Arquivos mensuais: Agosto 2011

O poemario “Mulheres entre poesía e luita”, no que participan 22 poetas galegas, presentárase na XXV edición do Festival de Poesía do Condado

A Asamblea de Mulleres do Condado ( AMC) ven de editar un poemario baixo o título, “Mulheres entre poesía e luita” no que colaboran 22 poetas galegas.

O libro conta con poemas de Andrea Nunes Brions, Belém de Andrade, Belém Grandal, Concha Rousia, Cruz Martínez, Dores Tembrás, Elvira Ribeiro, Eva Veiga, Fátima, Iolanda Aldrei, Irene Veiga, Lucia Novas, Maria Nieves Soutelo, Margarita Ledo, Maria Reimondez, Marisa, Montse Varela, Rosa Enríquez, Rosa Martínez, Susana Sánchez, Valentina Carro e Yolanda Castaño.

O libro, pretende ser un berro unánime de denuncia das inxustizas que causa o poder e o dominio masculino convertendo as mulleres en entes inutís, sumisas e obedientes.

Este libro vai presentetarse na XXV edición do Festival de Poesía do Condado, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de setembro nas Muralhas en Salavaterra do Miño.  Ademais a  presente edición do festival poético e cultural está adicada às loitas das mulleres pola sua emancipacióm, pola igualdade, pola superación dun sistema patriarcal que oprime a dignidade das que son a maior parte da humanidade. Un festival que sempre centra a súa mensaxe nas reivindicacións populares non podía obviar a demanda da igualdade real entre mulleres e homes.

Unha boa ocasión para facer turismo por esa zona e acudir ao Festival de Poesía!!

Wikimujeres un portal que contén personaxes femininas de todos os tempos, historias de vida e material didáctico agrupado por temas e etapas educativas.

Este portal convídanos a aprender das mulleres

Wikimujeres  é un intento de dar oportunidades a todos, mulleres  e  homes, de coñecer a aquelas mulleres que contribuiron desde sempre, e a pesar das dificultadesm ao progreso da humanidade desde distintas perspectivas e esa contribución  axudou a facer que o mundo no que vivimos sexa cada vez máis igualitario e polo tanto máis xusto.

Ten varias categorías, arte e cultura, gastronomía, ciencia e tecnoloxia, comunicación, ciencias sociais, empresa, deporte, feminismo, figuras históricas, lideresas e pioneiras, aventureiras e exploradoras, e urbanismo e medio ambente. E nelas poderemos atopar a personaxes femininas de todos os tempos.

Tamén consta dun apartado onde podemos atopar material didáctico sobre o 8 de marzo, sobre coeducación, educación afectivo-sexual, dereitos humáns…

Hai un apartado, de historias de vida, onde se narran historias de diferentes mulleres. Vós podedes enviar historias de vida, engadir material didáctico ou personaxes. Así que entre todas e todos podemos contribuir a encher e facer máis interesante esta páxina de Wikimujeres, en paralelismo co wikipedia.

Deixóvos o link:  http://wikimujeres.net/

Video “Un futuro de coidados”

Déixovos un video de ficción, que describe unha situación imaxinaria e irreal hoxe en día, pero desexabel, e agardemos que como todos os desexos, se convirta en realidade algún día non moi lonxano. Porque para que a Igualdade entre mulleres e homes avance, é condición indispensable o reparto das responsabilidades.

Este video está realizado  pola organización ACSUR- Las Segovias .

No ano  2007 o  84% das persoas responsables do coidado da vida humán, eran mulleres. Ningún espello reflexaba esta realidade.  O valor das cousas o daba o seu prezo. O 8 de marzo de 2007, coa “Folga dos coidados”, todo cambiou. Así comeza este vídeo de ficción que imaxina cómo sería a vida en Madrid no ano 2017 se a tarefa de coidar e coidarse fose unha responsabilidade compartida entre mulleres e homes.

 

Campionas non recoñecidas!!

Os medios de comunicación siguen adicando un espazo ínfimo ao  deporte feminino e, en xeral, os éxitos das deportistas non son recoñecidos pola sociedade. O  pasado fin de semana, a selección española sub’16 de baloncesto feminino consigueu o ouro europeo.  E  Laia Sanz iniciou con bon pé   a conquista da que sería  a súa  undécima coroa mundial de trial.

A pasada semán felicitábamos á galega Verónica Boquete, por acadar o título como mellor xogadora do ano na liga americana.

E podemos seguir coas felicitacións, xa que a  selección femenina sub’16, proclamouse campiona de Europa ao derrotar na final, en Cagliari (Italia), a Bélxica, por 67-43.

Pola súa  parte,  a piloto Laia Sanz  impúxose  en Alemaña na primeira das probas puntuables, amosando todavía máis autoridade que a que tivo a véspera na proba do Europeo no mesmo terreo (en diversas zonas) e ante as mesmas rivais.

Esta xornada foi a primera de tres a disputar nas que se computan finalmente as dúas mellores clasificacións  obtidas, polo que a semana que ven  na seguinte ronda en Tanvald (República Checa) Laia Sanz só precisaría unha cuarta posición para sentenciar o que sería o seu undécimo  mundial.

Sen embargo, ¿son victorias coñecidas amplamente pola cidadanía?, ¿ otorgáselles o mesmo  espacio televisivo que a outros deportes realizados polos  homes  e  en especial, ao fútbol masculino?, ¿contan estas deportistas co apoio e o impulso necesario para seguir   a súa carreira? Pois a resposta é clara, non son recoñecidas, nin son apoiadas económicamente para acadar máis triunfos. Nos medios deportivos e nos xerais apenas se lles adica unha columna.

Un exemplo do que se está a afirmar, acaba de acontecer a semán pasada. A actual campiona de España de fourcrós, Eva Castro, non estará no Mundial de Champery ( Suiza) a principios de setembro debido á falta de presuposto do equipo estatal.Precisamente, Eva Castro foi a undécima na última proba da Copa do Mundo de fourcrós, celebrada esta fin de semana en Val di Sole, Italia.

Un 91,2 por cento da sociedade considera “totalmente inaceptable” a violencia contra as mulleres .

O  88 por cento coñece a violencia de xénero a través dos medios de comunicación

Según os datos da Enquisa de opinión sobre a violencia de xénero, elaborada polo  Ministerio de Igualdade, a sociedade española rechaza de forma abrumadora a violencia contra as mlleres, xa que o 91,2 por cento das persoas  e ntrevistadas a considera “totalmente inaceptable”. O  88 por cento coñece a violencia de xénero a través dos medios de comunicación.

Sen embargo, todavía hoxe  un 1,4 por cento da poboación considera aceptable a violencia de xénero “nalgunhas circunstancias”. Neste sentido, as personas entrevistadas indican que esas políticas para erradicar a violencia de xénero pasan principalmente pola educación (53,6 por cento) e  polo aumento da concienciación social (10,7 por cento).

A enquisa reflexa tamén que,  aínda que disminúe, todavía son moitas as persoas que creen que a violencia débese  a problemas psicolóxicos (72,5 por cento) e ao  abuso de alcohol ou drogas (53,7 por cento). Estos porcentaxes confirman que é necesario seguir traballando para que ningunha situación se perciba como excusa para, dalgunha ou outra forma, comprender esta violencia de xénero.

Os resultados indican que a sociedade  é cada vez menos distante co  problema da violencia de xénero. Nese sentido, destaca a importancia dos medios de comunicación e o  seu compromiso ao transmitir a información relacionada con esta lacra. O 88 por cento da poboación manifiesta coñecer a violencia de xénero a través dos medios.

Confírmase  que o 50 por cento das mulleres acudiría en primer lugar a un familiar se sufrira violencia, en segundo lugar acudirían ás administracións: o 38,6 por cento ao xulgado, a policía ou aos  servicios sociais.

Máis do 67 por cento considera que os recursos públicos de teleprotección e  as pulseiras contra o maltrato melloran a protección das mulleres víctimas da violencia de xénero.

En canto aos motivos de non denunciar, o 60 por cento da sociedade  cree que  é por medo e o  32 por cento que as mulleres que non denuncian continúan co seu agresor por unha dependencia emocional perversa. Por outro lado, o 88,4 por cento da poboación considera que o feito de que unha muller  retire unha denuncia non significa que ésta fora falsa e o  64 por cento pensa que quén  alimenta o mito das denuncias falsas contribúen a que as mulleres sigan soportando violencia de xénero.

“Subir y bajar”, do director e guionista David Planell (nominado a un Premio Goia 2004).

 

Parabéns á galega Verónica Boquete que acadou o título da mellor xogadora do ano da liga americana.

Unha galega elixida mellor xogadora de fútbol na segunda tempada na Women’s Professional Soccer estadounidense. A galega superou, entre outras  a Marta, a gañadora do balón de ouro dos últimos cinco anos.

Verónica Boquete, de 24 anos, volveu facer historia ao  convertirse na  primera galega ( e tamén na primeira xogadora de fútbol do Estado Español ) que é elixida  mellor xogadora do ano da  Women’s Professional Soccer, o máximo  recoñecemento  da mellor liga do mundo de fútbol feminino. A diantera do  Philadelphia  impúsoxe nas votacións realizadas  votacións realizadas por seguidores/as, xornalistas e entrenadores/as,á  brasileira Marta (New York Flash), Balón de Ouro dos cinco últimos anos e  única posuidora do premio  até o  momento nas edicións de 2009 e 2010. Ao  galardón tamén optaban  a súa compañeira  no Philadelphia, Tasha Kai, Abby Wambach (magicJack) e Christine Sinclair (New York Flash).

Parabéns Verónica por este título, e que sigas colleitando moitos máis!!

Tebraa: Retratos de mulleres saharauis

A longametraxe documental Tebraa ( “canto das mulleres do deserto cando  se atopan soas”), consta de dez retratos de mulleres saharauis, ademáis dun prólogo, dirixidos por catorce cineastas andaluzas, foi realizado en 2007 co apoio da Asociación Provincial de Sevilla de Amistad co Pobo Saharaui e  da Xunta de Andalucía.

Desde entón, vendeuse  a Canal Sur e a TV Extremeña, e  presentouse  en numerosos festivais e   actos de apoio ao  pobo saharaui (un dos obxectivos da obra é difundir e apoiar  a causa saharaui.

Tebraa constitúe un proxecto colectivo –e  solidario- das cineastas, ao cal poderíamos aplicar o termo tuizza (o traballo colectivo das mulleres saharauis): un proxecto de mlleres sobre mulleres, aínda que  por suposto non só para mulleres, senón  para todas aquelas personas que estén interesadas na situación do pobo saharaui. Como elas mesmas o resumen: “Queríamos un proxecto activo, de coñecemento, descobremento e denuncia”.

Tebraa pretende ser “un mosaico de vidas que reflexen distintas facetas do prisma que é a  muller saharaui”, a enorme diversidade de atitudes e experiencias femininas que coexisten  nesa sociedade. A pesar da variedade de enfoques e estilos cinematográficos das piezas que o compoñen, a longametraxe constitúe  un todo unitario, con coherencia narrativa. Su estructura traza un amplio arco das condicións de vida das mulleres saharauis, da nenez á vellez nos campamentos, e dos campamentos aos territorios ocupados donde se libra a  difícil batalla contra os invasores marroquíes, alternando co retrato de nenas e  mulleres que estiveron fora, en España ou Cuba, estudando ou (eno caso das máis pequenas) alonxándose durante o verán  con familias españolas como parte do programa “Vacacións  en Paz”.