Xornadas formativas – Abordaxe integral da violencia machista

“ABORDAXE INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO DENDE O ÁMBITO LOCAL”

Esta actividade está dirixida a persoas que traballan coas vítimas da violencia machista, dende profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de igualdade, avogados/as, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, Policía Local, persoal sanitario e alumnado con interés profesional no tema. Dende a Comisión Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo seguimos traballando e afondandando nos mecanismos que propician a violencia de xénero para poder artellar medidas de prevención. Queremos seguir mellorando o noso xeito de actuar para facilitar e axudar ás mulleres que sofren esta lacra. Así mesmo, cremos na formación das e dos profesionais que traballan neste eido como a mellor ferramenta para facilitar unha atención de calidade e de aí a posta en marcha destas xornadas.

I xornada25- 26 de abril de 2008.

II xornada– 15-16 de maio de 2009.

III xornada– 23-24 de abril de 2010.

IV xornada– 29-30 de abril de 2011.

V xornada20 e 21 de abril de 2012

Programa xornadas VXxornadas

VI xornada 19 e 20 de abril de 2013

folleto xornadas interiorfolleto xornadas VX exterior

Advertisements