Arquivo por etiquetas: recursos

Crea unha tenda online e promociona os teus productos en Internet

 

No contexto actual  no que estamos inmersas as  novas tecnoloxías poden abrirnos portas a novas formas de negocio, diversificación e mellora da competitividade das actividades empresarias.

 O  Concello de Ribadeo, a través das áreas de Desenvolvemento local e Igualdade  en colaboración co programa Avanza  pretende pór en marcha un proxecto – piloto dirixido a mulleres, co obxecto de fomentar novos proxectos empresariais baseados no comercio electrónico.

O proxecto desenvolvérase en Ribadeo ao longo de 2012 e ten coma fin principal:

Formar e capacitar  no uso das TICs, en metodoloxías e técnicas en comercio electrónico, en marketing,  na área de loxísticas  co obxecto  de xerar novos proxectos empresariais viables e sostibles.

 – Asesorar e realizar un seguimento, para a posta en marcha de novas formas de negocio baseados na comercialización de productos a tráves das novas tecnoloxías.

Poderán participar no proxecto mulleres; emprendedoras, desempregadas así coma mulleres en activo que desexen iniciar unha nova actividade ou abrir novos canles de comercialización, baseados no comercio electrónico.

 O prazo para participar no proxecto estará aberto ata o vindeiro xoves 3 de maio, e para obter máis información podedes poñervos  en contacto con:

Área de desenvolvemento Local: 982128650 ou adl@ribadeo.org

Centro de Información das Mulleres: 982120739 ou cim@ribadeo.org

 

Advertisements

Créase unha Rede de Centros Transfronteirizos de Dinamización Integral para as Mulleres entre Galicia e Portugal.

Este mesmo ano entrarán en funcionamento catro centros de dinamización integral, que estarán en Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde. Estos centros teñen unha poboación portencial de  430.800 mulleres que residen nas comarcas do Baixo Miño e Paradanta (Pontevedra), na comarca de Verín (Ourense) e nas subrexións portuguesas de Minho-Lima e Cávado . A Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres vai por a disposición das usuarias estruturas compartidas para optimizar os recursos e as políticas de igualdade de oportunidades  e  de prevención da violencia de xénero a ambos lados da raia. Esta iniciativa, baseada no criterio colaborativo de compartir equipamentos e recursos, é resultado do compromiso das administracións de Galicia e Portugal a través do proxecto CEDIM, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEP, 2007-2013.

O espazo territorial transfronteirizo no que se desenvolve este proxecto é un área de ampla tradición colaborativa e estreitos vínculos sociais, económicos e culturais que, por primeira vez a través do proxecto CEDIM, van facerse extensivos ás políticas de igualdade de oportunidades para a poboación feminina.

O perfil sociolaboral das mulleres que residen nesta zona xeográfica participa dos roles tradicionais de xénero. As mulleres son as que maioritariamente se ocupan do labor doméstico, especialmente nas zonas onde predomina a poboación máis envellecida e son tamén elas as que atopan maiores dificultades de empregabilidade nun territorio que demanda perfís con baixa ou pouca cualificación.

Para mellorar a cualificación, as condicións de empregabilidade, o emprendemento e as oportunidades das mulleres cun criterio de eficacia, estes centros transfronteirizos adecuarán as actividades dinamizadoras ao perfil das demandantes, en eidos como a formación ou a orientación laboral.

Xa está en funcionamento a nova web da “Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres” no enderezo www.redecedim.eu,  que se converterá na ferramenta de comunicación e difusión do proxecto na rede. No vindeiro mes de decembro pórase en marcha un boletín electrónico, ao que poderán subscribirse as persoas interesadas e que lles permitirá recibir regularmente no seu correo as últimas novas e actividades da Rede CEDIM.

Presentación pública do blogue Ribadeomuller

O pasado venres apresentouse publicamente  o blogue no que levamos traballando ao longo do mes de xullo. A partir de agora iremos actualizando e incorporando as novas que se xeren. Queremos que este bloque sexa participativo e que interactúe con todas e todos vós que o leades, asi que agradecemos calquer suxerencia.

Como sinalou a  concelleira da Muller  na presentación “trátase dunha maneira máis de difundir a actividade que se está facendo dende o Centro de Informacion á Muller no ámbito da muller e da igualdade. Parécenos que as novas tecnoloxías son algo que forman parte do noso mundo, da nosa cultura e que é positivo empregar a rede para difundir a actividade que se esta facendo tanto desde a propia institución municipal, neste caso desde o CIM e desde a propia Concellaría, como desde outros ámbitos, chámese Secretaría Xeral de Igualdade ou Ministerio de Igualdade, é dicir todas aquelas entidades que traballan a prol de conquerir a igualdade e o traballo coas mulleres”.

Tamén nos permite o blogue “ interactuar con outros lugares e que poidamos aprender e estar en conctacto con outra xente, especialmente a través do espazo adicado a comentarios” como explicou Suso López, un dos promotores do Blogue.

Agardamos que vos guste e sexa útil.

O Ministerio de Igualdade presenta unha web na que se recollen recursos de asistencia e protección ás vítimas da violencia machista

O Ministerio de Igualdade do Goberno de España presentou unha web na que agrupan os recursos, tanto de asistencia coma de protección, cos que contan as vítimas da violencia de xénero. A titular de Igualdade, Bibiana Aído, sinalou que esta medida ponse en marcha co obxectivo de “acercar los recursos existentes en todo el territorio nacional a las víctimas, sus entornos y a los profesionales”.

A través dun mapa e máis dun buscador por categorías preséntanse os recursos que se poden atopar no conxunto do Estado. A web pretende afianzar a necesaria transversalidade da loita contra a violencia machista e por elo aparecen nela tanto aqueles recursos postos en marcha por diferentes Ministerios como tamén os que dependen das comunidades autónomas, os concellos (entre eles o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo), organizacións non gubernamentais ou entidades privadas. Na páxina poden atoparse tanto servizos de información e asesoramento coma asociacións de mulleres, unidades asistenciais, policiais ou xudiciais, xulgados específicos de violencia machista e máis recursos de asesoramento legal.

É a primeira vez, segundo sinalaron fontes do departamento de Igualdade, que se pon en marcha “un listado completo, público y de fácil accesibilidad para todas aquellas personas que lo necesiten”. Bibiana Aído, acompañada de Miguel Lorente, Delegado do Goberno para a Violencia de Xénero, apostou por un “esfuerzo conjunto y coordinado entre administraciones públicas y sociedad civil” para rematar coa violencia machista e puxo esta web como exemplo “de un paso más” para rematar con esta lacra.