Arquivos mensuais: Maio 2011

O hip hop pola non violencia contra ás mulleres

En Brasil levan varios anos deenvolvendo proxectos participativos para alertar á sociedade en xeral, e en particular á xente moza sobre a violencia machista.

O último proxecto   tivo  como foco buscar a transformación da masculinidade hexemônica e a concienciación  dos homes da cultura Hip Hop sobre a violencia de xénero, envolvendoos na loita pola superación  da violência contra   as mulleres e incentivando  a outros homes a non  praticar ese tipo de violencia, através da produción  coletiva de musicais que son  difundidas nun  CD e por internet. O resultado final pode descargarse neste link: http://www.hiphopsemviolencia.org.br/Album.html

A primeira experiencia  deste tipo, apareceu no ano 2005, co proxecto Minas da Rima – as mulleres do hip hop pola eliminación da violencia contra ás mulleres. Deixovos o enlace ao material que pode descargarse : http://www.hiphopsemviolencia.org.br/antigo/downloads.htm

 

O anteproxecto da Lei de familia debe modificarse e recoller medidas que promovan o empoderamento das mulleres.

 As políticas de Igualdade desde o Concello de Ribadeo sempre foron n a liña de promover e propiciar un maior empoderamento das mulleres e non na de protexelas. As mulleres non necesitamos ser protexidas, como se fosemos seres inferiores ou menores de idade, cómo se nos considerou antaño e non tan lonxanamente.

Neste sentido, consideramos que no  anteproxecto  da Lei de apoio á  familia e á convivencia que está a ser obxeto de bate nos Parlamento Galego  retórnase a un modelo de familia tradicional e patriarcal no que a muller queda relegada ao ámbito doméstico e ó rol de nai e coidadora.

O Consello Ecónomico e Social de Galicia,elaborou un  ditame  desfa vorable o texto do anteproxecto de lei . Considera que supón unha grave regresión no que atinxe aos dereitos das mulleres. A realidade social galega é moito máis aberta e plural que a prescrita nesta lei, cinxida  a un único modelo de familia.

A lei carece de compromisos concretos que redunden nunha mellora das condicións de vida, autonomía e verdadeira conciliación para ás mulleres. O prioritario é a creación dunhas condicións sociais e económicas para que mulleres e homes libremente decindan ter descendencia e contén cos medios precisos.

De feito, os textos internacionais relativos aos dereitos das mulleres desde as Conferencias do Cairo e Pequín aluden ao empoderamento antes que á protección e recoñecen o pleno dereito á saúde sexual e reprodutiva e á planificación familiar

Fuctíferas as IV xornadas de violencia de xénero. Coñecendo e desvelando as dimensións da violencia e novos atrancos interesados á igualdade

Ao longo do venres a tarde e todo o sábado, desenvolvéronse no Cine Teatro de Ribadeo, as IV xornadas de violencia de xénero do Concello de Ribadeo, para afondar, debatir e reflexionar arredor  das dimensións da violencia para entendela mellor .

 A Concelleira da Muller, Mariluz Álvarez resaltaba na xornada inaugural os importantes avanzos tanto no ámbito social como no  lexislativo  coa aprobación de Lei Orgánica de protección integral,  da Lei galega  para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e de outras mais xenéricas como a Lei  Orgánica de Igualdade entre mulleres e homes. Mais tamén salientou, cómo de forma parella están a xurdir  novos atrancos, mais sutis, para impedir o avanzo da Igualdade. E xurden mais impedimentos, por mor da complexa situación econômica, na que unha vez mais, as maiores perxudicadas en todos os aspectos ( laboral, econômico, persoal…)somos as mulleres.Suliñou  os recurtes que se están a producir  nos orzamentos destinados ás accións para a igualdade, protección e promoción das   mullerque foi dun 78 por cento desde o 2009, e os que afectan aos Programas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero tiveron unha caída do 17; 8% respecto ao ano 2010.

Algúnhas destas trabas  foron obxeto de tratamento nas mesmas xornadas como o chamado síndrome de Alienación parental, na que  a avogada Maria Martin falou da súa falta de rigurosidade   e do estudo que fixeron desde a Asociación que preside abogadas para la igualdad,  que reflicte cómo se está a utilizar desde os xulgados, e cómo só ten consecuencias negativas cando se aplica ás mulleres.

Tamén contamos com experiencias prácticas como foi a charla impartida por Yoanna  Benavente coordenadora da Rede de Casas de Acollida de Asturias, onde nos falou da intervención directa côas vítimas de violencia de xénero de cara ao seu proceso de recuperación da autonomia e autoestima.

 A educadora Marian Moreno,  falounos sobre un proxecto práctico que puxo en marcha no seu centro, o reto quincenal, por medio do cal obtivo un resultado satisfactorio por parte do alumnado. Podedes coñecer e ler interesantes artigos dela no seu blogue: http://blog.educastur.es/marianmoreno/.  E aparte de cuestións prácticas,puiedemos  poderemos coñecer os resultados de diferentes estudos que se desenvolveron no âmbito educativo. Jorge G. Marin falounos  das diferencias de xénero que existen na utlización dos videoxogos ( no tempo empregado e nos contidos dos xogos usados por mozas e mozos). Carolina Garcia, coautora do libro do Observatorio da Mariña póla Igualdade resalta cunha das conclusións do estudo desenvolto, é a clara contradición entre a teoría e a práctica na inclusión da igualdade e a coeducación nas aulas. E Emma Lobato,mestra de educación infantil disertou sobre a construcción da identidade de xénero en contextos e prácticas lúdicas infantis.

Mesa redonda con Carolina G, Emma L, Yolanda Castro e Jorge G.

Tamén contamos co equipo da área Sanitaria 6 do SESPAS, con Dolores, Mª Antonia e Cruz, que nos falaron da violencia non detectada no âmbito sanitário, e da medicalización das mulleres,como unha forma  velada de maltrato ou discriminación cara ás mulleres.

E cómo non queremos estar ailladas do mundo, e doutras realidades contamos coa xornalista Sonia Herrera, e  investigadora social  e integrante  do  Observatorio dos Media e  as Agresións contra as mulleres en Contextos de Alta Violencia. coa cal  puidemos coñecer outras violências, que se dan noutras partes do mundo, de diferentes formas, pero sempre co cómun denominador: a violencia de xénero se exerce contra ás mulleres polo feito de ser mulleres, en calquer parte do mundo.

Sonia Herrera e Mª del Mar González

Ao longo da semán iremos contándovos mais cousas, das xorndas, as curtas que proxectamos, e as conclusións ás que chegamos.