Arquivos mensuais: Agosto 2012

As remeiras galegas están batallando por unha nova vitoria na V bandeira feminina da Concha 2012

 

A Bandeira da Concha é  unha competición de traiñeiras que se celebra  a mediados de setembro  ns  Bahía de La Concha en  Donosti. Celébrase  desde 1879 en categoría masculinaee só desde o  desde 2008 en feminina. Chamada coloquialmente “ a olimpiada do remo” é a regata de traiñeiras máis prestisioxa da tempada. Actualmente forma xunto a liga ACT/San Miguel e o  Campionato de España, a tríada de competicións máis importantes desta especialidad náutica.

Xa só clasificarse para competir nas augas do Cantábrico que bañan Donosti é un premio para calquera tripulación. E nesta edición da Bandeira da Concha haberá dúas representantes galegas: Tirán e Chapela. Esta última foi a gran sorpresa nas tandas de clasificación que veñen de ter lugar, pois non figuraban nas quinielas. Competiron 24 traiñeiras para lograr facerse un oco na Concha  e clasificáronse oito. Alén das dúas galegas, haberá unha cántabra (Astillero) e cinco vascas: a anfitrioa (Donostiarra) e as de Kaiku, Urdaibai, Hondarribia e San Juan..

A principal novidade desta edición respecto ás anteriores, é que a xornada de clasificación masculina e feminina disputouse  o mesmo día, o pasado  xoves 30 de  agosto. Este é un paso cara a normalización da regata que recoñece a esta faceta deportiva no campo feminino.

 V bandera da Concha modalidade feminina

Mais non hai que esquecer que desde hai uns anos, na Concha tamén se disputa a bandeira feminina de traiñeiras, na que as vogadoras galegas mantiveron unha supremacía absoluta. Para esta edición, a embarcación de Galiza-Rianxeira volveu se clasificar e batallará polo primeiro posto coas tripulacións de Zumaia, Getaria-Tolosa e San Juan.

Evidéncianse unha vez máis sinais diferenciadores das persoas por pertencer a un xénero, neste caso  cinxidos ao ámbito deportivo naútico. Se a compemtición masculina ven celebrándose desde o S XIX, a competición feminina é totalmente contemporánea xa que se forxa no presente século. Organizouse a primeira Bandeira feminina da regata, en setembro do 2008. Acudiron oito equipos: tres traiñeiras guipuzcoanas: Guetaría-Zumaya, Fuenterrabía e Tolosa, a vizcaína de Arkote-Dermitek, a cántabra de Astillero (que remou con mozas   deste clube  e  reforzos da Maruca e Colindres), unha selección de remeiras galegas que acode  á cita baixo o nome de Galicia e dúas  traiñeiras catalás: o Club de Rem Badalona e o  Club de Rem Colera que paradoxicamente son os 2 primeiros equipos que participan na Bandeira da Concha sen pertencer a ningunha  ao litoral Cantábrico nin  de Galicia.

Todos estos equipos están formados por remeras de varios clubes xa que aínda que en categorías inferiores dalgúns clubes hai  maioría feminina entre os remeros senior, as mozas siguen en inferioridade numérica. A regata desenvolvese arredor de  2.778 metros (1,5 millas naúticas), a metade que a masculina.

Evidentemente, extraño non nos resulta, máis ben familiar os premios siguen sendo moi diferentes, moi discriminatorios. Na Bandeira da Concha repártanse máis de 100.000€ en premios. Para a categoría masculina hai asignados 81.000€ e para a categoría feminina 23.700€ (frente aos  20.900 euros de 2011). Así, a traiñeira vencedora levárase 9.000 euros (además da bandeira e cada unha das remeiras un cadro-bandeira individual), a segunda 6.200, a terceira 5.000 e a cuarta 3.500.  E sen embargo, a traiñeira gañadora da categoría masculina ten un premio de 24000€, que ven sendo máis diñeiro que a cuantía total de premios para a categoría feminina. Co cal, agardemos que o Concello de Donosti siga traballando cara o recoñecemento tamén económico nos premios ás traiñeiras femininas, acadando a equidade entre as competicións masculina e feminina.

 Aproveitamos este post para desxarlle sorte  a  representación galega na Bandeira da Concha.

 

 

Adeus á Chavela física mentras seguimos a escoitar as súas cancións que pervivirán na nosa memoria

Chavela Vargas, foi  unha cantante Mexicana de orixe costarricense e nacionalidade mexicana, unha das principais  figuras da música ranchera  e pioneira deste xénero entre as intérpretes femininas.

Chavela destacou no xénero da canción ranchera non  soamente pola súa personalidade e   talento, senón  tamén porque foi unha pioneira.  A rancheira é un énero musical moi masculino e  sensual, cantado xeralmente por homes co acompañamento de mariachis. Chavela solía cantar sola, con apenas unha guitarra e  voz grave, cancións normalmente interpretadas por homes sobre o seu  desexo polas mulleres. En ocasións, baixaba o   ritmo das melodías. Deste modo, letras e  músicas de sabor humorístico teñíanse de máis  dramatismo. Vestía coma un home, fumaba tabaco, bebía moito, levaba pistola e era recoñecida polo seu característico gabán vermello.

Chavela Vargas  trasládase a México cando tiña 17 anos , adoptando  a nacionalidade mexicana  con posteriroridade. Durante moitos anos cantou nas rúas até que aos trinta anos se fixo  cantante profesional, da man de José Alfredo Jiménez, cantante e compositor dos  seus  maiores éxitos. A finais dos anos cincuenta comenza a facerse popular  polas súas actuacións en Acapulco, meca do turismo internacional. Alí actuou na festa nupcial de Elizabeth Taylor e  Mike Todd, e coñeceu a Ava Gardner. Trabou amizade cos pintores Diego Rivera e  Frida Kahlo, por quen confesou que se sentiu atraída.

O seu  primer álbum foi publicado en 1961 e  desde entón gravou máis de oitenta discos. Retirouse  a finais  dos anos setenta e  regresou en 1991

Chavela debe parte da súa fama a súa aparición en varias películas de éxito, ben mediante cancións súas incluidas nelas ou incluso interpretándoas en persoa. Werner Herzog incluiuna interpretando a unha nativa, na súa película Grito de piedra (1991).O director español Pedro Almodóvar foi un dos seus  primeiros difusores e contribuiu ao seu  arraigo popular no Estado Español integrando  cancións suas en varios dos seus filmes. Chavela apareceu  despois  na película de Julie Taymor, Frida, cantando  os seus clásicos «La llorona» e  «Paloma negra»,e  también apareceu  en Babel, a multipremiada película de Alejandro González Iñárritu, cantando “Tú me acostumbraste”, bolero de Frank Domínguez. Joaquín Sabina compuxo na súa honra, en 1994, unha das súas cancións  máis coñecidas: “Por el bulevar de los sueños rotos”.

Durante 2009, con motivo do seu 90 aniversario, o  Governo da Cidade de México ríndelle  unha  homenaxe nomeándoa cidadá distinguida. A este evento concurriron, de maneira presencial e a través de video, múltiples persoalidades do ámbito artístico, cultural e periodístico de Iberoamérica, entre os que se contan a cantautora Julieta Venegas, a intérprete Eugenia León,o escritor Carlos Monsiváis, a periodista Carmen Aristegui e os seus amigos Joaquín Sabina e  Pedro Almodóvar. En abril de 2012, con 93 anos de idade, lanza o  seu disco-libro Luna grande, onde revive, a modo de homenaxe, relevantes poemas do escritor español Federico García Lorca e repasa algúns dos  seus maiores éxitos. En xullo do mesmo ano viaxa  a Madrid para presentar o  seu último disco nun recital nunha  Residencia de estudantes de Madrid, sendo hospitalizada  hospitalizada o 12 de xullo  por un cadro de fatiga[]. Xa recuperada emprende viaxe de regreso a México, onde o 30 de xullo de 2012 é  internada no hospital Inovamed da cidade mexicana de Cuernavaca, con problemas crónicos en corazón, pulmóns e riñóns.

http://www.youtube.com/watch?v=0gQ31m4Yt0s

En agosto leeremos, ” Abajo las armas” da premio Nobel da Paz en 1905 Berta Von Suttner

 Neste tempos de incertidume e desacougo,cumpre  lermos arredor de  valores que parecía que deberán estar asentados e consolidados  na sociedade. Así, que  para este mes de agosto a nosa suxerencia literaria é “ Abajo las armas” de Bertha Von Suttner.

 Quén era Bertha Von Suttner??

Bertha Felicitas Sophie, baronesa von Suttner, (Praga, 9 de xuño de 1843Viena, 21 de xuño de 1914), foi unha pacifista  e escritora austríaca. Bertha Von Suttner foi  unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz; difundeu a   ideoloxía do mesmo en numerosas conferencias en toda Europa, e  creou  unha asociación para promovelo en Austria. Defensora do  sufraxio feminino, que recibiu o  premio Nobel da Paz en 1905.

Nada no  seo da aristocracia austriaca, deu  un xiro  á súa vida para convertirse nunha activista incansable en defensa do pacifismo. Desde moi  xoven  opúxose con audacia ao horror da guerra. Nun  dos países máis militarizados de Europa, ela non parou de reivindicar de forma incansabel  “abaixo as armas”. Así o  recoñeceu o   comité que lle  otorgou o Premio Nobel da Paz en 1905, que destacou a  gran influenza que a baronesa Von Suttner tivera no crecemento do  movimiento pacifista internacional. Bertha consagrou a súa vida á  loita contra a carreira armamentística e o pacifismo rompendo  con todas as normas da época, dado a súa orixe  aristocrática.

O traballo desenvolto ao longo da súa vida pola baronesa a favor da paz foi o que inspirou ao filántropo sueco á creación  do Nobel da Paz, hoxe  un dos galardóns con máis prestixio no mundo. Bertha von Suttner foi a primeira en recibilo. A comunidade internacional recoñeceu a valentía desta muller adiantada a súa época. “É extrano o cega que está a xente. Horrorízanse ante as cámaras de tortura da Idade Media, pero están orgullosos de ter os seus sus arsenais cheos de armas”, aseguraba esta muller librepensadora e agnóstica.

 Escribiu libros, interveu en foros internacionais, creou sociedades pacifistas en Austria, Alemania e Hungría. Destacan as  súas obras Hight Life e  ¡Abajo las armas!, escritos en 1886 e  1889 respectivamente: o primeiro aborda os dereitos humáns e a arbitraxe  para resolver os conflictos entre nacionais.

Coa publicación  da  novela “ Abajo las armas”  converteuse nun referente do movemento pacifista internacional e foi traducida a unha multitude de idiomas. Máis alá dos seus valores literarios, o verdadeiro mérito desta obra é o seu  contido impactante, que tivo unha influencia determinante no seu  tempo. Ninguén até entón  denunciara  dunha maneira tan rotunda e tan gráfica, a dor, a maldade, a crueldade da guerral a soidade dos soldados feridos e abandoados, o pesarelo do campo de batalla, o  pánico á  morte. A novela non foi  só un alegato contra a guerra, senón  que ademais denunciaba unha serie de principios que favorecían o espíritu belicista: a relixión, que propiciaba a resignación; a cobardía como deshonra e  a concepción da guerra como unha forma máis de facer política. A protagonista da súa obra, Marta, loita  por cambiar os roles tradicionais da muller; é instruida, alterna con intelectuais, á marxe da clase social, non só non cree imprescindibel que o seu esposo a protexa, senón que non lle importa mantelo con tal de que abandone a carreira militar. A novela tivo un impacto extraordinario no público e o nome de Bertha von Suttner  convirtiuse en sinónimo de paz e antimilitarismo. “Unha das verdades eternas  é que a felicidade  crease  e desénvolvese en paz, e  un dos dereitos eternos  é o dereito da persoa á vida. O  instinto máis forte  é o da conservación deste dereito, ratificado e santificado polo vello mandamento que dice non matarás”..

Esta obra foi adaptada ao cine en 1914, dirixida por Holger Madsen e   co guión de Carl Theodor Dreyer.. Considérase un dos primeiros celuloides pacifistas, foi estreada en Nova Iorke o  14 de agosto de 1914 e prohibida en Alemania até o  final da guerra.

Cartel da película danesa ¡Abajo las Armas! (Die Waffen nieder!), basada na novela de Bertha von Suttner

A súa influenza foi determinante nas  diferentes conferencias internacionais a favor da  paz e intervén  en todos os foros da época. En 1899, na  primeira Conferencia de Paz da Haya encabezou unha delegación e foi a  única muller que intervén no encontro que   felizmente, remata coa creación da Corte Permanente de Arbitraxe, orixe da Corte Internacional de Xustiza, o  principal órgano xudicial de Nacións Unidas.

En 1913 recibiu  o título honorífico “Generalissimo del Movimiento Pacifista”.  A “xeneralísima“ do movemento pola paz, como así se lle chamou, morreu dous meses antes  do estalido da Segunda Guerra Mundial. Non puido deter a guerra, pero si creou as bases para a construcción dun movemento pacifista internacional sólido  e para a difusión destes ideais entre a cidadanía de todo  o mundo.

Bertha Felicitas Sophie, na súa loita contra a convención e inxustiza social deu pasos importantes para renovar o papel da muller na sociedade, para crear os principios ideolóxicos da igualdad, a favor da paz, e contra a violencia cara ás mulleres.

Austria rendeulle  homenaxe gravando  o seu retrato nas acuñacións  da moeda de dous euros. O escritor austriaco Stefan Zweig honrou a súa  memoria en 1917 durante o Congreso internacional das mulleres para a comprensión entre os pobos en Berna. Numerosas ciudades de Austria e  Alemania deronlle o seu nome a escolas, prazas ou rúas.  A pacifista aparece asemesmo no billete de 1.000 chelins en 1966.