Arquivo por etiquetas: deporte

As remeiras galegas están batallando por unha nova vitoria na V bandeira feminina da Concha 2012

 

A Bandeira da Concha é  unha competición de traiñeiras que se celebra  a mediados de setembro  ns  Bahía de La Concha en  Donosti. Celébrase  desde 1879 en categoría masculinaee só desde o  desde 2008 en feminina. Chamada coloquialmente “ a olimpiada do remo” é a regata de traiñeiras máis prestisioxa da tempada. Actualmente forma xunto a liga ACT/San Miguel e o  Campionato de España, a tríada de competicións máis importantes desta especialidad náutica.

Xa só clasificarse para competir nas augas do Cantábrico que bañan Donosti é un premio para calquera tripulación. E nesta edición da Bandeira da Concha haberá dúas representantes galegas: Tirán e Chapela. Esta última foi a gran sorpresa nas tandas de clasificación que veñen de ter lugar, pois non figuraban nas quinielas. Competiron 24 traiñeiras para lograr facerse un oco na Concha  e clasificáronse oito. Alén das dúas galegas, haberá unha cántabra (Astillero) e cinco vascas: a anfitrioa (Donostiarra) e as de Kaiku, Urdaibai, Hondarribia e San Juan..

A principal novidade desta edición respecto ás anteriores, é que a xornada de clasificación masculina e feminina disputouse  o mesmo día, o pasado  xoves 30 de  agosto. Este é un paso cara a normalización da regata que recoñece a esta faceta deportiva no campo feminino.

 V bandera da Concha modalidade feminina

Mais non hai que esquecer que desde hai uns anos, na Concha tamén se disputa a bandeira feminina de traiñeiras, na que as vogadoras galegas mantiveron unha supremacía absoluta. Para esta edición, a embarcación de Galiza-Rianxeira volveu se clasificar e batallará polo primeiro posto coas tripulacións de Zumaia, Getaria-Tolosa e San Juan.

Evidéncianse unha vez máis sinais diferenciadores das persoas por pertencer a un xénero, neste caso  cinxidos ao ámbito deportivo naútico. Se a compemtición masculina ven celebrándose desde o S XIX, a competición feminina é totalmente contemporánea xa que se forxa no presente século. Organizouse a primeira Bandeira feminina da regata, en setembro do 2008. Acudiron oito equipos: tres traiñeiras guipuzcoanas: Guetaría-Zumaya, Fuenterrabía e Tolosa, a vizcaína de Arkote-Dermitek, a cántabra de Astillero (que remou con mozas   deste clube  e  reforzos da Maruca e Colindres), unha selección de remeiras galegas que acode  á cita baixo o nome de Galicia e dúas  traiñeiras catalás: o Club de Rem Badalona e o  Club de Rem Colera que paradoxicamente son os 2 primeiros equipos que participan na Bandeira da Concha sen pertencer a ningunha  ao litoral Cantábrico nin  de Galicia.

Todos estos equipos están formados por remeras de varios clubes xa que aínda que en categorías inferiores dalgúns clubes hai  maioría feminina entre os remeros senior, as mozas siguen en inferioridade numérica. A regata desenvolvese arredor de  2.778 metros (1,5 millas naúticas), a metade que a masculina.

Evidentemente, extraño non nos resulta, máis ben familiar os premios siguen sendo moi diferentes, moi discriminatorios. Na Bandeira da Concha repártanse máis de 100.000€ en premios. Para a categoría masculina hai asignados 81.000€ e para a categoría feminina 23.700€ (frente aos  20.900 euros de 2011). Así, a traiñeira vencedora levárase 9.000 euros (además da bandeira e cada unha das remeiras un cadro-bandeira individual), a segunda 6.200, a terceira 5.000 e a cuarta 3.500.  E sen embargo, a traiñeira gañadora da categoría masculina ten un premio de 24000€, que ven sendo máis diñeiro que a cuantía total de premios para a categoría feminina. Co cal, agardemos que o Concello de Donosti siga traballando cara o recoñecemento tamén económico nos premios ás traiñeiras femininas, acadando a equidade entre as competicións masculina e feminina.

 Aproveitamos este post para desxarlle sorte  a  representación galega na Bandeira da Concha.

 

 

A pilota catalana Laia Sanz, campeoa da clasificacion feminina no Rally Dakar 2012.

Os  medios de comunicación siguen adicando un espazo ínfimo ao deporte feminino e, en xeral, os éxitos das nosas deportistas non son recoñecidos pola sociedade.
Máis O blogue  Ribadeomuller pretende visibilizar a presenza das mulleres en todos os lugares onde está, valorizar o seu quefacer nos diferentes sectores. E tamén queremos contribuír desde esta plataforma a unha equidade na valoración das mulleres nos postos decisorios, públicos, etc. Ben sabedes,que as mulleres, no mundo público temos que demostrar dobremente a nosa valía,

Pois ben, desta volta queremos felicitar a pilota de motos Laia Sanz que ven de proclamarse campeoa na clasificación feminina do Rally Dakar 2012, por segunda vez na súa carreira, sendo a única muller que deu finalizado a carreira na súa categoría  e repite o 39 posto do ano pasado. A  catalana, Laia Sanz é campiona  do mundo de Trial en dez ocasións.

Laia Sanz debutou no 2011 por primeira vez no Rally Dakar, unha das competicións deportivas máis duras de todo o mundo. O ano pasado eran 13 mulleres as que competían e Sanz a máis xoven e logro acadar o liderato na challener feminina e quedou de 41.

Preguntada po la pouca presenza de mulleres no rally :  “Creo que pode axudar o feito de que outras mulleres se animen e, cantas máis haxa, máis se animarán outras mozas. Tamén  serviron de exemplo á prueba Annie Seel, que corre desde  fai moitos anos, e Tina Meier… si se demostra que no Dakar as mulleres tamén podemos correr e ser competitivas, nun futuro correrán máis”.

Segundo a campeona mundial de trial este resultado esconde moito esforzo. “Estou máis satisfeita este ano que o anterior. Foi  un rally moi duro nalgunhas fases e  as circunstancias que me tiven que vivir na carreira complicaron todo un pouco máis. Síntome moi satisfeita cómo pilotei e naveguei.  Coido que din un paso adiante moi importante.

Apoiemos á baloncestista Diana Taurasi, multada por non levar prendas axustadas.

Diana Taurasi, considerada por moita xente como a mellor xogadora de baloncesto do mundo, foi  a única xogadora dos 23 equipos da Euroliga Feminina de Baloncesto que se opuxo á orde, de vestir un uniforme supostamente máis “feminino”, imposta desde o inicio de tempada, no  pasado mes de outubro pola FIBA.

A Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) impuxo reducir as tallas das equipacións das deportistas da Euroliga, obrigando a que  os shorts e  as camisetas sexan máis estreitos, “seguindo as curvas/contorno do corpo”, que a camiseta non tape os  hombros, que a anchura do pantalón deixe un máximo de dous centímetros de espazo entre a tela e a pel, e que o pantalón estea sempre como mínimo dez centímetros por riba do xeonllo.
Deste modo,   a discriminación que sofren as deportistas profesionais  xa non  afecta só a súa situación laboral e a súa  escasa visibilidad con respecto aos  homes. O sexismo alcanza a súa vestimenta. No seu momento houbo críticas e rechazo a tal imposición. Diversas organizacións,  entre elas o Consello das Mulleres do Concello de Madrid, levaron adiante  accións de denuncia e oposición á medida. A mesma Asociación de Xogadoras de Baloncesto (AJUB), por exemplo, asumiu  nun comunicado “o concepto de espectáculo no deporte”, pero rechazou  a  decisión da  FIBA porque, ao seu xuízo”supón recoñecer unha mentalidade caduca e irrespetuosa dunhas profesionais, ás que se quere mediatizar polo atractivas á vista que poden ser para espectadores máis preocupados pola exhibición dun corpo, que por seguir a xogada no terreo de xogo”. Pero Diana Taurasi é a  única xogadora que  mantivo a súa  postura e polo tanto, foi multada .
O  Consello das Mulleres do Concello de  Madrid, que xa denunciou o sexismo da FIBA  no  momento, volve a lembrar  que esta norma vulnera o dereito á  propia imaxe, pide a retirada inmediata das multas impostas a Diana Taurasi, o pronunciamiento público doutras xogadoras, así como da Asociación de Xogadoras de Baloncesto (AJUB) e  o inmediato cese do director  xeral  da FIBA Europea, Patrick Bauman.
Neste sentido, o  Consello das Mulleres do Concello de Madrid, desenvolveu  unha campaña de recollida de sinaturas e  de envíos de solicitude  a distintas autoridades da dita  organización,  solidarizándose con Taurasi. “a súa  valentía debera de servir de exemplo para outras xogadoras xa  que a súa dignidade como mulleres deportistas está por riba de condicionamentos sexistas”.

Campionas non recoñecidas!!

Os medios de comunicación siguen adicando un espazo ínfimo ao  deporte feminino e, en xeral, os éxitos das deportistas non son recoñecidos pola sociedade. O  pasado fin de semana, a selección española sub’16 de baloncesto feminino consigueu o ouro europeo.  E  Laia Sanz iniciou con bon pé   a conquista da que sería  a súa  undécima coroa mundial de trial.

A pasada semán felicitábamos á galega Verónica Boquete, por acadar o título como mellor xogadora do ano na liga americana.

E podemos seguir coas felicitacións, xa que a  selección femenina sub’16, proclamouse campiona de Europa ao derrotar na final, en Cagliari (Italia), a Bélxica, por 67-43.

Pola súa  parte,  a piloto Laia Sanz  impúxose  en Alemaña na primeira das probas puntuables, amosando todavía máis autoridade que a que tivo a véspera na proba do Europeo no mesmo terreo (en diversas zonas) e ante as mesmas rivais.

Esta xornada foi a primera de tres a disputar nas que se computan finalmente as dúas mellores clasificacións  obtidas, polo que a semana que ven  na seguinte ronda en Tanvald (República Checa) Laia Sanz só precisaría unha cuarta posición para sentenciar o que sería o seu undécimo  mundial.

Sen embargo, ¿son victorias coñecidas amplamente pola cidadanía?, ¿ otorgáselles o mesmo  espacio televisivo que a outros deportes realizados polos  homes  e  en especial, ao fútbol masculino?, ¿contan estas deportistas co apoio e o impulso necesario para seguir   a súa carreira? Pois a resposta é clara, non son recoñecidas, nin son apoiadas económicamente para acadar máis triunfos. Nos medios deportivos e nos xerais apenas se lles adica unha columna.

Un exemplo do que se está a afirmar, acaba de acontecer a semán pasada. A actual campiona de España de fourcrós, Eva Castro, non estará no Mundial de Champery ( Suiza) a principios de setembro debido á falta de presuposto do equipo estatal.Precisamente, Eva Castro foi a undécima na última proba da Copa do Mundo de fourcrós, celebrada esta fin de semana en Val di Sole, Italia.

Parabéns á galega Verónica Boquete que acadou o título da mellor xogadora do ano da liga americana.

Unha galega elixida mellor xogadora de fútbol na segunda tempada na Women’s Professional Soccer estadounidense. A galega superou, entre outras  a Marta, a gañadora do balón de ouro dos últimos cinco anos.

Verónica Boquete, de 24 anos, volveu facer historia ao  convertirse na  primera galega ( e tamén na primeira xogadora de fútbol do Estado Español ) que é elixida  mellor xogadora do ano da  Women’s Professional Soccer, o máximo  recoñecemento  da mellor liga do mundo de fútbol feminino. A diantera do  Philadelphia  impúsoxe nas votacións realizadas  votacións realizadas por seguidores/as, xornalistas e entrenadores/as,á  brasileira Marta (New York Flash), Balón de Ouro dos cinco últimos anos e  única posuidora do premio  até o  momento nas edicións de 2009 e 2010. Ao  galardón tamén optaban  a súa compañeira  no Philadelphia, Tasha Kai, Abby Wambach (magicJack) e Christine Sinclair (New York Flash).

Parabéns Verónica por este título, e que sigas colleitando moitos máis!!