Arquivos mensuais: Abril 2011

Este venres comezan as IV xornadas formativas sobre a abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local

Esta fin de semana celébrase, no Cine-Teatro, a IV xornada formativa sobre a abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local.

O Concello de Ribadeo, a través da súa delegación da Muller e máis do Centro de Información ás Mulleres, e máis a área de Igualdade da Deputación Provincial de Lugo presentan un programa multidisicplinar que pretende reflexionar sobre o fenómeno da violencia de xénero dende as diversas manifestacións que abarca, sen restrinxila unicamente á violencia de parella.

Violencias que tamén existen pero que fican invisibilizadas. Violencias que sofren as mulleres doutros paises, violencias diferentes, pero cun nexo común: a violencia exércese contra muller pola súa condición de muller.

O obxectivo: coñecer a fondo as dimensións da violencia machista e procurar a implicación do conxunto da sociedade, de mulleres e homes, na loita contra esta lacra.

Neste enlace podes saber máis das e dos ponentes que estarán este venres e máis este sábado en Ribadeo.

Advertisements

O pasado sábado celebrouse en Vigo o I encontro de Consellos Municipais da Muller

Dereitos das mulleres a revolución creactiva.

Este título encabezaba o I Encontro de Consellos Municipais da Muller en Vigo, organizado pola Concellería de Igualdade de Vigo e promovido polo propio Consello Muncipal das Mulleres de Vigo.

O Consello Municipal das Mulleres de Ribadeo, creado no 2005, quixo ter presenza neste I encontro.  No mesmo houbo dúas mesas de debate, unha de análise da situación dos Consellos Municipais da Muller, onde contamos coa participación da representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade no consello Municipal de Ribadeo, dando a coñecer as fortalezas e aspectos a mellorar neste órgano participativo do Concello de Ribadeo.

A outra mesa versou sobre as perspectivas de futuro, xuntas na diversidade e libres na igualdade. Foi un interesante encontro onde puxemos en común puntos de vista, formas de organizarse nos Consellos, e como afrontar os tempos futuros que se aveciñan.

O 29 e 30 de abril terá lugar a IV edición da xornada formativa do Concello de Ribadeo sobre abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local.

Coñecendo as dimensións da violencia para entendela mellor.Implicándonos todas e todos.

Esta nova edición das xa consolidada xornada formativa sobre abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local, desenvolvérase no cine teatro os dias 29 e 30 de abril. Un programa multidisicplinar e que pretende reflexionar sobre o fenómeno da violencia de xénero desde as diversas manifestacións  ás que abarca, sen restrinxila unicamente á violencia de parella. Violencias que tamén existen, pero que son mais invisibilizadas. Violencias que  sofren ás mulleres doutros paises, violencias diferentes, pero cun nexo común, quén a sofre, é polo feito de ser muller.

Aberto o prazo para inscribirse

Estas xornadas, están abertas a calquer persoa con interese no tema. Xa está aberto o prazo para inscribirse. Só tedes que escribirnos un mail a: cim@ribadeo.org, ou chamar ao 982.120739. A matrícula é de balde.

O programa das xornadas é o seguinte:

Entrevista a Maria Redondo, unha das protagonistas da curta ” A Xenia do fútbol e a arte de Fabio”, xogadora dun equipo de fútbol onde é a única rapaza.

Hoxe queremos facervos partícipes dunha entrevista realizada no mes de febreiro á ribadense Maria Redondo, xogadora do CF de Barres de 2ª asturiana.

Maria é unha das  protagonistas da curta ” A  Xenia do fútbol e a arte de Fabio” , a rapaza que lle gustaba xogar ao fútbol, Xenia. E como Xenia, gústalle xogar ao fútbol nun equipo no que só hai nenos.

Deixovos o link a esa entrevista, e agardemos que Maria non teña moitos problemas para poder continuar os seus soños, seguir xogando ao fútbol.

Entrevista