Arquivo por etiquetas: conciliación

Múdase o procedemento na solicitude dos bonos axuda para conciliar a vida laboral e familiar

 

imagesCAD42CK2Os bonos axuda Ribadeo unha vila para a conciliación  pasan a regularse por unha Ordenanza municipal, a Ordenanza Municipal reguladora de axudas para a conciliación de vida laboral e familiar   aprobada no Pleno o día….

Nesta ordenanza modifícase  o procedemento  de aceso ao programa.  Agora as axudas económicas otorgáranse ás familias previa solicitude das necesidades para o trimestre.

Terán que presentar a solicitude no Rexistro  Xeral do Concello coa documentación xustificativa conforme reúnen os requisitos esixidos.  Unha vez valorada polo Concello se lle fará a transferencia da axuda económica que terá que xustificar por medio de factura unha vez   efectuado o  gasto no servizo correspondente.

 REQUISITOS:

Para ser beneficiario/a  desta axuda  deberá cumprir  os seguintes requisitos:

1º. A/o menor/a deberá estar empadroado en Ribadeo. Asemade tanto a nai ou no seu caso o pai solicitante ou o/a  titor/a  legal deberán  estar empadroados e  ter a súa residencia habitual no Concello de Ribadeo. No caso de separación ou divorcio este requisito só será esixible a/ o  proxenitor/a que tivese a garda e custodia.

2º Que a renda da unidade de  convivencia non supere  os 1500€ netos mensuais se ten un fillo/a ao seu cargo ou 1800€ netos mensuais con dous ou máis fillos ao seu cargo.

3º Non dispor de bens inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que se posúa un dereito de propiedade, que, polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade para a que se solicita a axuda

4º. O servizo de ludoteca/ Programa  Bos Días subvencionárase soamente naqueles casos en que se utilicen as horas para conciliar a vida laboral e familiar. Será preciso que se hai unha parella traballen fóra do fogar os dous membros da unidade familiar e en horarios coincidentes.

5º. Entenderase por conciliación da vida laboral e familiar todas aqueles casos de:

  • Ampliación da formación: estudos secundarios, universidade, preparación de oposición ou certificados de profesionalidade, cursos de formación ocupacional, exames …
  • Motivos laborais: horario laboral, entrevista de traballo, horas extra, …
  • Urxencias: casos de enfermidade da persoa que se fai cargo das crianzas ( coidador/a), hospitalización dalgún membro da familia
  • Motivos sociais : familia formada por un só proxenitor/a que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación psicosocial difícil  e se valore necesaria a socialización da/o menor

CUANTÍA: A contía da axuda ascenderá a  50% do custe por cada hora de estancia no servizo de conciliación

untitled

DOCUMENTACIÓN A ACOMPAÑAR COA SOLICITUDE:O prazo para presentar as solicitudes será ao longo de todo o ano. A  documentación obrigatoria a achegar:

  • Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade(D.N.I.) ou Número de Identificación de Estranxeiría (N.I.E) do pai/nai o titor/a que solicite a  axuda. Só no caso de non dispor dos anteriores documentos, achegaranse copias cotexadas os pasaportes.
  • Copia cotexada do libro de familia. En caso de non dispor de libro de familia achegaranse copias dos certificados de nacemento d@s menores para os que se solicite a axuda.
  • En caso de separación ou divorcio, achegárase copia cotexada da sentenza  xudicial e convenio regulador expedido  polo Xulgado.
  • Acreditación de ingresosde todos aqueles membros da unidade de convivencia que teñan 16 anos ou máis, sendo válidos calquera destes documentos:

o   Declaración da renda do último exercicio liquidado.

o   Certificado de pensións emitido pola administración competente

o   Nóminas dos dous últimos meses (ou declaración xurada no caso de non ter nómina).

o   No caso de ser autónoma/o declaración trimestrais 130 e 300 dos dous últimos trimestres

  • Non deberá presentarse o certificado de empadroamento, extremo que comprobará directamente este Concello
  • Xustificante do motivo polo que se solicita a axuda e documentación que permita determinar a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar (matrícula de estudos ou inscrición no proceso selectivo, certificado médico, certificado de horarios laborais etc …)

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA:

imageconciliacNo caso de que nos concedan a axuda económica teremos que xustificar a mesma no prazo de  un mes  e medio achegando a seguinte  documentación:

  • Solicitude de pagamento da axuda concedida achegando certificación bancaria de conta corrente onde se realizou o ingreso
  • Declaración xurada de ter cumprido a finalidade para a que se concedeu a axuda
  • Declaración de non ter recibido no mesmo exercicio axudas para a mesma fin, e en caso de telas recibido enumerar as concedidas e importe das mesmas de calquera Administración ou Ente Público ou privado
  • Orixinais ou copias cotexadas das facturas e recibos de pago correspondentes ao gasto realizado, así como xustificante de terse realizado o pagamento destas.
  • Declaración xurada de ter xustificado calquera outra axuda ou subvención de calquera tipoloxía que fose concedida con anterioridade polo Concello de Ribadeo
  • Calquera outra que se estableza para cada caso concreto no correspondente acordo de concesión de axudas

 

 

 

Advertisements

Ribadeo unha vila para a conciliación

octavilla cim conciliacion O programa Ribadeo unha vila para a concicliación continuará ao longo do ano 2013.

Por medio deste programa, o Concello de Ribadeo financia a asistencia á ludotecasexistentes no municipio  e máis ao programa Bós Días, xestionado pola ANPA,  nun 50% do custe por hora  para todas aquelas nais/pais  con fillas/os menores de 10 anos que asi o soliciten e se atopen nalgún dos seguintes casos:

  •  Ampliación de formación: alfabetización, estudos secundarios, universidade, preparación de oposicións, cursos de formación ocupacional, exames e probas de avaliación presencial,…
  • Urxencias: entende-se como tales aquelas situacións que por causa de forza maior sobrevida fan necesario o coidado das/os nenas/os até a resolución da razón que a xerou.
  • Conciliar a vida laboral e familiar , evitar a renuncia das mulleres ao posto de traballo polo gravoso que supón o uso deste tipo de servizos.

Motivos sociais: familia monomarental que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación social difícil  e que a/o menor precise socializarse  ou naqueles casos nos que a muller sexa viítima de violencia de xénero

Este ano o programa  conta coa financiación económica do Fondo Social Europeo e máis a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

bono axuda

 

Ribadeo obtén o certificado EFR Municipio

A concelleira da Muller, Mari-Luz Álvarez Lastra, e máis a responsábel do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo, Luísa González, recolleron onte xoves en Madrid o certificado EFR Municipio que a Fundación Más Familia entregou por vez primeiras a seis concellos de todo o Estado. Alén do documento outorgado a Ribadeo tamén lle foi concedido aos municipios de Calviá (nas Illes Balears), Granada, Palencia, Pozuelo de Alarcón e Salamanca, todos eles cun número maior de habitantes cá localidade ribadense.

O certificado EFR Municipio garante, logo dunha auditoría externa realizada pola empresa AENOR, o nivel máis alto de compromiso por parte do Concello de Ribadeo coa conciliación, a igualdade de oportunidades e máis a responsabilidade familiar. Á hora da súa concesión téñense en conta as accións dirixidas tanto á cidadanía como ás empresas ou ás empregadas e empregados municipais.

Na súa intervención durante a entrega de certificados, Mari-Luz Álvarez Lastra puxo a Ribadeo como exemplo dun Concello comprometido “de pleno coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”. A titular de Muller, Cultura e Educación repasou as campañas postas en marcha a través do CIM así como a aposta decidida “por erradicar calquera comportamento, sexa cal sexa o ámbito do que se fale, que fomente a discriminación da muller ou que lexitime condutas machistas“.

A Fundación Más Familia destacou que  “certificado EFR Municipio evidencia unha mellora na calidade de vida da cidadanía e outorga ao concello que o recibe unha maior reputación como lugar tanto para vivir coma para traballar”.