Arquivos mensuais: Febreiro 2013

Conversamos con Silvia Murias, poeta e coordenadora do caderno ” Rachando inercias”

 

Na última entrevista falábamos   cunha sondanorteña aficcionada á pintura. E desta volta, repetimos cunha sondañorteña, máis a súa arte está na poesía.

Conversamos con Silvia Murias, poeta e coordenadora do caderno ” Rachando inercias”  no que once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico para rachar coas inercias que sitúan as mulleres e a lingua galega nunha situación de inferioridade.

541192_205372409566389_1181607661_nSilvia Murias Gómez (Barakaldo, 1983) gaña ós 15 anos o primeiro premio no concurso de relato breve  Repsol a nivel autonómico e no ano seguinte obtén o segundo posto. Ós 18 anos comeza a escribir poesía, xénero que a leva a realizar en Xullo de 2011 o recital poético “Deconstrucción del dolor” e na actualidade o “rúacital” xunto a Héctor Peña e Víctor Villar.

Cómo  o teu proceso persoal no cal descobres na poesía un espazo de inpiración e de creación?

Penso que os meus sentimentos atoparon un roteiro de voz e tinta que agora non son quen de sortear. A poesía brindame ese tempo e ese espazo silencioso no cal me sinto libre de ser verdadeira. É o flow do que fala Mihalyi Csikszentmihalyi, o estado da creación.

Como psicóloga de corte humanista, persigo a autenticidade partindo da detección das propias necesidades, así este “ser poeta” constitúe para min unha arma marabillosa ca cal defenderme unha vez identificado o inimigo.

A qué anos comezas a escribir poesia e por qué só neste xénero? Non te chaman outros?  

Comecei coa poesia cando estudiaba en Santiago de Compostela, ós 18 anos. Antes escribía relato curto. Unha das críticas que recibía con asiduidade era que os meus relatos resultaban “moi densos e poéticos” así que decidín botar por terra esa barreira de respeto-medo que lle tiña á poesia, e aqui estou. Polo momento non xurdiu en min a necesidade de crear noutro xénero mais quen sabe a que mar irán desembocar as palabras no día de mañá.

Cómo definirías a túa poesia??

Emocional, sincera e valente. As veces di cousas moi duras, gústame ese volver a un poema e redescubrirme, pensar por exemplo ¿É así como realmente sentín esto? E ser capaz de conectarme e identificarme con esa emoción de novo. Hai moito de autocoñecemento na escrita propia.

Ti participas desde os inicios na plataforma cultural Sonda Norte.  Cómo encaixa este proxecto na túa aficción poética, que che da a nivel persoal?

 Sen dúbida o mellor que Sonda Norte me ten aportado foi a posibilidade de compartir rúa con Víctor Villar e Héctor Peña. A plataforma propiciou este encontro dos meus poemas coa guitarra de Héctor e as cancións de Víctor. Os nosos “Rúacitais” leváronnos da man de Sonda Norte dende as rúas ribadenses ata o culturgal en Pontevedra, e iso é sen dúbida a miña ganancia persoal máis valiosa.

Ti eres unha das persoas que fixo posíbel que os potenciais creativos de 11 mozas ribadenses se reuniran no caderno “ Rachando inercias”. Por qué esa iniciativa, qué descobres con este traballo?

A idea de facer o caderno xurdiu nunha das reunións de Sonda Norte, e aqui temos o resultado. Coido que cumprimos co obxectivo de facilitar a expresión de mulleres ribadenses desta xeración.

Síntome moi identificada con moitos dos traballos e gratamente sorprendida pola calidade artística das miñas compañeiras. O sábado 2 de marzo presentaremos o caderno en Compostela e pensar que se lle poida dar visibilidade mais aló do noso pobo resúltame máxico. Gracias Luisa, sen tí nada disto sería posible.

Cales son os teus referentes na escrita e concretamente no teu mundo, o poético?

Gústame dicir que son de relixión cortazariana. Para min Julio Cortázar é “o escritor” por antonomasia. Tamén disfruto de maneira especial con Pilar Pallarés, Mario Benedetti ou Charles Bukowski.

Gustaríache vivir da poesia? Podes adiantarnos se tes algún proxecto en mente sobre publicar algunha obra ??

Ademá¡s de psicóloga, traballo como xerontóloga clínica e a verdade é que me encanta o meu traballo, así que non, non me gustaría vivir da poesía, ainda que soaria bonito dicir:- son poeta de profesión. Levo un tempo barallando a idea de publicar, pero son bastante autoesixente. Polo momento, tentaremos facer mais rúacitais este verán e o día menos pensado lánzome a buscar editorial.

Advertisements

Este mes leeremos “ Maria Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana”

teresa-alvajar-lopez-memoria-una-republicana-l-za9fzj

O mes de febreiro xa vai chegando a metade, e nós aínda sen facer a suxerencia lieraria deste mes. Levamos un mes complexo con moito traballo, pero  proñémosvos un libro que o leeredes decorrido.

Asistin hai unha semana e medio a presentación do libro “ Maria Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana”, editado por Aurora Marco. É un libro fascinante, emotivo e lúcido.

 

Emotivo, polo que conta. Historias dunha muller que sufriu a represión polas súas ideas e  por ser muller e rachar cos estereotipos preestablecidos, co papel asignado á muller . Unha muller que soubo poñerlle cara a todos os atrancos atopados ao longo da súa vida. Ela loitou e loitou, nunca se rendiu, aíndas nas  circunstancias máis adversas.

Fascinante  porque ao longo das memorias escritas pola propia Mª Teresa aTeresa idade de 88 anos, quedas abraida ante a memoria desta muller, os recordos de todo tipo que siguen na súa cabeza. Lembra  veciñas/os, nenas  e nenos cos que compartiu xogos de infancia, a etapa de adolescencia, as amizades que procurou e coas que compartiu inquedanzas e tempos de lecer en diferentes cidades nas que lle tocou vivir  fuxindo tras o alzamento militar e durante a guerra e o franquismo.

E lucido, pola brillantez coas que narra cada detalle, cada historia. Unha historia contada desde as súas vivencias. Son moitas as novelas, ensaios recopilatorios, biografías de personaxes que  foron represaliados. Pero como acontece en case todos os eidos, sempre desde a perspectiva masculina, sempre desde o androcentrismo.

Teresa e Aurora MarcoA importante tarefa de devolver a voz desas mulleres, o seu contributo por unha sociedade xusta, democrática, con liberdades, por unha República. Elas tamén estiveron aí, elas tamén sufriron represión, elas non só foron meras acompañantes ou cómplices das súas parellas, dos pais, … senón que elas tamén participaron activamente, como suxetos activos.  Esta tarefa de investigación e difusión desas voces femininas que estaban silenciadas temos que agradecerllo en gran parte á filóloga e investigadora  Aurora Marco. Leva anos adicando o seu tempo a investigar e a dar voz a esas mulleres. O ano pasado  co libro “ Mulleres na guerrilla antifranquista galega”  que foi a nosa recomendación literaria en xaneiro de 2012  e este ano contribuindo como editora ao libro de Teresa  e de seguro que nos agardan máis sorpresas…

Rematamos  pois, suxeríndovos a lectura deste libro dunha muller  que non vos vai  deixar indiferentes. Unha muller que  añorou a súa terra e a sigue pensando nela desde a súa residencia en Sevilla, unha muller que se caracteriza polo seu compromiso e paixón pola terra, como así reza o  título do video realizado por Pablo Ces para as presentacións do libro.

 

 

Cúmprense anos do nacemento en 1921 da escritora estadounidense, teórica e líder do movemento feminista estadounidense dos anos 60 e 70, Betty Friedan

Betty MistiqueHoxe 4 de febrero cúmprense anos do nacemento en 1921 de Betty Friedan da escritora estadounidense e teórica e líder do movemento feminista estadounidense dos anos 60 e 70.

Betty Naomi Goldstein,máis coñecida como Betty Friedan, naceu en Peoria, Illinois o 4 de febreiro de 1921 e faleceu o mesmo día de 2006 á idade de 85 anos.Betty friedan 3

Graduouse cun summa cum laude no Smith College e realizou o seu traballo de posgrao en psicoloxía na Universidade de California, Berkeley. Contribuiu a crear a primeira Organización Nacional de Mulleres en Estados Unidos ( NOW)
que presideu até o 1970. Colaborou tamén na Fundación de NARAL ( Asociación Nacional para a Revogación das Leis contra o aborto). En 1971 contribuiu ao lanzamiento do National Women’s Political Caucus (Comité Político de Mulleres).

Pero, sen dúbida algunha, o nome de Betty Friedan vai ligado a unha obra única, un libro revolucionario que a lanzou á fama e quedou como un fito na historia do feminismo. A obra que  convirte a Friedan nun icono na historia da muller, foi  A Mística da feminidade (The Feminine Mystique), manifesto visionario publicado no 1963 que fixo tremer os cimentos dunha sociedad estadounidense que se enfrentaba por aquel entón ao baby boom posbélico e a intensos conflictos raciais e sociais pola consecución dos dereitos civís.

Betty friedan SeloO libro atopábase no 1999 no posto 37 da lista da Universidade de Nova York como un dos mellores traballos periodísticos do século XX. A carga teórica da obra mezclábase cun estilo literario impecable e unha forza expresiva conmovedora. Todo esto fixo que no ano 1964 Betty Friedan recibirá o prestisioxo premio Pulitzer polo seu traballo A Mística da feminidade
O feminismo norteamericano estaba inactivo , despois de rematar como movemento vital nos Estados Unidos ao alcanzar o dereito ao voto.
Como dixo a propia Betty Friedan, as palabras “feminista” e “muller de carreira” convertíronse en insultos. Neste contexto, foron a obra de Friedan e a la da pensadora existencialista francesa Simone de Beauvoir, El Segundo sexo, as que abriron un novo camino sentando as bases do feminismo moderno e dando lugar ao que se chamou a ” segunda ola do feminismo”.

Ademais da A Mística da feminidade (1963), Friedan escribiu seis libros máis, entre os que destacan A segunda fase ( 1981), A fonte da idade ( 1993) e  A miña vida até agora ( 2000).

Falemos un pouco de “ A mística da feminidade”

A aseveración da autora feminista de que ter un esposo e bebés non era todo ao que as mulleres deben aspirar, senón que tamén necesitan desenvolverse individualmente, foi sumamente inusual, por non decir revolucionario, pouco despois da xeneración da posguerra da época do presidente Eisenhower, na que se produce un incremento na tasa de natalidade.

A mística femenina, dixo , non é máis que unha forma da sociedade de embaucar ás mulleres, vendéndolles unha serie de bens que as deixan vacías, padecendo “do problema que non ten nome” e buscando solución nos tranquilizantes e na psiconálise.

Como di Lilí Álvarez no prólogo á edición española da obra, a mística é unha La mistica de la feminidad“bonita mentira” que pretende “recruir á muller dentro do círculo fogareño, reducida así á rotina das súas faenas invariables e a participar no avance do mundo, non por sí mesma, senón tan só a través do marido e dos filos”.

Para finalizar esta pequena homenaxe á memoria dunha muller que loitou polas mulleres, que alzou a voz contra todos tratando de dar resposta a ese problema ao que tampouco ela soubo nomear:

“ Á muller ensinouselle a compadecer a aquelas mulleres neuróticas, desgraciadas e carentes de feminidade que pretendían ser poetas, médicos ou políticos. Aprendeu que as mulleres verdadeiramente femininas non aspiran
a seguir unha carreira, a recibir unha educación superior, a obter os dereitos políticos, a independencia e as oportunidades polas que loitaran as antigas sufraxistas.   […]
Miles de voces autorizadas aplaudían a súa feminidade, a súa compostura,a súa nova madurez. Todo o que tiñan que facer era adicarse desde a súa máis temperá idade a atopar marido e a ter e criar fillos”. ( pax. 29- 30)