Arquivo por etiquetas: participación social

Abrése unha nova etapa no Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo.

No ano 2005 creábase o Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo. Desde aquela, son moitas as persoas que teñen participado neste órgano.  A todas elas, queremos agradacerlle a súa colaboración e as súas aportacións e o seu compromiso pola procura dun Ribadeo  en Igualdade.

O pasado xoves, constituíuse por terceira vez este  órgano de participación cidadá. Nomeáronse 32 persoas  titulares ( máis cerca de 25 suplentes ). Superouse o número de persoas que van conformar este organismo. E aínda hai algunha parroquia que ten pendente o nomeamento das vogais.  E si ben, no aspecto cuantitativo sobrepaouse consonte a outras lexislaturas, temos que dar un paso máis a hora de traballar, e de facer propostas desde o Consello.

Nesta terceira época do Consello, queremos que sexa un órgano onde a participación emane da base, do conxunto de persoas que  o integran. Estes anos pasados caracterizarónse por unha participación moi boa,  en canto a asistencia as xuntanzas. Arredor do 75% das vogais asistían ás xuntanzas. Pero, faltaba esa participación máis activa, en canto, a iniciativas xurdidas desde as propias entidades  representadas. Teñen que ser as vogais quén propoñan, suxiran actividades para o noso Concello. E nese sentido, traballaremos nesta nova andaina.

Na sesión contituínte elixirónse as coordenadoras das comisións que integran o Consello, e máis a vicepresidencia, que recaeu na representante de Saúde, a compañeira Mª del Mar González. A presidencia do Consello, recae na Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, impulsora deste órgano desde o seu inicio.

Advertisements

O Concello de Ribadeo elabora un Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres

A concellaría da Muller do Excmo. Concello de Ribadeo rematou xa a elaboración do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no Concello de Ribadeo. O texto será presentado ao público á volta do verán, no vindeiro mes de setembro.

Trátase dun documento – guía, un plan de traballo, centrado nunha realidade concreta, neste caso a de Ribadeo, que trata de incidir nun problema social como é a desigualdade entre mulleres e homes. A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que para seguir traballando na loita por acadar un Ribadeo onde non existan as desigualdades entre mulleres e homes “é preciso incorporar a perspectiva de xénero ás políticas que se poñen en marcha dende o Concello. Para seguir traballando na liña trazada temos que deseñar as nosas actuacións de maneira máis planificada, meditada e tendo en conta as propias circunstancias ou especificidades do concello, de aí a elaboración deste Plan de Igualdade”.

O seu obxectivo é servir como marco de referencia para camiñar cara un futuro no que o sexo dunha persoa non predetermine cal é o seu papel social. No Plan de Igualdade recóllense medidas específicas en materia de emprego, saúde e calidade de vida, participación social, educación, cultura e deporte, conciliación da vida laboral ou persoal e máis violencia de xénero.

O documento xa se pode atopar íntegro no apartado de recursos deste blogue.