Arquivo por etiquetas: compromiso

O spot Igualámonos xa está na rede.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres   activouse unha campaña de sensibilización social arredor dun formato atractivo e  actual, no que fose a xente a que participara directamente. Durante os días 6, 7 e 8 de marzo desenvolveuse un photocall pola igualdade en diferentes lugares do Concello. O lema  elixido para o phototcall foi  “Igualámonos” para transmitir que tanto mulleres como homes temos que ter os mesmos dereitos e obrigas, que o xénero non é nin debe ser condicionante  dos roles e estereotipos.Constatamos certo relaxamento social  na defensa da igualdade en todos os ámbitos e por iso, puxemos en marcha unha campaña deste tipo, na que as persoas participaran directamente.

O photocall “Igualámonos”   estivo de ruta ao longo de tres días, no mercado de Abastos,  nos centros educativos, no Centro Social, na Escola de Música,nas parroquias, ….

Tamén se acompaña a campaña dunha perfil propio no Facebook na que se  suben  as fotos para que a xente poida verse e etiquetarse, se así o desexa. É unha forma máis para  que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poda facer público este compromiso.   O enderezo no que atoparades a campaña é:   https://www.facebook.com/#!/Igualamonos

E recollendo estes días de andaina do “Igualámonos” xurde este spot. Este spot leva de fondo a canción de ” Non son fada, nin princesa”  de Mª Xosé Silvar, “Sés”. Aproveitamos tamén este foro para agradecerlle a Sés este xesto, deixándonos utilizar a súa canción para o spot.  Moitas grazas Sés polo teu compromiso feminista. E tamén moitas grazas a todas e todos vós, a todas as persoas que participachedes do Igualámonos, poñéndovos diante da cámara. O camiño cara un Ribadeo igualitario e en igualdade prosigue.

 

Hoxe traemos a memoria á activista estadounidense, abolicionista e figura destacada do movemento de mulleres, Elizabeth Cady Stanton .

Hoxe traemos a memoria á  activista estadounidense, abolicionista e figura destacada do movemento de mulleres, Elizabeth Cady Stanton (12 de novembro de 1815 – 26 de outubro de  1902). No 2015 cumpriránse dous decenios do seu nacemento, pero desde o Ribadeomuller queremos lembrar importante papel desta feminista estadounidense  que  dirixiu xunto a Susan Brownell Anthony, a loita polo  sufraxio feminino en Estados Unidos.

En 1848 Stanton e Lucretia Coffin Mott, a quen coñecera en 1840, organizaron a primeira asamblea en defensa dos dereitos das mulleres en Seneca Falls (New York). Para este congreso, Stanton redactou unha Declaración de Sentimentos, na que propuña  unha resolución que esixía o dereito ao voto para a muller. Foi neste congreso onde coñeceu a Susan B. Anthony.  A declaración de Séneca Fallas é  moitas veces  acreditada como o  inicio dos movementos organizados de dereitos das mulleres e do sufraxio feminino nos Estados Unidos.

 Desde 1868 até  1870,  Elizabeth Cady Staton e Susan B. Anthony publicaron o semanario Revolution, en New York, e en 1869 fundaron a Asociación Nacional para o  Sufraxio Feminino (que a partir de 1890 chamouse  Asociación Nacional para o Sufraxio das  Mulleres Estadounidenses), da cal Stanton foi presidenta até 1892. En 1888 colaborou na  fundación do Consello Internacional das Mulleres. Foi coautora, xunto con Anthony e Matilda Joslyn Gage, dos  tres primeiros volumes de Historia do sufraxio feminino, (6 volumes, 1881-1922).

 Destacamos os seguintes traballos realizados por Elizabeth C. S.  :

Libros

  • History of Woman Suffrage; Volúmenes 1–3 (escrito junto con Susan B. Anthony y Matilda Joslyn Gage); volúmenes 4–6 (completado por outros autor@s, incluíndo a Anthony, Gage, e a Ida Harper) (1881–1922)
  • Solitude of Self (orixinalmente presentado como un discurso en 1892; máis tarde publicado nunha edición de tapa dura por Paris Press)
  • The Woman’s Bible (1895, 1898)
  • Eighty Years & More: Reminiscences 1815–1897 (1898)

Selección de xornais e  revistas

  • Revolution (Stanton, coeditora) (1868–1870)
  • Lily (publicado por Amelia Bloomer; Stanton como contribuidora)
  • Una (publicado por Paulina Wright Davis; Stanton como contribuidora)
  • New York Tribune (publicado por Horace Greeley; Stanton como contribuidora

 Selección de ensaios e discursos

  • Declaration of Rights & Sentiments (1848)
  • A Petition for Universal Suffrage (1866)
  • Self-government the Best Means of Self-development (1884)
  • Solitude of Self (1892)
  • The Degradation of Disenfranchisement (1892)
  • Discursos: “Our Girls,” “Our Boys,” “Co-education,” “Marriage and Divorce,” “Prison Life,” e  “The Bible and Woman’s Rights,” “Temperence and Women’s Rights”.

Nesta páxina podemos atopar moito da súa obra:

http://ecssba.rutgers.edu/pubs/publications.html

En xullo imos ler ” Ecofeminismo. Para otro mundo posible” de Alicia Puleo”

Pensábades que íamos esquenzernos da nosa obriga mensual…, que unha tarde de verán nos borrara a cordura,  pois non foi asi. Outras obrigas  urxentes mantivéronnos  ocupadas.  Así que para este mes de xullo, fresco, sobre todo na Mariña, para esas tardes, mañás, seráns…  facemos unha suxerencia para lermos este mes. Trátase do ensaio de Alicia Puleo , Ecofeminismo. Para otro mundo posible

O ecofeminismo do que nos fala Alicia Puleo é o que ela mesma ven definindo como “ ecofeminismo crítico”. Comenza Rrvisando a tradición emancipatoraia ilustrada e fai unha análise das prácticas opresivas do patriarcado, tanto do de antaño como do actual. Reivindica á igualdade e a autonomía das mulleres, con particular atención ao recoñecemento dos dereitos sexuais e reproductivos.  Adopta unha postura na que tenta combinar os beneficios do coñecemento tecnolóxico e científico  co acompañamento de prudencia e medidas vixiantes a respecto dos mesmos.

Por outra banda, evita facer e falar das mulleres como ás “salvadoras do planeta”, rachando con eses tópicos que lle outorgan unha vez máis as mulleres as responsabilidades de ser o garante da pervivencia neste caso da natureza.  Ao mesmo tempo fomenta a universalización dos valores da ética do coidado. Propón unha aprendizaxe intercultural sen que se mermen os dereitos humanos das mulleres e afirma a unidade e continuidade da natureza desde o coñecemento evolucionista e a esixencia de compaixón e xustiza cara os animais non humáns.

 Alicia Puleo é doutora en filosofía, profesora titular da Universidade de Filosofía Moral e directora da Cátedra de Estudos de Xénero da Universidade de Valladolid.

 Deixovos esta gravación dunha conferencia súa, na que explica  moi didácticamente que é o ecoloxismo, qué é o feminismo, que é o ecofeminismo, e cales son os puntos de contacto. Fálanos tamén do consumismo, da nosa posición no mundo en relación ao respecto do planeta, da diferencia entre o ecoloxismo e o  medioambientalismo ..etc.

Ecofeminismo-Alicia_Puleo.ogv

Multitude de actos conmemorativos en Ribadeo co galo do Día das Mulleres

Acércase o día 8 de marzo, o día internacional das mulleres, ese día no que aproveitamos para demandar esa igualdade real entre mulleres e homes  e lembrar ás mulleres que conseguiron que hoxe teñamos certos dereitos, como o dereito ao voto, á educación, etc. Queremos facernos eco de todos os actos que hai planificados esta semán  na nosa vila por parte doutras entidades con motivo do día internacional das mulleres.  Así que a estes actos tedes que engadirlle os propios da Concellería de Igualdade.

Comenza a semana  coa campaña feminista “Camiñando cara o 8 de marzo”, que ten previsto  unha mesa redonda arredor dos impactos que as actuais políticas de (re)-axuste estrutural están a ter sobre  as mulleres. A mesa redonda celebrárase o  martes 6 de marzo a partires das 20.00h,  na Casa do  Lavadoiro  en Ribadeo. Intervirán: Paz Ramil, Traballadora social do centro de saúde de Ribadeo, Loli Garcia, Plataforma en defensa da sanidade, Elena Samartino, Asamblea de mestras e mestres de Burela. Iniciárase o acto ás 19.30h nas catro rúas cunha lectura de poemas escritos por mulleres para ir camiñando hacia a Casa do Lavadoiro.

Esta campaña remata  coa mobilización do 11 de marzo  en Santiago de Compostela, onde as mulleres galegas sairán a rúa a reivindicar  dereitos.

O xoves, a Asoaciación Atalaia fará un acto na  honra das mulleres ribadenses no cemiterio municipal ás 16:15 h.  Alí leráse un poema de Eli García Bouso co título ” Cerra os teus puños “.

E o día 10 de marzo, ás 18.00h  na Escola de Rinlo o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza un acto de homenaxe  ás mariscadoras de Rinlo coa participación da escritora Adela Figueiroa, da ilustradora Celsa Sánchez e da música Pilocha. Ao final do acto compartiránse uns petiscos de confraternidade.

Ribadeo obtén o certificado EFR Municipio

A concelleira da Muller, Mari-Luz Álvarez Lastra, e máis a responsábel do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo, Luísa González, recolleron onte xoves en Madrid o certificado EFR Municipio que a Fundación Más Familia entregou por vez primeiras a seis concellos de todo o Estado. Alén do documento outorgado a Ribadeo tamén lle foi concedido aos municipios de Calviá (nas Illes Balears), Granada, Palencia, Pozuelo de Alarcón e Salamanca, todos eles cun número maior de habitantes cá localidade ribadense.

O certificado EFR Municipio garante, logo dunha auditoría externa realizada pola empresa AENOR, o nivel máis alto de compromiso por parte do Concello de Ribadeo coa conciliación, a igualdade de oportunidades e máis a responsabilidade familiar. Á hora da súa concesión téñense en conta as accións dirixidas tanto á cidadanía como ás empresas ou ás empregadas e empregados municipais.

Na súa intervención durante a entrega de certificados, Mari-Luz Álvarez Lastra puxo a Ribadeo como exemplo dun Concello comprometido “de pleno coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”. A titular de Muller, Cultura e Educación repasou as campañas postas en marcha a través do CIM así como a aposta decidida “por erradicar calquera comportamento, sexa cal sexa o ámbito do que se fale, que fomente a discriminación da muller ou que lexitime condutas machistas“.

A Fundación Más Familia destacou que  “certificado EFR Municipio evidencia unha mellora na calidade de vida da cidadanía e outorga ao concello que o recibe unha maior reputación como lugar tanto para vivir coma para traballar”.