Arquivo por etiquetas: feminismo

No día internacional pola eliminación da discriminación racial achegámonos ao papel do movemento feminista negro nesta loita

Black-women

Hoxe é o día internacional pola eliminación da discriminación racial. Nós queremos aproveitar a ocasión para achegármonos un pouco,  ao papel que tivo o movemento feminista negro nesta causa da procura da igualdade de dereitos entre branc@s e negr@s.  Seguramente moitas de nós escoitamos falar na adolescencia, cando comezábamos a ter consciencia das loitas polos dereitos humanos do estadounidense Martin Luther King ou do sudafricano Nelson Mandela,  … máis entre os referentes ou líderes non lembro nomes femininos. Quizais porque non se escoitaban…?

 Esta data proclamouse pola  Asamblea Xeral das Nacións Unidas para lembrar a  Matanza de Sharpeville no 1960 contra manifestantes que protestaban pola aplicación do Apartheid  en mans  da policía sudafricana.

 Rosa Louise McCauley Parks (1913-2005), American Civil Rights activist. Booking photo taken at the time of her arrest for refusing to give up her seat on a Montgomery, Alabama, bus to a white passenger on 1 December 1955.Máis o papel das mulleres negras, desde Rosa Parks até a actualidade está ateigado de nomes femininos, e de mulleres anónimas que deron a súa vida a esta loita pola igualdade entre as persoas independentemente da raza, sexo ou relixión. Parks é  coñecida  por negarse a ceder o asento a un branco e non moverse a parte traseira do autobús, que era  a que lles correspondía as persoa negras no  sur de Estados Unidos no 1955. Esta acción  que rematou co encarcelamento da propia R. Parks cítase  con frecuencia como a chispa do movemento  polos dereitos civís.

Se nos trasladamos anos atrás, encontramos no século XIX coas figuras,  resgatadas agora como “sociólogas”, coas  afroamericanas Ana Julia Cooper e Ida Wells-Barnett  que  usaron a relación de raza como unha lente desde a cal ansalisar a opresión e explorar a relación  entre xénero e raza  no caso de Cooper, ou prantexando a influencia destas cuestións sobre a sexualidade no  caso de Wells-Barret.

 Foi nos anos setenta cando  o movemento negro nos  Estados Unidos agrupou a homes e mulleres e cando xermola o movemento feminista negro coas obras de escritoras, artistas, pensadoras que dentro das loitas polo recoñecemento da  comunidade negra foron amosando e visilizando as mulleres negras. Comezaron a representar-se e a ser representadas. Angela Davis, June, Toni Morrison e Alica Walker foron algunhas das persoas que racharon co silencio.

tumblr_m2aig1MLMS1rta8vuo1_400

Nos oitenta e noventa e no marco dos “black studies” desenvólvese unha autodefinición arredor do sentimento colectivo sobre o  significado de seren muller negra. Hoxe en día podemos considerar como autoras clásicas a Hill Collins ( 1990) e a Bell Hooks ( 1989) que revisaron as representacións que afectaban ás mulleres negras nos discursos dominantes no marco dos estudios culturais. Tamén  é  interesante a recuperación que fai  Angela Davis ( 1998) das grandes damas do blues e do jazz do primeiro terzo do século XX(Ma Rainer, Betsie Smith, Billie Holliday) e da tradición feminista que se oculta tras a letra das súas cancións como a deconstrucción do concepto de intelectual que realiza Patricia Hill Collins. Esta autora otorga o  papel de intelectual a todas aquelas mulleres negras –que dentro ofora da tradición académica– foron  claves para producir pensamento.

 O tamaño deste post non nos permite afondar con precisión nesta causa social máis vou salientar a dous escritoras e activistas fundamentais ás cales podedes recorrer para informarvos ou ler máis do tema, a afroamericana Angela Davis e  a estadounidense bell Hooks. Velaqui deixo unhas notas delas:

Bellhooksbell hooks (Gloria Jean Watkins, 1952, Kentucky, EEUU) é  unha coñecida autora, intelectual e activista feminista estadounidense que examina as interseccións de raza, clase e xénero na  arte, na historia, na sexualidade, nos medios de comunicación e no  feminismo desde unha óptica xeralmente postmodernista. Hooks comezou a súa carreira como catedrática universitaria en 1976 na University of Southern California pasando por diversas institucións, como a Universidade de California en Santa Cruz, a universidade de Yale, Oberlin College e o City College de New York. En 1978 publicou o  seu primer poemario  máis ela é coñecida pola súa bibliografía crítica.   Adoptou  o  pseudónimo literario de bell hooks, combinando partes dos nombres da súa nai e da súa avoa. Explicáse a pouco convencional falla de maiúsculas como unha sinal de que  o que vale –e  “a sustancia dos libros, non quen son eu”.

neobuddh1833Podemos citar entre outras, algunas obras súas como: Ain’t I a Woman?: Black Women and Feminism,  Feminist Theory: From Margin to Center, Talking Back: Thinking Feminist, Thinking Black ,Breaking Bread: Insurgent Black Intellectual Life ,Black Looks: Race and Representation

 E para sabermos un pouco máis do que pensaba:

“A miúdo as feministas brancas actúan como sebellhooks2 as mulleres negras non soubesen que non existía a opresión sexista até  que elas deron voz ao movimento feminista. Creen que proporcionaron ás  mulleres negras “a análise ” e o ” programa de liberación”. Non entenden, nin sequera poden imaxinar, que as mulleres negras, asi como outros grupos que viven cada día en situacións opresivas,  a miúdo adquiren conciencia da política patriarcal a partir da súa experiencia vivida, a medida que desenvolven estratexias de resistencia, incluso aínda que  ésta non se dea de forma organizada” (hooks, 1984).

 Angela Yvonne Davis (Birmingham, Alabama, Estados Unidos,1944) é unhaangela_davis.1jpg política marxista, activista afroamericana e profesora de Filosofía da Universidade de California en Santa Cruz, nos Estados Unidos.

 O seu activismo político iniciouse cando Davis era unha moza en Birmingham, Alabama, e ​​continuou a través dos seus anos de escola secundaria en New York. No ano  1969  foi expulsada do seu posto de profesora no Departamento de Filosofía da Universidade de California como consecuencia do seu activismo social e ao descubrirse a súa afiliación ao Partido Comunista dos EE.UU. En 1970 foi colocada  na lista dos dez delincuentes máis buscada do FBI por cargos falsos sendo obxecto dunha intensa búsqueda policial que a levou á clandestinidade e culminou nun dos xuízos máis famosos da historia recente de EE.UU.. Durante  o seu  encarcelamento de dezaseis meses, organizouse unha  campaña que deu lugar a masiva internacional “Free Angela Davis”, acadando a  súa absolución en 1972. Tamén estivo vencellada  ao movemento Panteras Negras.

angela-davisÉ unha defensora da abolición  da prisión e ten desenvolto unha poderosa crítica do racismo no sistema de xustiza penal. É  fundadora de Critical Resistance, unha organización nacional adicada ao desmantelamiento do complexo industrial de prisións. A nivel internacional, está afiliada a Sisters Inside, unha organización abolicionista con sede en Queensland, Australia, que traballa en solidaridade coas mulleres en prisión.

Reseñamos algunha das obras de A. Davis: An Autobiography; Women, Race, andangela-davis-mujeres-raza-y-clase Class; Blues Legacies  and Black Feminism: Gertrude “Ma” Rainey, Bessie Smith, and Billie Holiday; The Angela Y. Davis Reader; Are Prisons Obsolete?; Narrative of the Life of Frederick Douglass; e The Meaning of Freedom

E ela fala e escrebe así:

“A revolución é unha cousa seria, o máis grave da vida dun revolucionario. Cando un se compromete coa loita, debe ser para toda a vida”

“Mentras exista unha clase empobrecida, eu serei esa clase empobrecida, mentras exista unha alma en prisión, non serei  libre”

Os nosos actos para o Día Internacional das Mulleres. Unha data non só para celebrar senón tamén para reivindicar.

POP-UP igualamos max calidadEstamos xa inmersas nos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo. Imos a contarvos un pouco que actividades hai programadas para que poidades organziar a vosa axenda.

O  Photocall  “ Igualámonos” que comeza hoxe.

Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolvérase un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall é “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos .

Trátase dunha  campaña de sensibilización social arredor da igualdade de xénero entre a cidadanía pero adaptada a un formato moderno, actual e atractivo. Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, poñemos en marcha unha campaña deste tipo. Desde a Concellaría de Igualdade  entendemos esta data conmemorativa na dobre vertente como celebración e homenaxe  a todas as mulleres que loitaron porque hoxe teñamos unha serie de dereitos e como  data reivindicativa na que seguir demandando a igualdade de xénero en todos os eidos e eliminando todas as discriminacións existentes na actualidade hacías as mulleres polo feito de ser mulleres.

O photocall “Igualámonos”   irá acompañado dunhas frases que cada persoas elixirá para fotografiarse con elas. Estará ao longo dos tres días polo mercado, polos centros educativos, polo Centro Social, Escola de Música, polas parroquias, Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se irán subindo as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desaxa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso. Deste xeito tamén a campaña estará nas redes sociais .  O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

 INAUGURACIÓN DE RÚAS  adicadas ás mulleres o propio día 8 de marzo

convite 8M

En todas as rúas haberá unha actuación musical  da man da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo  e o descubrimento da praca polo alcalde de Ribadeo.

  • 19.00h –  Rúa  Manuela Barreiro Pico. Primeira farmaceútica de Ribadeo 19.20h– Rúa Sor Pilar de León. Adicación á música e a ensinanza. Neste rúa actuará o coro do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
  • 19.40h– Rúa Meniñas da Saudade. A primeira bande de gaitas feminina de Galiza e do Estado español.  Actuación da EMeD de Ribadeo  e intervención dunha representante do grupo.
  • 20.00h–  Praza 8 de marzo :
    • Intervención Concelleira de Igualdade 
    • Lectura dos textos  e proxección das imaxes  das creadoras do caderno “Rachando inercias”
    • Actuación  da Escola de danza acompañadas dunha  orquesta

CONCERTO  NO TEATRO para finalizar o día, ás 20.30h.cocerto Irimia Cantareiras

Actuación de “ Irimia Cantareiras” .

Nesta actuación contarán  coa colaboración de ProxectoDanza, compañia de danza que fusiona baile tradicional galego con outros estilos de baile como danza contamporánea, tango, hip hop… e incluso con outras disciplinas como videocreacións e teatro, pero sempre tomando como base a base da danza tradicional.

Cúmprense anos do nacemento en 1921 da escritora estadounidense, teórica e líder do movemento feminista estadounidense dos anos 60 e 70, Betty Friedan

Betty MistiqueHoxe 4 de febrero cúmprense anos do nacemento en 1921 de Betty Friedan da escritora estadounidense e teórica e líder do movemento feminista estadounidense dos anos 60 e 70.

Betty Naomi Goldstein,máis coñecida como Betty Friedan, naceu en Peoria, Illinois o 4 de febreiro de 1921 e faleceu o mesmo día de 2006 á idade de 85 anos.Betty friedan 3

Graduouse cun summa cum laude no Smith College e realizou o seu traballo de posgrao en psicoloxía na Universidade de California, Berkeley. Contribuiu a crear a primeira Organización Nacional de Mulleres en Estados Unidos ( NOW)
que presideu até o 1970. Colaborou tamén na Fundación de NARAL ( Asociación Nacional para a Revogación das Leis contra o aborto). En 1971 contribuiu ao lanzamiento do National Women’s Political Caucus (Comité Político de Mulleres).

Pero, sen dúbida algunha, o nome de Betty Friedan vai ligado a unha obra única, un libro revolucionario que a lanzou á fama e quedou como un fito na historia do feminismo. A obra que  convirte a Friedan nun icono na historia da muller, foi  A Mística da feminidade (The Feminine Mystique), manifesto visionario publicado no 1963 que fixo tremer os cimentos dunha sociedad estadounidense que se enfrentaba por aquel entón ao baby boom posbélico e a intensos conflictos raciais e sociais pola consecución dos dereitos civís.

Betty friedan SeloO libro atopábase no 1999 no posto 37 da lista da Universidade de Nova York como un dos mellores traballos periodísticos do século XX. A carga teórica da obra mezclábase cun estilo literario impecable e unha forza expresiva conmovedora. Todo esto fixo que no ano 1964 Betty Friedan recibirá o prestisioxo premio Pulitzer polo seu traballo A Mística da feminidade
O feminismo norteamericano estaba inactivo , despois de rematar como movemento vital nos Estados Unidos ao alcanzar o dereito ao voto.
Como dixo a propia Betty Friedan, as palabras “feminista” e “muller de carreira” convertíronse en insultos. Neste contexto, foron a obra de Friedan e a la da pensadora existencialista francesa Simone de Beauvoir, El Segundo sexo, as que abriron un novo camino sentando as bases do feminismo moderno e dando lugar ao que se chamou a ” segunda ola do feminismo”.

Ademais da A Mística da feminidade (1963), Friedan escribiu seis libros máis, entre os que destacan A segunda fase ( 1981), A fonte da idade ( 1993) e  A miña vida até agora ( 2000).

Falemos un pouco de “ A mística da feminidade”

A aseveración da autora feminista de que ter un esposo e bebés non era todo ao que as mulleres deben aspirar, senón que tamén necesitan desenvolverse individualmente, foi sumamente inusual, por non decir revolucionario, pouco despois da xeneración da posguerra da época do presidente Eisenhower, na que se produce un incremento na tasa de natalidade.

A mística femenina, dixo , non é máis que unha forma da sociedade de embaucar ás mulleres, vendéndolles unha serie de bens que as deixan vacías, padecendo “do problema que non ten nome” e buscando solución nos tranquilizantes e na psiconálise.

Como di Lilí Álvarez no prólogo á edición española da obra, a mística é unha La mistica de la feminidad“bonita mentira” que pretende “recruir á muller dentro do círculo fogareño, reducida así á rotina das súas faenas invariables e a participar no avance do mundo, non por sí mesma, senón tan só a través do marido e dos filos”.

Para finalizar esta pequena homenaxe á memoria dunha muller que loitou polas mulleres, que alzou a voz contra todos tratando de dar resposta a ese problema ao que tampouco ela soubo nomear:

“ Á muller ensinouselle a compadecer a aquelas mulleres neuróticas, desgraciadas e carentes de feminidade que pretendían ser poetas, médicos ou políticos. Aprendeu que as mulleres verdadeiramente femininas non aspiran
a seguir unha carreira, a recibir unha educación superior, a obter os dereitos políticos, a independencia e as oportunidades polas que loitaran as antigas sufraxistas.   […]
Miles de voces autorizadas aplaudían a súa feminidade, a súa compostura,a súa nova madurez. Todo o que tiñan que facer era adicarse desde a súa máis temperá idade a atopar marido e a ter e criar fillos”. ( pax. 29- 30)

En xaneiro cando se cumpren anos do seu nacemento leeremos ” O segundo sexo ” de Beauvouir

simone1

Fai cento cinco anos nacía en París un día coma hoxe, 9 de xaneiro de 1908 a filósofa existencialista,feminista e novelista Simone de Beauvouir.

Así que esta coincidencia fainos propoñer como lectura do mes de xaneiro deste Segundo sexo I Xearias imagenano que iniciamos, O segundo sexo I , obra  imprescindíbel e/ou  libro de cabeceira para aquelas persoas que aspiramos a construir unha sociedade igualitaria. Esta obra foi coeditada en galego pola editorial Xerais e a Secretaria Xeral desegundo sexo II Igualdade da Xunta de Galicia no ano 2008, coincidindo co centenario do seu nacemento. A  edición en galego foi traducida por Marga Rodríguez Marcuño e introducida por África López Souto. A obra Beauvoir ten a virtude de ser contemporánea moitos anos despois. Comenzamos pois con forza este ano. Relendou ou lendo por primeira vez o tomo I do Segundo sexo e quen se anime e teña tempo suficiente pode ler o segundo tomo.

Algo máis sobre Simone de Beauvouir:

Simone de BeauvoirEsta pensadora francesa foi unha insigne representante do movemento existencialista  ateo e unha figura importante na reivindicación  dos dereitos das mulleres. Orixinaria dunha familia burguesa, destacou desde edade temperá como unha brillante alumna. Estudou na Soborna e en 1929  onde coñeceu ao filósofo Jean – Paul Sartre quen se converteu no seu compañeiro o resto da súa vida.

Graduouse en filosofía e até 1943 adicouse á docencia nos liceos de Marsella,simone para principiantes Ruan e París. A súa primeira obra foi a novela A convidada (1943), á que lle sigue  A sangue dos outros ( 1944) e o ensaio Pyrrhus e Cineas (1944). Participou intensamente nos debates ideolóxicos da época, atacou con dureza á dereita francesa, e asumiu o papel de intelectual comprometida. Nos seus textos literarios revisou os conceptos de “historia” e “personaxe” e incorporou, desde a óptica existencialista, os temas de “liberdade”, “situación” e “compromiso”.

Foi fundadora xunto a  J. P. Sartre, A. Camus e M. Merleau-Ponty, entre outros, da revista Tempos Modernos, cuxo primeiro número saliu á rúa o 15 de outubro de 1945 e transformouse nun referente político e cultural do pensamento francés de metade do século XX. Posteriormente publicou a novela Todos os homes son mortais (1946), e  os ensaios Para unha moral da ambigüidade (1947) e América ao día (1948).

Simone-de-Beauvoir. libros jpgO seu libro O segundo sexo (1949) significou un punto de partida teórico para distintos grupos feministas, e convertiuse  nunha obra clásica do pensamento contemporáneo. Elaborou unha historia sobre a condición social da muller e analizou  as distintas características da opresión masculina. Afirmou que ao ser excluida dos procesos de producción e confinada ao fogar e as funciónss reproductivas, a muller perdía todos os vínculos sociais e con eles a posibilidad de ser libre. Analizou  a situación de xénero desde a visión da bioloxía, a psicoanálise e o  marxismo; destruíu os mitos femininos, e incitou a buscar unha auténtica liberación. Sostivo que a loita para a emancipación da muller era distinta e parella á loita  de clases, e que o principal problema que debía afrontar o “sexo débil” non era ideolóxico senón económico.

Despedímonos deste  post cunha frase de Simone e cunha reseña da súa bibliografía:

“ Desde o meu punto de vista, a tarefa real do feminismo só pode ser a transformación do sitio que ocupa a muller nela

Bibliografía:

Novelas: 

  • A convidada ( 1943)
  • A sangue dos outros (1945)
  • Todolos homes son mortais (1946)
  • Os mandaríns (1954, gañadora do Premio Goncourt)
  • A belas imaxes (1966)
  • A muller rota (1968)
  • Cando predomina o espiritual (1979)

Ensaios

  • Para qué a acción (1944)
  • Para unha moral da ambigüedade (1947)
  • O existencialismo e a sabiduría popular (1948)
  • O segundo sexo (1949)
  • O pensamiento político da dereita (1955)
  • A larga marcha (Ensaio sobre China) (1957)

Memorias

  • Norteamérica día a día (1948)
  • Memorias dunha xoven formal (1958)
  • A plenitude da vida (1960)
  • A forza das cousas (1963)
  • Unha morte moi doce (1964)
  • A vellez (1970)
  • Final de contas (1972)
  • A cerimonia do adeus (1981)

Teatro

  • As bocas inútiles (1945)

A nosa suxerencia literaria para novembro é a novela Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño

Xa avanzado o mes de novembro  temos pendente a suxerencia literaria para este  mes no que o frío arrecía e o sol agocháse cedo. Un bó plan pode ser, unhas castañas quentes e  un vaso de leite  ou copa de viño acompañados dunha novela que nos fala dos mitos, da Bretaña e  á vez nos trae á cabeza debates actuais.

Así, que para o mes de novembro leremos Morgana en Esmelle, a nova novela de Begoña Caamaño. A escritora e xornalista  fai unha relectura dos mitos en clave feminista, imaxinando a voz, os pensamentos e os sentimentos das personaxes ás que lle foron negadas a expresión e o protagonismo, ou que só foron retratadas dende o imaxinario do másculino. Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda

Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Baixo os parámetros da ficción narrativa  reflexiona sobre os límites do poder,  o poder que devén tiranía, sobre a asunción das consecuencias dos nosos actos, qué se entende por democracia, se queremos ser cidadáns ou simplemente deixarnos levar pola man…, sobre o modelo de sociedade que queremos ?

Caamaño revisa, deconstrue, trasngrede e actualiza os mitos da cultura clásica nunha novela que se caracteriza  pola combinación de distintos puntos de vista, tempos e estilos narrativos. É  un libro que te cautiva e enreda. Achégate á Bretaña e  a cultura clásica pero á vez provoca un impulso en comparar todo o que alí acontece coa díficil encrucillada na que nos atopamos neste mundo que camiña cara un acrescentamento das desigualdade sociais entre persoas, sexos e pobos.

Begoña Caamaño presentouse no seu día coa novela Circe ou o pracer azul .