Arquivo por etiquetas: feminina

“Gaiteiras “ como diría Xurxo Souto. A historia da gaita galega tamén ten nome de muller.

En Ribadeo formouse a primeira banda de gaitas femenina do Estado ( O grupo Saudade ) e en Celanova, uns anos antes ( 1919 )  temos constancia da  primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. Áurea Rodríguez  foi  bautizada como a raiña da gaita galega.

UN POUCO  DE HISTORIA DO GRUPO SAUDADE DE RIBADEO

Saudade nace baixo o mecenazgo de Carlos Súarez Couto en 1960. Son a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres de Galicia e do Estado, e posiblemente en todo o mundo.

Nun principio foron sete: Teresa Amor Simón, Mª Dolores Ponte Forés, Elena Fernández, Mª Carmen Carnota López, Concepción Redondo Lastra, María Cubero Loredo e Teresa Rodríguez Ruíz, ao que foron sumándose posteriormente Carmen Rodríguez Ruiz, Josefa Otero López, Laura Alonso, Carmucha Pérez, Gloria Alonso Del Riego, Alvarita Diaz Muñiz, Marisa Peña Rego. A súa compositora tamén era unha muller, Amadora Suárez Couto.

A indumentaria que usaban era tipíca ribadense do S. XVIII . Para a confección  dos traxes documentarónse na Real Academia Galega, no Ballet Galego de A Coruña e en cadros do pintor Amando Súarez Couto. Dirixiu a confeccións dos traxes Matilde García de Paredes.

Inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco de Pescanova en Vigo, filmáronas en Betanzos para a película Asi es Galicia ( dirixida pos Santos Núñez, 1964), no documental de Galicia Insólita apareceron no NO DO. Estiveron no Gran Teatro de Lisboa  e na Televisión portuguesa e percorreron Galicia e Asturias. En 1997, a raíz da súa aparición na TVG; Saudade desfilou por última vez polas rúas ribadenses na Cabalgata de Reis.

A exposición “Elas ensinan” chega a Ribadeo

A Oficina de Turismo de Ribadeo acolle ao longo desta última quincena de xuño a exposición Elas ensinan, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Na mostra recóllese a historia de 18 mestras galegas cun interese común: achegar a educación ás xeracións mozas, ás que serviron como modelo profesional e vital.

Mulleres que viviron na Galicia de finais do século XIX e comezos do XX, loitadoras e decididas, que foron quen de facer fronte ás dificuldades sociais e económicas do momento na procura de novos métodos pedagóxicos para mellorar a educación do seu alumnado. Elas foron quen de erguer, naquel contexto difícil, os piares sobre os que  se asentaría no futuro unha participación feminina máis ampla na educación superior e máis no mercado laboral.

A exposición que estes días se pode ver en Ribadeo non só centra a súa atención nas 18 mulleres seleccionadas, das que se dá a coñecer unha mostra da súa vida e o seu traballo. Alén desta información tamén se pode atopar unha completa base de datos que permite coñecer a biografía de moitas mulleres mestras, co obxectivo de que aquelas persoas interesadas conten cun espazo no que acceder á información sobre unha persoa en concreto ou mesmo sobre as mestras que desenvolveron a súa actividade nun concello determinado.

A mostra estará aberta na Oficina de Turismo entre os días 15 e 30 de xuño no seguinte horario:

De luns a venres: 09.30 horas – 14.00 horas e de 16.00 horas a 19.00 horas

Sábado e domingo: 10.30 horas – 14.00 horas e de 17.00 horas a 19.00 horas