Arquivos mensuais: Abril 2012

“As silencidas” acada o premio ao mellor documental na gala dos Mestre Mateo 2011.

Imaxe

Comezamos a semán cunha boa nova. O documental ” As silenciadas” recibiu na gala dos Premios Mestre Mateo o premio ao mellor documental 2011. O 15 de marzo, presentábamos en Ribadeo o libro de Aurora Marco ” Mulleres na guerrilla antifranquista galega” e o documental ” As Silenciadas”. Daquela había ben pouco, uns días que coñecían que o documental estaba nominado para os Premios Mestre Mateo.

Puidemos conversar, reflexionar e  sobre todo emocionármonos o día que visionamos o “Silenciadas ” en Ribadeo. Estaban con nós Aurora Marco, que ademais de ser autora do libro mencionado é xunto con Pablo Ces guionista e coproductora do documental, Pablo Ces director e guinoista e Pilo Sierra,o director musical da obra.

Imaxe

Queremos a través do Ribadeomuller felicitar aos tres, a Aurora Marco, Pablo Ces, Pilo Sierra e a todo o equipo que fixeron posible este traballo. Este premio supón tamén un gran recoñecemento e homenaxe a todas as mulleres represaliadas, a todas as mulleres que por defenderen a liberdade sufriron norte, cárcere, torutra física e psicolóxica…

Este documental xa recibira o premio no III Festival Internacional de Cine e Dereitos Humáns de Sta Coloma de Gramenet e tamén foi finalista do III Certame de Cine Documental Memoria Rural de Sta Cruz de Moya ( Cuenca).

Parabéns polo premio Mestre Mateo e por todo os premios que veñan!!

 

A nova promesa de Angola en Ribadeo, Aline Frazao. Non o perdades!

Este sábado temos en Ribadeo a posibilidade de deleitarmos coa música da angoleña Aline Frazao dentro do Ciclo de Músicas Posibeis organizado pola Concellaría de Cultura e  de Mocidade de Ribadeo. Este ciclo conta cun programa exquisito tanto pola calidade musical como polo seu carácter innovador en canto que instaura unha cultura musical diferente, unha cultura que atende ás diversidades musicais.

 Contarvos un pouco desta muller,

Aline Frazao naceu e creceu em Luanda (Angola). Actualmente vive en Santiago de Compostela. Pisou o palco con 9 anos e desde ese momento tivo a  oportunidade de cantar varios estilos de música como o fado, MPB, Jazz e música tradicional de Angola e Cabo-Verde. Aos  15 anos comezou a escreber as primeiras cancións, tocando a guitarra con influencias do Brasil, e en especial da bossa nova.

Entre 2006 e 2009 conxuga a súa estadía na  universidade en  Lisboa con pequenas colaboracións  en diversos proxectos de música e teatro. En Barcelona nace o seu proxecto   “A minha embala”, o seu único albún que será lanzado dous anos máis tarde, en Xuño de 2011. Máis foi en Madrid, cidade onde morou durante cerca de dous anos, onde comenzou a  a facer concertos acústicos en bares e salas, interpretando versións de clásicos da música angolana, cabo-verdiana e brasileira, e tamén temas autorais. Procurando unir dúas paixóns – viaxar e cantar – Aline actuou en  diversas cidades como Paris, Dublin, Lisboa, Luanda, Bruxelas, Londres e Buenos Aires.

Depois de participar na edición de 2010 do Cantos na Maré, festival galego dedicado à lusofonia, a angolana decide mudarse a Santiago de Compostela e adicarse exclusivamente à música. Alí formou a banda que a acompaña actualmente: o contrabaixista cubano Jose Manuel Díaz e o percusionista galego Carlos Freire.

Em Setembro de 2011, entrou no estudo  para gravar o seu primeiro disco. “Clave Bantu” é unha producción independente que reúne unha selección  de once temas orixinais compostos pola angolana durante esos últimos catro anos de viaxes.

 Así que xa sabedes o sábado ás 21.00h no  Cine-Teatro.  E pola mañán, entre a unha e as dúas da tarde na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, Aline Frazão compartirá saber e experiencia con músicos e músicas, artistas locais e xente interesada en participar do encontro. Esta  é unha inciativa promovida por Sonda Norte que vén a contribuir ao cumprimento dos obxectivos da plataforma e a dar valor engadido á programación de concertos que se están a desenvolver no marco de Músicas Posíbeis.

Crea unha tenda online e promociona os teus productos en Internet

 

No contexto actual  no que estamos inmersas as  novas tecnoloxías poden abrirnos portas a novas formas de negocio, diversificación e mellora da competitividade das actividades empresarias.

 O  Concello de Ribadeo, a través das áreas de Desenvolvemento local e Igualdade  en colaboración co programa Avanza  pretende pór en marcha un proxecto – piloto dirixido a mulleres, co obxecto de fomentar novos proxectos empresariais baseados no comercio electrónico.

O proxecto desenvolvérase en Ribadeo ao longo de 2012 e ten coma fin principal:

Formar e capacitar  no uso das TICs, en metodoloxías e técnicas en comercio electrónico, en marketing,  na área de loxísticas  co obxecto  de xerar novos proxectos empresariais viables e sostibles.

 – Asesorar e realizar un seguimento, para a posta en marcha de novas formas de negocio baseados na comercialización de productos a tráves das novas tecnoloxías.

Poderán participar no proxecto mulleres; emprendedoras, desempregadas así coma mulleres en activo que desexen iniciar unha nova actividade ou abrir novos canles de comercialización, baseados no comercio electrónico.

 O prazo para participar no proxecto estará aberto ata o vindeiro xoves 3 de maio, e para obter máis información podedes poñervos  en contacto con:

Área de desenvolvemento Local: 982128650 ou adl@ribadeo.org

Centro de Información das Mulleres: 982120739 ou cim@ribadeo.org

 

Medio centenar de persoas asistiron ás V xornadas de violencia de xénero do Concello de Ribadeo

A V xornada formativa de abordaxe integral da violencia de  xénero no ámbito local do Concello de Ribadeo este ano tiveron como obxecto  central de debate e reflexión a violencia simbólica.

Aquela violencia máis difícil de detectar, pero máis agresiva polo daño que provoca. Como decía Bordieau “ unha violencia que xa non mata corpos pero  escraviza mentes ”. A violencia simbólica defínese como as formas de violencia non  exercidas directamente mediante a forza física, senón  a través da imposición por parte dos suxetos dominantes aos suxetos dominados dunha visión do mundo, dos roles sociais, das categorías cognitivas e  das estructuras mentais.  Constitúe unha violencia doce, invisible, que ven  exercida co consenso e  o  descoñecemento de quén a  padece, e  que esconde as relación  de forza que están debaixo da relación na que se configura.

Medio centenar de profesionais participaron esta finde semán nas xornadas. O 37% pertencían ao ámbito sanitario, o 31% ao ámbito educativo, o 16% ao ámbito da psicoloxía, pedagoxia, socioloxía…, ao ámbito xurídico un 10% e un 1% respectivamente ao ámbito dos corpos policiais, dos persoal dos medios de comunicación e do estudantado.

O alcalde e a concelleira de igualdade na inauguración das xornadas

Nestas xornadas falamos desas violencias invisibles que tamén son violencia de xénero. Francisca, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social disertou sobre o acoso sexual e o acoso por razón de xénero como dúas formas de violencia de xénero. Unha violencia multidimensional e a veces difícil de visibilizar e de percibir incluso nas persoas que a sofren. Exemplificaba cómo o mero feito de colar nun local de traballo carteis pornográficos, pode ser un caso de acoso sexual para a traballadora que ten que convivir con ese tipode ilustracións que lle incomodan e que ela non pegou.  Falaba cómo existía gran número de casos de acoso sexual non só realizados polo xefe ou superior xerárquico, senón polos propios compañeiros e inclusive polos subordinados.  O venres rematamos a xornada con Carlos Lomas, catedrático de lingua e literatura, ensaista e investigador que nos falou das novas masculinidades alternativas ao modelo tradicional e patriarcal e do efecto nocivo da publicidade en canto aos roles e estereotipos utilizados. Unha muller cambiante que logra acceder ao mundo laboral, que pode ter ou non aficcións tradicionalmente masculinas rachando cos roles asinados ás mulleres tradicionalmente fronte  a uns homes que non consiguen cambiar e mudar o seu modelo de masculinidade. Nin vítimas nin verdugos outra sociedade é posible, así titulou Lomas a súa ponencia de Carlos Lomas.

Relatorio de Carlos Lomas

O sábado comenzamos coa  filóloga e profesora na Universidade da Coruña, Goretti Sanmartin. Subliñou na súa exposición cómo existía un símil claro entra a falta de vontade do uso do galego e o uso dunha linguaxe non sexista. Sanmartin tamén recalcou cómo a cuestión tan utilzada nos últimos tempos respecto á liberdade individual no uso dos idiomas non é maís que comodidade por parte das persoas que se negan e resisten  a cambiar ou a modificar os seus comportamentos, neste caso empregando un uso correcto da linguaxe, un uso inclusivo, onde as mulleres e os homes aparezan reflexados en igualdade de condicións. Despois, Ianire Estebanez, unha psicológa especilizada na mocidade e ciberactivista comentou os usos que fan os mozos das redes sociais e dos perigos que supoñen, tanto polo risco de sufrir acoso sexual como polo control que exercen as parellas sobre os contidos publicados.

Relatorio de Ianire Estebanez

E despois pola tarde, Manuel Lopo falounos dos riscos para a saúde que ten ser muller maltratada.Rosa Cobo por motivos persoais de última hora non puido estar con nós, pero quédanos pendente outra cita con ela para poder escoitar as súas sempre interesantes e lúcidas opinións. Rematamos coa proxección da curta galardoada na III edición de concurso cinematográficos, “ Os tempos cambian, e as persoas tamén”.

Até as próximas xornadas, grazas a todas as persoas que asistichedes e as relatoras e relatores por compartir con nós as vosas experiencias e coñecementos.

O número de denuncias por violencia de xénero mántense en 134.000.

O Observatorio da Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial presentou os datos estatdísticos do ano 2011.

O número de denuncias de violencia de xénero rexistradas en 2011 mántense estable en 134.002 casos, ao representar unha variación do -0,1% respecto de 2010. Estas cifras supoñen que o ano  pasado se rexistraron unha media superior ás 367 denuncias diarias, según a estadística difundida polo  Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX).

O estudo está baseado nos datos obtidos dos 106 Xulgados exclusivos de Violencia sobre a Mujer (JVM) existentes en todo o Estado así como nos 355 xulgados con competencias compartidas.

O 71,48% das denuncias foron presentadas polas propias vítimas, fronte ao 14,65% derivado da intervención directa da Policía e o 11,41% de partes de lesións. Só no  1,15% dos casos os familiares presentaron denuncia, mentras que as denuncias presentadas polo resultado da intervención dos servicios asistenciais foron do 1,31%.

En casi seis de cada dez casos (58%) a relación de parella mantiñáse no momento de solicitar as órdes de protección, mentras que nos outros catro casos (42%) a relación afectiva  se extinguirá. Esta tendencia tamén se mantén  estable respecto ao ano  2010.

O ano pasado  producíronse 15.460 renuncias á continuación do proceso en fase de instrucción (11,54% do total das denuncias presentadas). Esta cifra implica unha disminución do 2,8% respecto ao ano 2010.

A Presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero, Inmaculada Montalbán, destaca a tendencia hacia a estabilidade dos datos xudiciais rexistrados en materia de Violencia de xénero. Nos últimos cinco anos (2007-2011), produciuse un incremento medio del 6% de las denuncias.

Entre 2007 y 2011 interpuxéronse 672.065 denuncias cunha media anual de 134.413. Nestes cinco anos, rexistráronse  77.521 renuncias ao proceso de instrucción por parte das denunciantes (11,5% das denuncias), cunha media anual de 15.504 renuncias.

Desde o comenzo de 2012 rexistráronse 12 vítimas mortales a mans das súas parellas ou ex parellas, das  que ningunha denunciara por algún motivo  á súa parelle con anterioridade. “Es importante incrementar los esfuerzos de las instituciones y continuar con las campañas de prevención”, destaca Montalbán quien en rueda de prensa ha alertado del riesgo de ocultar este tipo de delitos.

Se queredes ver polo miúdo o estudo,

Pttp://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica_Judicial/Informes_estadisticos/Informes_periodicos/ci.La_violencia_sobre_la_mujer_en_la_estadistica_judicial__Datos_anuales_de_2011.formato3