Chavela Vargas, foi unha cantante Mexicana de orixe costarricense e nacionalidade mexicana, unha das principais figuras da música ranchera e pioneira deste xénero entre as intérpretes femininas.
Chavela destacou no xénero da canción ranchera non soamente pola súa personalidade e talento, senón tamén porque foi unha pioneira. A rancheira é un énero musical moi masculino e sensual, cantado xeralmente por homes co acompañamento de mariachis. Chavela solía cantar sola, con apenas unha guitarra e voz grave, cancións normalmente interpretadas por homes sobre o seu desexo polas mulleres. En ocasións, baixaba o ritmo das melodías. Deste modo, letras e músicas de sabor humorístico teñíanse de máis dramatismo. Vestía coma un home, fumaba tabaco, bebía moito, levaba pistola e era recoñecida polo seu característico gabán vermello.
Chavela Vargas trasládase a México cando tiña 17 anos , adoptando a nacionalidade mexicana con posteriroridade. Durante moitos anos cantou nas rúas até que aos trinta anos se fixo cantante profesional, da man de José Alfredo Jiménez, cantante e compositor dos seus maiores éxitos. A finais dos anos cincuenta comenza a facerse popular polas súas actuacións en Acapulco, meca do turismo internacional. Alí actuou na festa nupcial de Elizabeth Taylor e Mike Todd, e coñeceu a Ava Gardner. Trabou amizade cos pintores Diego Rivera e Frida Kahlo, por quen confesou que se sentiu atraída.
O seu primer álbum foi publicado en 1961 e desde entón gravou máis de oitenta discos. Retirouse a finais dos anos setenta e regresou en 1991
Chavela debe parte da súa fama a súa aparición en varias películas de éxito, ben mediante cancións súas incluidas nelas ou incluso interpretándoas en persoa. Werner Herzog incluiuna interpretando a unha nativa, na súa película Grito de piedra (1991).O director español Pedro Almodóvar foi un dos seus primeiros difusores e contribuiu ao seu arraigo popular no Estado Español integrando cancións suas en varios dos seus filmes. Chavela apareceu despois na película de Julie Taymor, Frida, cantando os seus clásicos «La llorona» e «Paloma negra»,e también apareceu en Babel, a multipremiada película de Alejandro González Iñárritu, cantando “Tú me acostumbraste”, bolero de Frank Domínguez. Joaquín Sabina compuxo na súa honra, en 1994, unha das súas cancións máis coñecidas: “Por el bulevar de los sueños rotos”.
Durante 2009, con motivo do seu 90 aniversario, o Governo da Cidade de México ríndelle unha homenaxe nomeándoa cidadá distinguida. A este evento concurriron, de maneira presencial e a través de video, múltiples persoalidades do ámbito artístico, cultural e periodístico de Iberoamérica, entre os que se contan a cantautora Julieta Venegas, a intérprete Eugenia León,o escritor Carlos Monsiváis, a periodista Carmen Aristegui e os seus amigos Joaquín Sabina e Pedro Almodóvar. En abril de 2012, con 93 anos de idade, lanza o seu disco-libro Luna grande, onde revive, a modo de homenaxe, relevantes poemas do escritor español Federico García Lorca e repasa algúns dos seus maiores éxitos. En xullo do mesmo ano viaxa a Madrid para presentar o seu último disco nun recital nunha Residencia de estudantes de Madrid, sendo hospitalizada hospitalizada o 12 de xullo por un cadro de fatiga[]. Xa recuperada emprende viaxe de regreso a México, onde o 30 de xullo de 2012 é internada no hospital Inovamed da cidade mexicana de Cuernavaca, con problemas crónicos en corazón, pulmóns e riñóns.
http://www.youtube.com/watch?v=0gQ31m4Yt0s