Arquivo por etiquetas: CIM

Marzo en lila.

DiaDaMulher2Comezamos o mes cargado de actividades e moitas máis que virán que adiantaremos no seu momento. Desde ás áreas de Cultura, Igualdade e Mocidade levaranse a cabo unha serie de accións ao longo de todo o mes de marzo dirixidas á conmemorar o Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo. Por iso, imos chamarlle a este mes, Marzo en lila. Marzo desde outra óptica, desde a visión lila que pretendemos achegar á cidadanía e as xeracións máis mozas. Queremos un Día internacional das Mulleres con sentido e significado. Que o oito de marzo non quede nun acto meramente testemuñal. Facer do oito de marzo todos os días do ano!! Iso queremos. Si, obxectivo extremadamente ambicioso. Máis temos a forza, gañas e ilusión alo menos para intentalo.

7 de marzo, actividade do alumnado do ciclo de Educación Infantil do  CIFP Porta Da Auga

Mañán día 7 de marzo hai prevista unha actividade para o alumnado de O libro dos porcosEducación Infantil.Grazas ao 2º curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga, e a súa profa, Cristina del Prisco por organizalo haberá un contacontos centrado no “Libro dos Porcos” de Anthony Browne.Este conto achéganos desde un punto de vista non sexista as personaxes para comprender a importancia da igualdade de xéner, á par que ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.

20 de marzo,O ratiño presumido” . Contacontos teatral para Infantil

A gran Lilí Gruyére ven de recibir un importante encargoprofesional: a dirección o ratiño presumidodo Musical” a ratiña Presumida”. Despois de reflexionar sobre os valores que transmite este conto decide facer a súa propia versión: “ o Ratiño  Presumido”, que será representado no coles  coa axuda  dos profesores e profesoras.Este contacontos será representado pola compañía tetral Trinketrinke .

24-29 de marzo:  obradoiro de manexo e creación de espectáculo de títeres para Primaria

Utilizarase o teatro entendido este como un instrumento de sensibilización titerese cambio social aplicado á educación en igualdade.

A actividade consiste na creación por parte do alumnado participante  dun  espectáculo propio de monicreques. O alumnado elaborará o propio espectáculo de monicreques, desde o deseño do guión, dos materias até a  representación final do mesmo.

O guión versará sobre contidos en igualdade. Son sketchs teatrais breves que logo terán que representar.  Desta forma poden aprender, falar, discutir e avanzar  nos valores da igualdade e non discriminación hacía ás mulleres dunha forma amena, didáctica e  moi efectiva

16 de  marzo:  obra de teatro :    “ As do peixe”.

As do peixeAs do peixe” é  unha obra orixinal de Cándido Pazó que leva aos escenarios  a  compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. A peza conta coa  dirección de Cristina Domínguez, a escenografía de Carlos Alonso e coas  actrices Mónica Camaño, Rocío González, Susana Dans  e Casilda Alfaro nos papeis protagonistas. É un viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, basada en  testemuñas reais da  vida nas fábricas a partir dos  anos setenta e contada desde o momento actual.

Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e  Tere, reúnense periódicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de rememorar  o seu pasado laboral e o  de tantas mulleres que, despois de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechase, despois de moitas loitas  e  desenganos,  atopáronse sen traballo e sen posibilidades reais  de volver a recuperalo. A súa historia, e a  de moitas outras  mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, amosan unha realidade: o derrumbe dunha economía e  dunna maneira de vivir.

Lugar: Auditorio Municipal Hernán Naval

Hora: 20.30h

Prezos entradas:

  • 3,5€ para persoas desempregadas
  • 5€ para público en xeral

 

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.

 

Dous anos de andaina na eira dixital. O blogue Ribadeomuller celebra o seu II aniversario

Dous anos de andaina nas redes,  máis de setecentos días creando, difundindo, vindicando, enraizando e visibilizando espazos aillados, ocultados e silenciados.

O Ribadeomuller está de  aniversario, fai dous anos do seu  nacemento, da  posta en marcha deste recurso dixital para substituír dalgunha forma o Ribadeomuller en papel, imposibel de soster  nunha área xa en permanente crise antes de que estalara  o boom da especulación financieira e económica que está a derrubar  o erguido nos últimos tempos.

Desde aquel ano 2005 no que decidimos crear un boletín para difundir e publicitar as accións e iniciativas que se facían desde o Concello na área de igualdade, noutros puntos da xeografía galega e do resto do mundo a era dixital deu grandes pasos e instalouse case de forma perpetua e como un recurso  cuase necesario e imprescindibel nas nosas vidas. Froito desa adaptación e de circunstancias extemporáneas  naceu este  recurso dixital, este blogue informativo do qué acontece no noso  Concello no ámbito da igualdade.

Pero este blogue Ribadeomuller vai moito máis alá. Con el dámoslle  difusión as nosas inicativas e proxectos,  e a outros proxectos da contorna.   E neste último ano fumos incorporando novos elementos para facelo máis atraínte. Así facemos todos os meses unha suxerencia sobre unha lectura en calquer xénero, comenzamos tamén  a desenvolver entrevistas ás persoas protagonistas dos proxectos e iremos incorporando pouco a pouco novos apartados. Porque o blogue Ribadeomuller vai medrando co pasar dos días, non se estanca, non se oxida, … vai reinventándose .

Un total de 11.686 visitas leva este blogue.  Con respecto ao ano pasado por estas alturas levamos medio millar de visitas máis. Imos lentamente pero avanzando.

Dous ou tres post  á semán ven a ser a nosa media informativa. Sigue fallándonos a participación,  xa que quixeramos facer algo máis dinámico, máis interactivo. Seguiremos na súa procura!! Este ano, a Concellaría de Igualdade a iniciativa da Concellaría de Novas Tecnoloxias  creou uns perfís propios nas redes sociais, tanto no Facebook como no Twiter, contribuíndo así a unha maior difusión do Ribadeomuller.

Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas a todas aquelas persoas que nos seguides, que nos ledes dia sí e día tamén. E estamos abertas as vosas suxerencias, opinión… Agardamos por elas!!

 

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo xa ten perfil nas redes sociais do facebook e do twitter!! Agardamos que nos sigades!! Contamos con todas e todos vós para esta nova aventura na rede!!

Estamos sumerxidas/os na era dixital, no século das novas comunicacións, onde todo nos chega nun instante, a información de calquer lugar do mundo,  a comunicación con persoas que están a miles e miles de kilómetros de distancia, …

Comentarvos que  a Concellaría de Igualdade xa ten un perfil na rede do Facebook e do Twiter, que leva por nome, o do blogue Ribadeo Muller. Buscádenos e seguídenos para compartir información, reflexións, para que nos fagades peticións, suxestións,críticas…

Pero, todo ten uns límites, e temos que saber usar as novas tecnoloxías. Hai que depurar e filtrar informacións ( non todas as páxinas teñen a información correcta ). Por exemplo, cando imos á ver á médica/o, e escoitamos algo fóra do normal, o primeiro que facemos en buscar en internet datos sobre a dolencia. Nin toda a información  que aparece na rede é boa desde o punto de vista científico, nin somos capaces de entender e interpretar os datos porque nos faltan coñecementos específicos para a súa interpretación.

Outro dos problemas que poden darse co mal uso, é o control  das persoas. Saber  o qué fai en cada momento a túa parella, tela controlada polo localizado xeográfico e convertindo eses datos no stándar de veracidade da relación, esquezéndonos do fundamental, da confianza como base de calquer relación e máis dunha de parella. Ese control, pode ser un indicativo de que a relación non é sana, e pode derivar nun futuro en posibel violencia psicolóxica, física… Así que tede coidadiño, e andade espertas, mantendo sempre a vosa autonomía, o voso espazo!!

Deixámosvos un corto sobre a utilización do whastapp para controlar a parella!!

” Nos anos do whatsApp, existe a lenda do  dobre check. Historia de amor co  WhatsApp como protagonista. Comedia
Director : Paco Caballero
Actores: Miki Esparbé e Mariam Hernández”

A información fainos máis libres. Comenza unha nova etapa do boletin Ribadeomuller

Escomenzamos unha nova etapa do boletín Ribadeomuller. Un boletín, que se enviará por correo electrónico, e  que se repartirá en lugares públicos do Concello, como os centros de ensinanza, escola de música, biblioteca, telecentro… Tamén chegará as parroquias, a través da vogal que represente a asociación de veciñas/os e para aqueles/as que estades inmersos no mundo dixital poderedes velo no noso blogue Ribadeomuller.

 O Ribadeomuller, saliu  a rúa en outono do ano 2006. Fixo cinco anos da súa publicación  que se foi transformando  e adaptando as circuntancias co paso do tempo. Nos seus inicios era unha revista, despois pasou a ser un xornal, e finalmente o ano pasado, en xullo do 2010, ante a imposibilidade económica de mantér o  formato papel  convirteuse nun blogue:  blogue “Ribadeomuller”. Agora, queremos  seguir mantendo ese blogue, pero ademais queremos completalo con este  boletín  de catro páxinas que recompile todas as actividades que se oferten desde a Concellería de Igualdade, e as novas relevantes para ás mulleres.

 A información é unha garantía para  facer mulleres, e persoas máis libres, máis sabias.

 O Ribadeomuller blogue, e o Ribadeomuller boletín, que terá unha periocidade mensual están a túa disposición. Podes realizar calquer suxerencia, opinión, reflexión, ….   Ti tamén podes participar no Ribadeomuller!!

newsletter_RM_1