Arquivo por etiquetas: literatura

Conversamos con Silvia Murias, poeta e coordenadora do caderno ” Rachando inercias”

 

Na última entrevista falábamos   cunha sondanorteña aficcionada á pintura. E desta volta, repetimos cunha sondañorteña, máis a súa arte está na poesía.

Conversamos con Silvia Murias, poeta e coordenadora do caderno ” Rachando inercias”  no que once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico para rachar coas inercias que sitúan as mulleres e a lingua galega nunha situación de inferioridade.

541192_205372409566389_1181607661_nSilvia Murias Gómez (Barakaldo, 1983) gaña ós 15 anos o primeiro premio no concurso de relato breve  Repsol a nivel autonómico e no ano seguinte obtén o segundo posto. Ós 18 anos comeza a escribir poesía, xénero que a leva a realizar en Xullo de 2011 o recital poético “Deconstrucción del dolor” e na actualidade o “rúacital” xunto a Héctor Peña e Víctor Villar.

Cómo  o teu proceso persoal no cal descobres na poesía un espazo de inpiración e de creación?

Penso que os meus sentimentos atoparon un roteiro de voz e tinta que agora non son quen de sortear. A poesía brindame ese tempo e ese espazo silencioso no cal me sinto libre de ser verdadeira. É o flow do que fala Mihalyi Csikszentmihalyi, o estado da creación.

Como psicóloga de corte humanista, persigo a autenticidade partindo da detección das propias necesidades, así este “ser poeta” constitúe para min unha arma marabillosa ca cal defenderme unha vez identificado o inimigo.

A qué anos comezas a escribir poesia e por qué só neste xénero? Non te chaman outros?  

Comecei coa poesia cando estudiaba en Santiago de Compostela, ós 18 anos. Antes escribía relato curto. Unha das críticas que recibía con asiduidade era que os meus relatos resultaban “moi densos e poéticos” así que decidín botar por terra esa barreira de respeto-medo que lle tiña á poesia, e aqui estou. Polo momento non xurdiu en min a necesidade de crear noutro xénero mais quen sabe a que mar irán desembocar as palabras no día de mañá.

Cómo definirías a túa poesia??

Emocional, sincera e valente. As veces di cousas moi duras, gústame ese volver a un poema e redescubrirme, pensar por exemplo ¿É así como realmente sentín esto? E ser capaz de conectarme e identificarme con esa emoción de novo. Hai moito de autocoñecemento na escrita propia.

Ti participas desde os inicios na plataforma cultural Sonda Norte.  Cómo encaixa este proxecto na túa aficción poética, que che da a nivel persoal?

 Sen dúbida o mellor que Sonda Norte me ten aportado foi a posibilidade de compartir rúa con Víctor Villar e Héctor Peña. A plataforma propiciou este encontro dos meus poemas coa guitarra de Héctor e as cancións de Víctor. Os nosos “Rúacitais” leváronnos da man de Sonda Norte dende as rúas ribadenses ata o culturgal en Pontevedra, e iso é sen dúbida a miña ganancia persoal máis valiosa.

Ti eres unha das persoas que fixo posíbel que os potenciais creativos de 11 mozas ribadenses se reuniran no caderno “ Rachando inercias”. Por qué esa iniciativa, qué descobres con este traballo?

A idea de facer o caderno xurdiu nunha das reunións de Sonda Norte, e aqui temos o resultado. Coido que cumprimos co obxectivo de facilitar a expresión de mulleres ribadenses desta xeración.

Síntome moi identificada con moitos dos traballos e gratamente sorprendida pola calidade artística das miñas compañeiras. O sábado 2 de marzo presentaremos o caderno en Compostela e pensar que se lle poida dar visibilidade mais aló do noso pobo resúltame máxico. Gracias Luisa, sen tí nada disto sería posible.

Cales son os teus referentes na escrita e concretamente no teu mundo, o poético?

Gústame dicir que son de relixión cortazariana. Para min Julio Cortázar é “o escritor” por antonomasia. Tamén disfruto de maneira especial con Pilar Pallarés, Mario Benedetti ou Charles Bukowski.

Gustaríache vivir da poesia? Podes adiantarnos se tes algún proxecto en mente sobre publicar algunha obra ??

Ademá¡s de psicóloga, traballo como xerontóloga clínica e a verdade é que me encanta o meu traballo, así que non, non me gustaría vivir da poesía, ainda que soaria bonito dicir:- son poeta de profesión. Levo un tempo barallando a idea de publicar, pero son bastante autoesixente. Polo momento, tentaremos facer mais rúacitais este verán e o día menos pensado lánzome a buscar editorial.

Preséntase en Ribadeo a obra “Madeira de Mulher”

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza este xoves, 22 de setembro ás 20.30 horas na Casa das Letras de Ribadeo, o acto de presentación da obra Madeira de Mulher, de Adela Figueiroa Panisse con ilustracións de Mª Celsa Sánchez Vázquez.

Esta obra é unha coletánea de relatos dividida en catro partes, nas que se estabelece a relación entre o medio ambiente, personificada na muller e nas árbores, a propia muller, o bosque e máis os lobos así como a relación entre a muller e o mar. Ao tempo inclúe tamén un apartado de testemuñas de mulleres que foron parella de homes ilustres en Galicia.

No acto de presentación, que terá a Loli Docobo como anfitriona, estarán presentes tanto a autora da obra como a ilustradora e haberá unha actuación musical.