Arquivos mensuais: Setembro 2012

Que sabemos dos Xogos Paralímpicos??

Os  Xogos  Paralímpicos de Londres 2012, rematan o vindeiro  9 de setembro e coa ceremonia de clausura, son  11 días de competición con 20 deportes, nos se xogan 503 medallas de ouro entre deportistas con discapacidade visual, discapacidade física, parálise cerebral e discapacidade intelectual.

A idade  media da delegación de deportistas en representación do Estado Español é   de 29 anos, o 77% son homes  e o  29% son mulleres, o 59% repiten experiencia paralímpica. Un 29% conseguiron medallas en Xogos Paralímpicos anteriores e o  74% deles estiveron concentrados en centros de alto rendemento e centros de tecnificación deportiva.  Estos datos evidencian unha menor participación das mulleres non alcanzando o 40% que si se acadou nas Olimpiadas. Aínda asi, o resultante foi a consecución dun maior número de medallas polas representantes da delegación feminina que da delegación masculina. Todo isto tendo en conta, que o diñeiro adicado ao deporte feminino profesional é ínfimamente menor que ao masculino. E xa sen entrar a valorar datos totalmente discriminatorios para as deportistas, como o acaecido coa delegación de Xapón ou coa Australiana , viaxando os deportistas en voo de primeira clase namentras as deportistas se lles reservou  a clase turista como se fosen de inferior categoría, rememorando os tempos da segregación racial na que @s cidadás negros tiñan que viaxar nun vagón diferente @s brancos.

 E xa postas, sigamos a contar verdades. Tense falado moito nos medios de comunicación alo longo dos meses de xullo e de agosto das Olimpiadas de Londres, feito que me parece positivo. Agora ben, o que xa me parce un pouco insultante é o trato que se está a ter cos xogos paralímpicos, que non merecen, polo visto, o mesmo tratamento informativo, de tempo e de espazo, e acho que a audiencia tamén é moito menor, xa que se non se fomenta,  non se ve.Un recente estudo británico concluiu que os deportes femininos  en xeral, só teñen o 5% de cobertura mediática.

 Así que,  desde o Ribadeomuller imos falar un pouco, ou nomear a algunhas das mulleres que xa conseguiron medallas, para outorgarlles o recoñecemento público  que merecen, nunha disciplina tan dura como o traballo deportivo profesional e de alta cualificación ou de élite. Son horas e horas de traballo, e moitas veces xógase moito nun evento destas características.

A atleta iraní Zahra Nemati estase a convertir na muller dorada da historia de  Irán ao gañar este martes a medalla de ouro na competición de tiro con arco. 

Por outra parte, a tenista  Esther Vergeer anda na procura nestes Xogos Paralímpicos do seu cuarto ouro consecutivo. Na actualidade está considerada unha das mellores deportistas do mundo, non só dentro do ámbito paralímpico, senón a nivel xeral. Número 1 do ranking mundial, leva sen perder un partido  oficial desde o ano 2003.

No atletismo feminino destacamos a figura da madrileña afincada en Cataluña, Elena Congost que deu a primeira medalla ao Estado Español no atletismo feminino, unha prata na proba dos 1500m T12. En natación, Deborah Font Jímenez da delegación española tamén gañou unha medalla de bronce nos 400 metros libres de natación en categoría S12.Tamén a nadadora Teresa Perales se fixo coas medallas de prata en 50 metros libres e na categoría de 200 libres e   máis coa de  bronce. A británica Hannah Russel, con só 16 anos xa é unha das sensacións dos Paralímpicos de Londres. O seu debut non estaba previsto até Río 2016, pero os excelentes resultados acadados nos Campeonatos de Europa de Berlín do ano pasado precipitaron a súa primeira participación neste evento.

Agardemos  que os logros  e as medallas que gañan leven aos países a tomar medidas e igualar o diñeiro adxudicado para as competicións masculinas e as femininas, para darlle a volta as cousas. E parabéns a todas elas !!