Arquivos mensuais: Xullo 2012

Criadas y señoras (The help), un film que non vos deixará indiferentes.

 ‘Criadas y señoras (The Help)’ é unha  adaptación da novela de Kathryn Stockett, un best-seller levado á gran pantalla por Tate Taylor (guión e  dirección).

Emma Stone, Viola Davis, Bryce Dallas Howard, Octavia Spencer, Ahna O´Reilly, Mike Vogel, Allison Janney, Jessica Chastain y Sissy Spacek encabezan o interesante reparto dete film que  ten lugar no Mississippi dos anos 60. Skeeter é unha moza da boa sociedade  sureña que regresa da universidade disposta a convertirse en escritora, e decide entrevistar ás mulleres negras que pasan a  vida traballando ao servizo das  grandes familias sureñas. Esto xermola unha verdadeira revolución  na pequena  localidade, e aínda que Skeeter corre o risgo  de perder ás súas antigas amizades, decide seguir traballando no proxecto e atopar maís mulleres que se atrevan a contas as súas historias.

Un drama fundamentalmente ben elaborado, que expresa unha crítica frontal contra a discriminación racial feminina, cuns tentáculos  que se extienden até os nosos  días, sobre todo en países como Estados Unidos.

Contén  altas doses de humanismo, dadaísmo, expresionismo, impresionismo, sátira política e até surrealismo. Tate Taylor  desnuda   as   damas da América profunda do reaccionario costado do Sur  e as deconstrúe sen piedade nun claro reflexo das mesmas atitudes na actualidade.

En  “The Help” podemos apreciar con nitidez as contradiccións, de xénero, de clase e raciais. A discrimnación racial é o fondo do film, pero baixo ese paraugas se tratan desde unha perspectiva trasnversal e global outras relación que afectan ás mulleres negras. Ademais de padecer a discrimnación por ser mulleres, son negras, e son dunha clase social baixa, son traballadoras fronte ás mulleres de clase social media-alta ás que sirven ou para quén traballan. Tamén se aprecian cómo o feito de ser muller e nacer muller conleva un destino determinado  que ven marcado polos roles e esterotipos asociados ás mulleres. Visibilizáse claramente, tanto nas relación das poropias mulleres entre si, como cos homes. Tamén podemos contemplar a violencia machista nunha das protagonistas, precisamente unha muller con carácter forte e que está a sufrir estas vexacións até que o seu proceso de empoderamento  a leva a rachar con esa situación. Viola Davis  e  Emma Stone incorporan ás  heroínas dunha necesaria cruzada moral, en pos do camiño á  liberdade  a través do  control do seu  espazo, do seu  recoñecemento e da súa creatividade. Ningunha salva á  outra, como no vello e acartonado cine racista.

A  mensaxe  de “The Help” segue  vixente dentro e  fora do soño  americano. É o  feminismo combativo e  posmoderno do  tercer milenio, en oposición ás  represións  e   gravedades dos anos sesenta. The Help”, como la filmografía de Tim Burton, ríndelle  tributo  as persoas excluidas socialmente, aos chamados “diferentes”.

En suma, é unha película con  innumerables capas de lectura e interpretación. Complexa, rica e xenerosa en escala de matices. Poética e  transgresora co artie, autoconscente das súas  limitaciñons.  Refresca o  expediente terribel do  estado de Missippi en chamas, o calor das bandeiras do Ku Klux Klan. Para rematar propínalle unha bofetadaá axenda  agenda retrógrada do   “Tea Party”. Utilizan o  papel e o   lápiz como armas de sublevación. Publican un libro anónimo de memorias e   sacuden os cimentos do seu decadente  entorno. A cámara as despide como paradigmas do nacemeento dunha nación distinta e posibel.   Deixan atrás a cacería de bruxas da posguerra. Emprenden a  avanzadacara o mañán, áinda que a cárcere as poida retér, pero ninguén poderá conter a súa voz e a súa letra inspirada.  

E a raíz desto extraemos as palabras da escritora e feminsita negra Bell Hooks: “Unha poderosa intervención do movemento feminista foi o chamado a recoñecer a política de identidade a mirar ás formas, raza, clase, xénero, sexualidade, relixión, que inflúen nos nosos puntos de vista.  O desafío é cómo equilibrar estos puntos de vista co recoñecemento dun sentido máis trascendente dun mesmo e a  identidade”.

 

 

 

Dous anos de andaina na eira dixital. O blogue Ribadeomuller celebra o seu II aniversario

Dous anos de andaina nas redes,  máis de setecentos días creando, difundindo, vindicando, enraizando e visibilizando espazos aillados, ocultados e silenciados.

O Ribadeomuller está de  aniversario, fai dous anos do seu  nacemento, da  posta en marcha deste recurso dixital para substituír dalgunha forma o Ribadeomuller en papel, imposibel de soster  nunha área xa en permanente crise antes de que estalara  o boom da especulación financieira e económica que está a derrubar  o erguido nos últimos tempos.

Desde aquel ano 2005 no que decidimos crear un boletín para difundir e publicitar as accións e iniciativas que se facían desde o Concello na área de igualdade, noutros puntos da xeografía galega e do resto do mundo a era dixital deu grandes pasos e instalouse case de forma perpetua e como un recurso  cuase necesario e imprescindibel nas nosas vidas. Froito desa adaptación e de circunstancias extemporáneas  naceu este  recurso dixital, este blogue informativo do qué acontece no noso  Concello no ámbito da igualdade.

Pero este blogue Ribadeomuller vai moito máis alá. Con el dámoslle  difusión as nosas inicativas e proxectos,  e a outros proxectos da contorna.   E neste último ano fumos incorporando novos elementos para facelo máis atraínte. Así facemos todos os meses unha suxerencia sobre unha lectura en calquer xénero, comenzamos tamén  a desenvolver entrevistas ás persoas protagonistas dos proxectos e iremos incorporando pouco a pouco novos apartados. Porque o blogue Ribadeomuller vai medrando co pasar dos días, non se estanca, non se oxida, … vai reinventándose .

Un total de 11.686 visitas leva este blogue.  Con respecto ao ano pasado por estas alturas levamos medio millar de visitas máis. Imos lentamente pero avanzando.

Dous ou tres post  á semán ven a ser a nosa media informativa. Sigue fallándonos a participación,  xa que quixeramos facer algo máis dinámico, máis interactivo. Seguiremos na súa procura!! Este ano, a Concellaría de Igualdade a iniciativa da Concellaría de Novas Tecnoloxias  creou uns perfís propios nas redes sociais, tanto no Facebook como no Twiter, contribuíndo así a unha maior difusión do Ribadeomuller.

Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas a todas aquelas persoas que nos seguides, que nos ledes dia sí e día tamén. E estamos abertas as vosas suxerencias, opinión… Agardamos por elas!!

 

Sobre Pipi Langstrumpf e a súa creadora, a escritora Astrid Lindgren

Cúmprense dez anos da morte de Astrid Lindgren e a personaxe que creou hai máis de setenta anos continúa a ser un dos máis divertidos referentes da liberación das mulleres.  Pippi Långstrump (Pippi Calzaslargas  en España, Pippi Meiaslongas en Brasil , Pipi das Medias Altas en Portugal,   ocasionalmente “Pepita Mediaslargas” en Hispanoamérica, Pippi Longstocking en Perú, Uruguay, Argentina, Chile, Colombia y Panamá).

 Astrid Lindgren comenzou a  historia de Pippi no invierno de 1941, cando a súa  filla de sete anos púxose  enferma dos pulmóns, e pediulle  que lle contara un conto. Lindgren  inventouse así unha historia moi fantasiosa, que posteriormente non só  escoitaría a súa filla senón tamén os amigos dela. Dous anos despois, Lindgren fracturouse unha perna  e comenzou a escribir o conto, obsequiando á filla co manuscrito polo seu décimo aniversario. Lindgren enviou o  manuscrito á editorial Bonniers, pero ésta rechazouno.  En 1945 decide participar coa súa historia  nun  concurso literario convocado pola editorial Rabén & Sjögren, onde obtivo o primeiro lugar. Os libros de Pippi son ilustrados por Ingrid Vang Nyman

A partires daquel momento o libro alcanza gran éxito  e chega a ser traducido a 70 idiomas.  É a autora sueca máis vendida no mundo enteiro  e  unha das escritoras máis importantes da literatura infantil do século  XX. Os seus protagonistas son irreverentes, intelixentes, fortes, débiles  e con dúbidas. Os seus  libros reflexan un espíritu humanista  e  unha defensa decidida dos valores da paz, o ecologismo e o  feminismo.

Astrid Lindgren, conseguiu  numerosos premios, recibindo en 1958  o Premio Hans Christian Andersen, considerado o Nobel de literatura infantil e xuvenil.    En  1950 o  “Nils Holguerson”, o   Premio Nacional de Literatura de Suecia, no 1957;  a Medalla de ouro da Academia Sueca, 1971;    Premio da Paz, outorgado polos libreiros alemáns.  No 1994 recibiu o  Premio al Sustento Bien Ganado, chamado tamén   Premio Nobel Alternativo, en inglés Right Livelihood Award, no parlamento de Suecia.

O amor que sinten en Suecia por Astrid Lindgren e as súas obras é tan profundo que  a súa morte en 2002 o goberno decidiu  instituir un premio de literatura infantil e xuvenil na súa honra,  o Premio en Memoria de Astrid Lindgren. Cada ano,  entrégase unha suma de 5 millóns de coroas suecas (uns 550.000 euros) para premiar obras que posúan «a máis alta calidade artística» e  que se caractericen «polo  espíritu humanista asociado a Astrid Lindgren». É o premio máis grande do mundo adicado á literatura infantil, e o segundo premio literario. Para o premio ademais do texto tamén se ten en conta a ilustración, as actividades narrativas e a labor de fomento da literatura. Pode entregarse a unha ou varias persoas, con indenpendencia do idioma ou da nacionalidade. Este premio que promove o dereito das nenas e nenos á lectura e á cultura, lanza unha mensaxe ás organizacións de todo o mundo  de que a boa literatura infantil ten unha gran importancia económica e que non hai nada tan valioso como as nosas nenas e os nosos nenos.

 Cómo era, cómo é  a nosa Pipi Calzaslargas? facemos memoria…

Pelo laranxa e trenzas en tensión, vestido desigual e colorido, meias longas, zapatos multiusos e divertida cara pecosa cun sorriso case eterno. Pippi era incríbel, libre e autosuficiente como aínda non nacera nin na literatura nin no cine nena algunha. Tal vez por iso facía que todas as crianzas pensaran que podían vivir por si mesmas, xestionando a súa casa e a súa vida, divertíndose con irreverencia, vestindo a cores e rindo a cachón.Perigosa, en fin, para unha educación que continuaba nos corenta, nos cincuenta, nos sesenta, nos setenta e mesmo ate hoxe perpetuando o sexismo nos xogos e na vida.

Podedes atopar  material de Pipi, como  chapas, libros, caixas de música, latas… na libraría feminista de Compostela, Lila de Lilith ( na rúa Travesa núm. 7)

 E aquí vai unha das súas cancións, que seguro que vos sonará….

A iniciativa Son de mulleres deixanos con gañas de repetir

Pasados os días, poñémonos a analisar o devir da xornada formativa Son de mulleres e non podemos máis que escatimar en felicitacións para as relatoras e para as músicas que nos acompañaron no concerto de peche da xornada.

O xoves comenzou obradoiro de danza impartido pola bailarina Branca Novoneyra. Vinte nenas participaron no mesmo, o xoves e o venres pola tarde.

Comenzamos a mañán co relatorio da compositora, investigadora e docente Mercedes Zabala. Fixo un percorrido ao longo da historia da música relatando o papel das mulleres na música culta, e dicer, aquela que non é de transmisión oral, que ten autoría, que é interpretada. Sinala como desdes o ano 1557 podemos encontrarnos con multitude de compositoras, interpretes, etc- Vai ser no século XIX cando se aprecia un retroceso a certos niveis. Máis no 1902 emerxen novos libros de música. Fai unha crítica no referente ao movemento de recuperación das compositoras, das músicas pola súa ausencia no Estado Español  a diferenza do bó traballo desenvolto no mundo anglosaxón ou en Francia. Mercedes racha cos tópicos e prexuízos existentes negando aquela máxima de “ a muller non ten capacidade de abstracción para poder componer”. Falannos de figuras clave como Cecilie Chaminada ( 1857-1944), Elisabeth Claude Jacket de la Guerre ( 1665-1729) ou Louisa Farrence ( 1804-1875).

Posteriormente, acompañáronnos a txistulari vasca Idoia kareaga qué nos falou da música tradicional e  do abandono de certos instrumentos polas mulleres no momento en que teñen descendencia e da experiencia da escola de música tradicional Hala Dzipo, a focega Ugía Pedreira, Mª Xosé Silvar (Sés) qué fixo unha exposición do papel das mulleres na música tradicional galega facendo fincapé na cuestión antropolóxica  e Noemí Basanta da formación Irimia Cantareiras. Esta foi unha mesa  interesante non só polas instructivas e magníficas intervencións das músicas, senón polo debate xerado. Partillamos acerca da construcción social das mulleres no mundo musical, sobre a música tradicional e a innovación  na mesma, nas letras, na técnica,…

Xa pola tarde, a xestora cultural Olga Nogueira fixo un repaso dos orixes da música galega desde as gaiteiras até chegar a música galega actual, con xente como  Mónica Nut, a rapera Aid,… Tamén nos falou de Rosalía de Castro, Avelina Valladares, mulleres que tocaban a guitarra e chegaron a compoñer pezas.

E logo chegaron as Meniñas de Saudade, un documental realizado por María Acuña que nos relata a súa historia,  as súas actuacións… Alí se xuntou a maior parte do grupo rememorando vellos tempos.

E por último, tivo lugar nun ateigado Teatro o concerto de peche. O xornalista e experto en comunciación política e membro de Musikeando  Suso Lopez dirixiu o concerto con absoluta destreza, como xa nos ven tendo habituados.

Ugía Pedreira e as Irimia Cantareiras deleitáronnos con varias pezas. Logo tocoulle o turno á Banda Municipal de Ribadeo que na súa liña habitual sorprendeunos co súa calidade. Despois  con  Idoia Kareaga puidemos escoitar  os ritmos tradicionais doutras culturas, da vasca e tamén norteña. Contamos tamén coa colaboración das nosas cantareiras locais, do grupo Alesancia que foron moi evocadas polo público ribadense. E o peche desa noite, o fixo a muller furacán que despertou simpatías no Teatro entre as e os máis pequenos e as persoas adultas.Sés acompañada do seu guitarrista Tito fíxonos gozas cos seus ritmos americanos e era case media noite cando saíamos do Teatro.

Agradecer a todas as entidades que colaboraron nesta iniciativa o seu tesón e esforzo para poder chegar ao seu final satisfactoriamente. Á asociación cultural Musikeando polo impulso  e dirección  da mesma, a Amadores da Música, ao Observatorio da Mariña pola Igualdade, á Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo,  á delegación de Cultura da Deputación de Lugo e ao Concello de Ribadeo

.

Sés, a “muller furacán”, compartirá palestra no Son de mulleres e estará no concerto do teatro o venres 13 de xullo ás 21.00h

Mª  Xosé Silvar, Sés, cómo así a coñecen, vai participar mañán na xornada ” Son de Mulleres” en Ribadeo, no salón de actos da Casa do Mar. Ela compartirá palestra con Ugia Pedreira e Idoia Kareaga. E pola noite, será unha das actuacións do concerto que se desenvolverá no Teatro ás 21.00h para clausurar Son de mulleres.

Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso ACoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos coma Zënzar , mítica banda rockera de Cereceda, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández  no seu disco “ Arrolos de Salitre” no que interpreta “ Caneando ruainas”, unha peza escrita nunha antiga xerga empregada polos canteiros ourensás. María Xosé Silvar  emprendeu un novo proxecto no que ademáis das súas dotes interpretativas – torrente de voz espontáneo. Amosa o seu talento como compositora.

No 2012 publica  ‘Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.  Ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario

Idoia Kareaga nos falára da música tradicional, do papel das mulleres e das iniciativas de recuepración da música tradicional na sociedade vasca.

Hoxe imos falar de Idoia Kareaga, outra das convidadas á xornada “ Son de mulleres” .

Unha música pertencente a un país cunha realidade diferente á nosa, pero común en canto a ter unha lingua e cultura propia como no caso galego. Coñecermos a diversidade  é importante para  aprendermos a respetarmos ás diferenzas que non fan máis que enriquecer a creatividade .

A súa  actividade  como música

Idoia desenvolveu  unha intensa actividad  como intérprete de txistu na Banda Municipal de  Barakaldo, no Cuarteto de Txistu  “ Laukote Berria”  (máis tarde “ Askiria) e na Banda Municipal de Txistularis de Victoria – Gasteiz, antes de pasar a formar parte da Banda Municipal de Txistularis de Bilbao.

A prestisioxa  Banda Municipal de Txistularis de Bilbao, creada no 2004, é unha das poucas agrupacións de tamborileiros do mundo, herdeira dos conxuntos de ministriles e xoglares da Idade Media. Antaño os chamados xoglares, últimamente máis coñecidos como txistularis, a figura do flautista acompañada polo tambor é parte da entidade cultural  do pobo vasco.

En Euskalerría falar de música vasca ou da música das e dos vascos obríganos  invitabelmente a falar do txsitu e d@s txistularis. Durante moitos anos, a única música que escoitaban os habitantes era a da Igrexa ou  dos tamborileiros locais. O corpus maioritario das danzas,  e o reportorio instrumental xeral foi manter e transmitir  a labor de tantos tamborileos municipais, que desde o último cuarto de século XVIII comenzan a ser letrados musicalmente, a copiar e compoñer música. Outro feito recenté  é o recoñecemento do txistu como  materia de estudo oficial no Conservatorio desde o curso  1978-79, equiparándoo académica e legalmente ao resto dos instrumentos. Actualmente o txistu atópase  ante un futuro plural e cheo de posibilidades liderando as frautas dunha man en Europa en canto a medios pedagóxicos e mtetodoloxía , porfesorado, programas de estudos, constructores de frautas e tambores, calidade e afinación do instrumental, creación e publicación periódica de repertorio .

A súa actividade como dinamizadora e creadora.

Presidenta da Asociación Cultural Berziztu Txistuzale Elkartea desde a súa   fundación  até o 2001. Como pedagoga e docente, destaca  a  súa  labor como fundadora e directora da Escola de Música Tradicional “Hala Dzipo” de Barakaldo que comenzou fai 20 anos e que conta hoxe en día con 300 alumnd@s.  Esta escola naceu co obxectivo de coñecer, divulgar e enriquecer a música tradicional vasca. Tamén foi  profesora de txistu en diversas escolas de música e  na  Academia Municipal de Folklore de Vitoria – Gasteiz.

A mariñá Ugia Pedreira partillará a súas experiencias como música e como mantentora de proxectos culturais vinculados á tradición musical galega na xornada Son de mulleres

O venres tamén estará con nós na xornada “ Son de Mulleres”  a cantora, compositora e creadora mariñá Ugia Pedreira. É directora da Central Folque (Centro Galego de Música Popular), compositora e unha das voces máis transgresora e vangardista da musica galega. Ela é unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical galego.

Unha creadora de opinión en constante movimento. Imos afondar un pouco na súa figura

A Ugia artista, a música

Fíxose coñecida polos tres discos editados con Chouteira e polas súas colaboracións en heteroxéneas creacións: o Musical Dillei co actor Carlos Blanco, o espectáculo de Antón Reixa “Galicia Beibe” con Amparanoia, Kaki Arkarazo, o espectáculo “Son delas” con Uxía, Mercedes Peón, “Cantos da Maré” con Dulce Pontes, Amelia Muge…

Creou espazos sonoros para o Centro Dramático Galego e para “Factoria Teatro”. Gravou a canción “Gracias a la vida” co grupo de ska italiano Banda Basotti, e colaborou cos grupos de rock galego Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa e Galegoz. No 2006 gravou o disco Nordestin@s, con Guadi Galego e Abe Rábade.

Actualmente segue con Marful, banda de referencia da nova música popular galega, e ven de finalizar cunha  Xira Surreal por todo o País. Nun dos seus últimos traballos,  Acróbata, ofertanos a  unión da música popular galega (MPG) e da música popular brasileira (MPB)  da man do músico brasileiro Fred Martins. Veñen de presentar exitosamente este traballo en Brasil.

A Ugia creadora, innovadora e resgatadora

Creou no ano 2000 o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e, desde aquela dirixe este centro referencia do folk en Galiza xunto á asociación paralela do CMTF que realiza encontros internacionais entre creadores, intercambios, intensivos, e monográficos. No ano 2008, o CMTF de Lalín transformouse en Central Folque, no Centro Galego de Música Popular e instalaronse en Santiago de Compostela.

Ugia Pedreira creou un programa na Radio Galega chamado Tres peixes voando sobre música de autor de todo o mundo en calquera xénero, xunto con Xabier Díaz e Guillermo Fernández (de Berroguetto). Eles tres tocaron en xuño do 2007 por vez primeira no Gran Teatro da Habana na Sala Lecuona e presentaron a música galega aos medios de comunicación da illa como parte do Departamento de Internacionalización da Música que tiña o goberno bipartito. Abandounou o programa e a sección musical chamada “Folla de Ruta” na Radio galega no 2009 ao mesmo tempo que Xurxo Souto.

No 2010 publica  Noente Paradise un libro de poemas con cd (duas cancións inéditas) e seis postais con fotos daquel paraíso que xa non existe… Noente (Ponteledesma).