Arquivos mensuais: Febreiro 2012

O 8 de marzo, día das mulleres presentárase a curta ” os tempos cambian e as persoas tamén”

“Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade “

 Co galo, da VII edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade” o Concello de Ribadeo  convocou unha nova edición do  concurso de guións cinematográficos para empregar o cine como ferramenta para a promover a igualdade de xénero.O cine preséntase como unha das mellores ferramentas de aprendizaxe  para a elaboración e difusión de materiais coeducativos orixinais  e programas innovadores. Creouse non só para divertir e entreter, senón para educar e concienciar a cidadanía. A finalidade do programa era sensibilizar a mocidade da asunción das responsabilidades domésticas e da ruptura cos patróns patriarcais ecrenzas discriminatorias cara ás mulleres, que son o xerme da violencia de xénero.

O concurso ía dirixido ao alumnado da  ESO dos centros educativos do Concello de Ribadeo. Houbo un total de 15 guións presentados ao concurso, co cal arredor de 50 alumnas/ os participaron activamente  neste concurso.Os traballos finalistas foron os guións  destes grupos :

  • 1º PREMIO: OS TEMPOS CAMBIAN  E AS PERSOAS TAMÉN (3º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
  • 2º PREMIO: AS AVENTURAS DE ISABEL E A SÚA FAMILIA ( 1º  ESO A ) IES Porta da Auga
  • 3º PREMIO:  MULLER POR OBRIGACIÓN ( 2º  ESO A) Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
  • 4º PREMIO: CADA UNO EN SU SITIO ( 3º ESO A) IES Porta da Auga
  • 5º PREMIO: CONTO CON VÓS (2º ESO)  Colexio Sagrado Corazón de Xesús.

 Andamiaxe fixo unha preselección dos guións dos 15 guións apresentados, quedando 5 guións finalistas e gañadores do concurso. Despois, un xurado especializado valorou os 5 guións finalistas para elixir o guión  gañador do concurso. A principios de febreiro levouse a cabo rodaxe da curta seleccionada para a súa gravación, reproducción e difusión, e da que posteriormente se elaborará unha unidade didáctica para traballar co estudantado nos centros educativos.

E o vindeiro 8 de marzo, coincidindo co Dia das mulleres,  ás 20:00h no Cine- Teatro terá lugar a entrega dos premios aos 5 grupos  finalistas e a proxección da curta “ Os tempos cambian e as persoas tamén”.  E agardemos que o día das mulleres deixe de ser unha xornada de reivindicacións pendentes por conquistar e pase a ser unha data conmemorativa de festa e de lembranza ás mulleres e homes que pularon póla igualdade. Soños, esperanzas e ilusións que agardemos que un 8 de marzo cercano  se fagan realidade .

 

Advertisements

Coeducación e mitos do amor romántico.

“Coeducación e mitos do amor romántico” é un monográfico  para traballar coa mocidade as idealizacións e mitos arredor do amor e do romanticismo que lles levan a forxar relacións sexistas.

A  Fundación Mujeres ven de publicar o número 93 do seu boletín baixo o título “ Coeducación e mitos do amor romántico” . Coordenado desde a área de educación e prevención da violencia de xénero, o monográfico inclúe o seu habitual artigo de opinión, o último estudo relativo ao sexismo en menores, a recopilación de materiais didácticos editados este ano e unha variada proposta educativa.

 A pervivencia de mitos que ligan as relación afectivas co control, os ciumes, os sacrificios extremos e o abandono do propio ser en mans doutro  están moitas veces na orixe da incapacidade de respostar de forma temperá ás sinais dunha relación que pode convertirse nunha relación violenta.

É soprendente como conceptos como o de respeto, igualdade, liberdade, apoio e axuda mutúa non aparecen no primeiro lugar das prioridades dunha relación de parella.

O proxecto Detecta desenvolto en Andalucía co apoio do Instituto Andaluz da Muller constatou que o 65% da poboación adolescente andaluza de entre 14 e 16 anos teñen percepcións e atitudes sexistas respecto da construcción e comprensión das relación afectivas. Máis dun 20% de mozos e mozas pensa que as mulleres son máis débiles que os homes. Arredor dun 30% cree que a fraxilidades feminina ten para os homes un ecnanto especial e até un 60% está de acordo  con que na parella o normal é que o home protexa á muller.

Unha alta asunción e inacaída  interpretación de mitos de amor romántico convértese na causante de que se desenvolvan crenzas e imaxes idealizadas  que en numerosas ocasións dificulta o establecemento de relación sanas e a tolerancia de comportamentos abusivos.

Podes descargar 221_boletin-fm-93-pdf

Cinco ilustradoras en IlustraMundos, unha exposición colectiva que recolle esencias de diversas partes do mundo.

Ata mediados de abril, o Pazo de Fonseca acolle unha mostra colectiva de 11 recoñecidos ilustradores e ilustradoras.

 

A ilustradora vasca Elena Odriozola chegou á ilustración despois duns anos dedicados á publicidade. Desde hai anos ocupa un lugar destacado no libro infantil español, ofrecendo un estilo inconfundible no que a utilización da cor branca ou dos espazos baleiros sempre chama a atención. Ademais de expoñer a súa obra en ilustraMundos, participará no congreso Ilustrando a Diversidade ofrecendo unha entrevista-debate sobre a súa obra.

 A ilustradora lituana Kristina Sabaite será a encargada de ofrecer outra das miradas desde e a prol da diversidade que caracterizara a exposición ilustraMundos. Un punto de vista íntimo e persoal do cotián e a atención ao protagonismo das pequenas cousas forma parte da súa aposta como artista.

 Carme Solé Vendrell é un nome imprencindible na ilustración catalana e española. Autora dun longo e variado percorrido artístico, atopou a forma de expresar a través de cor, olladas e faces o sentimento da infancia condensado ante os dramas da vida que tamén os máis pequenos teñen que sufrir. Unha selección da obra de Carme Solé estará presente na exposición ilustraMundos, e a autora acompañaranos no congreso internacional “Ilustrando a Diversidade” con senllas propostas para unha conferencia plenaria titulada “Os nenos do mar” e para o obradoiro “Libros ilustrados de autor”.

 Joanna Domanska é unha pintora e ilustradora polaca que exporá parte dos seus debuxos e maletas ilustradas en ilustraMundos. Unha especie de ollada pormenorizada sobre as pequenas cousas da vida cotiá caracteriza o estilo desta autora que presentará no congreso “Ilustrando a Diversidade” unha conferencia plenaria sobre a ilustración como canle para a inclusión.

 Mónica Weiss é unha ilustradora arxentina que forma parte da galería de autores que exporán obra en ilustraMundos. Arquitecta, escritora, ilustradora, conferenciante, deseñadora, profesora de arte, Weiss é unha das autoras máis destacadas e prolíficas do rico panorama da ilustración latinoamericana. Participará no congreso “Ilustrando a Diversidade” ofrecendo unha das conferencias plenarias previstas

 A exposición conplétase coas obras de  Antonio Seijas e David Pintor ( Galicia), Fernando Vilela ( Brasil )  Machiel Braaksma (Países Baixos), Mark Taeger (Suíza) ou Piet Grobler (Sudáfrica)

” Pillada por ti” un comic de prevención contra a violencia de xénero, xa conta con aplicación para Ipad e Iphone.

Pillada por ti á o título do cómic editado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a sensibilización contra a Violencia de Xénero. A autoría do cómic corresponde ao  magnífico tandem creativo de Cristina Durán e  Miguel A. Giner que contaron co asesoramento de Carmen Castro sobre cómo abordar a problemática da violencia de xénero coa  finalidade de preveer a súa aparición entre as persoas máis novas na sociedade. O  guión de é orixinal de Miguel Ángel Giner Bou e as ilustracións son froito de Cristina Durán Costell

Ao longo das páxinas nárrase a historia de  “mozas  que se quedan pilladas polos mozos”, como apunta no prólogo o  delegado para a Violencia de Xénero, Miguel Lorente. “Unha historia que é verdade. As e os protagonistas podemos atópalos en calquer parte, na rúa, no instituto,,,, Xente coñecida, xoves que ao principio son moi simpáticos, pero que logo creen que a moza coa que están lles pertence e poden facer con ela o que lles plazca. Persoas que deixan de ser simpáticas para voltarse violentas.

No  2011,  distribuíronse  gratuitamente 20.000 exemplares en centros educativos de todo o Estado.E agora,  saliu un   APP gratuito para o  iPad e  o  iPhone , desenvolto  por ITBOOK. O   APP contén versións   en castelán, catalán, galego, euskera, inglés e  francés.   A versión en galego podedes vela e descargala PilladaGalego

O III Festival de cine feito por mulleres comenza o día 22 no CGAC

III Festival de Cine Feito por Mulleres (Mufest), organizado pola asociación feminista Andaina, terá lugar entre o  22 e o  25 de febreiro  no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela.

O MUFEST é festival audiovisual que promove o crecemento cultural e  artístico, así como o impulso das futuras directoras, productoras e  guionistas, onde teñen cabida curtametraxes de animación, de ficción e  documentais, para os que conta con importantes premios. Apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosan novas perspectivas, tanto sociais como culturais, fomentando a diversidade e  a visibilidade.

No certame exhibiránse 16 obras, das que 13 participan na competición. A periodista Ana Caterina Pereira, especialista en teorías feministas aplicadas ao cine portugués, abrirá o certame, que proxectará esa mesma xornada o corto inglés “SIS”, de Deborah Haywood, coa presenza da directora. Outras obras presentes serán “Talking Heads (Muslim Women)”, de Fathima Nizaruddin, sobre a imaxe que os medios de comunicación desprenden das mulleres musulmanas, e  “Digna rabia”, de María Victoria Martins e Ángel Rodríguez Gallardo, onde se amosa, desde unha perspectiva feminista, o que foi o franquismo en Galicia;

As obras que competirán son : “Madres 0,15 el minuto”, de Marina Seresesky; “Aurelia”, de Milena Martínez; “Following Kettly”, de Alicia Van Assche; “Los amores difíciles”, de Lucina Gil; “Sólo sé que no sé nada”, de Olatz Arroyo; “El porvenir”, de Laudena Brostok; “The Red Virgin”, de Sheyla Pie; “Entrevista”, de Angela Armero; “Nuestro pan”, de Emma Sánchez; “Fábrica de muñecas”, de Ainhoa Menéndez; “Algo queda”, de Ana Lorenz; “Una flor en recepción”, de Marta Parreño, y “Conversa cunha muller morta”, de Sonia Méndez.

 Un xurado formado por mulleres relacionadas co  mundo audiovisual, artístico ou feminista, outorgará os premios ás mellores obras de animación, de ficción e  documental, dotados con 1.000 euros, e  unha mención á mellor  obra orixinal en galego.

 

Desde o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo estáse a traballar con Sonda Norte nun proxecto coeducativo que rematará coa gravación dun LIPDUB.

Desde o  Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo estáse a traballar con Sonda Norte  nun proxecto coeducativo que rematará coa gravación dun LIPDUB.

Xa vén sendo habitual que desde o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo se promovan todo tipo de proxectos educativos coa mocidade alén das fronteiras do cotián. Aínda non ben rematada a gravación da curta produto do III Concurso de guións cinematográficos, o CIM embárcase noutro proxecto, desta vez en colaboración coas concellarías de Cultura e Mocidade e coa plataforma SONDA NORTE, que fai uns días presentou a súa identidade visual e a programación a desenvolver no 2012.

 Esta actividade pretende ser un lugar de encontro entre as creadoras e creadores locais e a mocidade a través do desenvolvemento dun programa que vai desde a formación na composición de letras non sexistas ata a posta en escena e posterior gravación dun LIPDUB, unha especie de video musical gravado nun plano secuencia no que as persoas participantes cantan en playback . O proxecto recollerá tamén a convocatoria dun certame entre os grupos de Ribadeo para poñerlle música á letra resultante do proceso de formación así como o  deseño dunha coreografía axeitada tanto á letra como á localización da gravación.

Os obxectivos principais desta proposta pasan por promover o emprego do galego nas letras das cancións, sensibilizar á mocidade sobre a igualdade de xénero e a importancia da súa transmisión no ámbito cultural así como por estimular fórmulas de participación e colaboración nas que o Concello de Ribadeo xa é un referente.

Manterémosvos informados/as ao longo dos vindeiros  meses. E por suposta, estades a tempo de unirvos  a iniciativa e participar.

 Na xuntanza valorando o proxecto coa xente moza.

E agora a onde imos?? o novo film da directora libanesa Nadine Labaki estereárase o vindeiro 2 de marzo tralo exitoso paso por festivais de prestixio.

E hoxe toca un pouco de cine.  E agora a onde imos?? ( Y ahora a dónde vamos, título orixinal), a nova película de Nadine Labaki (directora de “Caramel”) . Estreárase o de de marzo no Estado  tralo exitoso paso polos festivais de Cannes, Toronto e Donosti, obtendo os seguintes premios:

  • Festival de Cannes: Selección Oficial “Un Certain Regard”
  • Festival de Donosti : Premio do  Público
  •  Festival de Toronto TIFF: Premio do  Público

¿Y ahora adónde vamos? Representou   ao   Líbano como unha das candidatas favoritas para os Oscars 2012 na categoría de mellor película estranxera. É unha comedia que narra a determinación dun grupo de mulleres para protexer a súa familia e ao seu pobo das ameazas exteriores. Amosando un gran inxenio, inventando estrataxemas, unidas por unha amizade inquebrnatable e algunhas coreografías musicais, esas mulleres só teñen un obxectivo: distraer a atención dos homes e facer que se esquezan da cólera derivada dunha guerra relisioxa funesta e inútil. Pero cándo os acontecementos toman unha orientación tráxica, até onde están dispotas a chegar para non perder aos que todavía quedan?

Un pouco sobra Nadine Labaki

Nadien Labaki, é guionista, directora e actriz.

Nada en 1974 no Líbano, rematou o Bacharelato en  en 1993. Obtivo  o seu   título en estudos audiovisuais na Universidade de San José de Beirut (IESAV) e   en 1997 rodou o seu proxecto de fin de carreira, 11 Rue Pasteur, que obtivo  o  Premio á Mellor Curtametraxe  na  Bienal de Cine Árabe do IMA en París en 1998.
A continuación, rodou   anuncios publicitarios e  numerosos clips musicais para famosas cantantes do  Próximo Oriente, polos cales obtivo diversos premios en 2002 e  2003.
No ano 2004, participou  no Programa  Residencia do  Festival de Cannes para escribir  o guión  de Caramel, a súa primeira longametraxe . Rodouna en  2006 e presentouno na   Quincena de Realizadores de Cannes, tendo un gran éxito en Francia e difusión mundial.