Arquivo da categoría: Uncategorized

#laretasdaigualdade en Ribadeo

Laretas da igualdade2Desde a Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información ás Mulleres desenvolverase  un programa formativo en materia de igualdade baixo o nome  #laretasdaigualdade nos centros de educación secundaria de Ribadeo.
Seguir lendo

Xa están na rede os sketchs teatrais realizados polo alumnado de primaria con motivo do Marzo lila.

Con motivo do Marzo lila, leváronse a cabo actividades nos centros educativos para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Aproveitamos esta fecha tamén para traballar a igualdade de xénero mediante ás técnicas teatrais. O teatro entendido como un instrumento de sensibilización e cambio social aplicado á educación en igualdade.

Por iso, desde o 24 até o 29 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos Colexio Gregorio Sanz e do Sagrado Corazón de Xesús, recibiron un obradoiro de manexo e creación de espectáculo de títeres  da man da actriz Comba Campoy e  Anxo García, director da compañía Viravolta de Lalín.

A actividade consistía na creación por parte do alumnado participante dun espectáculo propio de monicreques. O alumnado elaborou o propio espectáculo de monicreques, desde o deseño do guión, dos materias até a representación final do mesmo. Os sketchs teatrais son representados polo alumnado, quen se encargou tamén da elaboración do guión. Desta forma aprenderon, falaron, discutiron e avanzaron nos valores da igualdade e non discriminación hacía ás mulleres dunha forma amena, didáctica e moi efectiva.

Velaquí tedes o resultado dos sketchs teatrais. Agardamos que vos gusten!!

Grupo 6ºC do Gregorio Sanz

Tarambainas

A Familia

Os Monicrepos

A batamanta

 

Grupo 6ºB do Gregorio Sanz

Macanudos

Pinchacarneiras

Pinchacus
Batamanta

Grupo 6ºA do gregorio Sanz
Os catro
Canzadas
Cascarillas
Carapau
Tubilandia

Grupo 6ºA do Colexio Sagrado Corazón
Saltabrincos
Ecocreques
Chupipandi
Teatreir@s

Grupo 6ºB do Colexio Sagrado Corazón
Lipitus
Os Chunguitos
Miolos
Desigual

 

Estamos a voltas co II Plan de Igualdade para o Concello de Ribadeo. Algo que achegar??

Levamos uns meses que non paramos. Actividade constante, incesante,… Temos o blogue algo abandoado. Máis en canto remate este mes… voltaremos á carga, tentaremos estar aí para partilar con vós reflexións, preocupacións e informar das accións que se emprenden tanto en Ribadeo como noutro lugares, sempre na búsqueda desa igualdade de xénero que non chega.

Agora mesmo estamos mergulladas nun intenso traballo que é a elaboración do II Plan para a igualdade de mulleres e homes 2013-2016 no Concello de Ribadeo. Para a súa elaboración contamos con financiación do Fondo Social Europeo e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Entanto, deixámosvos a Avaliación do que foi o noso I Plan de Igualdade Local Memoria avaliacion I Plan de igualdade Ribadeo

Estamos abertas as vosas suxestións. Podedes deixalas aqui.

buzon

Ribadeo unha vila para a conciliación

octavilla cim conciliacion O programa Ribadeo unha vila para a concicliación continuará ao longo do ano 2013.

Por medio deste programa, o Concello de Ribadeo financia a asistencia á ludotecasexistentes no municipio  e máis ao programa Bós Días, xestionado pola ANPA,  nun 50% do custe por hora  para todas aquelas nais/pais  con fillas/os menores de 10 anos que asi o soliciten e se atopen nalgún dos seguintes casos:

  •  Ampliación de formación: alfabetización, estudos secundarios, universidade, preparación de oposicións, cursos de formación ocupacional, exames e probas de avaliación presencial,…
  • Urxencias: entende-se como tales aquelas situacións que por causa de forza maior sobrevida fan necesario o coidado das/os nenas/os até a resolución da razón que a xerou.
  • Conciliar a vida laboral e familiar , evitar a renuncia das mulleres ao posto de traballo polo gravoso que supón o uso deste tipo de servizos.

Motivos sociais: familia monomarental que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación social difícil  e que a/o menor precise socializarse  ou naqueles casos nos que a muller sexa viítima de violencia de xénero

Este ano o programa  conta coa financiación económica do Fondo Social Europeo e máis a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

bono axuda

 

Mudanzas para este 2013 no Sistema Especial das empregadas do fogar.

Imaxe

Comezábamos o ano 2012 con novas esperanzadoras coa  integración do  Réxime Especial da Seguridade Social das Empregadas do Fogar no  Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema Especial para @s traballador@s.

Un réxime insuficiente, pois non se recoñecían prestacións básicas como o dereito ao desemprego pero que ía polo camiño da equiparación das traballadoras do fogar co resto da clase traballadora.

Máis o último Consello de Ministros,  mediante Real Decreto -Leitrabajo domestico precario amas de casa sin seguridad social 29/2012, de 28 de decembro de mellora de xestión e protección social no Sistema Especial para Empregados do Fogar e outras medidas de carácter económico e social. (BOE de 31 de decembro de 2012) recolle a liberación d@s empregador@s da obriga de dar de alta, baixa, comunicar as variacións  e  de cotizar polas traballadoras a tempo parcial até as 60 horas mensuais.

A partir do 1 de abril do 2013, se as dúas partes están de acordo, a responsabilidade da alta/baixa e da cotización á Seguridade Social pode traspasarse á traballadora. Neste caso será a traballadora a responsable de ingresar toda a cotización, pero a persoa empregadora ten a obriga de entregar á traballadora cada mes, xunto co salario a cota da Seguridade Social a cargo da parte empregadora. 

Nestes casos os beneficios na cotización  ( reducción do 20% e do 45% no caso das familias numerosas) recoñecidos pola lexislación vixente a favor d@s empregador@s do fogar non resultarán de aplicación cando as propias empregadas  asuman o  cumprimento das obrigas sinaladas.

Co cal, coa nova regulación estanse a transferir, en determinados casos, responsabilidades que realmente competen ás persoas empregadoras .Esta medida de carácter discriminatorio voltará a incrementar a economía sumerxida no sector. Por outra parte, é unha volta atrás na insistencia de equipararmos este traballo con calquera outro traballo. En todos os traballos por conta allea sexan as horas que sexan é a persoa empregadora a que realiza alta no sistema da Seguridade Social.

Outras modificacións que contempla este Real Decreto son :

–       Cambios na escala usada para determinar as bases de cotización. Redúcense a metade os de tramos de cotización polos que se determinan as bases de cotización para as  continxencias común e profesionais do sistema especial.  Na práctica, supón  un incremento automático de costes derivados destas cotizacións, centrados principalmente sobre  @s empregador@s e as traballadoras con menores salarios e xornadas de traballo máis pequenas.
 Pásase dos 15 tramos de cotización existentes no 2012 aos 8 tramos para o 2013.

A táboa cos tramos de cotización para o 2013 é a seguinte:

Tramo

O caderno ” Rachando inercias” contén traballos de xoves creadoras de Ribadeo

convite caderno 1“Rachando inercias” presentarase en Ribadeo o vindeiro 8 de decembro

 As portas do aniversario de Sonda Norte, despois de 11 meses de iniciativas que non teñen fin, presentarase  o caderno “ Rachando inercias “ o vindeiro 8 de decembro.

 Esta iniciativa ven xestándose desde hai meses, froito da colaboración entre o Centro de Información ás Mulleres e Sonda Norte. Once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico neste caderno que leva por título “ Rachando inercias”. Un caderno exclusivamente femenino con traballos de autoras menores de 30 anos.

As notas que caracterizan este iniciativa son impulsar e promover ás mozas creadoras, xa que ao igual que noutros eidos, as mulleres teñen máis dificultades de ter presenza no mundo artístico. Este caderno é unha simbiose entre o potencial da escrita destas autoras e a ilustración. Cada unha delas achegou unha foto ou ilustración e as outras mozas escribiron inspirándose  na mesma. Este caderno conta con traballos feitos en galego, porque ao igual que as mulleres é un idioma que se encontra en situación de inferioridade, e por eso decidiuse promover e potenciar ao galego mediante a escrita de todos os textos en galego.

Ademais contouse coa colaboración para este caderno da escritora consolidada  Marica Campo. O seu coidado deseño corre a cargo dunha moza tamén sondanorteña, Xana Arias.

O  título Rachando inercias non ven máis que a salientar o que pretende o caderno, creadoras ribadenses xoves tentando rachar coas inercias que sitúan as mulleres e a lingua galega nunha situación de inferioridade.

 O sábado 8 de decembro ás 18.30 na carpa sita no Parque de San Francisco presentárase o caderno  Rachando inercias.

 169148_3733691417377_1617487171_o-1

 

Volven os foros… Poñéndonos ao día nos coidados!

la fotoPoñéndonos ao día nos coidados

Interrumpiamos o programa dos Foros permanentes para ás mulleres coa chegada do verán. Pero a súa volta é inminente. Comezamos dentro de 10 días cun obradoiro práctico para coñecer as cuestións básicas dos coidados. Cómo nos enfrontamos a determinadas cousas cando estamos ao cargo dunha persoa que precisa de coidados.

Ao longo da vida das persoas, nos vemos en moitas ocasións tendo que coidar as persoas do noso entorno, familiares, veiños/as… debido a calquer tipo de circunstancia, enfermidade ou accidente que emerxen en calquer momento.

Habitualmente debido aos roles preestablecidos e a desigualdade entre mulleres e homes imperante na sociedade actual son as mulleres as que asumen as tarefas de coidados nestes casos circunstanciais e no día a día no que atinxe aos coidados básicos ( crianzas, maiores …)

Por iso, desde a Concellaría de Igualdade  estamos a organizar unhas sesión prácticas  de posta ao día  dirixidas á  mulleres e homes que xa coidan ou poden coidar nun futuro  e lles interese o tema.

Obxectivos:

Os  obxectivos  son reforzar os coñecementos e habilidades que teñen as persoas que coidan de maneira informal ( sen cobrar) sobre temas básicos do coidado  e compartir experiencias.

Destinatarios/as :

Poboación en xeral (que xa coidan ou que poden coidar nun futuro e lles interesa o tema).

A cuestión é que casi todo o mundo, nalgún momento da vida vai coidar doutra/as persoa/as polo que precisaremos dalgún   coñecementos sobre  coidados básicos.

Os temas que imos tratar son o fomento da autonomía, hixiene, alimentación, mobilización, prevención de úlceras e problemas de eliminación .

poñendonos ao dia

Contamos coa colaboración do persoal do Centro de Sáude de Ribadeo.  A enfermeira Dolores García Docobo será a encargada de impartir estas sesión prácticas. Seán dúas sesións de  1h. 30 min. cada unha para tratar os contidos básicos do tema.

En Ribadeo fáranse o martes 11 de decembro e o xoves 13 de decembro en horario de 17.30h a 19.00h na Casa do Mar .

Podedes anotarvos chamando ao 982 120 739/ 982 120. 808, escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org .

En xaneiro desenvolvéranse estas sesións nalgunhas  parroquias do Concello.