Arquivos mensuais: Abril 2013

Este ano as xornadas de violencia de xénero do Concello de RIbadeo centranse nos poderes que sustentan á violencia machista

cartel xornadas VX

Nos tempos actuais de recortes e crise sistémica faise máis patente a necesidade de formármonos  e de ter espazos de encontro e reflexión para partillar  cómo atallar esta problemática. Este ano queremos centrármonos nos poderes estruturais que dificultan e impiden o avance  das políticas dirixidas a eliminar a violencia machista. Os diferentes poderes ( o  económico, o xudicial, o político )   a   través do mercado laboral, das leis,  dos medios de comunicación, da publicidade sustentan con formas máis sutís o actual  sistema patriarcal .  Ao tempo,  emerxen novas formas de violencia  cara ás mulleres, como a violencia sexual pola  inxesta  de sustancias químicas ou a violencia dixital.

folleto xornadas interior

Un ano máis o ente organizador destas xornada, a  Comisión  Interinstitucional de  Violencia de  Xénero, quere poñer ao alcance de todas  as persoas  novos  elementos de debate e reflexión para divisar un futuro esperanzador para esa metade da humanidade, para as mulleres, mozas e nenas.

As xornadas están dirixidas a profesionais que traballan a violencia de xénero  en calqueira das súas dimensións, desde profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de Igualdade, avogadas/os, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, persoal sanitario, persoas que integran as asociación de mulleres e asociación en xeral, persoal técnico das administración, responsables políticos, alumnado… e calquera persoa interesada no tema.

Dsenvolvéranse o venres 19 de abril pola tarde e máis o sábado ao longo de todo o día no Teatro de Ribadeo. É preciso inscribirse se vas asisitir a toda a xornada, xa que recibirás un certificado acreditativo. Quén queira poderá pasarse a algunha sesión ou charla que lle interese.

 folleto xornadas VX exterior

 

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.