Arquivo por etiquetas: artista

Este mes leremos a biografía de Maruxa Mallo de Carme Vidal para achegarnos a figura da artista galega máis recoñecida do século XX.

Este mes comenzamos o outono coa suxerencia literaria do mes de outubro un mes no que a paisaxe se tinxe de cores marróns, e  estas mudanzas  de cores nos recordan a unha artista galega que  pensamos que non está o suficientemente valorada, que está máis ben esquezida.  Falamos de Maruxa Mallo. E recomendamos a lectura da súa biografía publicada pola ANT no ano 1999, xa que ven a ser unha das obras máis completas e exhaustivas sobre a pintora. Neste libro a xornalista e investigadora Carme Vidal recolle a historia, a vida e a obra de Maruxa Mallo con imáxenes e palabras que amosan o seu talento, a súa personalidade  e as súas aventuras.

Carme Vidal adentrános na historia de vida desta muller, fainos percorrer os seus soños, fracasos, fustracións, éxitos, …as súas emocións  e loitas no seu mundo e na época que lle tocou vivir.

Maruxa Mallo naceu en  Viveiro 1902 e finou en  Madrid  no 1995  nada. Está considerada como unha das artistas   galegas máis recoñecidas do século XX.  Anos máis tarde ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española, algúns deles conformarían a Xeración do 27. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudiantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e en especial con Rafael Alberti, Concha Méndez e Maruxa pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Nestes anos, Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación Tras a morte de Franco chegalle o recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica, entre unha forte polémica polo inadecuado do momento, o Centro Galego de Arte Contemporánea. Para entón Maruja está xa moi enferma.

Tamén hai un documental recente  “ Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco” que a través de imáxenes de arquivo e algunha reconstrucción da vida real da pintora galega repasa o desenvolvemento da propia artista e dos testemuños de Antonio Boret Correa, Juan Manuel Bonet, Antón Castro, Isaac Diaz  Pardo, Estrella De Diego, María Escribano, Antonio Gómez  Conde, Fernando Huici, Emilio Ínsúa, Shirley Manzini, Carlos Nuevo, Guillermo de Osma, Marga Paz, Rosario Peiró, Carmen Pena, Juan Pérez de Ayala, Marifé Santiago Bolaños, José Vázquez Cereijo, Ana Vázquez de Parga y Carme Vidal. Está dirixido por Antón Reixa e o guión  é de Antón Patiño

Podedes velo aquí:  : http://www.rtve.es/alacarta/videos/television/imprescindibles—maruja-mallo/966721/

 

Advertisements