Arquivo por etiquetas: violencia machista

Queres saber un pouco máis do 25N en Ribadeo?

Faremos algo porque sempre convén lembrar  o significado do 25 de novembro, para seugir alzando a voz ante esta porblemática que non cesa. Máis desde  á área de igualdade do Concello de Ribadeo procuramos que todos os días sexan 25, e traballar a prol desta causa ao longo de todo o ano.

Como vén sendo habitual, a Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo, que está integrada por persoa sanitario, educativo, polos FCSE, Policía Municipal e máis persoal do Concello,  emite un comunicado con motivo do Día Internacional contra á violencia de xénero.

Velaquí tedes íntegro o comunicado enviado á prensa :

O  número de denuncias por violencia de xénero nos últimos 5 anos  disminuíu nun 9,6%, según o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CXPX). Esto non se corresponde coa disminución do número de casos, senón que estamos ante unha bolsa oculta de maltrato que non deixa de medrar. O primeiro trimestre deste 2013 equipárase nas denuncias interpostas ao número das presentadas no primeiro trimestre do 2007, que foi o momento no que se comezou a recoller ese dato na estatística xudicial. 

Por outra parte, os recursos  para ofrecerlle ás mulleres vítimas de violencia de xénero cada vez son menores e a sensibilidade das persoas nos diferentes ámbitos( policial, sanitario, educativo, social e xudicial) minguou considerábelmente.  Hai unha mensaxe de desmoblización e desesperanza para quen no seu fogar, en silencio sofre día a día esta barbarie froito do patriarcado.

A crise está a ocasionar  o recrudecemento da violencia económica. As mulleres afectadas pola reforma laboral, polos recortes en dependencia, polos despidos teñen que volver a depender das súas parellas, reconvertidos como antaño nos principais sustentadores da economía familiar. Todo isto, unido ao aillamento, o maltrato psicolóxico que anula ás vítimas deixándoas  sen vontade, ou ao medo  aos  golpes e  a morte ten un resultado final enganosoredúcese o número de denuncias, pero non  porque  disminuíran os casos de violencia. Por poñer, un dato, no que levamos de 2013, só un 18,2% das mulleres asasinadas  denunciara previamente ao seu agresor.

O empeoramento económico acompañado de falta de alternativas desde as institucións ten un efecto disuasorio nas  vítimas. De novo, estamos ante unha situación que require a necesidade de emancipación das mulleres para poder dar o paso a unha vida independente do agresor.  A violencia económica é moi agresiva, terríbel, porque non se ve e non se detecta. A violencia económica leva á violencia psicolóxica, pero ambas son díficiles de probar o que leva engadido que para demostrala, a vítima ten que atoparse cunha xuíza ou xuiz que sexa capaz de recoñecer os síntomas desta violencia psicolóxica.

Outra circunstancia preocupante  é a disminución das medidas cautelares impostas polos xulgados de violencia de xénero. Por exemplo, das 7.750 ordes de protección acordadas no primeiro trimestre do 2012, este ano, no mesmo período do anos só se ditaron 4583, o que supón un descenso do 7,11.

 Cabe subliñar tamén  a práctica cada vez máis extendida por parte dos maltratadores de poñer fin á muller acompañada das e dos fillos, como está a acontecer nos casos  máis graves de violencia, que son os que rematan en feminicidios (que é como en verdade deberíamos chamar aos asasinatos das mulleres) . Neste ano 53 mulleres e 7 nenos/as perderon a vida. 

E por último, queremos amosar a preocupación polo incremento de casos de maltrato entre nenas e adolescentes influído tamén  porque o  inicio das  relacións de noviazgo no Estado español  adiantouse aos 13 anos. Un tercio das mulleres que son vítimas de violencia de xénero son menores de 30 anos. O maltrato non se ciñe ás agresións físicas. Comezan a darse formas de violencia máis propias desta xeración, as que xurden co uso das novas tecnoloxías  que resultan aínda máis díficiles de detectar e distinguir. As redes sociais, os servizos de mensaxería utilizados nos teléfonos móviles, como o Whatsapp, entre outros instrumentos están facendo dano entre a xente moza, combinado con outras formas de violencia máis propias desta xeración como a que se exerce cos ciumes. Un alto porcentexe de xoves recoñece os ciumes como unha manifestación de  amor  no canto de calificalos como unha forma de control.

Son formas de violencia máis silenciosas pero que é importante que sexan recoñecidas para ser combatidas.

Charla o vindeiro 25 de novembro na Casa dasLetras :

E para sabermos un pouco máis destas violencias máis ocultas, o luns 25 de novembro temos unha charla ás 20.15 h na Casa das Letras, onde imos contar cunha das colaboradoras de Pikara Magazine. Bárbara G. Vilarinho disertará   arredor de ” Por qué o chaman feminazi, cando queremos decir igualdade??

lILA 25n

 

Este ano as xornadas de violencia de xénero do Concello de RIbadeo centranse nos poderes que sustentan á violencia machista

cartel xornadas VX

Nos tempos actuais de recortes e crise sistémica faise máis patente a necesidade de formármonos  e de ter espazos de encontro e reflexión para partillar  cómo atallar esta problemática. Este ano queremos centrármonos nos poderes estruturais que dificultan e impiden o avance  das políticas dirixidas a eliminar a violencia machista. Os diferentes poderes ( o  económico, o xudicial, o político )   a   través do mercado laboral, das leis,  dos medios de comunicación, da publicidade sustentan con formas máis sutís o actual  sistema patriarcal .  Ao tempo,  emerxen novas formas de violencia  cara ás mulleres, como a violencia sexual pola  inxesta  de sustancias químicas ou a violencia dixital.

folleto xornadas interior

Un ano máis o ente organizador destas xornada, a  Comisión  Interinstitucional de  Violencia de  Xénero, quere poñer ao alcance de todas  as persoas  novos  elementos de debate e reflexión para divisar un futuro esperanzador para esa metade da humanidade, para as mulleres, mozas e nenas.

As xornadas están dirixidas a profesionais que traballan a violencia de xénero  en calqueira das súas dimensións, desde profesionais dos servizos sociais, técnicas/os de Igualdade, avogadas/os, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, persoal sanitario, persoas que integran as asociación de mulleres e asociación en xeral, persoal técnico das administración, responsables políticos, alumnado… e calquera persoa interesada no tema.

Dsenvolvéranse o venres 19 de abril pola tarde e máis o sábado ao longo de todo o día no Teatro de Ribadeo. É preciso inscribirse se vas asisitir a toda a xornada, xa que recibirás un certificado acreditativo. Quén queira poderá pasarse a algunha sesión ou charla que lle interese.

 folleto xornadas VX exterior

 

Traballando polo día da non violencia machista!!

Deixamos o artigo que fixo a Concelleira de Igualdade para o semanario local ” La Comarca  del Eo”

Traballando polo día da non violencia machista!

As mulleres levamos  séculos padecendo desigualdade e discriminacións. Darlle a volta a esta situación leva tempo e require vontade política por parte das institucións que deben promover que a mensaxe da igualdade de xénero cale na sociedade.  Só nunha sociedade onde mulleres e homes sexan libres e poidan decidir o que queren facer coas súas vidas, a violencia desaparecerá ou será mínima. Para iso hai que comezar por mudar esquemas mentais,  en cousiñas  que poden parecer insignificantes pero que son decisivas. Por exemplo,  se crianzas queren xogar con monecas ou con coches, ou cos dous, ou co primeiro que atopen na rúa; se  queren vestir de rosa, azul, lila, negro… deixémolos elixir, sen importar que sexa nena ou neno e sen deixarnos influír polos prexuízos sociais. Vivimos nunha sociedade onde por ser muller tes máis dificultades para acceder ao mercado laboral en sectores masculinizados (construción, condutora de autobus…), ou onde incluso os salarios non son iguais para homes e mulleres tendo a mesma formación e exercendo o mesmo traballo durante as mesmas horas. Na actualidade, o salario das mulleres aínda segue a ser moito máis baixo que o dos homes (un 23% menos).

A forma máis brutal de exercer esa desigualdade é mediante o exercicio da violencia física, psicolóxica, económica, social que se chama violencia contra as mulleres, ou violencia machista. Dicimos contra ás mulleres porque o 95% das persoas que a sofren son mulleres.

Esta violencia cando se presenta cos seus efectos máis graves e devastadores  chega a rematar coas vidas desas mulleres. No Estado español desde 1999,   873 mulleres foron asasinadas.  No que levamos de ano 46, e na Galiza xa van 4 mulleres, o dobre que o ano pasado por estas datas

Non obstante,  estase a utilizar a crise para recortar en políticas de igualdade e de violencia de xénero. De feito o presuposto adicado polo goberno do Estado para ás políticas de violencia de xénero diminuíu nos tres últimos anos nun case 30%. Dos 30.362.000€  que había no 2011 pásase a ter un orzamento de 22.197.340€ para o ano 2013. E este tipo de decisión políticas están  a afectar ás mulleres que sufran ou poidan sufrir violencia nun futuro. E outras políticas, como a  supresión da cobertura social e  redución da paga nun 15% ás mulleres coidadoras, a exclusión das persoas inmigrantes sen permiso de residencia da cobertura sanitaria, o repago farmacéutico, a eliminación do servizo de teleasistencia …  deixan ás mulleres nunha situación de  maior vulnerabilidade.

E agora, por riba, vense de aprobar no Senado o proxecto de lei polo que se regulan taxas xudiciais que impedirán o aceso á xustiza das persoas máis desfavorecidas. Con este proxecto preténdense que quen interpoña unha  demanda nos xulgados por calquera causa pague unha taxa. Por exemplo, quen interpoña unha demanda de divorcio que ven derivada dun proceso de violencia de xénero, terá que pagar unha taxa que seguramente non poida asumir economicamente.

Todos os días deberan ser días contra a violencia de xénero, e non só o día 25 de novembro. Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmáns Mirabal ( Patria, Minerva e María Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres destrozados apareceron no fondo dun precipicio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia. No ano 1999 a Organización das Nacións Unidas deulle carácter oficial a esta data.

As conmemoracións deben ser unha data que sirva para enfatizar que seguimos no día a día combatendo esta problemática que afecta a todas as mulleres do planeta, polo feito de ser mulleres. E tamén é unha oportunidade para renderlle homenaxe a Julia, Tina, Iria e Marisol, as catro mulleres galegas que este ano faleceron asasinadas a mans dos seus homes, noivos, ex – parellas das que tentaban separarse.

En Ribadeo levamos anos traballando por ese día da non violencia. Este mes de novembro da comezamos a VIII edición da campaña de sensibilización en igualdade nos centros educativos “Un futuro por compartir en igualdade”. E hai que seguir traballando na educación. Nos últimos anos, o 40% de agresores e vítimas son menores de trinta anos. Porque isto non é  “cousa do pasado”, senón do presente e o será do futuro senón incorporamos a igualdade entre mulleres e homes como elemento esencial á construción democrática. Non hai mellor antídoto para prever a violencia que a igualdade.

Mariluz Álvarez Lastra

Cocelleira de Igualdade en Ribadeo

A Mesa Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo ve con preocupación o aumento de casos de violencia de xénero entre a mocidade e oponse á Lei de tasas xudiciais e ao anteproxecto de reforma do Código penal .

Como ven sendo habitual nos últimos anos a  Mesa Interinstitucional de violencia de xénero que se reúne trimestralmente e está integrada por representantes das FCSE, da Policía Municipal, do centro de saúde, dos centros educativos e do Concello  emitiu un comunciado con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.  Por si o queredes ler :

A Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo ve con preocupación o aumento de casos de violencia de xénero entre a mocidade e oponse á Lei de tasas xudiciais e ao anteproxecto de reforma do Código penal

 Desde a  Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo, que se reúne trimestralmente, faise  a seguinte valoración sobre a violencia de xénero existente no noso Concello:

Se o ano pasado valorábamos un estancamento no avance cara erradirar a violencia de xénero, agora a situación tórnase de extrema gravidade. Podemos falar claramente dun retroceso que se evidencia en tres eixos básicos:

  1. Con motivo do axuste presupostario que se están levando a cabo pola crise  as políticas dirixidas a paliar á  violencia de xénero sufren un retroceso importante. Os recortes están a afectar aos servizos públicos e iso está provocando unha saturación de traballo nas/os profesionais e a reducción ou eliminación de gran parte do presuposto en moitos programas.
  2. A nivel lexislativo as reformas auspiciadas e que se pretenden nos vindeiros meses  veñen a dificultar as posibilidades de acción das mulleres vítimas de violencia de xénero e  a impedir un maior entendemento e sensibilización social da violencia de xénero, que  é, manifestacións, efectos, etc. As taxas xudiciais  que entran este xoves en vigor agravarán a dominación do home sobre a muller mediante o control económico exercido sobre a mesma, deixando en mans do agresor o aceso a xustiza, tan demandando para as mulleres. Hai que ter en conta que non todas as mulleres que sofren violencia de xénero son beneficiarias de xustiza gratuita, (si de avogado de oficio), que son conceptos diferentes. Non obstante, un importantísimo porcentaxe delas son vítimas de violencia económica e carecen dos recursos que lle permitirán, no seu caso, ter acceso á Xustiza.  O anteproxecto de reforma do Código Penal impulsado polo Ministerio de Xustiza non inclúe o termo violencia de xénero. Ademais introduce a mediación como nova medida para condicionar a suspensión da execución da pena, unha cuestión que estaba vedada expresamente na Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo do Poder Xudicial, tras a reforma introducida pola LO 1/2004 e o Convenio de Estambul do Consello de Europa asinado polo Estado español e pendente de ratificación. Debido ao desequilibrio de poder entre a vítima e agresor en casos de violencia de xénero, non cabe a mediación, cuxo principio básico é a igualdade entre as partes. O exercizo da mediación nesta casuística pon en risgo á vítima, ao tempo que minimiza a acción violenta do perpetrador. Por outra parte, a pesar de que a Lei de violencia de xénero vixente recolle expresamente que ninguna pena de prisión poda ser substituída por unha pena de multa, o anteproxecto de reforma do Código Penal contempla esta medida que vai aumentar a impresión xeralizada sobre a impunidade dos agresores e que ademais pode rematar recaendo sobre as propias vítimas en supostos de dependencia económica.
  3. Constátase unha relaxación na sociedade respecto á violencia de xénero. Os medios de comunicación volven a utilizar termos que están obsoletos e que se consideran contrarios ás boas prácticas, como por exemplo falar de crimen pasional, de ciumes sen nomear que é un caso de violencia de xénero e mesmo o tratamento deste tipo de delictos na páxina de sucesos.En relación con todo isto, vemos con preocupación o aumento de casos de violencia de xénero entre a mocidade.  Un tercio das mulleres que son vítimas de violencia de xénero son menores de 30 anos. O maltrato non se ciñe ás agresións físicas. Comezan a darse formas de violencia máis propias desta xeración, as que xurden co uso das novas tecnoloxías  que resultan aínda máis díficiles de detectar e distinguir. As redes sociais, os servizos de mensaxería utilizados nos teléfonos móviles, como o Whatsapp, entre outros instrumentos están facendo dano entre a xente moza, combinado con outras formas de violencia máis propias desta xeración como a que se exerce pola noite cos ciumes. Un alto porcentexe de xoves recoñece os ciumes como unha manifestación de  amor  no canto de calificalos como unha forma de control.

Son formas de violencia máis silenciosas pero que é importante que sexan recoñecidas para ser combatidas.

A Mesa Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo constata un estancamento no avance cara erradicar a violencia de xénero

A Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo está formada polos representantes dos diversos sectores ( educativo, sanitario, educativo,  FCSE , Policia municipal e o CIM). Deixóvos a nota de prensa íntegra enviada aos medios de comunicación con motivo do día Interancional da violencia contra ás mulleres.

A Mesa  Interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo  constata un estancamento no avance cara erradicar  a  violencia  de xénero

 Na primeira década deste século, morreron 690 mulleres por violencia de xénero no Estado Español . No que vai de ano 57 mulleres  foron asesinadas polas súas parellas ( dúas en Galiza). Os casos de violencia de xénero no Concello siguen a manterse en correlación con outros anos, sen ter datos que amosen o contrario ou que avalen un ascenso .

Sen embargo, estáse a dar unha  normalización da violencia entre as xeracións máis novas.  No  Concello de Ribadeo, o 78,6% das mulleres vítimas violencia de xénero son menores de 45 anos. Incluso, nas relacións entre mozas e mozos que aínda non chegaron á maioría de idade. Desde o ano 2005, máis de 1800 rapaces menores de idade foron denunciados no Estado Español por violencia machista.

Por iso, é moi importante traballar cos centros educativos, e coas familias.  Hai un relaxamento no ámbito da educación regrada e non regrada e nas familias, que non lle dan suficiente entidade  a esta problemática até que teñen que vivila de cerca.  Todo isto  vencellado, ao papel que desempeñan os medios de comunicación como axentes de socialización que segue a transmitir,  con máis forza,  unha mensaxe estereotipada  que contribúe a fomentar as relación desiguais, nas que a muller sigue a ser sumisa, dependente  e unha muller-obxecto e non suxeto. Como consecuencia,  constátase un enorme retroceso en canto aos  ideais que xiran arredor das relación amorosas ( valoración positiva do ideal romático, da posesión e os ciumes como valores que reflicten o amor…). Neste sentido, non se está a cumprir a lexislación vixente, cómo a Lei de Igualdade e a Lei integral de violencia de xénero ou a Lei galega.

Cómo xa denunciabámos o pasado ano, está a introducirse  unha confusión no discurso  a raíz da difusión de determinados mitos falsos . Mitos como o das denuncias falsas por parte das mulleres para obtér ventaxas nos procesos de divorcio,  separación xudicial ou ruptura das parellas de feito,  o  extendido uso do Síndrome de Alineación Parental, utilizado na última década no eido xudicial para xustificar argumentos para cambios de custodia, e que vén sendo denostada por expertos/as en violencia de xénero desde xuristas ate persoal sanitario (Asociación Española de Neuropsiquiatría, Consello do Poder Xudicial, OMS, Asociación Mundial de Psiquiatría,  A Asociación de Psicólogos Americana, Asociación Americana Médica). E  o  desprestixio e deturpación que se está a facer por parte de diferentes sectores da lexislación vixente en materia de violencia de xénero.

Desde o ámbito institucional débese sensibilizar a sociedade sobre a dimensión e a causa desta problemática, profundizar nas súas causas e no seu carácter ligado ao sexismo e a discriminación, para poder adoptar medidas eficaces desde todas as áreas, porque a violencia contra ás mulleres ten una orixe social e cultural, nun proceso de socilaización dos varóns que consiste en decirlles que a masculinidade failles superior aos demais.   Porque unha sociedade que non xera mecanismos de protección eficaces  é tan nefasta como unha sociedade que non fomenta mecanismos de adaptación.

A exposición fotográfica “Non só doen os golpes” de Pamela Palenciano poderáse ver na Casa das Letras de Ribadeo. Tamén contaremos coa artista que impartirá uns Obradoiros de prenvención da violencia machista.

Un ano, máis achegámonos a data, do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. E as violencias cara ás mulleres persiten neste século XXI. Desde área de Igualdade do Concello de Ribadeo, levamos ao longo de todo ano actividades dirixidas á súa erradicación e prevención, pero tampouco queríamos pasar por alto esta data.

 Non
 só
 doen 
os golpes
 é
 o
 título
 do
 proxecto, a
 través
 do
 cal, Pamela
 Palenciano
 denuncia
 a
 crudeza
 da
 violencia
 machista
 partindo
 da
 súa
 propia
 experiencia.
 Cóntaa
 a
 través
 das
 46
 imaxes
 que
 compoñen
 a
 exposición.
 Están
 agrupadas
 en
 7
 fases
 que
 visibilizan
 algún
 dos
 momentos
 polos
 que
 pasa
 unha
 muller
 cando
 sofre
 violencia
 de
 xénero
 por
 parte
 da
 súa
 parella:
 inocencia,
 namoramento,
 maltrato
 psicolóxico,
 maltrato
 físico, resposta da sociedade, liberación, normalización.

 Esta exposición completárase con Talleres sobre prevención da violencia machista. Haberá un Taller dirixido a persoas adultas, o xoves 24 de novembro ás 18.00h-20.00h, na Casa das Letras. Hai que anotarse para ir ao Taller, xa que hai prazas limitadas. O venres, 25 de novembro hai outro Taller dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos do Concello. Desenvolvérase no Cine- Teatro en horario de 09.00h-11.00h.

 A inauguración da exposición terá  lugar  o día 24 de novembro, ás 20.30h na Casa das Letras, onde contaremos coa presenza da artista, Pamela Palenciano.A exposición estará na Casa das Letras, desde o 24 de novembro até o 6 de decembro. Os horarios para visitala, será polas mañás de 9.00h-14.00h e á tarde de 16.30 até ás 20.30h.

 Este ano, ademais, desde a Concellaría de Igualdade en colaboración co CCA, iniciamos con motivo do Dia Internacional da violencia de xénero unha campaña de sensibilización e concienciación, a través do comercio. A partir do mércores, repartiránse autocolantes cunha viñeta de Forges nos comercios de Ribadeo, centro de saúde, centros educativos… E todas as actividades contan co cofinanciamento da Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. 

 Agardamos contar con todas e todos vós!!

Compostela acolle un congreso internacional no que se aborda a relación entre a violencia machista e a xustiza

Os vindeiros 16 e 17 de novembro Compostela acolle un congreso internacional centrado na relación entre a violencia machista e a xustiza organizado polo grupo de investigación Iustitia Omnibus e dirixido pola catedrática de Dereito Procesal da Universidade de Santiago de Compostela, Raquel Castillejo.

Durante os dous días que dura o congreso abordaranse aspectos como as construccións sociais vencelladas á violencia de xénero (María José Agra Romero, USC);  xurisprudencia do Tribunal Constitucional en materia de violencia de xénero (Juan Carlos Gavara, UAB); o concepto de violencia de xénero no Código Penal e na Lei Orgánica 1/2004; respostas xudiciais á protección das vítimas: as novas tecnoloxías e a súa aplicación práctica (coa presenza de Miguel Lorente Acosta, delegado do Goberno para a Violencia de Xénero); as medidas cautelares, en especial a orde de afastamento; ou os feminicidios no mundo. 

Podedes atopar o programa completo así como os formularios para a inscrición aquí.