Arquivo da categoría: campañas

Xa está na rede a curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén”

 O pasado 8 de marzo presentábase publicamente a  curta  “Os tempos cambian a as persoas tamén” desenvolta  no marco do III concurso de guións cinematográficos. Este concurso é unha  das accións promovidas pola Concellaría de Igualdade a través da Oficina de Información Xuvenil ( OMIX) e o Centro de Información ás Mulleres ( CIM) co fin de promover e sensibilizar ao alumnado na igualdade de xénero, como mellor antídoto  para preveer a violencia de xénero. Unha das accións dirixidas ao alumnado da ESO entre as moitas que se levan a cabo na campaña  Un futuro por compartir en igualdade, que este curso 2011-2012 chegou a súa VII edición.

O primeiro ano a  temática para escribir o guión para presentar ao concurso debía versar sobre a violencia de xénero. No II concurso sobre a igualdade entre mulleres e homes e este ano debían centrarse na corresponsabilidade.

Pois ben como xa vos contamos en anteriores ocasións e entradas neste blogue, o premio para o mellor guión é a súa rodaxe. Na gravación colaboran o alumnado do grupo gañador  e doutros centros educativos, profesorado, xente da rúa… e para a montaxe, gravación e producción contamos con Andamiaxe e o seu ideólogo ao frente,  Ramón Torrente.

Deixámosvos o resultado final, para que o vexades, e fagades valoracións, comentarios, suxestións, o que queirades ….

 

O 10 de marzo deixa de ser o “día do pai” a secas para ser o ” día do pai igualitario”

O  19 de marzo deixa de ser o “día do pai” a secas, para ser o “día do  pai igualitario”. É a  proposta do colectivo de homes pola igualdade de xénero, que elixiu esta data para falar sobre a  importancia dunha paternidade  responsable e  os coidados compartidos.

Con motivo da celebración, o 19 de marzo, do Día do Pai, a asociación Homes Igualitaris-Ahige Catalunya,  organizou unha serie de actos en Barcelona para que máis pais se unan ao crecente número dos que queren vivir  a súa paternidade de maneira plena e corresponsable.

Organizouse un taller “Qué gañan os homes cando se implican na crianza”, o  mércores 14 de marzo ás 19.00 horas. A actividade, aberta a todos os pai,   estaba  dirixida polo psicopedagogo e psicomotricista, Guillermo Gorostiza.O  domingo 18 de marzo, entre as 11.00  e as 13.00 horas, tivo lugar unha festa reivindicativa da paternidade responsable e coidadora. A actividad central do acto, foi unha “Gimkana de pais coidadores” coa que se pretende visibilizar o feito de que os pais tamén coidan e responsabilízanse da crianza das súas fillas e fillos. Finalmente, o luns 19 de marzo, ás 19.00 horas, celebra unha mesa redonda para presentar en Cataluña a PPIINA (Plataforma de permisos iguais e intransferibles por nacemento e adopción).

 O  obxectivo desta asociación é  reivindicar o alongamento dos permisos de paternidade  e de maternidade até que teñan unha duración igual, co  fin de facer posible unha relación máis estreita dos dous proxenitores coas crianzas  desde o principio das súas vidas. Esta mesa redonda contará coa presenza dunha representante do Programa de Muller do Concello de Barcelona, así como do programa municipal “Canviem-ho, Homes per l’equitat de gènere”.

A  PPiiNA aproveita esta celebración para reivindicar o permiso de paternidade completo que a Seguridad Social  escamotea polo feito de ser homes.

Porque a Seguridade Social sigue pensando que o coidado é cousa de mulleres!

Desde este ano establecese  este día como o día da paternidade responsable, reivindicando  permisos iguais, intransferibles e pagados ao 100%.

 

Ateigado o cine- teatro na presentación da curta “os tempos cambian e as persoas tamén”

A gran expectación foi a nota detonante do acto do día 8 de marzo, que comenzaba coa presentación da curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén” e remataba co concurso de guións cinematográficos e coa VII edición ca campaña de sensibilización en igualdade  nos centros educativos ” Un futuro por compartir en igualdade”. E o resultado parece que non decepcionou ao público. Contámosvos cómo foi esa gala no Cine -Teatro.

Empezou a gala cunha acción reivindicativa na que as mozas e mozos portaron unhas letras  nas que instaban ás mulleres a defender os seus dereitos ” muller bonita é a que loita”. Despois as  mozas  integrantes da  banda  “La  Ley de Hooke subirónse ao escenario e interpretaron a canción  de Credence e a canción composta para a   curta ” Os tempos cambian as persoas tamén”. Esta canción foi composta pola batería e voz do grupo, Carmen Rodríguez, quén tamén fixo a letra da canción contando coa colaboración de Víctor Rivas e Arón Pico.

A Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra comenzou explicando todo o proceso de traballo que se fai cos centros educativos até chegar a este paso final o da presentación da curta. Entregáronse os diplomas as e os trece finalistas e posteriormente Iago, Bruno e Alejandro pasaron a falar  da experiencia que lles supuxo participar na rodaxe dun guión escrito por eles. O guión gañador foi escrito por estos tres rapaces e versaba sobre a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Proximamente colgaremos á curta na rede para que todas e todos poidades visionar este magnífico traballo. Os nosos parabéns para as e os finalistas, para o alumnado participante e para o profesorado e as orientadoras que traballan no día a día para que este proxecto saia adiante.

O 8 de marzo, día das mulleres presentárase a curta ” os tempos cambian e as persoas tamén”

“Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade “

 Co galo, da VII edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade” o Concello de Ribadeo  convocou unha nova edición do  concurso de guións cinematográficos para empregar o cine como ferramenta para a promover a igualdade de xénero.O cine preséntase como unha das mellores ferramentas de aprendizaxe  para a elaboración e difusión de materiais coeducativos orixinais  e programas innovadores. Creouse non só para divertir e entreter, senón para educar e concienciar a cidadanía. A finalidade do programa era sensibilizar a mocidade da asunción das responsabilidades domésticas e da ruptura cos patróns patriarcais ecrenzas discriminatorias cara ás mulleres, que son o xerme da violencia de xénero.

O concurso ía dirixido ao alumnado da  ESO dos centros educativos do Concello de Ribadeo. Houbo un total de 15 guións presentados ao concurso, co cal arredor de 50 alumnas/ os participaron activamente  neste concurso.Os traballos finalistas foron os guións  destes grupos :

  • 1º PREMIO: OS TEMPOS CAMBIAN  E AS PERSOAS TAMÉN (3º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
  • 2º PREMIO: AS AVENTURAS DE ISABEL E A SÚA FAMILIA ( 1º  ESO A ) IES Porta da Auga
  • 3º PREMIO:  MULLER POR OBRIGACIÓN ( 2º  ESO A) Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
  • 4º PREMIO: CADA UNO EN SU SITIO ( 3º ESO A) IES Porta da Auga
  • 5º PREMIO: CONTO CON VÓS (2º ESO)  Colexio Sagrado Corazón de Xesús.

 Andamiaxe fixo unha preselección dos guións dos 15 guións apresentados, quedando 5 guións finalistas e gañadores do concurso. Despois, un xurado especializado valorou os 5 guións finalistas para elixir o guión  gañador do concurso. A principios de febreiro levouse a cabo rodaxe da curta seleccionada para a súa gravación, reproducción e difusión, e da que posteriormente se elaborará unha unidade didáctica para traballar co estudantado nos centros educativos.

E o vindeiro 8 de marzo, coincidindo co Dia das mulleres,  ás 20:00h no Cine- Teatro terá lugar a entrega dos premios aos 5 grupos  finalistas e a proxección da curta “ Os tempos cambian e as persoas tamén”.  E agardemos que o día das mulleres deixe de ser unha xornada de reivindicacións pendentes por conquistar e pase a ser unha data conmemorativa de festa e de lembranza ás mulleres e homes que pularon póla igualdade. Soños, esperanzas e ilusións que agardemos que un 8 de marzo cercano  se fagan realidade .

 

“Os tempos cambian e as persoas tamén” é o guión que dará vida á curta que estamos a rodar estes días en Ribadeo.

O noso traballo cos centros educativos do Concello é ao longo de todo o ano. Máis, ven a ser a campaña de ” Un futuro por compartir en igualdade” á que adicamos varios meses ao ano. E nos últimos tres anos, centrámonos no tema audiovisual para o alumnado da ESO. Os froitos foron as dúas curtas que obran xa no noso fondo, a realizada no 2010, ” A princesa que quería ser muller” e a feita no 2011, ” A xenia do fútbol e a arte de Fabio” .

Pois xa temos os resultados do III concurso de  guións cinematográficos,” cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade”

Do total dos 15 guións presentados, estos grupos son os finalistas. Parabéns para todas e todos polo excelente traballo !!

1º PREMIO: OS TEMPOS CAMBIAN E AS PERSOAS TAMÉN
Iago Basich Álvarez
David Fernández Prieto
Alejandro Gómez Fernández
(3º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros

2º PREMIO: AS AVENTURAS DE ISABEL E A SÚA FAMILIA
Marta Fernández Díaz
Carmela Carrero Isla
Florencia Belé Balverde
(1º ESO A) IES Porta da Auga

3º PREMIO: MULLER POR OBRIGACIÓN
Antía Vázquez Gómez
Ariadna Rocha Fernández
(2º ESO) Colexio Sagrado Corazón

4º PREMIO: ¿CADA UNO EN SU SITIO?
Iaiza Barata Álvarez
Mª Eugenia Gonzalez De Sela
(3º ESO A) IES Porta da Auga

5º PREMIO: CONTO CON VÓS
Claudia Torviso Rodríguez
Marta Rico Del Río
Santiago Martínez Ferreira
(2º ESO) Colexio Sagrado Corazón

E co guión que acada maior putuación rodamos unha curta. E estes días estamos inmersos no proceso de grabación desa curta que daremos a coñecer o vindeiro 8 de marzo.

Deixovos un adianto dunha das esceas de hoxe!!