A Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística, porá en marcha en tres dos seus museos: no Museo do Mar de San Cibrao,Museo Pazo de Tor e Museo de San Paio de Narla a terceira fase do proxecto “ A arte de ser muller nun mundo por compartir. 3.0”.
Nel participan un conxunto de mulleres artistas apoiadas polo equipo de traballo da Rede Museística; co obxectivo de facer máis visible as mulleres dentro do mundo da arte e aportar un grauiño máis a prol da igualdade de xéneros e do cumplimento da lexislación vixente ao respecto. Esta fase do proxecto vai ter unha duración de 27 semanas, cunha exposición colectiva no espazo ainda que non no tempo e rotatoria xestionada e organizada en base ao axioma do “custe 0” e o traballo en rede.
Co proxecto “A arte de ser Muller nun mundo por compartir ” dende a Rede Museística preténdese dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da arte.As artistas participantes nesta segunda fase do proxecto expositivo e terceira fase do proxecto organizativo son: Sabela Arias,Julia Ares, Blanca Besteiro, Mercedes Cabada, Paula Cabaleiro, Montse Cea, Ana Costas, Yolanda Dorda, Cristina Fernández, Dolores Guerrero, Carmen Llonín, Rebeca López, Estefanía Novo, Ruth Núñez, Renata Otero, Elena Pendás, Xedes Peón, María Jesús Pérez, Laura Pernás, Noa Persán, Marta Prieto, Silvia Rodríguez, Montse Rego, Paula Salinas, María José Santiso, Magdalena Seixas, María José Vila.