Arquivo por etiquetas: perspectiva de xénero

Un xornalismo de calidade ten que ter en conta a perspectiva de xénero

As conclusións do I Encontro de Xornalistas de Galicia, celebrado en Compostela este sábado,  inciden na necesidade dunha maior formación e sensibilización en cuestión de xénero para levar a cabo un traballo “de calidade, independentemente do sexo das e dos profesionais”.

Este encontro foi a antesala da celebración do III Encontro Estatal de Xornalistas con Visión de Xénero no que participaron profesionais de diferentes puntos do Estado.

Unha das máis críticas coa situación da muller no eido xornalístico, como traballadora e tamén como protagonista da información,  foi unha persoa que xa ten pasado por Ribadeo en diferentes ocasións, Isabel Menéndez. Destacou a necesidade dunha boa formación para así lograr unha información “de calidade, distinta á estándar”. “É o momento de realizar unha análise, como profesionais, do lugar no que nos atopamos, que é o que nos gusta e que escribimos de nós mesmas”, subliñou Isabel Menéndez.

No relativo á presenza da muller nos cargos directivos (no encontró estiveron presentes as directoras da Radio Galega, da TVG e máis a delegada en Galicia da axencia Europa Press), Menéndez mostrouse escéptica pois segundo dixo “en moitas ocasións ocupan un poder sen liderado; están pero non mandan”.

Advertisements