Arquivo por etiquetas: deportes

As mulleres gañamos espazos e posicións correndo. As maratóns e a participación feminina.

Estes días circulou polas redes socias esta foto de Katherine Switzer. Foi unha corredora que non dubidou en desafiar as normas establecidas no 1967 para  poder correr nunha maratón, xa que até ese momento o aceso das mulleres a participar nese tipo de probas estaba prohibido.

Era o ano 1967, e celebrábase a maratón de Boston, cando esta muller se inscribiu como  KV Switzer  para ocultar a súa verdadeira identidade . Cruzou a  liña de saída  co  dorsal 261 no coma  se  fose  un corredor máis. Pero Kathrine pasou á historia cando un  dos  xuices a metade da  carreira ( no Km. 4 )  deuse  conta e  saltou  tras ela  para detela. O  codirector da proba abalanzouse  sobre ela e berroulle : “Fóra da miña  carreira”.  Máis o resto de corredores impediullo e a  “escoltaron” para que puidera  rematar a  carreira, cun tempo de 4 horas e 20 minutos. A fotografía deste momento  deu  a  volta ao mundo. E marcou  precedente histórico.

Katherine Switzer correu  35 maratóns, gañando o  maratón de New York en 1974, e  acadando a súa mellor marca, 2:51.33, cando quedou segunda en 1975 no maratón de Boston. É a muller  coa sexta mellor marca do mundo.

Desde entón Kathrine Switzer  adicouse  a  loitar  contra a desigualdade  entre mulleres e hombres, organizando carreiras en 27 países, Avon International Running Circuit, nas  que  participaron máis de 1.000.000 de mulleres, até  que acadou  en 1984 que  a maratón feminina fora proba olímpica.

Hoxe en día adícase a organizar carreiras por todo o mundo e sigue inculcando ás mulleres o verdadeiramente importante que é facer deporte e cómo non, comenzar a correr.

Un pouco de historia sobre a participación das   mulleres nas maratóns :

Entre as carreiras máis agotadoras de fondo están a maratón e o campo a través ou cross. A 1º maratón da historia olímpica celebrouse en Atenas en 1896 desde a cidade de Marathon até Atenas ( 42 km). A 1ª maratón feminina xógase desde os xogos de Los Ángeles ( 1984)

Cando aínda non foran  admitidas as mulleres nos campionatos oficiais, Grete Waitz demostrou  que tamén podían brilar  nesta distancia. En 1978 gañou a súa  primeira maratón de New  York –rematando  primeira alí en nove ocasións–, cun crono de 2:32:29, que rebaixaba en dous minutos o récord do mundo. Logo melloraría até catro veces o récord mundial, sendo a  primera campioa do mundo en 1983 e  subcampioa olímpica en 1984.

Nos  Ángeles en 1984  debutou  a  maratón femenina  nos  Xogos  Olímpicos. Joan Benoit, que se  inciara na carreira a pé  como unha forma de rehabilitación tras fracturarse unha perna mentras esquiaba, convertiuse  na primeira campioa. Cando  Joan Benoit gañou a medalla de ouro nesta primeira maratón olímpica para mulleres cun tempo de 2:24:52, o seu tempo gañaría 11 das 20 maratóns olímpicas anteriores para homes

A historia das mulleres no deporte sigue o mesmo decorrer negativo que no resto das disciplinas. Foron moitos os prezuízos que debeu superar até chegar ao momento actual no que as mulleres ocupan un espazo  relevante no mundo deportivo, pero aínda quedan moitas condicións, premios e trato  diferenciados e discriminatorios con respecto aos homes que hai que mudar.

 

Advertisements