Arquivos mensuais: Decembro 2011

Igualdade, o mellor agasallo !!

 

Desexarvos unhas felices festas, nas que a igualdade estea presente  nos vosos fogares, tanto nos agasallos como na corresponsabilidade nas tarefas domésticas.

 

 

Yosi dos Suaves, Barricada, Def con Dos, La Mala Rodríguez, Los Cucas… participan no documental contra a violencia de xénero “Poderías ser ela “

O Instituto da Muller, a través da Secretaría de Estado ven de presentar o documental  ‘Podrías ser ella’ de Isabel Salgado, no  que se aborda a violencia de xénero a través de entrevistas  e actuacións musicais e conta coa participación de artistas  como Alioth, Barricada, Boikot, Def con Dos, Kepa Junkera, Konflikto, Mago de Oz, La Mala Rodríguez, La Sombra, Los Cucas, Lujuria, Reincidentes, Ska-P    e Yosi dos Suaves.

Isabel Salgado, a directora da pieza, explicou  durante a  estrea que o film recupera varias cancións compostas por grupos do panorama musical español ao longo da historia, que abarcan distintos xéneros, pero que manteñén unha temática común: a violencia de xénero.

Heavi, rock, ska, hip hop ou folk da  man de artistas cun gran peso no panorama musical español. Todos eles asinaron unha guitarra que será subastada, sendo a súa recadación destinada  a unha casa de acollida de mulleres maltratadas. Nesta caso, a música é o fio condunctor dunha historia que aínda agarda o seu final feliz.

Podes velo aquí

Seguiremos recordando, escoitanto e sentindo a súa música!! Adeus Cesária Évora!

O post de hoxe queremos adiacarllo, á Cesária Évora (Mindelo, São Vicente, Cabo Verde, 27 de agosto de 1941 – Mindelo, São Vicente,Cabo Verde, 17 de Diciembre de 2011). A cantante caboverdiana Cesaria Evora, creadora dos estilos “morna” e “a Coladera”, ambos variacións do   “blues”, e con 70 anos, faleceu o pasado 17 de decembro. Era a chamada “ raíña dos pés descalzos” pois solía saír ao escenario sen calzaso, en solidariedade coas mulleres e criaturas pobres do seu pais.

Cise, como era coñecida no seu entorno, comezou a cantar e a facer actuacións os domingosna  praza principal da súa cidade, acompañada polo seu irmán Lela, ao saxofón. Máis a súa vida está intrínsecamente ligada ao bairro de Lombo, nas inmediacións do cuartel do exército  portugués, onde cantou con compositores como Gregório Gonçalves. Aos 16 anos, Cesária comenzou a cantar en bares e hoteles e, coa axuda dalgúns músicos locais, gañou maior notoriedade en Cabo Verde, sendo proclamada a “Raíña da Morna”.

 Aos vinte anos foi convidada a traballar como  como cantante para o Congelo – compañía de pesca creada polo capital local e portugués -, recibindo conforme ás actuacións que facía. No 1975, ano en que Cabo Verde adquiriu a independencia, Cesária, frustrada por cuestións personais e financieiras, aliados á dificuldade económica e política do xoven país, deixou de cantar para sustentar a súa familia. Durante este período, que se prolongou por dez anos, Cesária tivo que loitar contra o alcoholismo. Igualmente, Cesária chamou a ese período de tiempo,  o seus  Dark Years.

 Animada por Bana (cantante e empresario cabo-verdiano radicado en Portugal), Cesária Évora volve a cantar, actuando en Portugal. En Cabo Verde un francés chamado José da Silva persuadiuna de ir a París e alí acabou por grabar un novo álbum en 1988 “La diva aux pied nus” (a diva dos pés descalzos) – que é cómo se presenta nos palcos. Este álbum foi aclamado pola crítica, levándoa a iniciar a grabación do álbum “Miss Perfumado” en 1992. Desde entón fixou a súa residencia na capital francesa. Cesária volveuse unha estrela internacional aos 47 anos de idade.

 O  blues cabo-verdiano de Cesária Évora en xeral fala da lonfa e amarga historia de aillamento do país e do comercio de escravos, así cómo da emigración, xa que díse que o número de cabo-verdianos que vive no exterior é maior que a población total do país. No 2004 gañou o   premio Grammi ao Mellor álbum contemporáneo de world music por Voz d’amor. No 2007 o  presidente de Francia Jacques Chirac, otórgalle  a medalla da lexión de honra.

 Despois de diversas complicacións de saúde, incluíndo unha operación a corazón aberto no 2010, a cantante anunciou a súa retirada da música, cancelando os concertos que teña previstos, o 23 de setembro de 2011. Ela foise, pero o seu legado musical pervive.  Seguiremos recordando, escoitando e sentindo as súas músicas!!

 

 

Curta ” pensa o que sentes”

 

“Pensa o que sentes” de Lorena Rey Castiñeiras e Mónica Allo González (3º ESO do Manuela Rial Mouzo) gañadoras do I Concurso de guións cinematográficos: “Cine nas aulas para a promoción da igualdade”, no Concello de CEE.

“Daquelas que cantan” é a axenda feminista 2012 que ven de editar o Observatorio da Mariña pola Igualdade

Despois do éxito e boa acollida que tivo a primeira axenda feminista do Observatorio, publicada o ano pasado e na que se adicaba cada mes do ano a unha das moitas reivindicacións pola igualdade aínda pendentes, acaban de sacar á rúa a Axenda Feminista 2012 DAQUELAS QUE CANTAN, adicada este ano ás músicas galegas.

DAQUELAS QUE CANTAN é unha homenaxe ás intérpretes, vocalistas, compositoras, artistas e cantautoras que hoxe en día conforman unha rica polifonía de estilos e propostas variadas en Galiza.  Para visibilizar o seu traballo, cada mes da axenda está encabezado por unha das nosas moitas músicas, cunha foto delas e cun texto que elas mesmas concibiron e redactaron expresamente para esta axenda. Uxía, Guadi Galego, Silvia Penide, María Xosé Silvar, Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Leilía, Carmen, Maruxa e Tareixa de Fuxan, Sonia Lebedynski e as Batuko Tabanka conforman a axenda do Observatorio para o 2012!

Este ano estrean un  novo formato de axenda. En 10*15cm, para que sexa moito máis cómoda!. Podedes facer a vosa reserva a través do facebook do Observatorio, enviando un mail a observatorioigualdade@gmail.com  ou mercándoa en varias librarías da Mariña ( en Ribadeo estarán a venta na Casa das Letras ) ou en Lila de Lilith en Santiago de Compostela.

O 1 de xaneiro entra en vigor o decreto que intenta equiparar os dereitos das traballadoras domésticas co resto das traballadoras e traballadores. Supón avances, pero aínda quedan moitos puntos para acadar esa equiparación aos dereitos contidos no Estatuto dos/as Traballadores/as

O pasado 19 de novembro entraba en vigor o decreto-lei que moderniza a relación laboral do servizo no fogar familiar que até o de agora rexíase por unha lei que se remontaba ao 1985.

O cambio normativo entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2012 e dáse un prazo de seis meses naturais para que as empregadas e as persoas titulares de fogares familiares ( denominación que reciben quén contrata este servizo) poidan adapatarse á nova situación co que a integración será plena a partir do 1 de xullo de 2012.

O Decreto aprobado non supón a aplicación do Estatuto dos/as Traballadores/as do fogar. As condicións siguen sendo inferiores, máis supón un paso adiante cara o recoñecemento dos dereitos ao traballo doméstico asalariado.

Obrigas novas como a esixencias de poñer por escrito as condicións do contrato, o dereito ao salario mínimo interprofesional anual, o descando semanal ininterrumpido, a retribución de todas as horas a disposición do empregador son un avance na equiparación de dereitos co resto das traballadoras e traballadores.

Polo de agora, non se contempla que estas empregadas vaian a ter dereito a cobrar paro. Tamén desaparece a traballadora discontinua responsable da súa alta na Seguridade Social, que era unha vía de regularización das traballadoras imigrantes, ten que compensarse cun cambio na Lei de Estranxería que impida ás traballadoras a verse condeadas a permanecer na economía sumerxida.

O emprego doméstico que coñecemos hoxe en día con xornadas de 14 e 16 horas diarias para as internas, ausencia de descando, salarios por debaixo do mínimo, traballadoras sen papeis….. provee de servizos de baixo custe a unha sociedade organizada de espaldas ás necesidades de coidado, en especial das persoas que non se valen por sí mesmas.

O coidado ten que resolverse doutra maneira. O reparto de todas as responsabilidades entre quén convive, unha organización dos tempos que teña en conta o traballo retribuido e o non retribuido, aumento da cantidade e calidade dos servizos, un urbanismo que promova a autonomía das persoas, terían como consecuencia que o emprego doméstico fose unha realidade distinta. Menos horas, mellor pagadas, emprego con todos os dereitos.

Este video, realizado pola Asociación de Traballadoras do Fogar de Bizkaia explica todos os cambios que van a producirse a partir do 1 de xaneiro.

Aparte

O 25 de novembro, foi declarado día internacional contra a violencia de xénero no I encontro feministaen Latinoamérica ( Bogotá, 1981). Elisiuxe este data para non esquencer o asasinato das irmáns Mirabal, tres activistas asasinadas en 1960 a mans da … Seguir lendo