Arquivos mensuais: Febreiro 2011

II Xornadas sobre información e xénero

Dende a información política á económica, dende as novas sobre tecnoloxías aos deportes, as Xornadas abordarán este ano a necesidade dun xornalismo especializado e elaborado dende a perspectiva de Xénero.

A iniciativa xuntará a expertas e expertos en Comunicación e Xénero con profesorado e profesionais dos máis diversos ámbitos disciplinarios
Onde estás as mulleres nas noticias sobre política, economía, novas tecnoloxías ou deportes? As II Xornadas sobre Información e Xénero, que terán lugar na facultade de Ciencias da Comunicación do 21 ao 25 de marzo de 2011, analizarán a necesidade dun xornalismo especializado e elaborado dende a perspectiva de xénero, como mellor ferramenta para visibilizar o papel das mulleres na sociedade e loitar contra o sexismo e o androcentismo actuais dos medios de comunicación.
As Xornadas xuntarán a expertas e expertos en Comunicación e Xénero con profesoras/es procedentes das máis diversas áreas disciplinarias: política, economía, xustiza social, saúde, medio ambiente, novas tecnoloxías, e deportes. Serán, polo tanto, de interese tanto para alumnado e profesionais ligados ás Ciencias da Comunicación como para todas e todos aqueles que desexen unha achega coral e interdisciplinar á perspectiva de xénero.

Concienciar, formar e especializar na aplicación transversal da perspectiva de xénero nos medios son os principais obxectivos destas xornadas. Nelas reflexionarase sobre a necesidade de incardinar a perspectiva de xénero de maneira transversal nos contidos dos medios de comunicación, nas súas máis diversas seccións e áreas. Achegaranase así mesmo instrumentos para a reflexión crítica sobre o traballo actual dos medios e estratexias para incardinar a perspectiva de xénero nos seus contidos.
A organización, a cargo do grupo de investigación CIDACOM, vén de abrir o período de inscrición. As alumnas e alumnos da USC poderán obter un crédito de libre configuración. A selección farase por orde de inscrición.
Máis info en http://infoxenero.blogaliza.orgcartaz

Os soldos das mulleres seguen sendo inferiores aos dos homes

O salario das mulleres en Galicia mantense un 23,1% por debaixo do que perciben os homes o que en termos absolutos significa arredor de 4.700 euros menos cada ano. O 33,5% das mulleres perciben ingresos iguais ou menores có salario mínimo interprofesional mentres que no caso dos homes esta porcentaxe baixa até o 21,2%. Son datos que fai públicos un informe do sindicato UGT-Galicia co gallo do Día Internacional pola igualdade salarial que se celebra este martes 22 de febreiro.

O informe apunta tamén algunha das causas que provocan esta evidente desigualdade: as mulleres ocupan postos de menor valor engadido, con contratos precarios, cunha elevada taxa de temporalidade (no cuarto trimestre de 2010 chegaba ao 28,8% no caso feminino mentres que a porcentaxe de temporalidade masculina se situaba no 22%) e incluso a igual traballo mantense a diferenza salarial.

Á luz destes datos aparece de novo o teito de cristal. A muller só ocupa o 3,7% dos cargos de responsabilidade e tan só forma parte do 4,6% dos consellos de administración das 300 empresas máis importantes do Estado español.

As desigualdades no mercado laboral trasládanse ás contías das pensións. Malia que cada vez son máis as mulleres que se incorporan ao mercado de traballo só un 45% delas, no conxunto do Estado, conta cunha pensión mentres que a porcentaxe masculina chega ao 80%. En Galicia a contía das pensións que perciben as mulleres é, de media, un 26,1% inferior á dos homes.

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo chama ao esforzo conxunto, entre todos os axentes políticos e sociais así coma a sociedade civil, para reclamar e traballar en prol da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes en todos os eidos da vida e durante todos os días do ano.

A muller vive máis,pero con peor calidade de vida

A  sobrecarga física e  psicolóxica polo seu  rol de coidadoras, o impacto sobre a saúde da denominada “dobre xornada”, a depresión e os accidentes  no fogar son problemas en progresión nas  mulleres.


O estudo realizado polo Instituto da Muller sobre a saúde das mulleres no Estado vén a reflectir as seguintes conclusións:

Esperanza de vida e mortalidade:A esperanza de vida da poboación femenina española é alta – 83,5 anos ao nacer  e 21,1 anos aos 65 anos – comparándoa tanto cos varóns coma co resto das mulleres europeas. A evolución nos últimos 25 anos  uniforme e sostida que  nos homes debido á máis baixa mortalidade en idades temperás, sendo a supervivencia nas idades maduras e avanzadas no aspecto clave nesa evolución. Sen embargo, os anos de esperanza de vida en boa saúde ao nacer son superiores  nos homes (56,3 años) que nas mulleres (53,9 años) e tamén aos 65 anos.

Ademais, ao ser maior  o  horizonte de vida nas  mulleres,  e maior  o número de anos que viven en malas condicións de saúde, a  muller vive máis, pero  a súa  maior lonxevidade  acompáñase de discapacidade  e  mala saúde, e o inicio desa mala calidade de vida prodúcese a unha idade  máis temprana que nos homes.As enfermedades do sistema circulatorio e  os tumores supoñen as principais causas de morte en homes e mulleres, ainda que  con diferente incidencia. En mulleres,as enfermidades do sistema circulatorio supoñen a  primeira causa de defunción (2,52 por cada mil mulleres), os tumores a segunda causa de morte (1,59 mulleres por mil) e  as enfermidades do aparato respiratorio a terceira (0,69 por mil). O cáncro é  a primeira causa en número de anos potenciais de vida perdidos pola muller, case a metade dos perdidos por todas as causas de morte.

Morbilidade: saúde percibida:  O xénero ten  unha influencia determinante na percepción do estado de saúde. Esta é peor na  muller que no home, sexa cal sexa  o grupo de idade ou  a categoría de clase social, nivel de estudos ou situación laboral á  que pertenzan. Estas variables teñen ademais unha influencia significativa na saúde percibida. A percepción negativa da saúde por parte da  muller é crecente coa edade e   a medida que disminúe o estatus socioeconómico ou o nivel de estudos rematados, tamén aumenta nas mulleres desempregadas ou adicadas principalemente ás tarefas do fogar.

Morbilidad: calidad de vida relacionada coa saúde: As componentes de calidade de vida relacionadaa salud donde las diferencias, según género, son mayores son la percepción del dolor, de la forma física y de los problemas emocionales. Estos resultados están asociados al patrón diferencial de morbilidad en la mujer, con mayores prevalencias que los hombres de dolor, fatiga o problemas de salud mental.

Morbilidade: problemas crónicos e limitación da actividade: A  peor percepción do  estado de saúde non responde só  a unha valoración subxetiva da muller, senón  que está asociada a unha maior carga de enfermedade e   limitación da actividade  por problemas de saúde. Esto  acontece  desde edades temperás, a presencia de problemas crónicos é crecente coa idade  e supera o 50%  xa no grupo máis xoven de mulleres de 16 a 24 anos.

Controlando o efecto de variables como a edade, a clase social, o nivel cultural ou a situación laboral, a muller é 1,8 veces máis probable que presente algún problema crónico e 1,5 veces máis probable que vexa limitada a  súa actividade a causa ese problema.

A sobrecarga física e  psicolóxica polo  rol de coidadoras da población de calquer idade, o impacto sobre a saúde da denominada “dobre xornada”, a depresión e  os accidentes no fogar son problemas en progresión nas mulleres.

Hábitos e  estilos de vida: O 23,9% das mulleres fuma habitualmente, un 28% menos de forma relativa que a prevalencia observada nos homes. O 35,6% das fumadoras  conseguiu abandonar o hábito, un 8% menos que a población masculina. Esta cesación  incrementáse  linealmente ao aumentar a idade e  disminúe nas mulleres de menor nivel de estudos e  con clase social máis baixa.Unha de cada catro mulleres durme de maneira insuficiente (menos de sete horas ao día), un 19% superior á  frecuencia axustada pola  idade observada nos homes.A percepción de descanso insuficiente é un 53% superior.

En consecuencia, os hombes teñen conductas menos saludables que as mulleres no consumo de sustancias como o tabaco o o alcohol, ainda que esto está cambiando na poboación máis xoven.

Os  tempos adicados ao traballo productivo e  reproductivo, ao ocio e  ao descanso, entre homes  e  mulleres, teñen como  consecuencia tamén na  posibilidade de mantér hábitos saudables.

Utilización de servicios sanitarios e consumo de medicamentos: Nove de cada dez mulleres de 16  e  máis anos (89,4%) pasa algunha vez por unha consulta médica ao  longo dun ano.Non existen diferencias entre homes  e  mulleres na utilización de consultas de especialistas  nos  intervalos superiores de idade. A partir dos 55 anos, a mair morbilidade da muller canalizase a través das consultas de atención primaria e, por debaixo desa idade, a diferente utilización das consultas de especialistas débese casi exclusivamente á atención á saúde reproductiva. As medicinas para a  dor son o medicamento máis consumido pola muller. Síguenlle en importancia as medicinas para a tensión arterial (18.0%)e os tranquilizantes, relaxantes e  pastillas para dormir (14.0%).

O diferencial de consumo da muller co home no uso de  medicinas para a dor  significa casi o dobre. Este diferencial é ainda  maior no consumo de tranquilizantes, relaxantes e  pastillas para dormir, na que a porcentaxe de mulleres con consumo excede en máis do dobre ao porcentaxe obtenido en homes.

De que depende???

O Concello de Ribadeo a través das delegacións de Igualdade e Servizos Sociais vai a poñer en marcha un programa dirixido á prenvención da dependencia das e dos maiores dos nosos fogares.

Trátase de incentivar e promover unha mellora na calidade de vida das persoas mais maiores, entendendo que debemos de traballar a nosa saúde para vivir mais anos en mellores condicións. Por todo isto, desenvolveranse unha serie de obradoiros  de varias sesións  en todas as parroquias do Concello.

Este programa está dirixido a aquelas persoas maiores e non tan maiores  que queiran manter e reforzar as súas capacidades, de forma que poidan desenvolver a súa vida persoal e social sempre durante o maior tempo posible.

Con este programa queremos axudar as persoas maiores a potenciar as súas capacidades de mobilidade, percepción e memoria, para contribuir a súa autonomía persoal e vida social. Pretendemos fomentar a incorporación de hábitos saudables á vida diaria das persoas.

Queremos achegar ás actividades aos/as veciñas/os, e por iso contamos con obradoiros coa mesma temática repartidos ao longo do territorio e dos núcleos rurais e urbáns do Concello. En concreto hai oito  obradoiros de Benestar e seis   obradoiros  de memoria . E tamén hai tres   Obradoiros de 20 h de duración dirixidos as persoas coidadoras, xa que actualmente,  a sociedade ve incrementarse o número de persoas en situación de dependencia. En moitos casos, son as familias as que asumen a responsabilidade de facerse cargo da situación. Sen embargo, as persoas que teñen ó seu  cargo un familiar en situación de dependencia expóñense  a un gran desgaste físico e psicolóxico. A miúdo levados pola necesidade do momento descoidan a súa propia saúde.  E con estes obradoiros queremos darles información práctica e de utilidade para a vida da coidadora / coidador ( ainda que maioritariamente esta labor recae sobre as mulleres, consecuencia da  desigualdade entre mulleres e homes). O obxetivo é propiciar unha mellora na súa calidade de vida como no desempeño da súa labor, e contribuir a que poida conseguir un tempo de calidade para él mesmo, o que repercutirá positivamente na persoa coidada e na súa familia.

Máis información en: 982.120808 ou 982.120.739