Arquivo por etiquetas: coeducación

#laretasdaigualdade en Ribadeo

Laretas da igualdade2Desde a Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información ás Mulleres desenvolverase  un programa formativo en materia de igualdade baixo o nome  #laretasdaigualdade nos centros de educación secundaria de Ribadeo.
Seguir lendo

Advertisements

Infancia e xogo será a temática sobre a que xirará a sétima edición do curso temático sobre educación infantil da Mariña.

 

cartel 2013Xa podedes matricularvos na VII curso temático sobre educación infantil da Mariña. Terá lugar o sábado 29 e domingo 30 de xuño. A temática sobre a que versará este ano : infancia e xogo: xogar para xogar, xogar para aprender. Este curso que dirixe Xesús Ferreiro Núñez leva organizándose desde o ano 2006, froito da colaboración  entre o antigo IES Gamallo Fierros e  nesta edición co Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo, ademais da Universidade da Coruña e a Concellaría de Igualdade, Educación e Cultura do Concello de Ribadeo.

 Haberá interesantes relatorios nos que se  disertará da función e sentido do xogo e xoguete tradicional, dos sons do xogo e os xogos do son, do xogo simbólico como necesidade de representar a realidade, do xogo e o xénero como mirara necesaria. Tamén  poderemos ver iniciativas concretas e prácticas como a experiencia de recuperación do patrimonio lúdico como referente educativo exemplificado no CEIP da Capela, cómo se organiza a realidade: heurística, lóxica e matemática na primeira infancia, o último número da Revista Galega de Educación que versa exclusivamente sobre a educación infantil  e un obradoiro de construcción de xoguetes e enredos con materiais da natureza. Contaremos tamén con algúns momentos máis lúdicos pero non menos interesantes, como a proxección didáctica de peche do sábado con cine mudo con música en directo e coa actuación do grupo de percusión da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo o domingo ao serán.

A matrícula realizárase exclusivamente a través da web da UDC : http://www.udc.es/occ . Expediráse certificado acreditativo pola Universidade da Coruña.

Datos adjuntos sin título 00110

Datos adjuntos sin título 00107

A nosa mini- biblioteca de curtas. Tecendo a Igualdade ano tras ano.

 

Fumos facendo, ou tecendo ano tras ano como dirían as nosas avoas. Tecendo igualdade. Tecendo novas formas de descubrir a Igualdade. Fiando en  novas convencións de traballar a igualdade. Enramando  palabras, frases,  construccións que deran forma a un guión.  Cruzando novos terreos ou fronteiras descoñecidas  para nós. Experimentando coas cámaras, coas  expresións. Sorprendéndonos con compañeiras e compañeiros.  Descubrindo outras facetas das profas e profes.

Esforzándonos, divertíndonos, para chegar a poder contemplar o resultado final, a nosa obra:    curta. Unha curta feita por eles e elas, o alumnado, o profesorado, veciñas e veciños, e todas aquelas persoas que colaboran ano tras ano. E así imos confeccionando a nosa bilbioteca, polo de agora mini biblioteca de curtas pola  igualdade. Curtas con temáticas diferentes, corresponsabilidade, violencia de xénero, roles e estereotipos… pero sempre coa procura de achegarmós á xente moza polos camiños da Igualdade de xénero.

As curtas podedes velas na rede:

Os tempos cambian as persoas tamén, marzo 2012 :

A Xenia do fútbol e a arte de Fabio, marzo 2011.

A princesa que quería ser muller, marzo 2010

Estas curtas foron realizadas no marco da campaña de  “un futuro por compartir en igualdade” promovida pola Concellaría de Igualdade de Ribadeo, e maís o CIM e a OMIX  que se desenvolve todos os anos desde o ano 2005.

Xa está na rede a curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén”

 O pasado 8 de marzo presentábase publicamente a  curta  “Os tempos cambian a as persoas tamén” desenvolta  no marco do III concurso de guións cinematográficos. Este concurso é unha  das accións promovidas pola Concellaría de Igualdade a través da Oficina de Información Xuvenil ( OMIX) e o Centro de Información ás Mulleres ( CIM) co fin de promover e sensibilizar ao alumnado na igualdade de xénero, como mellor antídoto  para preveer a violencia de xénero. Unha das accións dirixidas ao alumnado da ESO entre as moitas que se levan a cabo na campaña  Un futuro por compartir en igualdade, que este curso 2011-2012 chegou a súa VII edición.

O primeiro ano a  temática para escribir o guión para presentar ao concurso debía versar sobre a violencia de xénero. No II concurso sobre a igualdade entre mulleres e homes e este ano debían centrarse na corresponsabilidade.

Pois ben como xa vos contamos en anteriores ocasións e entradas neste blogue, o premio para o mellor guión é a súa rodaxe. Na gravación colaboran o alumnado do grupo gañador  e doutros centros educativos, profesorado, xente da rúa… e para a montaxe, gravación e producción contamos con Andamiaxe e o seu ideólogo ao frente,  Ramón Torrente.

Deixámosvos o resultado final, para que o vexades, e fagades valoracións, comentarios, suxestións, o que queirades ….

 

Ateigado o cine- teatro na presentación da curta “os tempos cambian e as persoas tamén”

A gran expectación foi a nota detonante do acto do día 8 de marzo, que comenzaba coa presentación da curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén” e remataba co concurso de guións cinematográficos e coa VII edición ca campaña de sensibilización en igualdade  nos centros educativos ” Un futuro por compartir en igualdade”. E o resultado parece que non decepcionou ao público. Contámosvos cómo foi esa gala no Cine -Teatro.

Empezou a gala cunha acción reivindicativa na que as mozas e mozos portaron unhas letras  nas que instaban ás mulleres a defender os seus dereitos ” muller bonita é a que loita”. Despois as  mozas  integrantes da  banda  “La  Ley de Hooke subirónse ao escenario e interpretaron a canción  de Credence e a canción composta para a   curta ” Os tempos cambian as persoas tamén”. Esta canción foi composta pola batería e voz do grupo, Carmen Rodríguez, quén tamén fixo a letra da canción contando coa colaboración de Víctor Rivas e Arón Pico.

A Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra comenzou explicando todo o proceso de traballo que se fai cos centros educativos até chegar a este paso final o da presentación da curta. Entregáronse os diplomas as e os trece finalistas e posteriormente Iago, Bruno e Alejandro pasaron a falar  da experiencia que lles supuxo participar na rodaxe dun guión escrito por eles. O guión gañador foi escrito por estos tres rapaces e versaba sobre a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Proximamente colgaremos á curta na rede para que todas e todos poidades visionar este magnífico traballo. Os nosos parabéns para as e os finalistas, para o alumnado participante e para o profesorado e as orientadoras que traballan no día a día para que este proxecto saia adiante.

Coeducación e mitos do amor romántico.

“Coeducación e mitos do amor romántico” é un monográfico  para traballar coa mocidade as idealizacións e mitos arredor do amor e do romanticismo que lles levan a forxar relacións sexistas.

A  Fundación Mujeres ven de publicar o número 93 do seu boletín baixo o título “ Coeducación e mitos do amor romántico” . Coordenado desde a área de educación e prevención da violencia de xénero, o monográfico inclúe o seu habitual artigo de opinión, o último estudo relativo ao sexismo en menores, a recopilación de materiais didácticos editados este ano e unha variada proposta educativa.

 A pervivencia de mitos que ligan as relación afectivas co control, os ciumes, os sacrificios extremos e o abandono do propio ser en mans doutro  están moitas veces na orixe da incapacidade de respostar de forma temperá ás sinais dunha relación que pode convertirse nunha relación violenta.

É soprendente como conceptos como o de respeto, igualdade, liberdade, apoio e axuda mutúa non aparecen no primeiro lugar das prioridades dunha relación de parella.

O proxecto Detecta desenvolto en Andalucía co apoio do Instituto Andaluz da Muller constatou que o 65% da poboación adolescente andaluza de entre 14 e 16 anos teñen percepcións e atitudes sexistas respecto da construcción e comprensión das relación afectivas. Máis dun 20% de mozos e mozas pensa que as mulleres son máis débiles que os homes. Arredor dun 30% cree que a fraxilidades feminina ten para os homes un ecnanto especial e até un 60% está de acordo  con que na parella o normal é que o home protexa á muller.

Unha alta asunción e inacaída  interpretación de mitos de amor romántico convértese na causante de que se desenvolvan crenzas e imaxes idealizadas  que en numerosas ocasións dificulta o establecemento de relación sanas e a tolerancia de comportamentos abusivos.

Podes descargar 221_boletin-fm-93-pdf

Elixamos os xogos e xoguetes para as nosas crianzas, libres de roles sexistas.

Nestas datas tan agardadas poloas máis peques, nas que figuras como o Apalpador e os Reis Magos invaden os nosos fogares, hai que ter moito coidado cos xoguetes elixidos.

O xogo imita a vida, pero ten a ventaxa de que nesta actividade o error non está penalizado. Os individuos aprenden os comportamentos sociais á vez que participan deles, e para sentirse aceptados como suxetos socialmente competentes, necesitan ademais, identificarse, ou  alo menos aceptar, os roles que dunha ou outra forma a sociedade impón, entre os que encontran os roles de xénero, moi  enraizados coa propia identidade.

A través do xogo imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamentos, actitudes, etc, que van configurando a educación que reciben as nosas fillas e os nosos fillos. Sabemos que todo isto é determinante para a formación e o desenvolvemento da súa personalidade, e para a construción da súa identidade como home ou como muller na sociedade na que van vivir. A idades moi temperás (0 a 3 anos) nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes que pouco tempo despois uns e outras descartan por considerarlos doutro sexo, perdendo cada un deles e delas a oportunidade de aprender novas capacidades que lles favorezan a convivencia entre sexos, e as e os enriquezan como persoas. Este cambio prodúcese normalmente a partir dos 3 anos, coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenas e nenos.

Así que coidemos ao longo de todo o ano a elección dos xoguetes. A concellería de Igualdade de Vigo está a desenvolver unha campaña que persegue sensibilizar á cidadanía fronte ao uso sexista que se está a facer dos xogos e dos xoguetes e vai dirixida a axentes socializadores como a familia, a escola , os medios, as xogueterías , as superficies comerciais..