Arquivo da categoría: recursos

Múdase o procedemento na solicitude dos bonos axuda para conciliar a vida laboral e familiar

 

imagesCAD42CK2Os bonos axuda Ribadeo unha vila para a conciliación  pasan a regularse por unha Ordenanza municipal, a Ordenanza Municipal reguladora de axudas para a conciliación de vida laboral e familiar   aprobada no Pleno o día….

Nesta ordenanza modifícase  o procedemento  de aceso ao programa.  Agora as axudas económicas otorgáranse ás familias previa solicitude das necesidades para o trimestre.

Terán que presentar a solicitude no Rexistro  Xeral do Concello coa documentación xustificativa conforme reúnen os requisitos esixidos.  Unha vez valorada polo Concello se lle fará a transferencia da axuda económica que terá que xustificar por medio de factura unha vez   efectuado o  gasto no servizo correspondente.

 REQUISITOS:

Para ser beneficiario/a  desta axuda  deberá cumprir  os seguintes requisitos:

1º. A/o menor/a deberá estar empadroado en Ribadeo. Asemade tanto a nai ou no seu caso o pai solicitante ou o/a  titor/a  legal deberán  estar empadroados e  ter a súa residencia habitual no Concello de Ribadeo. No caso de separación ou divorcio este requisito só será esixible a/ o  proxenitor/a que tivese a garda e custodia.

2º Que a renda da unidade de  convivencia non supere  os 1500€ netos mensuais se ten un fillo/a ao seu cargo ou 1800€ netos mensuais con dous ou máis fillos ao seu cargo.

3º Non dispor de bens inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que se posúa un dereito de propiedade, que, polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade para a que se solicita a axuda

4º. O servizo de ludoteca/ Programa  Bos Días subvencionárase soamente naqueles casos en que se utilicen as horas para conciliar a vida laboral e familiar. Será preciso que se hai unha parella traballen fóra do fogar os dous membros da unidade familiar e en horarios coincidentes.

5º. Entenderase por conciliación da vida laboral e familiar todas aqueles casos de:

  • Ampliación da formación: estudos secundarios, universidade, preparación de oposición ou certificados de profesionalidade, cursos de formación ocupacional, exames …
  • Motivos laborais: horario laboral, entrevista de traballo, horas extra, …
  • Urxencias: casos de enfermidade da persoa que se fai cargo das crianzas ( coidador/a), hospitalización dalgún membro da familia
  • Motivos sociais : familia formada por un só proxenitor/a que cumprindo os criterios económicos, non estea desenvolvendo tarefa profesional algunha e se acredite que está nunha situación psicosocial difícil  e se valore necesaria a socialización da/o menor

CUANTÍA: A contía da axuda ascenderá a  50% do custe por cada hora de estancia no servizo de conciliación

untitled

DOCUMENTACIÓN A ACOMPAÑAR COA SOLICITUDE:O prazo para presentar as solicitudes será ao longo de todo o ano. A  documentación obrigatoria a achegar:

  • Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade(D.N.I.) ou Número de Identificación de Estranxeiría (N.I.E) do pai/nai o titor/a que solicite a  axuda. Só no caso de non dispor dos anteriores documentos, achegaranse copias cotexadas os pasaportes.
  • Copia cotexada do libro de familia. En caso de non dispor de libro de familia achegaranse copias dos certificados de nacemento d@s menores para os que se solicite a axuda.
  • En caso de separación ou divorcio, achegárase copia cotexada da sentenza  xudicial e convenio regulador expedido  polo Xulgado.
  • Acreditación de ingresosde todos aqueles membros da unidade de convivencia que teñan 16 anos ou máis, sendo válidos calquera destes documentos:

o   Declaración da renda do último exercicio liquidado.

o   Certificado de pensións emitido pola administración competente

o   Nóminas dos dous últimos meses (ou declaración xurada no caso de non ter nómina).

o   No caso de ser autónoma/o declaración trimestrais 130 e 300 dos dous últimos trimestres

  • Non deberá presentarse o certificado de empadroamento, extremo que comprobará directamente este Concello
  • Xustificante do motivo polo que se solicita a axuda e documentación que permita determinar a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar (matrícula de estudos ou inscrición no proceso selectivo, certificado médico, certificado de horarios laborais etc …)

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA:

imageconciliacNo caso de que nos concedan a axuda económica teremos que xustificar a mesma no prazo de  un mes  e medio achegando a seguinte  documentación:

  • Solicitude de pagamento da axuda concedida achegando certificación bancaria de conta corrente onde se realizou o ingreso
  • Declaración xurada de ter cumprido a finalidade para a que se concedeu a axuda
  • Declaración de non ter recibido no mesmo exercicio axudas para a mesma fin, e en caso de telas recibido enumerar as concedidas e importe das mesmas de calquera Administración ou Ente Público ou privado
  • Orixinais ou copias cotexadas das facturas e recibos de pago correspondentes ao gasto realizado, así como xustificante de terse realizado o pagamento destas.
  • Declaración xurada de ter xustificado calquera outra axuda ou subvención de calquera tipoloxía que fose concedida con anterioridade polo Concello de Ribadeo
  • Calquera outra que se estableza para cada caso concreto no correspondente acordo de concesión de axudas

 

 

 

Criadas y señoras (The help), un film que non vos deixará indiferentes.

 ‘Criadas y señoras (The Help)’ é unha  adaptación da novela de Kathryn Stockett, un best-seller levado á gran pantalla por Tate Taylor (guión e  dirección).

Emma Stone, Viola Davis, Bryce Dallas Howard, Octavia Spencer, Ahna O´Reilly, Mike Vogel, Allison Janney, Jessica Chastain y Sissy Spacek encabezan o interesante reparto dete film que  ten lugar no Mississippi dos anos 60. Skeeter é unha moza da boa sociedade  sureña que regresa da universidade disposta a convertirse en escritora, e decide entrevistar ás mulleres negras que pasan a  vida traballando ao servizo das  grandes familias sureñas. Esto xermola unha verdadeira revolución  na pequena  localidade, e aínda que Skeeter corre o risgo  de perder ás súas antigas amizades, decide seguir traballando no proxecto e atopar maís mulleres que se atrevan a contas as súas historias.

Un drama fundamentalmente ben elaborado, que expresa unha crítica frontal contra a discriminación racial feminina, cuns tentáculos  que se extienden até os nosos  días, sobre todo en países como Estados Unidos.

Contén  altas doses de humanismo, dadaísmo, expresionismo, impresionismo, sátira política e até surrealismo. Tate Taylor  desnuda   as   damas da América profunda do reaccionario costado do Sur  e as deconstrúe sen piedade nun claro reflexo das mesmas atitudes na actualidade.

En  “The Help” podemos apreciar con nitidez as contradiccións, de xénero, de clase e raciais. A discrimnación racial é o fondo do film, pero baixo ese paraugas se tratan desde unha perspectiva trasnversal e global outras relación que afectan ás mulleres negras. Ademais de padecer a discrimnación por ser mulleres, son negras, e son dunha clase social baixa, son traballadoras fronte ás mulleres de clase social media-alta ás que sirven ou para quén traballan. Tamén se aprecian cómo o feito de ser muller e nacer muller conleva un destino determinado  que ven marcado polos roles e esterotipos asociados ás mulleres. Visibilizáse claramente, tanto nas relación das poropias mulleres entre si, como cos homes. Tamén podemos contemplar a violencia machista nunha das protagonistas, precisamente unha muller con carácter forte e que está a sufrir estas vexacións até que o seu proceso de empoderamento  a leva a rachar con esa situación. Viola Davis  e  Emma Stone incorporan ás  heroínas dunha necesaria cruzada moral, en pos do camiño á  liberdade  a través do  control do seu  espazo, do seu  recoñecemento e da súa creatividade. Ningunha salva á  outra, como no vello e acartonado cine racista.

A  mensaxe  de “The Help” segue  vixente dentro e  fora do soño  americano. É o  feminismo combativo e  posmoderno do  tercer milenio, en oposición ás  represións  e   gravedades dos anos sesenta. The Help”, como la filmografía de Tim Burton, ríndelle  tributo  as persoas excluidas socialmente, aos chamados “diferentes”.

En suma, é unha película con  innumerables capas de lectura e interpretación. Complexa, rica e xenerosa en escala de matices. Poética e  transgresora co artie, autoconscente das súas  limitaciñons.  Refresca o  expediente terribel do  estado de Missippi en chamas, o calor das bandeiras do Ku Klux Klan. Para rematar propínalle unha bofetadaá axenda  agenda retrógrada do   “Tea Party”. Utilizan o  papel e o   lápiz como armas de sublevación. Publican un libro anónimo de memorias e   sacuden os cimentos do seu decadente  entorno. A cámara as despide como paradigmas do nacemeento dunha nación distinta e posibel.   Deixan atrás a cacería de bruxas da posguerra. Emprenden a  avanzadacara o mañán, áinda que a cárcere as poida retér, pero ninguén poderá conter a súa voz e a súa letra inspirada.  

E a raíz desto extraemos as palabras da escritora e feminsita negra Bell Hooks: “Unha poderosa intervención do movemento feminista foi o chamado a recoñecer a política de identidade a mirar ás formas, raza, clase, xénero, sexualidade, relixión, que inflúen nos nosos puntos de vista.  O desafío é cómo equilibrar estos puntos de vista co recoñecemento dun sentido máis trascendente dun mesmo e a  identidade”.

 

 

 

A nosa mini- biblioteca de curtas. Tecendo a Igualdade ano tras ano.

 

Fumos facendo, ou tecendo ano tras ano como dirían as nosas avoas. Tecendo igualdade. Tecendo novas formas de descubrir a Igualdade. Fiando en  novas convencións de traballar a igualdade. Enramando  palabras, frases,  construccións que deran forma a un guión.  Cruzando novos terreos ou fronteiras descoñecidas  para nós. Experimentando coas cámaras, coas  expresións. Sorprendéndonos con compañeiras e compañeiros.  Descubrindo outras facetas das profas e profes.

Esforzándonos, divertíndonos, para chegar a poder contemplar o resultado final, a nosa obra:    curta. Unha curta feita por eles e elas, o alumnado, o profesorado, veciñas e veciños, e todas aquelas persoas que colaboran ano tras ano. E así imos confeccionando a nosa bilbioteca, polo de agora mini biblioteca de curtas pola  igualdade. Curtas con temáticas diferentes, corresponsabilidade, violencia de xénero, roles e estereotipos… pero sempre coa procura de achegarmós á xente moza polos camiños da Igualdade de xénero.

As curtas podedes velas na rede:

Os tempos cambian as persoas tamén, marzo 2012 :

A Xenia do fútbol e a arte de Fabio, marzo 2011.

A princesa que quería ser muller, marzo 2010

Estas curtas foron realizadas no marco da campaña de  “un futuro por compartir en igualdade” promovida pola Concellaría de Igualdade de Ribadeo, e maís o CIM e a OMIX  que se desenvolve todos os anos desde o ano 2005.

” Concepción Arenal, la visitadora de cárceles” é o título do film que recolle a etapa da avogada e escritora galega, Concepción Arenal como visitadora de cárceres de mulleres.

Concepción Arenal, a visitadora de cárceles recolle a etapa de Concepción Arenal como visitadora de cárceres de mulleres e  rescata a esta figura fundamental na historia do século XIX.

 No século XIX, nun contexto no que as execucións son todavía motivo de escarnio público e as persoas presas carecen de todo dereito, Concepción Arenal é nomeada visitadora de cárceres de mulleres. Nesa prisión da Coruña  Arenal comenza a  loita pola  mellora das condicións de vida das/os presas/os e a poñer en marcha a reforma das institucións penitenciarias.
Este traballo da avogada e escritora Concepción Arenal  vai ser o froito dalgunhas das súas obras clave. Os seus  escritos servirán de base para a reforma do sistema penitenciario no Estado Español.  

 Esta época é  a que aborda  o film  para televisión Concepción Arenal, la visitadora de cárceles, que nestos momentos rodan Zenit Televisión e Distinto Films. Conta coa coproducción de Televisión Española, Televisión de Galicia e Televisió de Catalunya, e  coa   producción executiva de  Miriam Porté e  Zaza Ceballos.A  tv movie  recibiu o apoio  do  ICAA, da Consellería de Cultura e  Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, o  ICIC e o Instituto da Muller.

Protagonizada por Blanca Portillo  e dirixida por Laura Mañá

A  actriz Blanca Portillo dá  vida a Concepción Arenal, a protagonista da historia. Acompañánna  Mabel Rivera no  papel de Juana de Vega, e  Pere Arquillué no  de Garrido, o alcaide da prisión de mulleres.  Participan tamén,  Anna Casas, Diana Gómez, Oscar Rabadán, Xosé Barato, Luísa Merelas, Isabel Naveira, Candela Fernández, Fermí Reixach e  Juanma Lara.

A película, co guion de Rafa Russo e Laura Mañá, está dirixida pola propia Laura Mañá, da que tamén coñecemos o seu traballo  en TVE con Clara Campoamor, la mujer olvidada. A rodaxe  está a desenvolverse en localizacións catalás e galegas como o  castelo de Montjüic en Barcelona, o de San Felipe en Ferrol, ou o mosteiro de Santa Catalina en Ares.

“Odia o delito e  compadece ao delincuente”

Esta cita de Concepción Arenal permaneceu gravada durante anos de forma obrigatoria nas  prisións españolas. A  obra social  e ensaística desta avogada, activista e precursora do  feminismo, marcou  un antes e  un despois no sistema penitenciario do Estado e obtivo un enorme eco na Europa do XIX. A súa loita a favor dos dereitos humáns  logrou mudar a perspectiva da  sociedade  sobre  os máis desfavorecidos e mellorar as súas   duras condicións  de vida.

Tedes máis información sobre esta figura no albúm das mulleres do Consello da cultura galega. detalle.php?id=38

 

Coeducación e mitos do amor romántico.

“Coeducación e mitos do amor romántico” é un monográfico  para traballar coa mocidade as idealizacións e mitos arredor do amor e do romanticismo que lles levan a forxar relacións sexistas.

A  Fundación Mujeres ven de publicar o número 93 do seu boletín baixo o título “ Coeducación e mitos do amor romántico” . Coordenado desde a área de educación e prevención da violencia de xénero, o monográfico inclúe o seu habitual artigo de opinión, o último estudo relativo ao sexismo en menores, a recopilación de materiais didácticos editados este ano e unha variada proposta educativa.

 A pervivencia de mitos que ligan as relación afectivas co control, os ciumes, os sacrificios extremos e o abandono do propio ser en mans doutro  están moitas veces na orixe da incapacidade de respostar de forma temperá ás sinais dunha relación que pode convertirse nunha relación violenta.

É soprendente como conceptos como o de respeto, igualdade, liberdade, apoio e axuda mutúa non aparecen no primeiro lugar das prioridades dunha relación de parella.

O proxecto Detecta desenvolto en Andalucía co apoio do Instituto Andaluz da Muller constatou que o 65% da poboación adolescente andaluza de entre 14 e 16 anos teñen percepcións e atitudes sexistas respecto da construcción e comprensión das relación afectivas. Máis dun 20% de mozos e mozas pensa que as mulleres son máis débiles que os homes. Arredor dun 30% cree que a fraxilidades feminina ten para os homes un ecnanto especial e até un 60% está de acordo  con que na parella o normal é que o home protexa á muller.

Unha alta asunción e inacaída  interpretación de mitos de amor romántico convértese na causante de que se desenvolvan crenzas e imaxes idealizadas  que en numerosas ocasións dificulta o establecemento de relación sanas e a tolerancia de comportamentos abusivos.

Podes descargar 221_boletin-fm-93-pdf

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo xa ten perfil nas redes sociais do facebook e do twitter!! Agardamos que nos sigades!! Contamos con todas e todos vós para esta nova aventura na rede!!

Estamos sumerxidas/os na era dixital, no século das novas comunicacións, onde todo nos chega nun instante, a información de calquer lugar do mundo,  a comunicación con persoas que están a miles e miles de kilómetros de distancia, …

Comentarvos que  a Concellaría de Igualdade xa ten un perfil na rede do Facebook e do Twiter, que leva por nome, o do blogue Ribadeo Muller. Buscádenos e seguídenos para compartir información, reflexións, para que nos fagades peticións, suxestións,críticas…

Pero, todo ten uns límites, e temos que saber usar as novas tecnoloxías. Hai que depurar e filtrar informacións ( non todas as páxinas teñen a información correcta ). Por exemplo, cando imos á ver á médica/o, e escoitamos algo fóra do normal, o primeiro que facemos en buscar en internet datos sobre a dolencia. Nin toda a información  que aparece na rede é boa desde o punto de vista científico, nin somos capaces de entender e interpretar os datos porque nos faltan coñecementos específicos para a súa interpretación.

Outro dos problemas que poden darse co mal uso, é o control  das persoas. Saber  o qué fai en cada momento a túa parella, tela controlada polo localizado xeográfico e convertindo eses datos no stándar de veracidade da relación, esquezéndonos do fundamental, da confianza como base de calquer relación e máis dunha de parella. Ese control, pode ser un indicativo de que a relación non é sana, e pode derivar nun futuro en posibel violencia psicolóxica, física… Así que tede coidadiño, e andade espertas, mantendo sempre a vosa autonomía, o voso espazo!!

Deixámosvos un corto sobre a utilización do whastapp para controlar a parella!!

” Nos anos do whatsApp, existe a lenda do  dobre check. Historia de amor co  WhatsApp como protagonista. Comedia
Director : Paco Caballero
Actores: Miki Esparbé e Mariam Hernández”

Curta ” pensa o que sentes”

 

“Pensa o que sentes” de Lorena Rey Castiñeiras e Mónica Allo González (3º ESO do Manuela Rial Mouzo) gañadoras do I Concurso de guións cinematográficos: “Cine nas aulas para a promoción da igualdade”, no Concello de CEE.