Arquivos mensuais: Novembro 2010

Curta ” A princesa que quería ser muller”

Hoxe,xa pasada a conmemoración do 25 de novembro, seguimos a traballar para preveér a violencia de xénero.  E que mellor que facelo a través do ámbito educativo, promovendo e fomentando desde a infancia unha educación en igualdade.

Todos os anos, polo mes de outubro coincidindo co inicio do curso académico levamos a cabo a campaña “ Un futuro por compartir en igualdade” nos centros educativos de Ribadeo, que este ano chega a súa VI edición. Unha das actividades, empregaba o cine como ferramenta para a prevención da violencia de xénero.

Apresentámosvos aqui, a curta gañadora do concurso de guións cinematográficos ” cine nas aulas contra  a violencia de xénero “.O concurso ía dirixido ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do Concello de Ribadeo

Os traballos finalistas foron os seguintes  guións:

  • 1º PREMIO: A PRINCESA QUE QUERÍA SER MULLER, (4º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
  • 2º PREMIO: TEMPOS ALEGRES, RECORDOS TRISTES (2º ESO B) COLEXIO SAGRADO CORAZÓN
  • 3º PREMIO: UN CAMIÑO DE EXPERIENCIAS, (2º ESO B) COLEXIO SAGRADO CORAZÓN
  • 4º PREMIO: AS PROTESTAS (2º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros.
  • 5º PREMIO: UN CAMBIO DECISIVO (2º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros

E deixámosvos o link onde podedes ver a curta ” A princesa que quería ser muller“. Ven acompañada dunha unidade didáctica, que temos a vosa disposición por se alguén quere  traballar esta temáticas nas aulas.

 

 

 

O xoves celebramos o dia internacional contra a violencia cara as mulleres.

Estamos inmersas na semán na que se vai conmemorar o 25 de novembro, o dia internacional contra a violencia de xénero. Multitude de actos organízanse desde diferentes entidades.

Fagamos un pouco de memoria:  o 25 de novembro foi declarado dia internacional contra a violencia no primeiro encontro feminista en Latinoamérica ( Bogotá, 1981). Elisiuxe o dia para non esquencer o asesinato das irmáns Mirabal, tres activistas asasinadas en 1960 a mans da policia secreta do ditador Trujillo na República Dominicana.

A violencia contra ás mulleres é unha realidade que abarca a todas as clases sociais, un problema que non é explicable polas características persoais e privadas senón pola situación estrutural de desigualdade real das mulleres na sociedade.

Desde a Concellaría da Muller do Concello de Ribadeo traballamos ao longo de todo o ano implantado accións  de prevención e mellorando a detección e atención ás mulleres vítimas da violencia.

Programación dos actos polo dia internacional contra a violencia cara ás mulleres:

19:30hPraza do Cantón. Pasarrúas amenizado polo grupo de música folk “ Tumba e Dalle”

20:30h- Casa del Viejo Pancho:  Recital poético e presentación dunha mostra de traballos coa temática da violencia de xénero do artista mariñán Celso Dourado.

Peche do acto e lectura do manifesto  contra a violencia cara ás mulleres.

A mostra de Celso Dourado poderá visistarse dende o xoves 25 de novembro até o 10 de decembro en horario de luns a venres de 10:00h- 13:00h e de 16:00 a20:00h.

A escola Municipal de Música de Ribadeo vai a adicar tamén o concerto de Sta Cecilia ( patroa das/os músicas/os) para conmemorar a data do 25 de novembro mediante o reparto de lazos moradas entre as persoas que asistan ao concerto e coa lectura dun manifesto.

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero

A ONG Save the Children lémbranos neste vídeo que na violencia machista non só hai unha vítima. No que vai de ano, segundo datos da propia organización, catros nen@s perderon a vida como consecuencia da violencia de xénero e 40 quedaron orfos.

Save the Children considera preciso visibilizar aos fillos e fillas das mulleres que sofren esta lacra. Malia que non sempre se atopen diante nos momentos nos que se producen as situación de violencia explícita, a violencia machista ten un grave  impacto no desenvolvemento psicolóxico e emocional dos nen@s.  As consecuencias van máis aló pois incluso durante o embarazo a violencia provoca un estrés na nai que pode afectar ao crecemento do feto.

“Durante a infancia, a exposición a estas situacións ten repercusións negativas significativas a corto, medio e longo prazo no desenvolvemento emocional, social, cognitivo ou académico, podendo afectar incluso ao funcionamiento  na vida adulta. Algúns dos seus efectos son: problemas de socialización, illamento, inseguridade, problemas de integración, pesadelos, insomnio, fobias, ansiedade, alteracións do desenvolvemento afectivo ou a interiorización de roles de xénero erróneos” explica Yolanda Román, Responsable de Incidencia Política de Save the Children.

Nalgúns casos, a consecuencia extrema desta violencia é a morte dos nen@s, normalmente xunto á da súa nai. Segundo datos do Centro de Estudos Reina Sofía, durante 2009 un 8% dos asesinatos de mulleres vítimas de violencia de xénero foron presenciados polos fillos ou fillas das vítimas.

 

Curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres

Abriuse o prazo de inscripción para poder participar no curso de alfabetización dixital, organizado polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Ribadeo e subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

O obxetivo deste curso é capacitar as alumnas no manexo do ordenador e as súas ferramentas, así como  na rede de internet facilitando a comprensión do seu funcionamento e estructura.  Trátase tamén de promover a utlización das novas tecnoloxias da comuniación (NTC)  de cara a facilitar a súa inserción e profesionalización no mercado laboral.

Hai prazas limitadas ( 15 prazas). Deberán de estar desempregadas  o 80% das alumnas, permitindóse que o 20%  restante se atopase nunha situación laboral activa por ter un contrato temporal ou un contrato a tempo parcial.

O período de inscrición estará aberto até o xoves 18 de novembro e o curso terá lugar   desde o 19 de novembro até 10 de decembro en horario de mañán.  ( 09:00- 11:00h)

Será impartido no Telecentro de Ribadeo, sito na Casa da Xuventude.

Máis información para inscribirse no curso:  no Centro de Información ás Mulleres ( 982.120 739 ) sito no Auditorio Municipal “ Hernán Naval “ de Ribadeo

I congreso sobre literatura e violencia de xénero

Aberto o prazo de inscrición para o I Congreso sobre literatura e violencia de xénro

Abrése o prazo de inscrición para o I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero: “De Miss Marple a Lisbeth Salander”, que  se desenvolverá en Santiago de Compostela os dias 24 e 25 de novembro. Resaltando a importancia da  novela como unha ferramenta  máis de utilidade para denunciar a violencia de xénero e sensibilizar ao público lector sobre a necesidade de rexeitar de forma clara e contundente a violencia contra as mulleres.

O obxectivo deste congreso é falar de literatura e de violencia de xénero desde dúas perspectivas diferentes: presentar unha panorámica deses espellos que nos proporciona a literatura e nos que se mira unha sociedade na que as mulleres teñen desempeñado sempre unha posición subordinada, como fillas, esposas ou nais, pero nunca como elas mesmas; e recabar opinións  do que está a ocorrer agora mesmo na literatura galega e española en relación con este grave problema da nosa sociedade.

As escritoras Angeles Caso, Susana Fortes. Fina Casalderrey, Nativel Preciado, Javier Reverte ou Xosé Carlos Carneiro, participarán os próximos 24 e 25 de novembro no I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero: “De Miss Marple a Lisbeth Salander”, que organiza  a Secretaría Xeral da Igualdade.

Durante estes dous días en Santiago reuniranse  especialistas na materia, como Mª José Porro ou Angeles de la Concha, e algúns dos escritores e escritoras máis reputados de Galicia e de España, como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Luisa Castro, Xosé Carlos Caneiro, Angeles Caso, Susana Fortes, Javier Reverte, Nativel Preciado ou Lola López Mondéjar.

Entre os temas que se van a abordar está a “Casuística e imaxinario da violencia contra as mulleres na literatura”, “Literatura  e mito na desarticulación da violencia de xénero”, “A violencia de xénero na literatura galega”, “A percepción da violencia contra as mulleres no discurso literario masculino”., “Os malos tratos na literatura” ou “O papel das escritoras e escritores fronte á violencia de xénero”.

O cine tamén terá o seu espazo,  e proxectaranse as catro curtametraxes premiadas polo Ministerio de Igualdade contra a violencia de xénero: Vive ou morre, de Lluc Puig-IES Ses de Cardedeu-Barcelona; Nunca é tarde para facerte valer, de Bianca Ancares-CEB Cerredo-Asturias; Senrazón, de Marta Blanco-IES Carlos Casares-Viana do Bolo-Ourense; e Sen pensalo dúas veces, de Mª Luisa Segarra, Saray Ferrer e Mª Dolores Olivares-IES Carrús-Elche-Alicante.

Durante o congreso tamén se presentará unha pequena guía de lecturas contra a violencia de xénero, onde están incluídas varias das obras dos escritores e escritoras que participarán no congreso, e tamén moitos máis. A guía, que foi elaborada polo instituto de ensino secundario do Carballiño, pretende converterse en material para recomendar lecturas á xente máis nova co obxectivo de que reflexionen sobre unha práctica que temos que erradicar coa sensibilización de toda a sociedade.

A asistencia ao congreso é totalmente gratuíta, aínda que é preciso inscribirse, ata o próximo 20 de novembroliteratura_e_violencia_4_11_2010

Ademais, o alumnado da USC poderá obter un crédito de libre configuración.

Ábrese o prazo para solicitar as axudas a actividades culturais, asistencia e benestar social

Subvencións en concorrencia competitiva en materia de cultura e servizos sociais.

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para que os destinatarios realicen as seguintes actividades:

Actividades culturais e de asistencia e benestar social, e con carácter xeral, todas aquelas actividades de interese para os veciños do concello que representen unha mellora da calidade de vida dos mesmos ou da cohesión social.

Dirixido:

Poderán solicitar estas subvencións: as entidades e asociacións sen finalidade de lucro, domiciliadas e inscritase no Rexistro Municipal de Asociacións; as persoas físicas ou colectivos para iniciativas temporais de interese cidadán, sen ánimo de lucro, sempre que, en ambos casos.

Excepcionalmente cando a actividade teña interese para o municipio, xa sexa de carácter social, económico ou humanitario, se poderá conceder unha subvención a entidades foráneas, ou non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

Lugar de solicitude:

As solicitudes de subvención deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo.

Prazo:5 de novembro de 2010

Podedes descargar os formularios e a documentación a presentar para a solicitude na páxina web do concello de ribadeo:

http://www.ribadeo.org/eadministracion/convocatoria.php?id=55&lg=gal