Arquivos mensuais: Novembro 2011

O alumnado, a xente do comercio, a de a pé, e máis as veciñas e veciños da outra beira unidos ante a violencia machista!

E un pouco de apuro estes días na oficina impediu que vós contaremos cómo foron os nosos actos da semán pasada, cómo foi a semán en Ribadeo. Pois sí, notouse que era a semán na que coincidía co 25 de novembro, co día internacional contra á violencia de xénero. Nós comenzamos, coa celebración o 22 de novembro da patroa da música, Santa Cilla. Pois a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo quixo repetir o concerto didáctico  “en clave de muller” en homenaxe a Sta Cilla, e como unha forma máis de combatir a violencia nesa semán tan significada. Porque non hai mellor forma de preveer á violencia que con educación. Houbo dous concertos, un dirixido ao alumnado de 1 º e 2º da ESO dos centros educativos de Ribadeo, e o da tarde aberto ao público en xeral. E a verdade, e que a xente saliu cunha sensación moi boa, xa que o concerto faise moi ameno, e saes con outra percepción das cousas.

Na sesión dirixida ao alumnado no Concerto didáctico, En clave de muller.

Despois,  o día 24 de novembro, puidemos desfrutar dun obradoiro – teatro … dunha intervención espectacular da fotógrafa e artista Pamela Palenciano. A claridade, simpleza e humor con qué contaba os diferentes momentos polos que pasa unha muller cando sofre violencia de xénero por parte da súa parella. E o venres polla mañán, as e os espectadores foron o alumnado de 3º e 4º da ESO. O humor de Pamela, provocou risas constantes e unha interacción entre ela e o estudantado, até tal punto, que ao final estivo durante 45 min respostando as preguntas e inquedanzas que amosaban as rapazas e rapaces. O que está claro, e que foron para a súa casa con moitos contidos, e emocións sobre as que reflexionar e deterse.

As e os estundantes conversan con Pamela Palenciano ao final do Obradoiro.

E para aqueles e aquelas que aínda no vos pasachedes, a exposición “Non só doen os golpes” de Pamela Palenciano estará até o día 7 de decembro na Casa das Letras, en horario de 09.00h a 14.00h e polas tardes desde as 16.30h até as 20.30h.

A Concelleira de Igualdade con Pamela P. na inauguración da exposición “non só doen os golpes”.

Todas estas actividades desenvoltas a prol da eliminación da violencia de xénero contaron co cofinanciamento da Secretaria Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo.

E por último contarvos, que o autocolante que editamos en colaboración co Centro Comercial aberto, fíxose ver ao longo de toda a semán. Na hostelería, nos comercios, no centro de saúde, nos coles, no Concello … moita xente portou esa pegatina para denunciar a incesante  violencia cara ás mulleres.

E o sábado participamos  na cadea humana  na Ponte dos Santos. Mulleres e homes de Ribadeo, da beira galega ermanados coa beira asturiana en contra da violencia  machista.

Na Ponte dos Santos, despois de facer a cadea!!

Advertisements

O sábado hai unha cadea humana contra á violencia hacía as mulleres na Ponte dos Santos!

Ao longo desta semán sucedéronse diversos actos arredor deste día, o 25 de novembro, Día internacional contra á violencia de xénero. Os actos de denuncia da violencia contra ás mulleres non cesan. Este sábado terá lugar unha cadea humana na Ponte dos Santos. Este acto está convocado pola Asociación de Mujeres Progresistas de A Veiga co oobxecto de reunir á cidadanía do lado galego e  á asturiana.  Esta cita é as 12.00h na Ponte dos Santos.

E os actos deben de continuar ao longo de todo o ano, pola  gravidade do problema e porque hai que ir disminúindo os índices da violencia. 

Así que desde este foro queremos reivindicar:  Non á violencia machista!!

A Mesa Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo constata un estancamento no avance cara erradicar a violencia de xénero

A Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo está formada polos representantes dos diversos sectores ( educativo, sanitario, educativo,  FCSE , Policia municipal e o CIM). Deixóvos a nota de prensa íntegra enviada aos medios de comunicación con motivo do día Interancional da violencia contra ás mulleres.

A Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo  constata un estancamento no avance cara erradicar  a  violencia  de xénero

 Na primeira década deste século, morreron 690 mulleres por violencia de xénero no Estado Español . No que vai de ano 57 mulleres  foron asesinadas polas súas parellas ( dúas en Galiza). Os casos de violencia de xénero no Concello siguen a manterse en correlación con outros anos, sen ter datos que amosen o contrario ou que avalen un ascenso .

Sen embargo, estáse a dar unha  normalización da violencia entre as xeracións máis novas.  No  Concello de Ribadeo, o 78,6% das mulleres vítimas violencia de xénero son menores de 45 anos. Incluso, nas relacións entre mozas e mozos que aínda non chegaron á maioría de idade. Desde o ano 2005, máis de 1800 rapaces menores de idade foron denunciados no Estado Español por violencia machista.

Por iso, é moi importante traballar cos centros educativos, e coas familias.  Hai un relaxamento no ámbito da educación regrada e non regrada e nas familias, que non lle dan suficiente entidade  a esta problemática até que teñen que vivila de cerca.  Todo isto  vencellado, ao papel que desempeñan os medios de comunicación como axentes de socialización que segue a transmitir,  con máis forza,  unha mensaxe estereotipada  que contribúe a fomentar as relación desiguais, nas que a muller sigue a ser sumisa, dependente  e unha muller-obxecto e non suxeto. Como consecuencia,  constátase un enorme retroceso en canto aos  ideais que xiran arredor das relación amorosas ( valoración positiva do ideal romático, da posesión e os ciumes como valores que reflicten o amor…). Neste sentido, non se está a cumprir a lexislación vixente, cómo a Lei de Igualdade e a Lei integral de violencia de xénero ou a Lei galega.

Cómo xa denunciabámos o pasado ano, está a introducirse  unha confusión no discurso  a raíz da difusión de determinados mitos falsos . Mitos como o das denuncias falsas por parte das mulleres para obtér ventaxas nos procesos de divorcio,  separación xudicial ou ruptura das parellas de feito,  o  extendido uso do Síndrome de Alineación Parental, utilizado na última década no eido xudicial para xustificar argumentos para cambios de custodia, e que vén sendo denostada por expertos/as en violencia de xénero desde xuristas ate persoal sanitario (Asociación Española de Neuropsiquiatría, Consello do Poder Xudicial, OMS, Asociación Mundial de Psiquiatría,  A Asociación de Psicólogos Americana, Asociación Americana Médica). E  o  desprestixio e deturpación que se está a facer por parte de diferentes sectores da lexislación vixente en materia de violencia de xénero.

Desde o ámbito institucional débese sensibilizar a sociedade sobre a dimensión e a causa desta problemática, profundizar nas súas causas e no seu carácter ligado ao sexismo e a discriminación, para poder adoptar medidas eficaces desde todas as áreas, porque a violencia contra ás mulleres ten una orixe social e cultural, nun proceso de socilaización dos varóns que consiste en decirlles que a masculinidade failles superior aos demais.   Porque unha sociedade que non xera mecanismos de protección eficaces  é tan nefasta como unha sociedade que non fomenta mecanismos de adaptación.

No concerto de Santa Cilla da Escola de Música e Danza, presentárase “En clave de muller”

O  día 22 de novembro, preséntárase  “ En clave de muller”  ao público ribadense

A
 EMMeD
 de
 Ribadeo
 e
 máis
 o
 CIM
 de
 Ribadeo
 puxeron
 en
 marcha
 un
 novo
 concepto
 de
 concerto
 didáctico
 a
 través
 do
 cal
 se
 procura
 a
 visibilización
 das
 mulleres
 compositoras.
 Ao
 longo
 da
 historia
 da
 música,
 acontece
 o
 mesmo
 noutras
 artes,
 a
 muller
 quedou
 relegada
 a
 un
segundo
plano
 polo
 protagonismo
 masculino.
 Malia
 todo,
 son
 moitos
 os 
nomes 
de 
muller
que
se
poden
 atopar
 tanto
 nos
 arquivos
 musicais
 galegos
 coma
 estatais
 ou
 internacionais.
 Con
 este
 proxecto
 quere
se 
dar
 a
coñecer
 eses
 nomes
 e
 máis
 a súa música, facelos visibles  aos alumnos e alumnas  da EMMeD de Ribadeo e ao alumnado dos centros educativos e máis ao público en xeral. Ao
 mesmo
 tempo que
 se
 outorga
 o
 merecido
 recoñecemento
 ao
 papel
 da
 muller
 na
 música
vanse
 dando
 pasos
 cara
 adiante
 nunha
 educación
 que
 recoñece
 a
 igualdade
 real
 e
 efectiva
 entre 
mulleres
 e
 homes.

No mes de xuño realizouse o concerto didáctico dirixido ao estudantado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Barreiros, Lourenzá e Ribadeo. E seguimos coa difusión do proxecto desta volta presentándoo aos cursos de 1º e 2º da ESO dos centros de Ribadeo nunha sesión que se desenvolverá o día 22 de novembro ás 12.00h da mañán. E pola tarde, ás 20.30h a sesión será aberta ao público en xeral. Seguindo a máxima do finado director da Escola de Música e da Banda Hernán Naval, a “ Música será para todas e todos” queremos dar a coñecer á cidadanía as mulleres compositoras.

Esta actividade conta co cofinanciamento da Secretaria Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo.

A exposición fotográfica “Non só doen os golpes” de Pamela Palenciano poderáse ver na Casa das Letras de Ribadeo. Tamén contaremos coa artista que impartirá uns Obradoiros de prenvención da violencia machista.

Un ano, máis achegámonos a data, do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. E as violencias cara ás mulleres persiten neste século XXI. Desde área de Igualdade do Concello de Ribadeo, levamos ao longo de todo ano actividades dirixidas á súa erradicación e prevención, pero tampouco queríamos pasar por alto esta data.

 Non
 só
 doen 
os golpes
 é
 o
 título
 do
 proxecto, a
 través
 do
 cal, Pamela
 Palenciano
 denuncia
 a
 crudeza
 da
 violencia
 machista
 partindo
 da
 súa
 propia
 experiencia.
 Cóntaa
 a
 través
 das
 46
 imaxes
 que
 compoñen
 a
 exposición.
 Están
 agrupadas
 en
 7
 fases
 que
 visibilizan
 algún
 dos
 momentos
 polos
 que
 pasa
 unha
 muller
 cando
 sofre
 violencia
 de
 xénero
 por
 parte
 da
 súa
 parella:
 inocencia,
 namoramento,
 maltrato
 psicolóxico,
 maltrato
 físico, resposta da sociedade, liberación, normalización.

 Esta exposición completárase con Talleres sobre prevención da violencia machista. Haberá un Taller dirixido a persoas adultas, o xoves 24 de novembro ás 18.00h-20.00h, na Casa das Letras. Hai que anotarse para ir ao Taller, xa que hai prazas limitadas. O venres, 25 de novembro hai outro Taller dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos do Concello. Desenvolvérase no Cine- Teatro en horario de 09.00h-11.00h.

 A inauguración da exposición terá  lugar  o día 24 de novembro, ás 20.30h na Casa das Letras, onde contaremos coa presenza da artista, Pamela Palenciano.A exposición estará na Casa das Letras, desde o 24 de novembro até o 6 de decembro. Os horarios para visitala, será polas mañás de 9.00h-14.00h e á tarde de 16.30 até ás 20.30h.

 Este ano, ademais, desde a Concellaría de Igualdade en colaboración co CCA, iniciamos con motivo do Dia Internacional da violencia de xénero unha campaña de sensibilización e concienciación, a través do comercio. A partir do mércores, repartiránse autocolantes cunha viñeta de Forges nos comercios de Ribadeo, centro de saúde, centros educativos… E todas as actividades contan co cofinanciamento da Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. 

 Agardamos contar con todas e todos vós!!

Xa está en marcha a VII edición da campaña “Un futuro por compartir en igualdade”

Despois da  súa presentación pública, a  campaña de sensibilización en  Igualdade nos centros educativos  inicia as actividades prácticas. Esta campaña está cofinanciada pola Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. Ao longo dos días 10, 11 e 14 de novembro desenvolvéranse sesións en todos os centros dirixadas ás diferentes etapas.

Para Secundaria, contamos cos  obradoiros na aula  da III edición do concurso de guións cinematográficos, Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade. Este ano a temática elixida é a corresponsabilidade. Sobre a desigual distribución do traballo no ámbito privado ( tarefas do fogar, de coidados a menores ou persoas dependentes…) entre mulleres e homes, xirarán os guións que se presentarán ao concurso para chegar a convertirse na curta que se gravará e difundirá na rede.

E para os de Primaria impartiránse Obradoiros de coeducación.  O Obradoiro de “Xogos e xoguetes”  co alumnado de 2º de Primaria traballá os estereotipos de xénero nos xoguetes como ferramenta de socialización e concienciándoos sobre o uso non sexista do xogo e dos xoguetes.

En cambio, para as/os alumnas/os de 4º e de 6º de Primaria  levárase a cabo un Obradoiro que leva por título “Igualdade…:verdadeiro/falso”. A través del, faráselles pensar e reflexionar sobre as crenzas que teñen co obxecto de promover o pensamento crítico mediante a ruptura de estereotipos de xénero.

Alumnas/os de 6º de primaria no Obradoiro ” Igualdade…verdadeiro/falso”

ARTISTAS, proxecto que visibiliza o traballo das alumnas de Belas Artes

O  proxecto ArtistAS,   a través da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, pretende visibilizar o  traballo das alumnas de Belas Artes  

Aparentemente só as une o feito de seren mulleres, porque as súas obras son heteroxéneas e diversas tanto no contido como na estética. 26 mozas, das moitas que saen cada ano das facultades, que buscan o seu oco no mercado laboral e no complicado mundo da arte. Tócalles visibilizarse e situar as mulleres no lugar que lles corresponde como artistas e que lles foi negado durante séculos, un tarefa para a que contan co respaldo da Universidade, a través da Unidade de Igualdade. O instrumento elixido, ArtistAS (Proxecto de Visibilización das Obras Artísticas das Alumnas da Facultade de Belas Artes) ofrécelles a posibilidade de presentar publicamente as súas creacións, moitas delas inéditas, nun espazo alleo ao circuíto artístico habitual, como é o campus de Vigo.

Algunhas das obras poden verse en lonas de grandes dimensións colgadas na zona de restauración do centro comercial. Outras producíronse en postais que poden levarse gratuitamente e que próximamente estarán nos centros de arte.Despois, coas lonas das obras expostas confeccionarán estuches nos que se meterá a colección completa de postais para entregar, a modo de catálogo, a críticos e centros de arte.

As comisarias aseguran que, pola  súa  experiencia, detectaron que  os mozos  teñen  máis oportunidades  e elas teñen menos posibilidades de producir obra e  ter unha carreira a longo prazo; teñen mellores expedientes pero menos oportunidades. Con esta inciativa, trátase de divulgar a súa obra e que todas as escolas e faculdades coñezan o traballo que se fai en Belas Artes..

Este proxecto de visibilización das novas xeracións de artistas ofrece un espazo expositivo diferente e pouco convencional, o Centro Comercial Cidade Universidade do campus de Vigo. Entre almorzos, cafés e compras, os membros da comunidade universitaria poderán achegarse á arte feita dentro da propia institución a través de seis obras de outras tantas mozas reproducidas en lonas de grandes dimensións. Destacan as artistas que, por riba do feito de ser mulleres, úneas nesta exposición un fío invisible tecido en feminino, “todas as obras teñen unha sensibilidade común”, cada unha ao seu modo, de presentar as súas propias experiencias e vivencias como mulleres. Dende retratos a tecidos e labores femininos, dende o corpo da muller á denuncia dunha relegación ao ámbito doméstico. Diferentes visións e reivindicacións, moitas veces subconscientes do feito de ‘ser muller.

Aída Donoso, Alejandra Tomé, Ana Ferrer, Andrea Outeiral, Ángeles Díaz, Carla Vijande, Carlota Salgado, Clara Baltasar, Cristina Ramírez, Gema López, Lara Acevedo, Laura Rodríguez, Lucía Graña, Margarita Araújo, María Arias, María Blanco, Marta Bran, Marta Fortes, Sabela Camiña, Sandra Martínez, Sara Donoso, Sara Goberna, Sheila Pazos, Úrsula Cancelas, Verónica Leis  son as artistas que expoñen este ano.

Este proxecto  terá continuidade nos próximos anos, e pretende animar e respaldar ás  xoves  artistas ao rematar os estudos.

Podedes ver o   DOSSIER_ARTISTAS_2011 coas obras expostas.