#laretasdaigualdade en Ribadeo

Laretas da igualdade2Desde a Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información ás Mulleres desenvolverase  un programa formativo en materia de igualdade baixo o nome  #laretasdaigualdade nos centros de educación secundaria de Ribadeo.

#laretasdaigualdade é un programa orientado ao fomento da igualdade e á prevención da violencia de xénero entre o alumnado da ESO a través da posta en valor da aprendizaxe, da creatividade individual e grupal e da comunicación social. Pretendemos coas accións que imos propoñer no marco de #laretasdaigualdade espallar en diversos formatos a mensaxe da igualdade e da non violencia contra as mulleres.

Por unha banda, #laretasdaigualdade comprende a dinamización entre todo o alumnado da ESO de Ribadeo dun concurso de carteis contra a violencia de xénero e, por outra, o desenvolvemento dun programa formativo en publicidade non sexista e creación dun guión publicitario, para alumnado de 3º e 4º da ESO, que finalizará tamén coa convocatoria dun concurso de anuncios non sexistas ou video memes.

As sesións presenciais están en marcha nos centros educativos. Iniciáronse hoxe pola mañán e continuarán pola tarde no IES de Ribadeo Dinisio Gamallo Fierros e os venres terán lugar no Colexio Sagrado Corazón de Xexús. Todos os luns e venres o alumando de 3º e 4º da ESO participará nas sesións do programa formativo #laretasdaigualdade.

Deixámosvos as bases dos concursos para que podades consultalas.

Bases do  concurso de carteis contra a violencia de xéner

Bases do  concurso de anuncios non sexistas ou video memes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s