Arquivo por etiquetas: ocio

Ocio ao son das mulleres

Rematábamos o outono cos domingos a pé. Esas rutas que nos levan por paraxes ignorados  pero que están ao noso carón.  No outono fumos a San Cibrao, un paseo por esa fermosa vila mariñá, descoñecida  para moitas das nosas sendeiristas, a pesares da cercanía. Tamén estivemos no outro lado da ría de Ribadeo facendo unha ruta polas beiras de Castropol. E a volta foi emocionante baixo a oleaxe dun barco que nos devolveu a outra orilla e  a moitas das mulleres que nos acompañaban regaloulles unha nova experiencia  ou aventura para  o seu diario de vida.   E coa chegada do mes de maio voltan os nosos domingos a pé, ese tempo noso, só das mulleres adultas da casa, un tempo para nós, para compartir con  outras veciñas e amigas as nosas preocupacións, para evadirmónos das tarefas diarias cotiás, e para rirmónos un pouco e  facer exercizo. Buscamos ese tempo propio tan difícil de conseguir no caso das mulleres sometidas á xornada laboral e a compatibilización da mesma coas tarefas domésticas e as veces coa tarefa engadida de coidados das persoas maiores da casa. Esa dupla e triple xornada require un respiro. E as veces non somos capaces de facelo.

Por iso organizamos ao longo do ano actividades de ocio exclusivamente dirixidas ás mulleres. Son medidas de intervención positiva para favorecer ese tempo propio na vida das mulleres.

Así que vos presentamos os domingos a pé para o mes de maio e xuño e máis a visita anual que facemos todos os anos ao Balneario de Guitiriz.

A viaxe ao Balneario de Guitiriz terá lugar o domingo 20 de maio. Ás  14:15 h saírase do Parque de San Francisco. Hai que anotarse entre o 7 de maio e o 16 de maio. A cota de inscripción é de 23€ .

E  no mes de xuño continuamos cos domingos a pé  que veñen cargados de relax, emocións e novas fazañas.

Os domingos a pé serán :

  • Domingo 3 de xuño, roteiro do río Landro-VIveiro
  • Domingo 1 de xullo : Roteiro Rinlo- Ribadeo

Agardámosvos!!

Podedes anotarvos chamando ao Centro de Información ás Mulleres ( 982 12 07 39) ou enviando un correo á cim@ribadeo.org.

O teu tempo é para ti

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Excmo. Concello de Ribadeo organiza unha viaxe ao balneario de Guitiriz no marco do programa “O teu tempo é para ti”, unha campaña que, baixo o lema “Coñécete a ti mesma, desfruta, reláxate”, pretende facer visíbel o dereito da muller a un tempo de ocio de seu. Será o vindeiro domingo 20 de xuño de 2010 e o itinerario previsto é o seguinte:

  • 14.15 horas: Saída de Ribadeo – Parque de San Francisco.
  • 15.45 horas: Chegada a Guitiriz.
  • 16.00 horas: Comezo das actividades termais (Circuitos termais e piscina).
  • 19.00 horas: Remate das actividades.
  • 19.30 horas: Saída cara Ribadeo.
  • 21.00 horas: Chegada a Ribadeo.

O custe da actividade é de 15 euros por persoa. Todas aquelas mulleres que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse a través do teléfono (982.120.739), persoalmente nas dependencias do CIM ou a través do enderzo electrónico cim@ribadeo.org entre os días 14 e 17 de xuño.