No ano 2007 inciabámos un novo programa baixo o título “O teu tempo é para ti. Coñécete a ti mesma, desfruta, reláxate“. Con este programa queríamos achegarlles ás mulleres ribadenses un tempo para elas, para o seu desfrute, sen obrigas, sen quefaceres, de relax, de distracción, e de convivencia con outras persoas.
Un tempo propio para elas mesmas. Un tempo do que as mulleres carecen.
Por que? As condicións de vida inflúen na forma de vivir e comportarse as mulleres. Se repasamos o desenvolvemento da vida cotiá das mulleres, observamos o seguinte panorama: un horario sen límites, sen vacacións nin descanso, sin dereito a retribución, nin xubilación. As mulleres realizan baixo o nome dos “seus labores”, diariamente unha serie de tarefas que se poderían resumir nas seguintes: cociña, limpeza, lavado e pranchado de roupa, reparacións, conservación de alimentos e utensilios, organización da casa e a familia, abastecemento, economía, puericultura, educación, hixiene, enfermería, xeriatría, confección, organización de ocio,… e moitas máis, fundamentalmente proporcionando os coidados, afectos, apoio, e sostenemento e estímulo ós demais membros da familia.
Este programa pretende, promover un envellecemento saudábel, contribuír a fortalecer a saúde das mulleres, ao tempo fomentar técnicas de relaxación, e favorecer un espazo de seu ofrecendo un tempo propio, o seu tempo negado.
Esta primavera temos previstas dúas viaxes ao Balneario, o domingo 10 de Abril en horario de tarde, e o luns 11 de abril en horario de mañán. Hai prazas limitadas.
Se queredes mais información non tendes mais que chamar ao CIM ( 982.12 0739 ) ou escribirnos ao mail: cim@ribadeo.org.
Nunha das viaxes ao Balneario no ano 2008.