esquezida.