Arquivos mensuais: Outubro 2011

Abrése unha nova etapa no Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo.

No ano 2005 creábase o Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo. Desde aquela, son moitas as persoas que teñen participado neste órgano.  A todas elas, queremos agradacerlle a súa colaboración e as súas aportacións e o seu compromiso pola procura dun Ribadeo  en Igualdade.

O pasado xoves, constituíuse por terceira vez este  órgano de participación cidadá. Nomeáronse 32 persoas  titulares ( máis cerca de 25 suplentes ). Superouse o número de persoas que van conformar este organismo. E aínda hai algunha parroquia que ten pendente o nomeamento das vogais.  E si ben, no aspecto cuantitativo sobrepaouse consonte a outras lexislaturas, temos que dar un paso máis a hora de traballar, e de facer propostas desde o Consello.

Nesta terceira época do Consello, queremos que sexa un órgano onde a participación emane da base, do conxunto de persoas que  o integran. Estes anos pasados caracterizarónse por unha participación moi boa,  en canto a asistencia as xuntanzas. Arredor do 75% das vogais asistían ás xuntanzas. Pero, faltaba esa participación máis activa, en canto, a iniciativas xurdidas desde as propias entidades  representadas. Teñen que ser as vogais quén propoñan, suxiran actividades para o noso Concello. E nese sentido, traballaremos nesta nova andaina.

Na sesión contituínte elixirónse as coordenadoras das comisións que integran o Consello, e máis a vicepresidencia, que recaeu na representante de Saúde, a compañeira Mª del Mar González. A presidencia do Consello, recae na Concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, impulsora deste órgano desde o seu inicio.

Créase unha Rede de Centros Transfronteirizos de Dinamización Integral para as Mulleres entre Galicia e Portugal.

Este mesmo ano entrarán en funcionamento catro centros de dinamización integral, que estarán en Tui, A Cañiza, Monterrei e Vilaverde. Estos centros teñen unha poboación portencial de  430.800 mulleres que residen nas comarcas do Baixo Miño e Paradanta (Pontevedra), na comarca de Verín (Ourense) e nas subrexións portuguesas de Minho-Lima e Cávado . A Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres vai por a disposición das usuarias estruturas compartidas para optimizar os recursos e as políticas de igualdade de oportunidades  e  de prevención da violencia de xénero a ambos lados da raia. Esta iniciativa, baseada no criterio colaborativo de compartir equipamentos e recursos, é resultado do compromiso das administracións de Galicia e Portugal a través do proxecto CEDIM, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEP, 2007-2013.

O espazo territorial transfronteirizo no que se desenvolve este proxecto é un área de ampla tradición colaborativa e estreitos vínculos sociais, económicos e culturais que, por primeira vez a través do proxecto CEDIM, van facerse extensivos ás políticas de igualdade de oportunidades para a poboación feminina.

O perfil sociolaboral das mulleres que residen nesta zona xeográfica participa dos roles tradicionais de xénero. As mulleres son as que maioritariamente se ocupan do labor doméstico, especialmente nas zonas onde predomina a poboación máis envellecida e son tamén elas as que atopan maiores dificultades de empregabilidade nun territorio que demanda perfís con baixa ou pouca cualificación.

Para mellorar a cualificación, as condicións de empregabilidade, o emprendemento e as oportunidades das mulleres cun criterio de eficacia, estes centros transfronteirizos adecuarán as actividades dinamizadoras ao perfil das demandantes, en eidos como a formación ou a orientación laboral.

Xa está en funcionamento a nova web da “Rede Transfronteiriza de Centros Dinamizadores para Mulleres” no enderezo www.redecedim.eu,  que se converterá na ferramenta de comunicación e difusión do proxecto na rede. No vindeiro mes de decembro pórase en marcha un boletín electrónico, ao que poderán subscribirse as persoas interesadas e que lles permitirá recibir regularmente no seu correo as últimas novas e actividades da Rede CEDIM.

Temos por diante todo un futuro por compartir en igualdade!!

A Concelleira de Igualdade e máis as persoas representantes dos Centros de Ensino, presentaron públicamente a séptima edición da campaña “ Un futuro por compartir en igualdade”.

 Hoxe presentouse públicamente, a VII edición da campaña de sensibilización en Igualdade nos centros educativos no Concello de Ribadeo. A Concellería de Igualdade ven apostando desde hai sete  anos por esta campaña  “ Un futuro por compartir en Igualdade” que este ano conta con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Entendemos que  a promoción da Igualdade entre mulleres e homes debe facerse desde idades temperás. Ademais estamos a ver con preocupación os altos índices de violencia de xénero entre xente nova.

Vánse a levar a cabo, como ven sendo habitual actividades para todas as etapas educativas. Desde contacontos para as e os máis pequenos, os de educación infantil, até obradoiros para o alumnado de Primaria. E para os de Secundaria , continuaremos co  concurso de guións cinematográficos, que éste  ano xira arredor da temática da corresponsabilidade.

A Escola Municipal de Música, coincidindo coa patroa da música, Sta Cilla, voltará presentar de novo o concerto didáctico “ En clave de muller” . Haberá dúas sesións, unha pola mañán, desta volta, só para o alumnado de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino do Concello, e outra sesión aberta ao público pola tarde.

Tamén contaremos coa presenza da artista e comunicadora Pamela Palenciano, quén  realizará un Taller dirixido ao alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO, ademais de traernos a súa exposición “ No sólo duelen los golpes”.

Tedes máis información neste dossierdossier VII edc

Mulleres no mundo, chega a súa III edición centrándose na situación das mulleres en Latinoamérica

 

Hai xa tres anos, que o Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa UNED de Foz, leva organizando un ciclo de cine  para achegarnos ás realidades das mulleres noutras partes do mundo. Se nas edicións anteriores,  os films centráronse nas mulleres do mundo árabe, este ano xirará arredor dos países do Sur.

O III Video-forum Mulleres no Mundo, centrado este ano no cinema latinoamericano, desenvolverase nas aulas de UNED, en Foz, durante catro xoves consecutivos, a partir do próximo 27 de outubro, en horario de 19h a 21h.

Aínda estades a tempo para anotarvos. Estánse a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes.  Quen desexe inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, debe pórse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a foz@lugo.uned.es , chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n). Asimesmo, calquera persoa que non precise os créditos de libre configuración non é necesario que se apunte e poderá acudir libremente a cantas sesións queira do Video-forum.

As sesións de “MULLERES NO MUNDO” estarán guiadas por membras do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filme,  para a continuación realizar o visionado da película que corresponda a cada día:

● 27 de outubro: Las mujeres de verdad tiene curvas. Dirección de Patricia Cardoso,  USA.

● 3 de novembro: La teta asustada. Dirección de Claudia Llosa. España/Perú

● 10 de novembro: La niña santa.Dirección de  Lucrecia Martel. Argentina/España/Italia

● 17 de novembro: Qué tan lejos. Dirección de Tania Hermida. Ecuador

Crónica dun domingo a pé!!

Onte foi domingo, pero non era un domingo calqueira!! Era o día dos domingos a pé!!

Os domingos a pé, son os domingos nos que un grupo de mulleres, onte e   eramos  vinte, deixamos as obrigas familiares, laborais nalgures, e imos a andar, a rodar e descubrir os fermosos lugares que nos rodean e descoñecemos.

E andando, conversando con outras mulleres,  descubrindo novos lugares, e facendo cousas por primeira vez, redescubrimos cousas de nós mesmas. As nosas potencialidades agochadas, saen a luz, porque son momentos de diversión, de descanso, de ocio, de independencia, … sen ataduras.

Onte, guiadas por Teresa Díaz,  saímos da Estación de tren, ás once da mañán para baixarnos na Parada de San Juan de Moldes. A algunhas fíxonos graza ver o pequeno que era o tren que nos transportaba, era como un “minitren”. Supoño que debido a falta de uso deste medio de comunicación. Qué razón tiñan aquelas persoas que estaban tamén na estación demandando más horarios e paradas para que a xente  da Mariña conte cun servizo de cercanías ferroviaria.  En vez de un tranvía urbán, sustituiríamolo por ese tren que transita pola Comarca mariñán. Por qué non contar cun servizo máis ecolóxico,económico e cómodo para desprazarnos pola comarca??

Pois ben, comezamos a ruta atravensando o núcleo urbano de Villadún e cruzando baixo a estrada para saír a Lois. Despois camiñamos por sendeiros bordeados de árbores baixas, chegando aos Muiños. Fixemos un descanso para poder comer, conversar con tranquilidade e coller folgos para o resto do camino. Finalmente, chegamos a Figueiras onde nos sumerximos nas súas estreitas rúas e calexóns. Alí tomamos o café obrigado para algunhas, e despois cruzamos a ría en lancha, como se facía antes da construcción da Ponte dos Santos.

E non esquenzades, que temos outra cita, outro domingo a pé, o 6 de novembro!!