Arquivos mensuais: Novembro 2013

Queres saber un pouco máis do 25N en Ribadeo?

Faremos algo porque sempre convén lembrar  o significado do 25 de novembro, para seugir alzando a voz ante esta porblemática que non cesa. Máis desde  á área de igualdade do Concello de Ribadeo procuramos que todos os días sexan 25, e traballar a prol desta causa ao longo de todo o ano.

Como vén sendo habitual, a Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo, que está integrada por persoa sanitario, educativo, polos FCSE, Policía Municipal e máis persoal do Concello,  emite un comunicado con motivo do Día Internacional contra á violencia de xénero.

Velaquí tedes íntegro o comunicado enviado á prensa :

O  número de denuncias por violencia de xénero nos últimos 5 anos  disminuíu nun 9,6%, según o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CXPX). Esto non se corresponde coa disminución do número de casos, senón que estamos ante unha bolsa oculta de maltrato que non deixa de medrar. O primeiro trimestre deste 2013 equipárase nas denuncias interpostas ao número das presentadas no primeiro trimestre do 2007, que foi o momento no que se comezou a recoller ese dato na estatística xudicial. 

Por outra parte, os recursos  para ofrecerlle ás mulleres vítimas de violencia de xénero cada vez son menores e a sensibilidade das persoas nos diferentes ámbitos( policial, sanitario, educativo, social e xudicial) minguou considerábelmente.  Hai unha mensaxe de desmoblización e desesperanza para quen no seu fogar, en silencio sofre día a día esta barbarie froito do patriarcado.

A crise está a ocasionar  o recrudecemento da violencia económica. As mulleres afectadas pola reforma laboral, polos recortes en dependencia, polos despidos teñen que volver a depender das súas parellas, reconvertidos como antaño nos principais sustentadores da economía familiar. Todo isto, unido ao aillamento, o maltrato psicolóxico que anula ás vítimas deixándoas  sen vontade, ou ao medo  aos  golpes e  a morte ten un resultado final enganosoredúcese o número de denuncias, pero non  porque  disminuíran os casos de violencia. Por poñer, un dato, no que levamos de 2013, só un 18,2% das mulleres asasinadas  denunciara previamente ao seu agresor.

O empeoramento económico acompañado de falta de alternativas desde as institucións ten un efecto disuasorio nas  vítimas. De novo, estamos ante unha situación que require a necesidade de emancipación das mulleres para poder dar o paso a unha vida independente do agresor.  A violencia económica é moi agresiva, terríbel, porque non se ve e non se detecta. A violencia económica leva á violencia psicolóxica, pero ambas son díficiles de probar o que leva engadido que para demostrala, a vítima ten que atoparse cunha xuíza ou xuiz que sexa capaz de recoñecer os síntomas desta violencia psicolóxica.

Outra circunstancia preocupante  é a disminución das medidas cautelares impostas polos xulgados de violencia de xénero. Por exemplo, das 7.750 ordes de protección acordadas no primeiro trimestre do 2012, este ano, no mesmo período do anos só se ditaron 4583, o que supón un descenso do 7,11.

 Cabe subliñar tamén  a práctica cada vez máis extendida por parte dos maltratadores de poñer fin á muller acompañada das e dos fillos, como está a acontecer nos casos  máis graves de violencia, que son os que rematan en feminicidios (que é como en verdade deberíamos chamar aos asasinatos das mulleres) . Neste ano 53 mulleres e 7 nenos/as perderon a vida. 

E por último, queremos amosar a preocupación polo incremento de casos de maltrato entre nenas e adolescentes influído tamén  porque o  inicio das  relacións de noviazgo no Estado español  adiantouse aos 13 anos. Un tercio das mulleres que son vítimas de violencia de xénero son menores de 30 anos. O maltrato non se ciñe ás agresións físicas. Comezan a darse formas de violencia máis propias desta xeración, as que xurden co uso das novas tecnoloxías  que resultan aínda máis díficiles de detectar e distinguir. As redes sociais, os servizos de mensaxería utilizados nos teléfonos móviles, como o Whatsapp, entre outros instrumentos están facendo dano entre a xente moza, combinado con outras formas de violencia máis propias desta xeración como a que se exerce cos ciumes. Un alto porcentexe de xoves recoñece os ciumes como unha manifestación de  amor  no canto de calificalos como unha forma de control.

Son formas de violencia máis silenciosas pero que é importante que sexan recoñecidas para ser combatidas.

Charla o vindeiro 25 de novembro na Casa dasLetras :

E para sabermos un pouco máis destas violencias máis ocultas, o luns 25 de novembro temos unha charla ás 20.15 h na Casa das Letras, onde imos contar cunha das colaboradoras de Pikara Magazine. Bárbara G. Vilarinho disertará   arredor de ” Por qué o chaman feminazi, cando queremos decir igualdade??

lILA 25n

 

Estamos a voltas co II Plan de Igualdade para o Concello de Ribadeo. Algo que achegar??

Levamos uns meses que non paramos. Actividade constante, incesante,… Temos o blogue algo abandoado. Máis en canto remate este mes… voltaremos á carga, tentaremos estar aí para partilar con vós reflexións, preocupacións e informar das accións que se emprenden tanto en Ribadeo como noutro lugares, sempre na búsqueda desa igualdade de xénero que non chega.

Agora mesmo estamos mergulladas nun intenso traballo que é a elaboración do II Plan para a igualdade de mulleres e homes 2013-2016 no Concello de Ribadeo. Para a súa elaboración contamos con financiación do Fondo Social Europeo e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Entanto, deixámosvos a Avaliación do que foi o noso I Plan de Igualdade Local Memoria avaliacion I Plan de igualdade Ribadeo

Estamos abertas as vosas suxestións. Podedes deixalas aqui.

buzon