Arquivos mensuais: Agosto 2010

Xa está aberta a sección de Opinión

Queremos saber o que pensades polo que xa está ao voso dispor a sección de “Opinión” do Ribadeo Muller. Unha fiestra aberta ás vosas aportacións. Agardamos os voso artigos, comentarios ou reflexións no enderezo electrónico: cim@ribadeo.org

O CIM de Ribadeo amosa a súa repulsa ante o último caso de violencia machista rexistrado en Lugo

A Concellaría da Muller e máis o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo queren amosar a súa máis enérxica condena e repulsa ante o último caso de violencia machista rexistrado en Lugo.

Cada un dos casos que se producen de violencia de xénero supoñen un ataque contra a dignidade das mulleres polo que debe ser claro e contundente o rexeitamento por parte do conxunto da sociedade. Así mesmo cómpre lembrar que os entornos familiares, laborais ou de amizades non poden permanecer alleos ante situacións de violencia machista.

“Gaiteiras “ como diría Xurxo Souto. A historia da gaita galega tamén ten nome de muller.

En Ribadeo formouse a primeira banda de gaitas femenina do Estado ( O grupo Saudade ) e en Celanova, uns anos antes ( 1919 )  temos constancia da  primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. Áurea Rodríguez  foi  bautizada como a raiña da gaita galega.

UN POUCO  DE HISTORIA DO GRUPO SAUDADE DE RIBADEO

Saudade nace baixo o mecenazgo de Carlos Súarez Couto en 1960. Son a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres de Galicia e do Estado, e posiblemente en todo o mundo.

Nun principio foron sete: Teresa Amor Simón, Mª Dolores Ponte Forés, Elena Fernández, Mª Carmen Carnota López, Concepción Redondo Lastra, María Cubero Loredo e Teresa Rodríguez Ruíz, ao que foron sumándose posteriormente Carmen Rodríguez Ruiz, Josefa Otero López, Laura Alonso, Carmucha Pérez, Gloria Alonso Del Riego, Alvarita Diaz Muñiz, Marisa Peña Rego. A súa compositora tamén era unha muller, Amadora Suárez Couto.

A indumentaria que usaban era tipíca ribadense do S. XVIII . Para a confección  dos traxes documentarónse na Real Academia Galega, no Ballet Galego de A Coruña e en cadros do pintor Amando Súarez Couto. Dirixiu a confeccións dos traxes Matilde García de Paredes.

Inauguraron o ferrocarril da Costa e o primeiro barco de Pescanova en Vigo, filmáronas en Betanzos para a película Asi es Galicia ( dirixida pos Santos Núñez, 1964), no documental de Galicia Insólita apareceron no NO DO. Estiveron no Gran Teatro de Lisboa  e na Televisión portuguesa e percorreron Galicia e Asturias. En 1997, a raíz da súa aparición na TVG; Saudade desfilou por última vez polas rúas ribadenses na Cabalgata de Reis.

Un desenvolvemento eivado. Desigualdades da muller na I+D+i

A desigualdade entre mulleres e homes tamén é unha realidade no eido do desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. Así o constata un estudo da área de igualdade da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia no que se evidencia que os homes  ocupan os postos máis relevantes, contan con mellores salarios, non precisan dun nivel de formación tan elevado para acceder aos postos de maior responsabilidade e o seu traballo conta cunha maior valoración social e unha maior importancia a nivel económico. No estudo tamén se evidencia que estas desigualdades non son percibidas polas persoas que traballan no sector da innovación, o desenvolvemento e a investigación.

A maior parte das mulleres que desenvolven as súas tarefas neste eido están satisfeitas co seu traballo, chegando a valoralo cun notábel alto. Din da súa profesión que fomenta a creatividade, o dinamismo, o traballo en equipo ou a relación con outras persoas. Poucas identifican as desigualdades ou discriminacións de xénero que se producen.

Unha das conclusións deste estudo é a discriminación horizontal que se detecta coa muller relegada a determinadas disciplinas que semellan unha prolongación do rol de coidado que tradicionalmente o patriarcado lle outorgou á muller. Isto dá lugar a carreiras e traballos feminizados, sobre todo nas áreas das ciencias sociais e xurídicas, humanidades ou ciencias da saúde con máis dun 60% de presenza feminina.

O resto do estudo pode atoparse no seguinte enlace: http://igualdade.xunta.es/node/892

Mostra de pintoras afeccionadas de Ribadeo

Ribadeo acollerá  este mes os traballos de pintoras afeccionadas da localidade
Desde o 13 ao 22 de agosto expórase no forte San Damián unha mostra  de pintoras afeccionadas de Ribadeo ou vinculadas á nosa vila.Arredor de 20 mulleres de todas idades ( a máis nova ten 13 anos) amosan o seu gusto por esta arte e aproveitan esta ocasión para pór en común moito máis ca o seu gusto pola arte da pintura, para intercambiar experiencias, sinerxias …
Convídasevos  a asistir á inauguración que vai ter lugar o venres ás 20.30 horas.
Estará aberta ao público en horario de 11.30 a 13.30 horas pola mañá e de 18.00 a 20.30 horas pola tarde.

Campaña “Saca tarjeta roja al maltratador” do Ministerio de Igualdade

Non sexas cómplice da violencia machista. Saca tarxeta vermella ao maltratador.

www.sacatarjetaroja.es

Balanzo da violencia de xénero neste primeiro semestre do ano

A Delegación do Goberno para a violencia de xénero presentou o balanzo das denuncias por violencia de xénero rexistradas no primeiro trimestre de 2010, segundo datos do CXPX  e o número de homicidios rexistrados nos seis primeiros meses do ano.
Denuncias
Os  últimos datos dispoñibles sobre denuncias por violencia de xénero, correspondentes ao primeiro trimestre de 2010, reflicten un incremento do 2,7% con respecto ao último trimestre de 2009, con 32.492 denuncias e unha media diaria de 361.

Das denuncias recibidas neste período, o 72,6% corresponde a mulleres españolas e o 27,4% restante a mulleres estranxeiras, amosando un significativo descenso das denuncias por parte destas últimas.

En canto a orixe das denuncias, o 73,4% son interpostas pola propia vítima, se ben se observa un aumento dos familiares e  terceiras persoas, que pasan do 1,4% en 2009 ao 2,1% en 2010 e  do 12,8% en 2009 ao 13,7% en 2010, respectivamente.

Homicidos
En canto aos homicidios, no primer semestre do ano, 33 mulleres  foron asasinadas polas suas parellas ou ex parellas, o que supón sete casos máis respecto ao mesmo periodo de 2009, e similar ao  número de casos rexistrados nas mesmas datas de anos anteriores.

Das 33 falecidas, só o 15,6%  interpuxera denuncia, o que supón o porcentaxe máis baixo desde que existen datos. Ademais,  o número de órdes de protección, descendeu, o que a xuízo do Delegado do Goberno,  Miguel Llorente supón unha percepción do risco inicial máis baixa.