Arquivo por etiquetas: Ribadeo

Estamos a voltas co II Plan de Igualdade para o Concello de Ribadeo. Algo que achegar??

Levamos uns meses que non paramos. Actividade constante, incesante,… Temos o blogue algo abandoado. Máis en canto remate este mes… voltaremos á carga, tentaremos estar aí para partilar con vós reflexións, preocupacións e informar das accións que se emprenden tanto en Ribadeo como noutro lugares, sempre na búsqueda desa igualdade de xénero que non chega.

Agora mesmo estamos mergulladas nun intenso traballo que é a elaboración do II Plan para a igualdade de mulleres e homes 2013-2016 no Concello de Ribadeo. Para a súa elaboración contamos con financiación do Fondo Social Europeo e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Entanto, deixámosvos a Avaliación do que foi o noso I Plan de Igualdade Local Memoria avaliacion I Plan de igualdade Ribadeo

Estamos abertas as vosas suxestións. Podedes deixalas aqui.

buzon

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.

 

Xa pasou o 8 de marzo, máis nós seguiremos demandando igualdade e traballando por ese Ribadeo igualitario. Seguiremos nos camiños da igualdade.

Xa pasou o 8 de marzo, máis nós seguiremos demandando igualdade e traballando por ese Ribadeo igualitario. Seguiremos nos camiños da igualdade. Este ano, a conmemoración desta data deixou pegada  co descubrimento de 4 rúas  adicados á mulleres.

A elección deste día para inaugurar as rúas, non foi mera coincidencia. Quixemos renderlle  tributo que a estas mulleres dándolles o seu nome a unha rúa  nun día tan sinalado para a sociedade e sobre todo para as mulleres, como é o Día Internacional das Mulleres. Día conmemorativo das reivindicacións que emprederon as mulleres no ano 1857 para acadar os dereitos que as puxera en pé de igualdade cos homes, dereitos dos que carecían, como o dereito á educación, ao sufraxio feminino, a cultura, á vida pública  excluíndose da sociedade como membras activas negándolles polo tanto  o dereito a existiren .

A primeira das homenaxeadas foi a farmaceútica Manuela Barreiro. Foi  aM Barreir. primeira muller que cursou  estudos de ensino secundario no Instituto de Lugo  acadando  o título en 1896. Tamén a primeira en obter a licenciatura en Farmacia (1901) e a primeira en rexentar unha establecemento deste tipo en Ribadeo. Constanos polas actas do Concello que foron moitas as trabas que tivo que superar para conseguir a licencia de apertura  da farmacia. Porque daquelas ser muller, estudar, e por riba estudar unha carreira de ciencias, e despois exercer non estaba ainda ben visto. Até o século XVI no Estado español prohibíase  o acceso ás mulleres ao sistema educativo. Un século despois, institucionalízanse as ensinanzas de mulleres, aínda que limitandoas as tarefas domésticas, impostas como exclusivas do seu sexo. Máis adiante, no 1868 permítese o acceso ás mulleres á universidade, aínda que no ano 1890 só figuran 15 matriculadas na universidade. E aínda así, estas poucas mulleres que accedían á universidade debían enfrontarse a un dobre problema: a falla de recoñecemento e validez académica profesional dos estudos realizados, e a necesidade de  consulta previa MBará Administración Central para poderen ter autorización de formalizar a matrícula. Non será até o ano 1910, cando por medio  dunha Real Orde se estableza o recoñecemento legal a a cursar estudos como alumnas oficiais e sen limitación  e en igualdade de condicións aos homes. Non obstante, persistían as dificultades, e por ex as mulleres licenciadas en Farmacia tiñan coma única saída a de rexentar boticas, mentras que as licenciadas en dereito tiñan terminantemente prohibido o exercicio da profesión.Unha actuación da Escola de Música de Ribadeo pechou o acto.

Despois nos diriximos á segunda das rúas, para descubrir a praca da RúaS. Pilar de leon Sor Pilar de León,  muller que destacou pola sua adicación á ensinanza e vocación musical. Ela foi a precursora, a ensinante de moitos dos grupos cantores das misas, inclusive compoñendo ela mesma  as pezas relisioxas. Por  iso, queremos renderlle este pequeno homenaxe   a esta gaditana que adoptamos en Ribadeo onde pasou a ser unha ribadense máis,deleitándonos coa súa   sabiduría musical para deixar unha fonda pegada neste Colexio, en moitos dos nenos e nenas que pasaron polo mesmo , na Coral Polifónica de Ribadeo da que é membra de honra e  por suposto en Ribadeo. Nesta ocasión foi o Coro do Colexio Sagrado Corazón de Xesús o que pechou o acto.

Meniñas de Saudade intervencion delasA xente que participou nestas inaguracións ía aumentando e  achegámonos a Rúa Meniñas da Saudade.Visibilizar e recoñecerlle o papel a estas mulleres que tiveron a  afouteza de rachar moldes nos anos 60, nos anos escuros nos que as mulleres aínda tiñan que pedir autorización marital para asinar un contrato co banco , no que  as mulleres aínda non tiñan liberdade para decidir por elas mesmas. Mulleres  xoves, mulleres que levaron o nome de Ribadeo por lugares onde nunca escotaira falar da nosa vila.  E as Meniñas de Saudade podemos decir, que foron as embaixadoras de Ribadeo  e da cultura popular  do noso país  dando a coñecer a nosa vila por todos os lugares  aos que as convidaban. Causaron furor  e expectación  por ser mulleres mozas, mulleres gaiteiras e por ser unha banda de gaiteiras onde non había homes. Moi inusual para aquela época. Elas inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco deMeniñas de Saudade Pescanova en Vigo, filmáronas en Betanzos para a película Asi es Galicia ( dirixida pos Santos Núñez, 1964)e no documental de Galicia Insólita apareceron no NO DO. Estiveron no Gran Teatro de Lisboa, na Televisión portuguesa e percorreron Galicia e Asturias. En 1997, a raíz da súa aparición na TVG, Saudade desfilou por última vez polas rúas ribadenses na Cabalgata de Reis. Consideramos que  a primeira banda feminina en Galiza e no Estado mercecía como mínimo este recoñcemento. Tamén a Escola de Música amenizou o acto cunha actuación dunha parella de gaiteir@s.

 Dza 8ME xa o final, foi a inauguración da praca que dará vida á praza 8 de marzo. No  ano 1911 celebrouse o primeiro Día Internacional da Muller Traballadora no que participaron publicamente máis  dun millón de mulleres. Ademais do dereito ao voto e a ocupar cargos públicos, demandaban o dereito a traballar, á ensinanza vocacional e á non discriminación no traballo. No 1977  as Nacións Unidas institúen  o 8 de Marzo como o Día Internacional da Muller. As loitas das mulleres galegas tamén tiveron o seu eco nas vindicacións formuladas nos anos 70 polas mulleres da industria conserveira, polas labregas, polas empregadas do fogar  e do sector textil, …. até hoxe en día con reivindicacións tan vixentes e actuais como  “mesmo salario a mesmo traballo”. Abriron o acto o alumnado da EMeD de Ribadeo  cun par de actuacións de danza acompñadas por unha pequena orquesta. A continuación, as xoves creadoras de Ribadeo leron os textos que aparecen no caderno “ Rachando inercias”.

IrimiaO broche final do día o puxeron as Irimia Cantareiras. Estas mozas de Meira que nesta ocasión veñen acompañadas dunha parella de baile do proxecto danza que fusiona baile tradicional galego con outros estilos de baile como danza contamporánea, tango, hip hop… e incluso con outras disciplinas como videocreacións e teatro, pero sempre tomando como base a base da danza tradicional.

E mentras acontecía todo esto, o photocall ” Igualámonos ” estaba na rúa. podedes ver as fotos nesta páxina: http://www.facebook.com/Igualamonos

Fin de semana de fútbol sala feminino en Ribadeo

Esta vindeira fin de semana, sábado 26 e domingo 27 de xuño, celebrarase a terceira edición do trofeo Vila de Ribadeo de fútbol sala feminino, un dos torneos de referencia do norte do Estado. Unha competición organizada polo clube local Ribadeo Fútbol Sala que conta co apoio do Excmo. Concello de Ribadeo, a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia.

Ao longo dos dous días daranse cita na vila ribadense (no pavillón novo, no vello e máis na cancha cuberta do CEIP Gregorio Sanz) 28 equipos de Galicia, Asturias e Cantabria repartidos en catro categorías: alevíns, infantís, cadetes e senior. En todas elas haberá presenza do deporte local da man das féminas do Ribadeo F.S.

Unha das claves do torneo é o alto nivel dos clubes participantes con presenza de equipos da División de Prata do fútbol sala incluída. Alén do Ribadeo F.S., a representación da comarca da Mariña e máis o Occidente Astur complétana o Chícaro de Foz, o Viveiro FSF ou o Tapia.

Os partidos comezarán ás 09.30 horas do sábado 26 de xuño e a final xogarase o domingo día 27 ás 19.30 horas.