Arquivos mensuais: Decembro 2012

O Ribadeomuller únese á conmemoración 12 do 12 do 12… CEF.

Ribadeo Muller tamén quere ter presenza e participación activa nesa homenaxe  que a  Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl ) preparou con motivo  do centenario do nacemento do poeta celanovense Celso E. Ferreiro. Hoxe ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012  organizou un recitado colectivo en douscentros educativos de Galicia  para renderlle unha homenaxe pública  por medio dunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais. E pola noite ás 12.00h proxectarase o documental CEF 100% .

Nós facemos a nosa adaptación propia, e en vez de lermos o poema “Deitado frente ao mar”,  imos elixir unha poesía adicada a unha loitadora ,a unha desas mulleres de armas tomar como asi lle chamaron Guillermina e Guillermina Domínguez Touriño e  Felicia Estévez Salazar, a Mª Balteira, Mª Castaña e Mª Soliño na súa obra Tres mulleres galegas de armas tomar.Santiago de Compostela, Baía edicións (2009).

Pero antes, lembremos quén era María Soliño

maria-solinaNo ano 1617 Vigo foi atacada por naves turcas berberiscas; a península do Morrazo sufrirá tamén estes ataques. As mulleres, igual que ocorrera na Coruña con María Pita, defenden as costas dos ataques piratas e moitas veces son violadas e torturadas, ademais de roubadas, nestes ataques. Posteriormente a estes feitos varias das mulleres que organizaron a resistencia nas costas do Morrazo foron acusadas de bruxería ante o Tribunal da Inquisición. Unha delas sería María Soliño, apelido seguramente moito máis real que Soliña, derivación daquel.

María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada, torturada; os seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por bruxería. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida; pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo.

María Soliña ( Longa noite de pedra)

Polos camiños de Cangas
A voz do vento xemía:
Ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas
Muros de noite se erguían:
Ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
Soños de medo tecían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
Baixo so tellados de Cangas
Anda un terror de auga fría:
Ai, qué soliña quedache,
María Soliña .

En decembro a nosa suxerencia literaria é unha aposta para ler e para bailar ,,,con Rapoemas Aid.

2012070311574040491

Este mes de decembro que veu como era de agardar cunha friaxe  áspera queremos suxerirvos algo diferente. É un mes cheo de festividades, de xuntanzas familiares, de excesivo consumismo… e de enaltecemento das amizades. Pois ben, a nosa suxerencia literaria para o mes de decembro para lermos e tamén para agasallar a algún mozo ou moza da familia é o libro Rapoemas Aid. 

rapoemas-9788498654417RapoemasAid  é  un  sorprendente traballo na que a voz máis coñecida do rap galego canta poemas de Rosalía, Curros ou Manuel Antonio. Poemas, escritos algúns no século XIX, que volven aos ritmos actuais e urbanos do rap a través desta singular iniciativa que pode achegar á xente máis nova outra forma de ver a nosa historia literaria.

Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros cantados desta maneira. A sorpresa vai ser grande. A calidade musical, tamén o é. Xa que logo, Rapoemas é unha viaxe que vai dende o século XIX, cando foron escritos moitos destes textos que tan ben coñecemos, ata este século XXI cheo de ritmos novos.

Un libro-disco que vai facer que movamos as pernas e o corazón.De todos os poemas escollidos por Aid  foi en Rosalía onde atopou a materia máis acaída para o rap. A metade do disco está dedicado á poeta de Follas Novas.

O hip hopa naceu nas neoirquinas rúas dos Queens e no Bronx nos 70 e popularizouse polo  linguaxe directo e a miúdo soez. De seguida comezou a adornarse con bailes imposibeís ( brekdance) e graffitis. O rap é a imaxe da persoa que o fai. Aid di que o seu rap é  como a crónica da vida, case un diario.

 Aida Alonso Iglesias, artisticamente coñecida como Aid, é unha cantante e compositora de hip hop e música urbana. Naceu en 1990 en Vigo, e o seu contacto co hip hop chega ao redor dos 12 anos, cando comeza a facer as súas primeiras gravacións caseiras de rap ao redor do ano 2003. En 2004 é un amigo seu quen colga catro dos seus temas nunha coñecida páxina web, sacando á luz o que ía ser a súa primeira maqueta ‘Demo’ (2004), e ‘Aquí tenéis foi a segunda’, lanzada en xaneiro de 2007.

O 22 de outubro de 2008 gaña a IV edición do Festival Heineken Greenspace, en Valencia, por diante de máis de 1.300 grupos, converténdose na primeira rapeira que o acada e a artista máis nova que o logra. O 9 de febreiro de 2009 saíu á rúa Jugando, álbum co que debuta. O 28 de xullo de 2009 saíu elixida artista da semana no portal musical iTunes, co tema “Boogie Vigo”, e en setembro artista do mes no concurso Ones To Watch, de Myspace. O 11 de xullo de 2010 gañou o concurso Márcate un Squares de Kellogs.

Entre outros traballos, destacan a elaboración de obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e o seu traballo como locutora e reporteira en medios locais. Ademais da súa faceta artística, é afeccionada ao deporte e estuda Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Aquí tedes un pouco de Aid:

O caderno ” Rachando inercias” contén traballos de xoves creadoras de Ribadeo

convite caderno 1“Rachando inercias” presentarase en Ribadeo o vindeiro 8 de decembro

 As portas do aniversario de Sonda Norte, despois de 11 meses de iniciativas que non teñen fin, presentarase  o caderno “ Rachando inercias “ o vindeiro 8 de decembro.

 Esta iniciativa ven xestándose desde hai meses, froito da colaboración entre o Centro de Información ás Mulleres e Sonda Norte. Once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico neste caderno que leva por título “ Rachando inercias”. Un caderno exclusivamente femenino con traballos de autoras menores de 30 anos.

As notas que caracterizan este iniciativa son impulsar e promover ás mozas creadoras, xa que ao igual que noutros eidos, as mulleres teñen máis dificultades de ter presenza no mundo artístico. Este caderno é unha simbiose entre o potencial da escrita destas autoras e a ilustración. Cada unha delas achegou unha foto ou ilustración e as outras mozas escribiron inspirándose  na mesma. Este caderno conta con traballos feitos en galego, porque ao igual que as mulleres é un idioma que se encontra en situación de inferioridade, e por eso decidiuse promover e potenciar ao galego mediante a escrita de todos os textos en galego.

Ademais contouse coa colaboración para este caderno da escritora consolidada  Marica Campo. O seu coidado deseño corre a cargo dunha moza tamén sondanorteña, Xana Arias.

O  título Rachando inercias non ven máis que a salientar o que pretende o caderno, creadoras ribadenses xoves tentando rachar coas inercias que sitúan as mulleres e a lingua galega nunha situación de inferioridade.

 O sábado 8 de decembro ás 18.30 na carpa sita no Parque de San Francisco presentárase o caderno  Rachando inercias.

 169148_3733691417377_1617487171_o-1

 

Volven os foros… Poñéndonos ao día nos coidados!

la fotoPoñéndonos ao día nos coidados

Interrumpiamos o programa dos Foros permanentes para ás mulleres coa chegada do verán. Pero a súa volta é inminente. Comezamos dentro de 10 días cun obradoiro práctico para coñecer as cuestións básicas dos coidados. Cómo nos enfrontamos a determinadas cousas cando estamos ao cargo dunha persoa que precisa de coidados.

Ao longo da vida das persoas, nos vemos en moitas ocasións tendo que coidar as persoas do noso entorno, familiares, veiños/as… debido a calquer tipo de circunstancia, enfermidade ou accidente que emerxen en calquer momento.

Habitualmente debido aos roles preestablecidos e a desigualdade entre mulleres e homes imperante na sociedade actual son as mulleres as que asumen as tarefas de coidados nestes casos circunstanciais e no día a día no que atinxe aos coidados básicos ( crianzas, maiores …)

Por iso, desde a Concellaría de Igualdade  estamos a organizar unhas sesión prácticas  de posta ao día  dirixidas á  mulleres e homes que xa coidan ou poden coidar nun futuro  e lles interese o tema.

Obxectivos:

Os  obxectivos  son reforzar os coñecementos e habilidades que teñen as persoas que coidan de maneira informal ( sen cobrar) sobre temas básicos do coidado  e compartir experiencias.

Destinatarios/as :

Poboación en xeral (que xa coidan ou que poden coidar nun futuro e lles interesa o tema).

A cuestión é que casi todo o mundo, nalgún momento da vida vai coidar doutra/as persoa/as polo que precisaremos dalgún   coñecementos sobre  coidados básicos.

Os temas que imos tratar son o fomento da autonomía, hixiene, alimentación, mobilización, prevención de úlceras e problemas de eliminación .

poñendonos ao dia

Contamos coa colaboración do persoal do Centro de Sáude de Ribadeo.  A enfermeira Dolores García Docobo será a encargada de impartir estas sesión prácticas. Seán dúas sesións de  1h. 30 min. cada unha para tratar os contidos básicos do tema.

En Ribadeo fáranse o martes 11 de decembro e o xoves 13 de decembro en horario de 17.30h a 19.00h na Casa do Mar .

Podedes anotarvos chamando ao 982 120 739/ 982 120. 808, escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org .

En xaneiro desenvolvéranse estas sesións nalgunhas  parroquias do Concello.