Arquivo por etiquetas: campañas

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.

 

Advertisements

Ateigado o cine- teatro na presentación da curta “os tempos cambian e as persoas tamén”

A gran expectación foi a nota detonante do acto do día 8 de marzo, que comenzaba coa presentación da curta ” Os tempos cambian e as persoas tamén” e remataba co concurso de guións cinematográficos e coa VII edición ca campaña de sensibilización en igualdade  nos centros educativos ” Un futuro por compartir en igualdade”. E o resultado parece que non decepcionou ao público. Contámosvos cómo foi esa gala no Cine -Teatro.

Empezou a gala cunha acción reivindicativa na que as mozas e mozos portaron unhas letras  nas que instaban ás mulleres a defender os seus dereitos ” muller bonita é a que loita”. Despois as  mozas  integrantes da  banda  “La  Ley de Hooke subirónse ao escenario e interpretaron a canción  de Credence e a canción composta para a   curta ” Os tempos cambian as persoas tamén”. Esta canción foi composta pola batería e voz do grupo, Carmen Rodríguez, quén tamén fixo a letra da canción contando coa colaboración de Víctor Rivas e Arón Pico.

A Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra comenzou explicando todo o proceso de traballo que se fai cos centros educativos até chegar a este paso final o da presentación da curta. Entregáronse os diplomas as e os trece finalistas e posteriormente Iago, Bruno e Alejandro pasaron a falar  da experiencia que lles supuxo participar na rodaxe dun guión escrito por eles. O guión gañador foi escrito por estos tres rapaces e versaba sobre a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Proximamente colgaremos á curta na rede para que todas e todos poidades visionar este magnífico traballo. Os nosos parabéns para as e os finalistas, para o alumnado participante e para o profesorado e as orientadoras que traballan no día a día para que este proxecto saia adiante.

O 8 de marzo, día das mulleres presentárase a curta ” os tempos cambian e as persoas tamén”

“Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade “

 Co galo, da VII edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade” o Concello de Ribadeo  convocou unha nova edición do  concurso de guións cinematográficos para empregar o cine como ferramenta para a promover a igualdade de xénero.O cine preséntase como unha das mellores ferramentas de aprendizaxe  para a elaboración e difusión de materiais coeducativos orixinais  e programas innovadores. Creouse non só para divertir e entreter, senón para educar e concienciar a cidadanía. A finalidade do programa era sensibilizar a mocidade da asunción das responsabilidades domésticas e da ruptura cos patróns patriarcais ecrenzas discriminatorias cara ás mulleres, que son o xerme da violencia de xénero.

O concurso ía dirixido ao alumnado da  ESO dos centros educativos do Concello de Ribadeo. Houbo un total de 15 guións presentados ao concurso, co cal arredor de 50 alumnas/ os participaron activamente  neste concurso.Os traballos finalistas foron os guións  destes grupos :

  • 1º PREMIO: OS TEMPOS CAMBIAN  E AS PERSOAS TAMÉN (3º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
  • 2º PREMIO: AS AVENTURAS DE ISABEL E A SÚA FAMILIA ( 1º  ESO A ) IES Porta da Auga
  • 3º PREMIO:  MULLER POR OBRIGACIÓN ( 2º  ESO A) Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
  • 4º PREMIO: CADA UNO EN SU SITIO ( 3º ESO A) IES Porta da Auga
  • 5º PREMIO: CONTO CON VÓS (2º ESO)  Colexio Sagrado Corazón de Xesús.

 Andamiaxe fixo unha preselección dos guións dos 15 guións apresentados, quedando 5 guións finalistas e gañadores do concurso. Despois, un xurado especializado valorou os 5 guións finalistas para elixir o guión  gañador do concurso. A principios de febreiro levouse a cabo rodaxe da curta seleccionada para a súa gravación, reproducción e difusión, e da que posteriormente se elaborará unha unidade didáctica para traballar co estudantado nos centros educativos.

E o vindeiro 8 de marzo, coincidindo co Dia das mulleres,  ás 20:00h no Cine- Teatro terá lugar a entrega dos premios aos 5 grupos  finalistas e a proxección da curta “ Os tempos cambian e as persoas tamén”.  E agardemos que o día das mulleres deixe de ser unha xornada de reivindicacións pendentes por conquistar e pase a ser unha data conmemorativa de festa e de lembranza ás mulleres e homes que pularon póla igualdade. Soños, esperanzas e ilusións que agardemos que un 8 de marzo cercano  se fagan realidade .

 

” Pillada por ti” un comic de prevención contra a violencia de xénero, xa conta con aplicación para Ipad e Iphone.

Pillada por ti á o título do cómic editado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a sensibilización contra a Violencia de Xénero. A autoría do cómic corresponde ao  magnífico tandem creativo de Cristina Durán e  Miguel A. Giner que contaron co asesoramento de Carmen Castro sobre cómo abordar a problemática da violencia de xénero coa  finalidade de preveer a súa aparición entre as persoas máis novas na sociedade. O  guión de é orixinal de Miguel Ángel Giner Bou e as ilustracións son froito de Cristina Durán Costell

Ao longo das páxinas nárrase a historia de  “mozas  que se quedan pilladas polos mozos”, como apunta no prólogo o  delegado para a Violencia de Xénero, Miguel Lorente. “Unha historia que é verdade. As e os protagonistas podemos atópalos en calquer parte, na rúa, no instituto,,,, Xente coñecida, xoves que ao principio son moi simpáticos, pero que logo creen que a moza coa que están lles pertence e poden facer con ela o que lles plazca. Persoas que deixan de ser simpáticas para voltarse violentas.

No  2011,  distribuíronse  gratuitamente 20.000 exemplares en centros educativos de todo o Estado.E agora,  saliu un   APP gratuito para o  iPad e  o  iPhone , desenvolto  por ITBOOK. O   APP contén versións   en castelán, catalán, galego, euskera, inglés e  francés.   A versión en galego podedes vela e descargala PilladaGalego

Temos por diante todo un futuro por compartir en igualdade!!

A Concelleira de Igualdade e máis as persoas representantes dos Centros de Ensino, presentaron públicamente a séptima edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade”.

 Hoxe presentouse públicamente, a VII edición da campaña de sensibilización en Igualdade nos centros educativos no Concello de Ribadeo. A Concellería de Igualdade ven apostando desde hai sete  anos por esta campaña  “ Un futuro por compartir en Igualdade” que este ano conta con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Entendemos que  a promoción da Igualdade entre mulleres e homes debe facerse desde idades temperás. Ademais estamos a ver con preocupación os altos índices de violencia de xénero entre xente nova.

Vánse a levar a cabo, como ven sendo habitual actividades para todas as etapas educativas. Desde contacontos para as e os máis pequenos, os de educación infantil, até obradoiros para o alumnado de Primaria. E para os de Secundaria , continuaremos co  concurso de guións cinematográficos, que éste  ano xira arredor da temática da corresponsabilidade.

A Escola Municipal de Música, coincidindo coa patroa da música, Sta Cilla, voltará presentar de novo o concerto didáctico “ En clave de muller” . Haberá dúas sesións, unha pola mañán, desta volta, só para o alumnado de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino do Concello, e outra sesión aberta ao público pola tarde.

Tamén contaremos coa presenza da artista e comunicadora Pamela Palenciano, quén  realizará un Taller dirixido ao alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO, ademais de traernos a súa exposición “ No sólo duelen los golpes”.

Tedes máis información neste dossierdossier VII edc

Campaña “Saca tarjeta roja al maltratador” do Ministerio de Igualdade

Non sexas cómplice da violencia machista. Saca tarxeta vermella ao maltratador.

www.sacatarjetaroja.es