O CIM

A Delegación e Igualdade do Excmo. Concello de Ribadeo é a encargada de xestionar e deseñar as políticas municipais dirixidas a acadar a plena igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Alén deste obxectivo tamén traballa no fomento da corresponsabilización da vida laboral, persoal e familiar, o apoio daqueles proxectos que son impulsados  por mulleres e máis  na loita de cara a erradicación da violencia machista.
Para transformar en feitos e realidades os obxectivos que se describen anterioremente, púxose en marcha, o 1 de setembro de 2004, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo. O CIM de Ribadeo conta coas seguintes funcións:

  • Ofrecer información e asesoramento xurídico sobre separacións e divorcios, abandono do fogar, impago da pensión alimenticia, baixas por maternidade, discriminación laboral…
  • Atención específica ás mulleres vítimas da violencia machista, facilitanto a xestión urxente cos servizos oportunos: sanitarios, policiais, psicolóxicos, xudiciais ou sociais.
  • Atención psicolóxica ás mulleres que o demanden.
  • Promoción e apoio ao asociacionismo e á participación da muller na sociedade civil.

O CIM garante a todas aquelas usuarias dos servizos que ofrece o centro o anonimato da súa identidade, o respeto da vontade da propia muller na procura de solucións e alternativas ás consultas que se presentan, a gratuidade dos servizos prestados así como a confidencialidade e a privacidade por  parte do persoal do CIM.

O persoal do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo está coordinado pola Concelleira da Muller, Mari Luz Álvarez Lastra, e formado por unha avogada, Luísa González Rodríguez  e máis unha psicóloga, Fiamma Prada Lens .

O CIM de Ribadeo está situado no 1º andar do Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo. Rúa Bos Aires, nº14, 27700 – Ribadeo (Lugo)

O seu horario de atención ao público é de 09.00 horas a 14.00h, e previa atenderáse a persoa fóra dese horario.

O CIM está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Iguadade.