Arquivo por etiquetas: condena

O CIM de Ribadeo amosa a súa repulsa ante o último caso de violencia machista rexistrado en Lugo

A Concellaría da Muller e máis o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo queren amosar a súa máis enérxica condena e repulsa ante o último caso de violencia machista rexistrado en Lugo.

Cada un dos casos que se producen de violencia de xénero supoñen un ataque contra a dignidade das mulleres polo que debe ser claro e contundente o rexeitamento por parte do conxunto da sociedade. Así mesmo cómpre lembrar que os entornos familiares, laborais ou de amizades non poden permanecer alleos ante situacións de violencia machista.