Arquivos mensuais: Outubro 2010

Crecen as denuncias por violencia machista neste trimestre según o último informe do CXPX

O  número de denuncias rexistradas  no segundo trimestre de 2010 alcanza no Estado   un total de 34.256 casos, o que supón un crecemento do  5,4% respecto do primeiro trimestre. Ao mesmo tempo, as renuncias á continuación do proceso  reducíronse  un  1,6% neste mesmo periodo e quedaron en 4.004 casos, según o  último informe realizado polo Consello Xeral  do  Poder Xudicial.

As mulleres vítimas de malos tratos amosánse reticentes a facer pública  a súa situación. Así se desprende, alo menos, do  balanzo, dun estudo que recolle datos relativos ao segundo trimestre do ano.

Nos últimos anos, as administracións públicas realizaron numerosas campañas para animar ás vítimas a pór a súa  situación en mans da xustiza. Tamén foron abundantes os chamamentos para que a veciñanza e as familias das vítimas sexan quén denuncien. Máis, segundo a estatística do CXPX, só o 0,2% das denuncias interpostas  no periodo estudado foron presentadas por achegados á maltratada.

O informe muestra que o  80% das denuncias fueron presentadas polos axentes. Tamén é  significativa a porcentaxe  de casos que son derivados desde os centros de saúde e  os hospitales despois de que as mulleres acudan con lesións. Isto ocurriu no  8% os casos.

A pesar de que neste trimestre se  presentaron  un 2,08% menos denuncias que no mesmo periodo do ano anterior, prodúcese un incremento de denuncias respecto ao primeiro trimestre o ano  2010, do 5,4%.  A disminución de renuncias á  continuación do proceso sobre o total das denuncias presentadas continua, neste trimestre  produciuse un 8,8% menos de renuncias que no mesmo período do ano anterior e un 1,6% menos que no primeiro trimestre deste ano.

O órgao de governo da xudicatura   tamén fai un  percorrido polas medidas de protección acordadas polos/as maxistrados/as. Predominaron as resolucións penais sobre as civís. O sistema máis habitual para protexer  á vítima foron as órdes de afastamento e a prohibición de comunicacións. En máis de 1000 casos,aos  maltratadores  obligouselles a sair do domicilio habitual.También tomaron medidas civís, como atribución  da vivenda familiar, suspensión de réximen de visitas ou prestación de alimentos.

En canto á relación entre o denunciado e  a vítima, o informe do CXPX  mostra que as parellas estables acapararon a maioría dos episodios violentos. Por último, o balance trimestral indica que aumenta lixeiramente a  porcentaxe de sentenzas condenatorias respecto ao mismo periodo do ano anterior.

Advertisements

I xornada Banco de tempo. Usos do tempo na cidade e conciliación.

O Concello de Ribadeo participará na I Xornada de Banco de  Tempo, usos do tempo na cidade e conciliación que organiza o Concello de Ferrol. Nesta xornada, refleionárase, sobre tres temáticas esenciais para  a consecución da igualdade entre mulleres e homes: Conciliación,  usos dos tempos e bancos de tempos.

O concello de Ribadeo estará presente na xornada que terá lugar o 22 de outubro  para falar de conciliación, e para amosar a súa experiencia como un dos primeiros Concellos integrado no grupo dos seis Concellos que acadaron no Estado a certificación de municipio familiarmente responsable ( MFR ).

Deixámosvos o link co programa da xornada, por se estiverades interesedas/os na mesma.

TRIPTICO_XORNADA_BDT

Créase a Escola para profesionais da Igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia, vén de deseñar un programa de accións formativas que, nesta primeira etapa, se dirixen ao persoal técnico de centros e recursos en materia de igualdade, dependentes das administracións locais galegas.

Esta formación on-line xurde como resposta á necesidade de actualización continuada e permanente dos coñecementos profesionais, adaptada aos tempos actuais, constituíndo ademais unha alternativa para aquelas persoas que combinan traballo e formación, podendo elixir cada persoa o seu horario.

As accións formativas que integran o presente programa pretenden potenciar e elevar as capacidades e destrezas do persoal dos centros e recursos en materia de igualdade en catro ámbitos fundamentais: xurídico, psicolóxico, deseño e xestión de proxectos e liderado, e así mesmo facilitar ferramentas que permitan a implementación da estratexia de mainstreaming de xénero e da normativa vixente en  medidas, plans e proxectos.

As accións formativas que se ofertan na presente edición son:

  • Muller e Dereito de familia
  • Aproximación psicosocial á violencia de xénero
  • Deseño e xestión de proxectos de igualdade
  • Liderar en clave de xénero

Para cursar as dúas primeiras precisarase unha licenciatura universitaria na materia correspondente –Dereito, Psicoloxía- e para as outras dúas dunha licenciatura ou diplomatura universitaria.

No desenvolvemento deste programa de formación cóntase coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública, así como tamén con especialistas universitarios nas materias que se van abordar nesta edición.

Cada unha destas accións formativas consta de 60 horas. Esta formación on line inclúe titorías especializadas para o seguimento do alumnado e para a resolución das dúbidas que xurdan no desenvolvemento dos cursos. Unha vez rematada cada acción formativa, e tendo superado os obxectivos establecidos, poderase obter unha certificación acreditativa expedida pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A prostitución a debate será a temática elexida para a charla- café do Observatorio da Mariña pola Igualdade

O Observatorio da Mariña pola Igualdade reanuda en Ribadeo o ciclo de charlas-café FALEMOS DE… invitando a reflexionar sobre o complexo fenómeno da prostitución

Este venres, ás 20:30 h no Café-Bar Cantón as recoñecidas expertas Marta Casal e Silvia Pérez ofrecerán as súas visións sobre o tema “A PROSTITUCIÓN A DEBATE: REGULARIZACIÓN OU ABOLICIÓN”

O debate sobre a prostitución é o tema elixido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para continuar cunha nova edición do ciclo de charlas-café FALEMOS DE…. Dada a complexidade do fenómeno e a coexistencia de diferentes posturas enfrontadas, partidarias ou ben da regularización da prostitución (por considerala un traballo máis) ou ben da súa abolición (por considerala unha forma extrema de violencia contra as mulleres), o obxectivo da sesión é propiciar un debate fondo e crítico sobre o tema, examinando a situación das mulleres en prostitución, o papel dos homes que consumen sexo de pago, o proxenitismo, as redes de trata e explotación sexual, así como as particularidades de cada tipoloxía de prostitución (na rúa, en clubs ou en pisos).

Dúas reputadas sociólogas, Marta Casal e Silvia Pérez, cunha ampla bagaxe teórica e traballo de campo no ámbito da prostitución desde unha perspectiva de xénero. Marta Casal ten abordado o tema da prostitución no marco da súa tese doutoral sobre as migracións femininas e a industria sexual, para que o viaxou por toda España e entrou en contacto con todas as organizacións que traballan con mulleres que están na prostitución. Tamén ten participado en proxectos europeos como a Red TAMPEP, desenvolto en Holanda en 2002; e desde entón, en numerosísimos proxectos de atención a nenas, adolescentes e mulleres en prostitución en Paraguai, desde onde combinou o traballo con consultorias para la OIT. En España, foi activista do colectivo en defensa dos dereitos das prostitutas Hetaira (Madrid). A socióloga e profesora da Universidade de Vigo Silvia Pérez, pola súa banda, é coautora do libro Prostitución: clientes e outros homes (Xerais, 2009), no que se achega outro enfoque a análise da industria sexual en Galiza axustándose ás experiencias dos homes e mulleres implicadas no fenómeno da prostitución, que definen como síntoma da cultura sexual dominante nas culturas patriarcais e capitalistas. Entre 2003 e 2008, Pérez dirixiu o Centro de Día e Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín en Vigo e derivado deste traballo ten participado en numerosos congresos e proxectos de intervención social sobre Prostitución, como o Informe Prostitución Lugo (2006)

O ciclo de charlas

O ciclo de charlas FALEMOS DE… é unha actividade a través da que periodicamente se debaten en diferentes vilas da comarca sobre temas relevantes para avanzar na igualdade de xénero, polo que están abertas e dirixidas a toda a cidadanía (mulleres e homes). Deste xeito, o Observatorio quere afondar no seu obxectivo de dar a coñecer as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da comarca, enfocando a realidade da nosa contorna desde unha perspectiva de xénero que teña en conta as particularidades coas que mulleres e homes vivimos cada situación social.

Esta VII edición do ciclo de charlas-café, é continuación da excelente acollida que tiveron as anteriores sesións, nas que se abordaron os temas da “Repercusión da crise económica nas mulleres” en Ribadeo, “O aborto a debate”, “Mulleres e deporte” e “Mulleres e saúde: a endometriose en Burela, “A segregación por sexo nas aulas” en Foz e “Xénero e idioma” en San Cibrao.

 

Falemos de prostitucion

Formación de balde para o profesorado en igualdade

Ao longo do mes de outubro, a  Fundación Isonomía porá en marcha catro cursos de formación continua e permanente dirixidos ao profesorado.

A igualdade  e o xénero: nova materia curricular”, “Recursos para preveer a violencia de xénero desde as aulas”, “Pon nota en igualdade”  e  “Claves para un uso non sexista da linguaxe  e  a comunicación” son as accións formativas coas que Isonomía pretende favorecer a incorporación da igualdade como elemento de calidade  no  ámbito educativo.
Os cursos son en liña e están abertos ao profesorado dos distintos niveis educativos de todo o  estado. Están financiados polo Ministerio de Educación (o custe da matrícula é gratuito para o profesorado) e  enmárcanse  dentro da programación de actividades estatais de formación permanente do  profesorado durante o  ano 2010.

As personas interesadas poden formalizar a matrícula até  o 20 de outubro, seguindo as instruccións que se amosan no seguinte enlace: http://isonomia.uji.es/registro_d/

Isabel Vilalba representará á Marcha Mundial das Mulleres na ONU

A mariñá Isabel Vilalba, vencellada ao mundo do sindicalismo labrego, representará á Marcha Mundial das Mulleres na asamblea xeral  da Organización das Nacións Unidas (ONU) en Roma.

Vilalba participará nun foro de debate no que se pretende “presionar” sobre as diversas políticas de ámbito nacional e internacional co fin de diminuír o número de persoas que sofren de desnutrición ao tempo que se aumenta o apoio á agricultura, a alimentación e máis o desenvolvemento rural.

Este foro vén motivado polo recoñecemento que tivo que facer a FAO no que se recoñece a “necesidade de incorpoar á sociedade civil, organizacións agrarias, ás mulleres e comunidades pesqueiras nos procesos de decisión”.

O instituto da Muller conmemora o 125º aniversario do falecemento de Rosalia de Castro

O organismo quere destacar o papel relevante  da autora na deensa dos dereitos das mulleres.

O Instituto da  Muller vai realizar unha serie de accións para conmemorar o 125º aniversario da morte da poetisa gallega Rosalía de Castro, unha das figuras máis sobresaintes da literatura española e galega.

Nesta conmemoración o organismo quere resaltar o relevante papel que exerceu  Rosalía de Castro como defensora dos dereitos das mulleres e como precursora do movemento feminista.

A homenaxe comprenderá a celebración, en Madrid e  Galicia, dunha serie de conferencias que analicen a súa obra dende o punto de vista da reivindicación das figuras femeninas e a  súa repercusión na literatura, así como sobre as dificuldades que a propia poetisa viviu pola súa   condición de muller e escritora.

Tamén se editou un cartel conmemorativo para  a ocasión. O concello de Ribadeo xa fixo esta homenaxe  a Rosalía coincidindo co 8 de marzo, como poderiades apreciar en entradas anteriores.